Rusia

Rusia (en ruso: Россия, transliteración: Rossiia), oficialmente Federación Rusa (en ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangel. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sakhalin, as illas Kuriles e as illas do Comandante. A porción continental limita ao norte co mar Branco, o mar de Kara, o mar de Laptev, o mar da Siberia Oriental e o mar de Chukchi, ao leste co estreito de Bering e o mar de Bering, que establecen comunicación con Alasca, o océano Pacífico, o mar de Okhotsk e co mar do Xapón, a través do cal contacta co Xapón, ao sur con Corea do Norte, a China, Mongolia, Casaquistán, o mar Caspio, Acerbaixán, Xeorxia e co mar Negro, do outro lado do cal está Turquía, e a oeste limita co mar de Azov, Ucraína, Belarús, Letonia, Estonia, co golfo de Finlandia, Finlandia e Noruega. A capital de Rusia é a cidade de Moscova.

Coordenadas: 60°N 90°L / 60, -90

Federación Rusa
Российская Федерация
Rossiiskaia Federatsiia
Bandeira de Rusia
Escudo de Rusia
BandeiraEscudo
Russian Federation (orthographic projection) - Crimea disputed
Capital
 • Poboación
Moscova
11 503 501 (2010)
Cidade máis poboadaMoscova
Linguas oficiaisRuso1
Forma de gobernoRepública federal
democrática semipresidencialista
Presidente de Rusia
Primeiro Ministro
Vladimir Putin
Dmitrii Medvedev
Imperio Ruso
R.S.S.F. de Rusia
Unión Soviética
Federación Rusa
22 de outubro de 1721
7 de novembro de 1917
10 de decembro de 1922
25 de decembro de 1991
SuperficiePosto 1º
 • Total17 075 400 km²
 • % auga13
Fronteiras20 139 km
Costas37 653 km
PoboaciónPosto 9º
 • Total (2012 est.)143 200 000 hab.
 • Densidade8,3 hab./km²
PIB (nominal)Posto 4º
 • Total (2009)1 850 000 millóns US$
 • per cápita12 993 US$
PIB (PPA)Posto 6º
 • Total (2011)2 383 000 millóns US$
 • per cápita16 736 US$
MoedaRublo (р., RUB)
IDH (2011)0,755 (66º) – Alto
XentilicioRuso, rusa
Fuso horarioUTC+3 a +12 (exc. +5)
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.ru, .su, .рф
Prefixo telefónico+7
Prefixo radiofónicoRAA-RZZ, UAA-UIZ
Código ISO643 / RUS / RU
Membro de: ONU, COE, OSCE, CBSS, CEI, G8
1 Ademais do ruso existen outras 27 linguas co-oficiais en varias rexións.

Historia

Artigo principal: Historia de Rusia.

Imperio Ruso

Nicholas II of Russia painted by Earnest Lipgart
O tsar Nicolao II foi o derradeiro tsar de Rusia.

O Imperio Ruso foi establecido en 1721 polo tsar Pedro o Grande. O imperio foi o inmediato sucesor do Tsarato de Rusia que fora creado polo tsar Iván o Terrible en 1547 coa súa coroación como tsar.

O Imperio Ruso era unha monarquía hereditaria liderada por un emperador autocrático (tsar) dende a dinastía Romanov. O cristianismo ortodoxo foi a relixión oficial do Imperio e era controlado polo monarca a través do Sagrado Concilio. Os habitantes do Imperio dividíanse en estratos (clases) tales como dvorianstvo (nobreza), clero, comerciantes, cosacos e campesiños. Os nativos de Siberia e a Asia central rexistráronse oficialmente como o estrato chamado inorodsty (estranxeiros).

En 1914 e tras o asasinato do arquiduque de Austria-Hungría, estala a Primeira Guerra Mundial, na cal Rusia uniuse ao bando aliado. Por entón o Imperio tiña unha extensión de 23.000.000 km² e unha poboación de 171.000.000 habitantes, cun crecemento demográfico do 1,8% anual. O goberno tsarista mandou mobilizar a máis de 8.000.000 homes superando amplamente ao exército alemán, que soamente tiña 3.000.000, dous terzos estaban na fronte francesa, polo cal quedaban para a fronte do oeste 1.000.000 persoas, ou sexa que o exército ruso superaba ao alemán en 8 a 1, pero o exército ruso non estaba ben adestrado para a guerra, e iso quedou marcado na batalla de Tanneberg, onde 250.000 alemáns venceron a 700.000 soldados rusos. A partir dese momento, os rusos non fixeron máis que retroceder en número de efectivos.

En 1915 os alemáns volven a derrotar ás forzas rusas na batalla dos Lagos Mazurianos, o que provocou un descontento social en Rusia. En 1917, tras varios fracasos na fronte, apareceron movementos revolucionarios marxistas. O goberno tivo que desprotexer a fronte para deter aos insurrectos, e isto foi aproveitado polas forzas xermanas que avanzaron rapidamente polo territorio ruso. En 1917, tras a Revolución de Outubro, o goberno bolxevique firma un tratado de paz cos alemáns (Tratado de Brest-Litovsk), que puxo fin á participación rusa na Primeira Guerra Mundial.

Revolución de febreiro e Goberno provisional ruso

Cando a autoridade do goberno do tsar empezou a fallar en marzo de 1917, a Duma e o Soviet de Petrogrado competiron polo poder. Como compromiso, formouse o Goberno provisional ruso (composto maioritariamente por membros do Partido Democrático Constitucional) entre os partidos liberais burgueses e os moderados socialistas que debía dirixir o país ata as eleccións da asemblea constituínte. Cando o tsar Nicolao II abdicou o 15 de marzo de 1917 e o seu irmán, o gran duque Miguel, rexeitou o trono o día seguinte, o goberno provisional dirixiu Rusia de xeito formal, mais o seu poder estaba limitado pola crecente autoridad do Soviet de Petrogrado.[1]

O novo goberno pareceu contar inicialmente cun apoio abrumador e estivo formado por moitas das máis brillantes figuras dos liberais rusos, como o novo primeiro ministro Georgii Lvov, progresista e respectado veterano do traballo nos zemtsvos.[2]

República Socialista Soviética Federativa de Rusia

Véxase tamén: República Democrática Federativa de Rusia.
Flag of the Russian Soviet Federative Socialist Republic
Bandeira da RSSFR.

Repetidas e devastadoras derrotas das tropas rusas na Primeira Guerra Mundial levaron a motíns xeralizados nas principais cidades do Imperio Ruso e á derrota, en 1917, da dinastía dos Romanov, que reinou durante 300 anos. Os comunistas, baixo o comando de Vladimir Ilich Ulianov (coñecido como Lenin) conquistaron o poder deseguido, e formaron a URSS, na que Rusia ingresou como a República Socialista Soviética Federativa de Rusia. Baixo o goberno de Iosif Stalin (nado en Xeorxia) o dominio Ruso baixo a Unión Soviética fortaleceuse, ao custo de millóns de mortos e deportacións. A economía e a sociedade soviética ficaran atufadas en anos posteriores até que o Secretario Xeral do Partido Comunista Mikhail Gorbachev introduciu a chamada glasnost (abertura, transparencia) e a perestroika (reestruturación) nunha tentativa de modernizar o comunismo, mais as súas iniciativas, sen que o desexase, estimularon forzas que, máis tarde, en 1991 provocaron a independencia das 15 repúblicas. Aínda que as constitucións soviéticas establecesen o dereito dunha república a separarse, quedou en teórico e moi improbable dado o centralismo soviético. Naquel momento, as repúblicas chegaron a ser países independentes, con algunha aínda frouxa organización baixo o título de Comunidade de Estados Independentes.

Dende entón, Rusia ten feito esforzos para construír un sistema político democrático e unha economía de mercado, para substituír o ríxido plan e control social, político e económico do período comunista. Un conflito de guerrillas forte aínda ocorre na rexión do Cáucaso ruso, na república da Chechenia.

Federación Rusa

Boris Yeltsin 1993
Boris Eltsin, primeiro Presidente da Rusia postsoviética.

Coa independencia en 1991 da Unión Soviética creouse a actual Federación Rusa. Rusia era a máis grande das 15 repúblicas que formaban a Unión Soviética, acumulaba máis do 60% do PIB e máis da metade da poboación. Os rusos tamén dominaban ó exército soviético e o Partido Comunista. Por isto, Rusia foi amplamente aceptada como o estado sucesor da antiga URSS en canto ós asuntos diplomáticos se refire, e pasou a formar parte como membro permanente do Consello de Seguridade das Nacións Unidas.

A pesar desa aceptación, a Rusia postsoviética carecía do poder militar, político e económico da URSS. Rusia conseguiu que as demais ex Repúblicas Soviéticas entregaran voluntariamente as armas nucleares, concentrándoas así baixo o mando das aínda efectivas forzas aéreas, pero a maior parte do exército e a frota rusa estaban inmersos na confusión en 1991. Antes da disolución formal da Unión Soviética, Boris Eltsin fora elixido Presidente de Rusia en xuño de 1991 na primeira elección presidencial directa da historia rusa. En outubro de 1991, cando Rusia estaba ao bordo da independencia, Eltsin anunciou que o país procedería cunha reforma radical cara á economía de mercado seguindo as directrices do "big bang" polaco, tamén coñecido como terapia de choque.

Hoxe en día Rusia aínda ten parte da cultura política e a estrutura social do seu pasado soviético.

Organización político-administrativa

Artigo principal: Subdivisións de Rusia.

A Federación Rusa estrutúrase en 89 subdivisións. Dentro da federación existen 21 repúblicas que desfrutan dun alto grao de autonomía sobre a maior parte das cuestións internas e estas corresponden a algunhas minorías étnicas de Rusia (aínda que non sempre sexan maioritarias nese territorio). Cada república ten a súa propia constitución. O territorio restante consiste en 9 krais (territorios), 46 provincias coñecidas como óblasts, 4 distritos autónomos e un óblast autónomo. A parte destes hai dúas cidades federais, Moscova e San Petersburgo. Recentemente, engadíronse sete distritos federais extensos como unha nova capa entre as subdivisións e o nivel nacional.

Russian-regions
Mapa das subdivisións da Federación Rusa.
Republics of Russia
Mapa das repúblicas de Rusia.

Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Rusia.
Russland topo
Mapa topográfico de Rusia

O relevo de Rusia é variado: dominan chairas e vales (3/4 do territorio). As chairas Leste-Europea e Oeste-Siberiana, divididas polos montes Urais, son as maiores do planeta. Punto máis elevado: monte Elbrus (5.642 m).

Catro zonas climáticas -ártica, subártica, temperada e subtropical- determinan o clima da Rusia con 4 seguintes estacións no ano: inverno longo e nevoso, primavera temperada, verán curto e quente e outono chuvioso. As temperaturas medias varían en todo o territorio: en xaneiro -de -1 °C a -50 °C, en xullo- de 1 °C a 25 °C. Preto do 14 % do territorio (Siberia Norte e Norte do Oriente Extremo) fican alén do círculo polar co chan perennemente conxelado. A noite alá é de 60 días. As paisaxes severas dos desertos árticos do Norte sucédeas a tundra con mofo e lique. O inverno na tundra conta con 8-9 meses por ano. Máis para o Sur están espalladas as famosas forestas rusas que ocupan por volta de 43% do territorio do país. Os bosques densos de coníferas de difícil acceso chámanse "taigas".

Na zona central da Rusia atópanse as fragas máis claras, mixtas, dominadas por bidueiros, ameneiros, carballos. As fragas das zonas centrais están divididas por estepas. A maior parte de estepas é labrada e sementada con trigo, centeo, millo, xirasois etc. No Sur do país, principalmente na costa do Mar Negro, o clima é subtropical co inverno curto e húmido e verán longo e quente. Praias bonitas, sol e augas cristalinas atraen aos turistas de todo o país.

En Rusia hai preto de 120 mil ríos. A maioría están conxelados no inverno.

Economía

Artigo principal: Economía de Rusia.

Rusia ten pasado por importantes transformacións desde o fin da Unión Soviética, saíndo dunha economía illada e planeada centralmente, para unha economía de mercado globalmente integrada. As reformas económicas dos anos 1990 privatizaron gran parte da industria, coa notable excepción dos sectores de enerxía e militar.

Con todo, o rápido proceso de privatización, incluíndo un sistema de imprestimo para a compra de accións, permitiu a formación de "oligarquías" económicas con fortes relacións políticas, que deixaron a propiedade das empresas privatizadas altamente concentrada en poucas mans. A protección aos dereitos de propiedade é pequena e o sector privado está suxeito a intervencións do Estado.

O 2006 a economía de Rusia creceu polo oitavo ano consecutivo despois da crise de 1998. O petróleo e seus derivados, así como o gas natural son hoxe os seus principais produtos de exportación. A súa industria pode ser dividida en dous bloques: un con grandes produtoras de materias primas, que teñen competitividade global -en 2009 Rusia transformouse no principal exportador de petróleo e gas natural do mundo, así como o terceiro exportador mundial de aceiro e aluminio primario- e outro con outras industrias pesadas menos eficientes, altamente dependentes dos mercados consumidores locais.[3]

O país asinou un acordo bilateral cos Estados Unidos como un preludio a unha futura adhesión á OMC.

Política

Dmitry Medvedev and Vladimir Putin-1
O Presidente de Rusia Vladimir Putin e o Primeiro ministro Dmitrii Medvedev.

Segundo a Constitución, que foi adoptada en referendo nacional o 12 de decembro de 1993 logo da crise constitucional rusa de 1993, Rusia é federación e unha república semipresidencialista, onde o Presidente é o Xefe do Estado e o Presidente do Goberno (primeiro ministro) é o Xefe de Goberno. A Federación Rusa está constituída como unha democracia representativa. O poder executivo exérceo o goberno. O poder lexislativo é responsabilidade das dúas cámaras da Asemblea Federal. O goberno está regulado por un sistema de controles e balances definidos pola Constitución da Federación Rusa, a Constitución do país é o contrato social para o pobo ruso.

O goberno federal está composto por tres ramas:

  • Lexislativa: a Asemblea Federal de Rusia é bicameral, está formada pola Duma Estatal (cámara baixa) e o Consello da Federación Rusa (cámara alta), adopta leis federais, declaracións de guerra, aproba tratados, manexa as finanzas e pode destituír o Presidente.
  • Executiva: o Presidente de Rusia é o Comandante en Xefe do exército, pode vetar os proxectos de lei, designa o Gabinete e outros funcionarios, quen administran e fan cumprir as leis federais.
  • Xudicial: a Corte Constitucional, a Corte Suprema, a Corte Suprema de Arbitraxe e as cortes federais de menor nivel, cuxos xuíces son nomeados pola Asemblea Federal por recomendación do Presidente, interpretan as leis e poden abolir leis se estiman que son inconstitucionais.

Segundo a Constitución, a xustiza constitucional na corte está baseada na igualdade de todos os cidadáns, os xuíces son independentes e están sometidos só a lei. Os xuízos son abertos e ao acusado garánteselle a defensa. Desde 1996, Rusia estableceu unha moratoria sobre a aplicación da Pena de morte, aínda que esta non foi abolida por lei.

O Presidente elíxese por votación popular para un mandato de seis anos (desde as modificacións constitucionais de 2008) coa opción de ser elixido para un segundo mandato consecutivo (no hai restrición sobre o número total de veces que a mesma persoa pode ser elixida). Os ministerios do goberno están compostos polo Presidente do Goberno (primeiro ministro) e os seus viceprimeiros ministros, ministros e outros individuos; todos son designados polo Presidente por recomendación do primeiro ministro co requirimento do consentimento da Duma. Os principais partidos de Rusia están representados na Duma Estatal, estes son: Rusia Unida, o Partido Comunista da Federación Rusa, o Partido Liberal Democrático de Rusia e Rusia Xusta.

Zdanie konstitucionnogo suda
Fachada do edificio no que se atopan as dependencias da Corte Constitucional rusa.
Kremlin birds eye view-1
O Kremlin de Moscova, residencia oficial do Presidente.

Relacións exteriores

BRIC leaders in 2008
Líderes do BRIC en 2008 (de esquerda a dereita): Manmohan Singh da India, Dmitrii Medvedev de Rusia, Hu Jintao da China e Luiz Inácio Lula da Silva de Brasil.

A Federación Rusa é recoñecida no Dereito internacional como continuidade da personalidade xurídica da antiga Unión Soviética.[4] Rusia continúa incorporando os compromisos da URSS, asumindo o asento permanente da URSS no Consello de Seguridade de Nacións Unidas[5], así como a afiliación noutras organizacións internacionais, ademais dos dereitos e obrigacións baixo os tratados internacionais, as propiedades e débedas. A política exterior rusa é polifacética, mantén relacións diplomáticas con 178 países e ten 140 embaixadas. Esta política está dirixida polo Presidente da Federación e está incorporada polo Ministro de Asuntos Exteriores.

Como un dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Undia, Rusia ten un importante papel no mantemento da paz e seguridade internacionais, así mesmo xoga un rol moi importante na resolución de conflitos internacionais participando no Cuarteto de Madrid, nas conversas a seis bandas con Corea do Norte, promovendo unha solución ó conflito de Kosovo e resolvendo asuntos sobre a proliferación nuclear. Rusia é membro do G8, o Consello de Europa, a OSCE e o APEC, ademais de liderar organizacións como a CEI, a EurAsEC, a OTSC, e a OCS. Rusia, xunto con Belarús, forman o chamado Estado da Unión. O ex Presidente Vladimir Putin avogou por unha alianza estratéxica con maior integración en varias dimensións incluíndo o establecemento dos catro espazos comúns entre Rusia e a Unión Europea.

Forzas Armadas

2010 Moscow Victory Day Parade-5.jpeg
Desfile do Día da Victoria do 2010.

A defensa de Rusia está garantida polas Forzas Armadas da Federación de Rusia, unha organización militar estatal que segundo a lei federal № 61-ФЗ do 31 de maio de 1996 «Sobre a defensa» serve para rexeitar as agresións dirixidas contra a Federación Rusa, para a defensa armada da integridade e inviolabilidade do territorio da Federación, así coma a realización das tarefas de acordo coas leis constituíntes.

O comandante en xefe das Forzas Armadas é o Presidente de la Federación Rusa e o Ministerio de Defensa serve como corpo administrativo destas. Hoxe en día, o número de efectivos activos que compoñen as Forzas Armadas son 1.037.000 e todos os homes dispoñibles suman 3.037.000.

As Forzas Armadas da Federación Rusa teñen tres ramas principais: as Forza terrestre, a Armada e a Forza Aérea.

Dereitos humanos

En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), Rusia firmou ou ratificou:

Rusia Rusia UN emblem blue.svg Status dos principais instrumentos internacionais de dereitos humanos[6]
CESCR CCPR CERD CED CEDAW CAT[7] CRC MWC CRPD
CESCR CESCR-OP[8] CCPR CCPR-OP1 CCPR-OP2-DP CEDAW CEDAW-OP[9] CAT CAT-OP CRC CRC-OP-AC CRC-OP-SC CRPD CRPD-OP[10]
Pertenza Firmado e ratificado Sen información Firmado e ratificado Yes check.svgRusia recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Nin firmado nin ratificado Firmado e ratificado Sen información Firmado e ratificado Firmado pero non ratificado Firmado e ratificado Sen información Firmado e ratificado Firmado pero non ratificado Nin firmado nin ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado pero non ratificado Nin firmado nin ratificado
Yes check.svg Firmado e ratificado, Check.svg firmado pero non ratificado, X mark.svg nin firmado nin ratificado, Symbol comment vote.svg sen información, Zeichen 101 - Gefahrstelle, StVO 1970.svg accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.

Demografía

Segundo as estimacións preliminares ao censo de 2010, a poboación residente na Federación Rusa o 1 de xaneiro de 2010 era de 142,905 millóns de persoas. A inmigración creceu nun 50,2% en 2007 ata acadar 274.000. A maior parte dos inmigrantes chegaron desde a CEI e eran rusos ou rusoparlantes. A densidade de poboación é maior na parte europea de Rusia, preto dos montes Urais e ó suroeste de Siberia.

Listaxe Municipio Suxeito federal Pob. Listaxe Municipio Suxeito federal Pob.
Red Square, Moscow, Russia

Moscova
Petersburg-square

San Petersburgo
Сибирский банк Сбербанка России

Novosibirsk
Yekaterinburg skyline2

Ekaterimburgo
1 Moscova Moscova 10.563.038 11 Ufa Bashkortostan 1.030.812
2 San Petersburgo San Petersburgo 4.600.276 12 Volgogrado Óblast de Volgogrado 1.015.617
3 Novosibirsk Óblast de Novosibirsk 1.409.137 13 Perm Krai de Perm 986.497
4 Ekaterimburgo Óblast de Sverdlovsk 1.343.839 14 Krasnoyarsk Krai de Krasnoyarsk 962.466
5 Nizhnii Novgorod Óblast de Nizhni Nóvgorod 1.271.045 15 Voronezh Óblast de Voronezh 847.620
6 Kazán Tatarstán 1.136.566 16 Saratov Óblast de Saratov 827.193
7 Samara Óblast de Samara 1.133.754 17 Togliatti Óblast de Samara 721.752
8 Omsk Óblast de Omsk 1.127.675 18 Krasnodar Krai de Krasnodar 713.426
9 Cheliabinsk Óblast de Cheliabinsk 1.095.909 19 Izhevsk Udmurtia 610.633
10 Rostov do Don Óblast de Rostov 1.048.124 20 Yaroslavl Óblast de Yaroslavl 606.888
Censo ruso (2010)[11]

Cultura

Breves antecedentes da cultura rusa

Matryoshka
As tradicionais Matryoshkas.

Idade Media

(988) Adopción do cristianismo.
(1001-1100) Influencia artística e ideolóxica do Imperio bizantino.
(1237-1240) Batu Khan invade Rusia, impoñendo o autoritarismo na rexión.
(1480) Nace o estado soberano ruso.

Século XVIII

Occidentalización da cultura rusa a través das reformas de Pedro I.

Século XIX

(1801-1914) As clases altas de Rusia falan francés, algúns incluso como lingua materna.

Idade de Ouro da literatura rusa.

Século XX

(1914-1932) Avant Garde ruso.
(1917-1932) Construtivismo.
(1932–1953) Período estalinista (realismo socialista).
(1953-1991) Período pos-estalinista, aparece unha cultura máis liberal e aberta.

A cultura rusa

A cultura rusa é un híbrido xerado a partir dos costumes propios de tantas civilizacións, que conformaron este grande estado multicultural e o resultado do seu desenvolvemento durante varias épocas. Está fortemente arraigada á cultura dos primeiros pobos eslavos.

Historicamente, a condición dominante en Rusia foi ocupada pola cultura rusa, a cultura do idioma ruso e a nacionalidade rusa. Isto é parcialmente, porque os rusos constitúen a maioría da poboación do país e porque moitas veces na historia de Rusia, as culturas doutras nacionalidades foron aculturadas a través da rusificación, por exemplo o Ucase de Ems.

A cultura da antiga Rusia viuse involucrada na conversión ó cristianismo ortodoxo e a acollida da arte e arquitectura bizantinas. A Igrexa tiña recursos para encomendar grandes obras de arte, así como a vontade e intención de conservalas.

En 1890, unha nova forma de arte tivo o seu auxe, as vangardas. Porén, foron desenvoltas dentro do réxime da Unión Soviética cando o goberno tomou o control de toda actividade artística.

A política da URSS respecto da cultura, foi controvertida: por un lado, estivo o desexo (motivado politicamente) de crear un pobo exclusivamente "soviético", expresado na noción da cultura soviética e exemplificado polo Realismo socialista. Pola outra banda, houbo campañas recorrentes de preservación das culturas nacionais: cada etnicidade tiña os seus propios "grandes escritores autóctonos" e as prácticas culturais folclóricas foron oficialmente apoiadas.

Dentro da literatura Rusa atópanse grandes mestres da literatura universal, rusos coma Alexander Pushkin, Fiódor Dostoievski, Lev Tolstoi, Anton Chekhov etc.

Lingua

O ruso é a lingua oficial da Federación Rusa. Falado por case o 99% dos seus habitantes. O seu uso está amplamente estendido en moitas outras áreas adxacentes de Asia e Europa Oriental. Algunhas subdivisións de Rusia teñen outras linguas adicionais aparte da oficial.

Relixión

Philaret
Patriarca Filaret (Feodor Romanov).
St Basils Cathedral-500px
Catedral de San Basilio, Moscova.

Rusia é un Estado laico.[12] A liberdade de culto está garantida[13] pola Constitución.

Segundo o Centro de Investigacións Sociolóxicas da Universidade Estatal de Lomonosov (Moscova), o 43.3% dos adultos considérase adherente da Igrexa Ortodoxa Rusa, mentres o 50.6% se considera simplemente cristiano.[14] Aínda que os ortodoxos rusos son predominantes (90 millóns, o 63% da poboación), outras comunidades cristianas como os ortodoxos armenios, católicos, protestantes, mormóns e testemuñas de Xehová tamén existen en cantidades menores. Segundo a Lei do Parlamento Ruso de 1997 sobre a relixión, as catro relixións de Rusia son a Igrexa Ortodoxa Rusa, o Islam, o Budismo e o Xudaísmo. Todas as demais relixións deben cumprir unha serie de requisitos para a súa inscrición e dereito a predicar. Calculase que exiten aredor de 15 a 20 millóns de musulmáns rusos, sendo así o Islam a segunda relixión con máis seguidores do país. Rusia é o cuarto país con maior cantidade de xudeus logo de Israel, Estados Unidos e Arxentina. Ademais hai un gran porcentaxe de ateísmo, en parte como consecuencia do pasado soviético, que en base ós textos de Karl Marx, desalentaba ás relixións.

Notas

  1. Rabinowitch (1991), p. 29
  2. Rabinowitch (1978), p. XXI
  3. https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/rankorder/2001rank.html
  4. "Country Profile: Russia". Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2008. Consultado o 08 de abril de 2008.
  5. https://archive.is/20120913181027/www.un.org/sc/members.asp
  6. Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos. "Status by country" (en inglés). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2013.
  7. Convención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013.
  8. Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales (PDF) (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de febreiro de 2014.
  9. Protocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujer (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013.
  10. Protocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2014.
  11. "Censo ruso de 2010". Servizo Xeral de Estatísticas.
  12. Artículo 14 del capítulo 1 de la Constitución de Rusia
  13. Artigo 28 do capítulo 2 da Constitución de Rusia
  14. Overview of religious oppression and discrimination in Russia

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

.ru

.ru é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Rusia. Rusia tamén ten o dominio .рф en cirílico.

1920

1920 foi Ano Santo Xacobeo.

Alfabeto cirílico

O alfabeto cirílico ou азбука (azbuka) é o alfabeto utilizado para escribir seis linguas eslavas: bielorruso, búlgaro, macedonio, ruso, serbio e ucraíno, ademais de moitas outras linguas da antiga Unión Soviética, Europa Oriental e Asia como: abkhazo, azarí, casaco, komi, mongol, taxico e iakut, noutras aínda que non é oficial o seu uso segue a ter arraigo como no caso do uzbeko e o turcomán. O moldavo, a variedade do romanés oficial na República Socialista Soviética de Moldavia utilizou o alfabeto cirílico de forma oficial ata 1989. Na República de Transnistria, non recoñecida internacionalmente, o moldavo segue a utilizarse oficialmente co alfabeto cirílico. En Rusia unha lei aprobada no ano 2002 prescribe que todas as linguas do país teñen que ser escritas no alfabeto cirílico, o que atopou unha forte oposición por parte do goberno e dos medios culturais tártaros, que avogan polo alfabeto latino.

Belarús

Belarús (en belaruso: Беларусь, "Bielaruś", [bʲɛlaˈrusʲ] (AFI); en ruso: Белоруссия, "Belorussiia"), oficialmente a República de Belarús, é un país sen saída ao mar de Europa Oriental. Limita ao norte con Letonia, ao norte e ao leste con Rusia, ao sur con Ucraína, ao leste con Polonia e ao leste e ao norte con Lituania. A súa capital é Minsk, e outras cidades de importancia son Brest, Hrodna, Homieĺ, Mahilioŭ e Viciebsk. Máis do 40% dos seus 207.600 km2 son bosques, e os sectores económicos de maior peso son as empresas de servizos e as empresas industriais.Até o século XX, os belarusos careceron da oportunidade de crear unha identidade nacional distintiva porque durante a historia os territorios da actual Belarús pertenceron a varios países diferentes, incluíndo o Principado de Polotsk, o Gran Ducado de Lituania, a República das Dúas Nacións, o Imperio Ruso. Logo da revolución rusa de 1917, Belarús declarou a súa independencia como a República Nacional Belarusa (1918-19), e posteriormente pasou a ser unha república constituínte da Unión Soviética, a República Socialista Soviética de Belarús.

As fronteiras actuais do país teñen a súa orixe en 1939, coa incorporación á república de territorios até antón pertencentes á Segunda República Polaca logo da invasión soviética de Polonia, en virtude dos termos do Pacto Ribbentrop-Mólotov entre a URSS e o Terceiro Reich Alemán. A nación e o territorio quedaron devastados logo da Segunda Guerra Mundial, onde Belarús perdeu a terceira parte da súa poboación e máis da metade dos seus recursos económicos. A república foi rehabilitada nos anos posteriores á guerra.

O Parlamento da República declarou a soberanía de Belarús o 27 de xullo de 1990, e trala caída da Unión Soviética, Belarús declarouse independente o 25 de agosto de 1991. Aliaksandr Lukašenka ten sido presidente do país desde 1994. Durante a súa presidencia, Lukašenka continuou con políticas da era soviética, como a propiedade estatal da economía, a pesar das obxeccións dos gobernos occidentais. Segundo algunhas organizacións, as eleccións non teñen sido limpas, e os opositores políticos teñen sufrido forte represión. Desde 2000, Belarús e Rusia asinaron un tratado para unha maior cooperación.

A maioría dos 9,5 millóns de habitantes de Belarús moran nas áreas urbanas próximas a Minsk ou nas capitais das outras rexións. Máis do 80% da poboación son nativos belarusos, o resto compóñena minorías de rusos, polacos e ucraínos. Desde un referendo en 1995, o país ten dúas linguas oficiais, o belaruso e o ruso. A Constitución de Belarús non declara unha relixión oficial, aínda que a principal relixión no país é o cristianismo ortodoxo, mentres que a segunda máis popular, o catolicismo, ten un seguimento moito menor en comparación.

É un estado completamente chan (non supera os 300 m sobre o nivel do mar), dividido en tres zonas xeográficas ben diferenciadas: a do norte, poboada de lagos; a meseta boscosa central; e a parte sur, moi pantanosa e deshabitada, chamada pantanos de Prypett.

Finlandia

Finlandia ( pronunciación ) (en finés: Suomi, en sueco: Finland ( pronunciación )), oficialmente República de Finlandia ( pronunciación ) (en finés: Suomen tasavalta, en sueco: Republiken Finland) é un país nórdico situado no norte de Europa. O país fai fronteira polo oeste con Suecia, polo leste con Rusia e polo norte con Noruega. Polo oeste e polo sur está rodeada polo mar Báltico, que separa de Suecia e Estonia, atravesando o golfo de Finlandia. A capital e maior cidade do país é Helsinqui.

No ano 2009, Finlandia tiña unha poboación de 5,3 millóns de habitantes nunha área de 338.145 quilómetros cadrados. A meirande parte da poboación do país atópase no extremo sur, na costa do golfo de Finlandia e proximidades. Finlandia é o sexto país máis grande de Europa en termos de área, e conta cunha baixa densidade de poboación de 15,5 habitantes por quilómetro cadrado, o que o converte no país menos densamente poboado dentro da Unión Europea. A maioría dos finlandeses falan o finés como a súa lingua materna, a cal é unha das poucas linguas oficiais da Unión Europea que non descenden da familia indoeuropea. A segunda lingua oficial de Finlandia é o sueco, o cal é lingua materna dun 5,5% da poboación nacional.

Previamente Finlandia foi parte de Suecia e dende 1809 a 1917, cando obtivo a súa independencia, o país foi o autónomo Gran Ducado de Finlandia como parte da Rusia Imperial. Hoxe en día, Finlandia é unha república, parlamentaria e democrática. O país é membro das Nacións Unidas e da Unión Europea dende 1995. A economía de Finlandia é unha das máis prosperas do continente, baseándose nos importantes sectores de servizos así como de manufactura. No país existe un estado de benestar así como unha política altamente democrática e con niveis sumamente baixos de corrupción. O país conta co euro como moeda oficial dende o 28 de febreiro de 2002, substituído ao marco finlandés.

Fuso horario

As zonas horarias ou fusos horarios son cada unha das vinte e catro áreas en que se divide a Terra e que seguen a mesma definición de tempo. Anteriormente, usábase o tempo solar aparente, de forma que a hora do día diferenciábase lixeiramente dunha cidade a outra. Os fusos horarios corrixiron en parte o problema ao colocar os reloxos de cada rexión no mesmo tempo solar medio. Os fusos horarios xeralmente están centrados nos meridianos das lonxitudes que son múltiplos de 15°; porén, como se ve no mapa anexo, as formas dos fusos horarios reais son ás veces bastante irregulares para se axustar mais ás fronteiras dos países.

Todos os fusos horarios defínense en relación ao Tempo Universal Coordinado (UTC), o fuso horario que contén Londres.

Grande Enciclopedia Rusa

A Grande Enciclopedia Rusa (GER) (en ruso: Большая российская энциклопедия, Bolshaya rossiyskaya entsiklopediya) é unha enciclopedia rusa universal, publicada en 35 volumes dende o ano 2004. Foi lanzada baixo o impulso da Real Academia Rusa das Ciencias, despois de que o Presidente Vladimir Putin asinase o decreto №1156 no ano 2002. Segundo o editor da enciclopedia, Sergei Leonidovich Kravets, a edición completa estará dispoñible no ano 2016.O editor xefe da enciclopedia é Yury Osipov, o presidente da Academia. O equipo de traballo conta con outros 80 membros da Academia, incluíndo os Premios Nobel Zhores Alferov e Vitali Ginzburg.O primeiro volume introdutorio, estreado no 2004, estivo dedicado a Rusia.

Imperio Ruso

O Imperio Ruso foi un Estado que existiu oficialmente dende 1721 até 1917 e que desapareceu como consecuencia da Revolución Rusa de 1917. Foi o sucesor do Tsarato Ruso e o predecesor da Unión Soviética. A comezos do século XIX Rusia era o meirande estado do mundo.

A capital do imperio foi San Petersburgo (despois de 1914 rebautizada como Petrogrado). Ao final do século XIX o tamaño do Imperio aproximábase aos 21 799 825 km2. De acordo co censo de 1867 a súa poboación acadaba os 128 200 000 persoas, porén, a maioría deles (93,4 millóns) vivían na Rusia europea. Máis de 200 grupos étnicos vivían xuntos no Imperio. Ademais do territorio actual da Rusia, en 1917 o Imperio ruso incluía territorio dos estados bálticos, a Belarús, parte da Polonia, a Moldavia, o Cáucaso, a Finlandia, a maioría da Asia Central e unha parte da Turquía. Entre 1732 e 1867 o Imperio Ruso tamén incluía Alasca, ao outro lado do Estreito de Bering.

En 1914 o Imperio estaba dividido en 81 provincias (Óblasti) e 20 rexións (guberniyas). Vasalos e protectorados do imperio incluían o Emirato de Bujara, o Khanato de Jiva e despois de 1914 Tuva.

O Imperio ruso era unha monarquía hereditaria liderada por un emperador autocrático (tsar) dende a dinastía Romanov. O cristianismo ortodoxo foi a relixión oficial do imperio e era controlado polo monarca a través do Sagrado Concilio. Os habitantes do Imperio dividíanse en estratos (clases) tales como dvoryanstvo (nobreza), o clero, comerciantes, cosacos, e campesiños. Os nativos de Siberia e a Asia central rexistráronse oficialmente como o estrato chamado inorodsty (estranxeiros).

O seu escudo de armas foi o grande escudo do Imperio Ruso, e o himno nacional, foi "Deus salve o tsar" (Боже, Царя храни)

Despois de derrocar á monarquía tsarista durante a Revolución de Febreiro en 1917, a Rusia foi declarada República baixo un goberno provisional.

Lingua finesa

O finés é, xunto co estoniano e o húngaro, unha das principais linguas discordantes dentro do monótono panorama indoeuropeo do vello continente. Emparentada fortemente co estoniano e distribuída fundamentalmente en Finlandia, a súa norma estándar baséase principalmente nas variantes xeográficas meridionais, pois antigamente tomábase como referencia a lingua da capital daquela, Turku. Con fortes contactos e influencias do sueco, o rexurdimento da lingua é recente e deuse a raíz da publicación do Kalevala.

Lingua rusa

O ruso (antigamente coñecido como gran ruso, para diferenciala do ucraíno ou "pequeno ruso") é a lingua eslava con máis falantes. Forma co ucraíno e o bielorruso o grupo das linguas eslavas do leste. A variedade do dialecto ruso medio falada na área de Moscova é a base da forma estándar da lingua. Hai minorías rusófonas significativas en tódolos estados que fixeron parte da antiga Unión Soviética e mantén aínda un certo status como lingua de cultura. O número total de falantes podería estar ó redor dos 300 millóns de persoas.

Lingua ucraína

A lingua ucraína (украї́нська мо́ва, transliteración: ukrayins'ka mova [ukrɑ'jinʲsʲkɑ ˈmɔʋɑ]) é unha lingua eslava oriental, unha das tres deste grupo de linguas, xunto ao ruso e o bielorruso. Garda certas similitudes con ámbalas dúas linguas, pero con notables diferenzas.

Moscova

Moscova (en ruso: Москва) é a capital de Rusia e o principal centro político, económico, financeiro, educativo e de transporte, situado no río Moskva no Distrito Central Federal, na parte europea de Rusia. A poboación da cidade é de 12.5 millóns de habitantes xunto cos arrabaldes da cidade. Constitúe por si mesma o 7% da poboación de toda Rusia. Tamén é considerada a cidade máis populosa de Europa. Foi a capital da antiga Unión Soviética e da Rusia pre-imperial. En Moscova atópase o famoso Kremlin que actualmente serve como residencia do xefe de goberno. O xentilicio é moscovita.

A arquitectura e cultura de Moscova teñen sona mundial, Moscova tamén é coñecida pola famosa catedral de San Basil, coas súas elegantes cúpulas douradas, do mesmo xeito que tamén é coñecida a Catedral de Cristo Salvador. O Patriarcado de Moscova, cuxa residencia é o Mosteiro de Danilov, serve como cabeceira da Igrexa Ortodoxa Rusa. Moscova tamén segue sendo o centro económico e o fogar dunha longa lista de Billonarios; así mesmo é considerada unha das cidades más caras de todo o mundo, e é o fogar de multitude de institucións culturais e científicas, xunto con importantes instalacións deportivas. A cidade posúe un complexo sistema de transporte e un dos metros máis densamente utilizados, famoso pola súa arquitectura. Moscova tamén acolleu os Xogos Olímpicos de verán de 1980.

Primeira guerra mundial

A primeira guerra mundial foi o segundo maior conflito bélico do século XX. Durou do 1914 ó 1918 e puxo os primeiros cravos no ataúde da hexemonía de Europa no mundo. Durante catro anos, millóns de persoas morreron nun conflito que destacou pola súa dureza, polas longas e inamovibles trincheiras e polo uso de gas mostaza para acabar coa resistencia do inimigo.

Enfrontou inicialmente a Francia, Reino Unido e mais Rusia (os aliados) contra Alemaña (gobernada por Guillerme II de Alemaña), Austria-Hungría, Bulgaria e mais Turquía (as Potencias Centrais). O causante da guerra foi o asasinato do arquiduque de Austria en Saraxevo, pero xa houbera tensións durante os anos anteriores, especialmente na construción naval entre o Reino Unido e Alemaña. Máis tarde uniríanse á guerra outros países como os Estados Unidos, Italia ou o Xapón.

Os vencedores foron os aliados, grazas á axuda de Estados Unidos, que entrou polo afundimento do RMS Lusitania o 7 de maio de 1915 , e impuxeron fortes sancións económicas e territoriais a Alemaña, á vez que desmembraron os imperios de Austria-Hungría e Turquía a partir do Tratado de Versalles en 1919. Creáronse moitos novos estados en Europa: algúns dunha soa nación (como Polonia) e outros de varias (Iugoslavia, Checoslovaquia).

Durante a primeira guerra mundial ocorreu tamén a Revolución Rusa, que fixo que Rusia pactase por separado a paz (Tratado de Brest-Litovsk) coas potencias centrais e non estivese representada no Tratado de Versalles ó atoparse en guerra civil.

As consecuencias da paz terían moito que ver nun futuro coas causas da Segunda guerra mundial.

San Petersburgo

San Petersburgo (en ruso: Санкт-Петербург, tr. "Sankt-Peterburg", [sankt pʲɪtʲɪrˈburk] (AFI)), coñecida noutras épocas como Leningrado e Petrogrado, é unha cidade rusa fundada o 27 de maio de 1703 por Pedro I o Grande na desembocadura do río Neva no golfo de Finlandia.

Tsar

Tsar (en búlgaro, serbio e macedonio цар; en ruso царь pronunciado ) era o título empregado polos monarcas eslavos, principalmente do Imperio Ruso entre 1546 e 1917, pero tamén os gobernantes de Serbia e Bulgaria.

O título non implica un rango imperial, sendo equivalente ao krol, kral, korol ou kiraly (fomas das diversas linguas eslavas para designar ao rei, derivadas etimoloxicamente de Carlomagno, Karl). Como moitos outros títulos nobiliarios, emprégase figurativamente na fala normal, para referirse a persoas ou institucións que poseen gran poder, e actúan como autócratas.

Ucraína

Ucraína (en ucraíno: Україна, tr. "Ukraina", [ukrɑˈjinɑ] (AFI)) é unha nación eslava situada, en liñas xerais, entre os mares Negro e Azov e o río Prípiat, entre as planicies húngaras, a foz do Danubio e o río Don. Os ríos Dniéper e Dniéster son, e sempre foron, os límites xeográficos centrais de Ucraína. A cidade de Kiev é a vella capital e o centro da vida cultural ucraína.

Ucraína confina ao sur cos mares Negro e Azov; ao suroeste con Moldavia, Romanía, Hungría e Eslovaquia; ao oeste con Polonia e Belarús; ao norte con Rusia; ao leste o límite de Ucraína atinxe case as estepas do río Volga e a rexión caucásica.

Esténdese por un territorio xeográfico de 603 700 km² e comprende un territorio etnográfico mixto de 945 000 km². Ucraína é o segundo maior país de Europa (detrás de Rusia).

A poboación actual de Ucraína sitúase en case 48 millóns de habitantes.

Unión Soviética

A Unión Soviética, de nome completo Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (abreviado: URSS, en ruso: Союз Советских Социалистических Республик ou СССР, tr.: Soyuz Sovétskij Sotsialistícheskij Respublik) foi unha federación de repúblicas soviéticas de proporcións continentais, cubrindo practicamente un sexto das terras emerxidas do planeta, converténdose así no meirande estado do planeta, o que tiña máis liña de costa e máis quilómetros de fronteiras ademais de ser un dos máis diversos etnicamente.Foi fundada o 30 de decembro de 1922 pola xuntanza dos países que formaban o antigo Imperio Ruso, tanto de Europa como de Asia, cun número que variou ao longo do tempo, aínda que foi de quince durante a maior parte da existencia do estado. Foi unha das dúas superpotencias durante a guerra fría xunto aos Estados Unidos de América. Foi disolta o 26 de decembro de 1991.

Países
Países con parte asiática
Eslavos do oeste
Eslavos do sur
Eslavos do leste

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.