Rugby

O rugby é un deporte de contacto orixinario de Inglaterra no cal se enfrontan dous equipos nun terreo de xogo rectangular co obxectivo de anotar puntos cun balón ovalado. Os puntos poden acadarse pousando o balón coas mans na zona de ensaio rival ou pasando o balón co pé entre dous paus. Existen varias modalidades de rugby que se diferencian principalmente pola cantidade de xogadores que compoñen cada equipo, chamándoselle rugby en Galicia ó rugby union por ser a única disciplina que conta con practicantes, equipos, competicións e federación na comunidade autónoma. Esta é a modalidade mais estendida no mundo, e a súa característica principal é que os equipos contan con quince xogadores cada un.

O deporte do rugby toma o seu nome da cidade inglesa na que naceu, sendo a súa orixe as primitivas regras do fútbol escritas no Rugby School no século XIX. Nos tempos actuais a súa práctica está moi estendida nas Illas Británicas, en países con pasado colonial británico como Australia, Suráfrica e Nova Zelandia, e noutros países como Francia, Italia e Arxentina. Outros países como Estados Unidos, Canadá, Xapón, Samoa, Fidxi, Tonga, Uruguai, Namibia, Xeorxia ou Romanía tamén participan frecuentemente en torneos internacionais de primeiro nivel como a Copa do Mundo de Rugby, que se disputa cada catro anos. Outros torneos de grande importancia a nivel de seleccións nacionais son o Seis Nacións e o Rugby Championship que se disputan cada ano. A nivel de clubs os torneos mais salientables son o Super Rugby e a Champions Cup.

A entidade reguladora do rugby a nivel mundial e a World Rugby, fundada en 1886, e cuxa sede está en Dublín (Irlanda).

Historia

Rugby School 850
The Rugby School

A súa invención atribúese miticamente [1] a William Webb Ellis, estudante de teoloxía da inglesa escola de Rugby, de onde toma o seu nome, en 1823, tras tomar a pelota coas mans nun partido de fútbol e cargar contra os adversarios.

Porén, os seus antecedentes remotos están nos innumerables xogos de pelota que se practicaban en todas as épocas e por todo o mundo. Así, existen xa no antigo Exipto, na Grecia clásica (pheninde, épiscyre e aporrhaxis), algún nomeado en A Ilíada. O haspartum foi practicado polos lexionarios romanos. Durante a época medieval atopamos rastro do xogo na soule ó oeste de Francia e do barette ó sur. O calcio xógase en Italia, e nas Illas Británicas practicábanse xogos como o hurling en Cornualles e Irlanda, o camp ball de East Anglia, o knappam en País de Gales e o ba' game dos Borders escoceses. Estes xogos carecían de regras aparentes e non era raro que durante a súa celebración, que se prolongaba durante días, se producise algún morto.

RugbyCode-1845-Portada
Cuberta orixinal das primeiras regras de rugby, so a denominaciñon xenérica de football

O primeiro club de rugby é o Guy's Hospital e foi fundado en Inglaterra no ano 1843. As primeiras regras escritas datan de 1845; e a primeira federación, a inglesa (Rugby Football Union), constitúese o 26 de xaneiro de 1871. O primeiro partido internacional dispútase ese mesmo ano entre Inglaterra e Escocia en Edimburgo. En 1877 o número de xogadores redúcese de 20 a 15. Exemplo da influencia británica no rugby atopámolo co torneo con máis carisma no mundo do rugby, o Torneo das Seis Nacións é o herdeiro directo do 4 nacións que enfrontaba ás 4 seleccións británicas. A partir de Inglaterra, o rugby popularizouse rapidamente no País de Gales, Escocia, Irlanda e Francia. Estes países difundírono polas súas colonias e outros países, arraigando especialmente en Suráfrica, Australia, Nova Zelandia, Arxentina, Uruguai e as Illas do Pacífico Sur. É aceptado que entre os aborígenes de Oceanía, o rugby substituíu as guerras tribales. Os maorís neozelandeses son un pobo especialmente dotado para o rugby, estando a selección de Nova Zelandia (os míticos "All Blacks") chea de xogadores desta ascendencia. En homenaxe a eles, esta selección empeza os seus partidos coa representación dunha danza tribal de guerra denominada "haka".

As regras do xogo

SchoolRugbyMatch
Xogador a punto de ser placado
Rugbypitch
Dimensións dun campo de rugby

No rugby enfróntanse dous equipos dentro dun campo rectangular en cuxos extremos atópanse instaladas dúas porterías con forma de "H". O obxectivo fundamental consiste en apoiar un balón ovalado no chan coas mans sobre ou trala liña de ensaio. Isto denomínase ensaio (try en inglés) e ten un valor de 5 puntos. Tralo ensaio, o equipo anotador ten o dereito de patear o balón cara á portería adversaria, e se consegue pasalo (transformación) entre os dous paus verticais e por enriba do travesaño, anota 2 puntos máis. Orixinalmente os ensaios eran para dar opción a tirar a paus (transformación) valendo máis os tiros a paus que os ensaios. Tamén poden conseguirse puntos tirando a paus tras un golpe de castigo ou penalty ou mediante un bote-pronto ou drop, consistente en tirar a paus durante o xogo aberto deixando previamente botar o balón no chan. Námbolos casos o seu valor é de 3 puntos.

Para lograr tal obxectivo o equipo atacante pode:

  • correr evadindo ou resistindo as placaxes do equipo defensor (enténdase por placaxe calquera agarre que realice o xogador defensor cos brazos a calquera parte do corpo do atacante dende os ombreiros cara abaixo - prohibido placar a cabeza ou o pescozo),
  • dar pases cara atrás ou ó costado (o pase cara adiante está prohibido); ou
  • mediante patadas cara ó territorio rival.

A forma de poñer o balón en xogo no rugby é moi característica. Cando o balón sae fóra do campo ponse en xogo mediante un saque lateral (touche en francés ou line out en inglés) onde a cantidade de xogadores é definida polo equipo que ingresa a pelota e pode variar dende dous xogadores até os catorece xogadores, sen contar ó xogador que introduce a pelota (xeralmente o hooker ou talonador), e tras unha falta menor (un pase adiantado, por exemplo) ou para reiniciar o xogo logo dunha formación onde a pelota non saíu para ningún dos dous equipos mediante unha melé (scrum en inglés).

Melé
A melé
Touche2
Touche

En ambos casos, do que se trata é de que o contrario tamén teña opción de obter o balón. Outra cousa son as infraccións maiores, que se penalizan cun golpe de castigo (penalty en inglés), no que o balón xógao directamente o equipo non infractor coa man ou pateándoo, e pode dar lugar a tiro a paus para conseguir 3 puntos ou patear cara ó touch (despexar) coa intención de gañar terreo xa que o reinicio, un line, o realizaría o mesmo equipo que pateou.

Durante o desenvolvemento do xogo, e como consecuencia das técnicas de contacto, prodúcense agrupacións espontáneas dos xogadores co obxectivo de conservar ou recuperar o balón. Son as melés abertas ou rucks (co balón no chan) e os moles (co balón na man), ambas coas súas regras particulares.

Modalidades de rugby

Palla da Rugby
Bóla de rugby da selección italiana

Rugby 15 ou rugby union

A versión deste deporte máis coñecida é a do rugby xogado por equipos de quince xogadores, aínda que non é a única. É o que se coñece no mundo anglosaxón como rugby union, en referencia á "Federación" (Union) de clubs que se rexen por unhas mesmas normas e que, tradicionalmente, foron universitarios ou afeccionados.

Primeira liña:

  • 1 - Loose head Prop - Pilier esquerdo
  • 2 - Hooker - Talonador
  • 3 - Tight head Prop - Pilier dereito

Segunda liña: xeralmente os xogadores máis altos do equipo, tamén encargados de gañar o balón en saques dende o lateral (touche, line-out)

  • 4 - Lock (2nd row) - Segunda liña
  • 5 - Lock (2nd row) - Segunda liña

Terceira liña:

  • 6 - Flanker - Terceira liña ou terceira á
  • 7 - Flanker - Terceira liña ou terceira á
  • 8 - Number 8 - Terceira centro ou número 8

Liña de 3/4 ou "backs": Nos distintos países estes xogadores reciben diferentes nomes de acordo coa súa propia tradición. Así, nos países do hemisferio sur, o apertura (nº 10) e o primeiro centro (nº 12) denomínanse respectivamente first e second five eights.

  • 9 - Scrum-half - Medio-melé: é o encargado de dirixir ós dianteiros e enlazar coa liña de tres cuartos
  • 10 - Fly-half - Apertura
  • 11 - Left wing - Á esquerdo
  • 12 - Inside center - Primeiro centro
  • 13 - Outside center - Segundo centro
  • 14 - Right wing - Á dereito
  • 15 - Full back - Defensor
Situación dos xogadores de Rugby 15 dentro do campo de xogo
1 Pillier esquerdo 2 Talonador 3 Pillier dereito
4 Segunda liña5 Segunda liña
6 Terceira liña8 Terceira liña centro7 Terceira liña
 
9 Medio melé
10 Medio apertura
12 Primeiro centro
13 Segundo centro
11 Ala esquerdo14 Ala dereito
15 Zagueiro


É famosa a frase de Jean Giraudoux, que describiu un equipo de rugby do seguinte xeito: "Un equipo de rugby está formado por 15 xogadores: oito son fortes e activos, dous lixeiros e astutos, catro altos e rápidos e un que é modelo de flegma e sangue fría. É a proporción ideal entre os homes", onde fai referencia ós oito dianteiros, ós dous medios -de melé e apertura-, ós 4 tres-cuartos (dous centros e dúas ás) e ó defensor respectivamente.

Un partido dura 80 minutos, dividido en dous partes de 40 minutos.

Rugby 13 ou rugby league

Artigo principal: Rugby a 13.

Agora ben, é preciso ter en conta que dende o século XIX existe en Inglaterra unha variante cuxas regras difieren en parte e que xogan equipos de trece xogadores; estes foron profesionais practicamente dende a implantación desa modalidade. A ese xogo chamóuselle rugby league [1], en referencia ó campionato de liga en que se enfrontaban os clubs que remuneraban ós seus xogadores. De Inglaterra, pasou a algúns países da esfera cultural e de influencia británica (Australia, Nova Zelandia) así como a Francia.

Rugby 7 ou seven-a-side

Artigo principal: Rugby a 7.

O formato de rugby de sete xógase normalmente en torneos curtos (dun día ou unha fin de semana). Utilízase o mesmo campo que na modalidade de quince homes, pero con só sete xogadores por equipo. O partido divídese en dous tempos que duran entre sete e dez minutos. Actualmente existe un Campionato do Mundo de Rugby a 7 e un circuíto mundial.

O rugby no mundo

Rugby-Argentina France
Arxentina contra Francia

O rugby é o segundo deporte de equipos máis popular no mundo, só sendo superado polo fútbol. Disputado en máis de 120 países, é extremadamente popular nas Illas Británicas, en Australia (Wallabies), en Nova Zelandia (The All Blacks), en Suráfrica (The Springboks) e en Francia (Les Bleus), sendo esas as grandes potencias do deporte. É tamén bastante popular en Italia ('Gli Azzurri) e na Arxentina (Los Pumas). Fóra dos Xogos Olímpicos dende 1928, todo indicaba que o deporte volvería á familia olímpica nos xogos de 2012 (mais aí, talvez, coa súa versión reducida, o rugby de sete jogadores, coñecido como Seven-A-Side), con todo tal expectativa non foi confirmada polo Comité Olímpico Internacional e o rugby non volverá ás Olimpíadas nesa data.

O Mundial de Rugby é o principal evento entre seleccións. Disputada cada catro anos, trátase do terceiro evento deportivo máis visto no planeta (detrás da Mundial de Fútbol e dos Xogos Olímpicos).

Outros importantes torneos son o das Seis Nacións (torneo deportivo entre seleccións máis antigas do mundo), disputado por Inglaterra, Escocia, País de Gales, Irlanda, Francia e Italia; e o Tres Nacións, disputado por Australia, Nova Zelandia e Suráfrica. Alén deses campionatos, as principais seleccións do mundo disputan anualmente unha serie de amigables, denominados Tests.

Notas

  1. DUNNING, Eric e SHEARD, Kenneth Barbarians, gentlemen and players: a sociological study of the development of rugby football. Oxon: Routledge. 2005. pp. 52–53

Véxase tamén

Ligazóns externas

CRC Pozuelo

O Canoe Rugby Club Pozuelo ou CRC Pozuelo é unha entidade deportiva de Pozuelo de Alarcón (Comunidade de Madrid) adicada ó rugby, que compite na División de Honra. Conta cun dos palmarés máis importantes de España con cinco títulos de liga e dez de copa entre outros trofeos. Ten a súa sede na Cidade Deportiva Valle de las Cañas, onde disputa os seus encontros. Entre 2012 e 2014 o primeiro equipo masculino foi denominado Rugby Atlético de Madrid por razóns comerciais.

As cores tradicionais da entidade son o amarelo, o azul e o branco, herdadas do Real Canoe Natación Club no que naceu como sección de rugby en 1963 e do cal se independizou a comezos do século XXI.

Club Alcobendas Rugby

O Club Deportivo Básico Alcobendas Rugby é unha asociación adicada ó deporte do rugby, fundada en 2003 na cidade de Alcobendas trala desaparición do M.A.R.U., e que compite co seu primeiro equipo na División de Honra de Rugby.

Club de Rugby Arquitectura Técnica

O Club de Rugby Arquitectura Técnica, popularmente chamado polo seu acrónimo CRAT, é un club de rugby da cidade da Coruña, fundado en 1976, que xoga os seus encontros como local no campo de rugby do Complexo Deportivo de Acea de Ama, en Culleredo. Por mor do convenio de colaboración que o club ten asinado coa Universidade da Coruña, tódolos seus equipos compiten baixo a denominación CRAT UDC.

O primeiro equipo sénior masculino compite na División de Honra B, a segunda división do rugby español. Pola súa banda, o primeiro equipo sénior feminino compite na División de Honra feminina, acadando dous títulos de liga nas tempadas 2014/15 e 2018/19.

Club de Rugby Ciencias

O Club de Rugby Ciencias, Ciencias Rugby Sevilla ou, como se lle coñece actualmente, Cajasol Rugby Ciencias debido ao seu patrocinador principal (a caixa de aforros andaluza Cajasol), é un club de rugby da cidade andaluza de Sevilla, que xoga na máxima categoría do rugby en España, a División de Honra.

Nos últimos anos, grazas ao proceso de semiprofesionalización do equipo, acadou grandes éxitos no terreo deportivo, gañando o ascenso á División de Honra dende a División de Honra B e, conseguindo no seu primeiro ano na categoría o segundo posto nunha liga regular de dez equipos.

Na tempada 2008-09, o club mudouse por razóns alleas ao club dende o Estadio Olímpico de La Cartuja ao Campo de San Pablo.

Club de Rugby Cisneros

O Club de Rugby Cisneros, tamén coñecido como Complutense Cisneros pola súa relación coa Universidade Complutense, é unha entidade deportiva de Madrid adicada ó rugby que compite na División de Honra. O equipo disputa os seus partidos como local no Estadio Nacional Complutense, popularmente chamado "O Central", que comparte co seu máximo rival, o CD Arquitectura, e coa selección española.

Club de Rugby El Salvador

O Club de Rugby El Salvador, denominado SilverStorm El Salvador por razóns de patrocinio, é un equipo español de rugby, fundado en 1960 na cidade de Valladolid. Vixente campión de liga e copa, o seu palmarés é un dos máis salientables a nivel nacional, con 8 títulos de liga e 7 de copa entre outros.

As cores clásicas do equipo son o negro e o branco, e os seus seareiros son coñecidos polo alcume de Chamizos.

É moi salientable a rivalidade que o Club de Rugby El Salvador mantén con outro equipo da cidade pucelana, o Valladolid Rugby Asociación Club (VRAC). Ámbolos dous equipos disputan os seus encontros como locais nos Campos de Pepe Rojo, unhas instalacións municipais inauguradas en 1981 con capacidade para acoller a 2500 persoas sentadas nas bancadas. Entre as tempadas 1997/98 e 2017/18 os dous equipos de Valladolid gañaron 15 das 21 ligas en xogo, e 11 das 21 copas en xogo, e teñen achegado a ducias dos seus xogadores á selección española, velaí a súa relevancia.

Club de Rugby Santander

O Club de Rugby Santander, denominado Bathco Rugby por razóns de patrocinio, é un equipo español de rugby da cidade de Santander, fundado no ano 2007. O primeiro equipo debutará na máxima categoría do rugby español na tempada 2019-2020.

As focas disputan os seus encontros no estadio de atletismo de La Albericia, de propiedade municipal.

Copa Ibérica de rugby

A Copa Ibérica (en portugués Taça Ibérica) é un torneo oficial de rugby que disputan cada ano os campións das ligas española e portuguesa.

Copa de Europa de rugby

A Copa de Europa de rugby, coa súa antiga denominación Heineken Cup (1995/2014) e a nova Champions Cup (2014/presente), é a máxima competición europea de clubs de rugby.

A particularidade e a orixinalidade da Heineken Cup foi facer competir entre eles a clubs, rexións e franquías das seis nacións: Francia, Inglaterra, Irlanda, Escocia, Gales e Italia. (Tamén outros clubs romaneses participaron na Heineken Cup e os mellores clubs españois e portugueses na European Challenge Cup que viría sendo máis ou menos o equivalente da Copa da UEFA en futbol).

A Heineken Cup foi unha das máis prestixiosas competicións deportivas do continente europeo.

Na tempada 2014-2015, a Heineken Cup foi substituída pola Copa de Campións Europea de Rugby.

Copa do Rei de Rugby

A Copa do Rei é a competición nacional de rugby máis antiga de España. Naceu en 1926 como Campionato de España por iniciativa da Federación Española de Rugby, que fora fundada pouco tempo antes. O formato orixinal do torneo consistía nunha liga na que se enfrontaban os diversos campións rexionais, inicialmente os campións de Cataluña e Castela, e en anos posteriores outros equipos. Durante décadas foi o máximo campionato de rugby existente en territorio español, pasando por varias denominacións, como "Campionato de España" ou "Copa do Xeneralísimo", ate que en 1970 foi creada a División de Honra da Liga Española de Rugby. Dende entón a Copa do Rei ocupa o segundo posto en importancia dentro do calendario rugbístico español. O gañador da Copa do Rei acada o dereito a disputar a Supercopa de España fronte ó campión de liga.

O equipo máis laureado da historia da Copa do Rei de rugby é o FC Barcelona, gañador de 16 edicións, seguido pola UE Santboiana que gañou 12 torneos. O vixente campión é o Club Alcobendas Rugby.

Actual edición: Copa do Rei de Rugby 2019-2020

Pasada edición: Copa do Rei de Rugby 2018-2019

División de Honra B de Rugby

A División de Honra B é a segunda división do rugby español, organizada pola Federación Española de Rugby. A competición conta con 36 equipos divididos en tres grupos xeográficos de 12 equipos cada un para facilitar o desprazamento dos equipos. O grupo A aglutina aos equipos do norte de España, o grupo B aos equipos da costa mediterránea e o grupo C aos equipos do sur e de Madrid.

División de Honra de Rugby

A División de Honra é a primeira división do rugby en España, organizada pola Federación Española de Rugby. No torneo participan os doce mellores equipos do país cun formato de liga a dúas voltas seguida dunha fase final de eliminatorias polo título. A liga disputouse por primeira vez na tempada 1952-53, e de xeito ininterrompido dende a edición 1969-70. Ó longo da súa historia dezaseis clubs teñen acadado o campionato, sendo o Club Deportivo Arquitectura e o Valladolid Rugby Asociación Club os equipos que lideran o palmarés con nove títulos de liga. A Unió Esportiva Santboiana, o Club de Rugby El Salvador e o Club de Rugby CRC Pozuelo tamén teñen gañado a liga cinco veces ou máis. Outros clubs salientables pola súa frecuente participación na competición son o Club de Rugby Cisneros, o Getxo Rugby Taldea, o Club de Rugby Ciencias, o Futbol Club Barcelona e o Rugby Club Valencia, todos eles campións con máis de 20 tempadas na máxima competición nacional.A División de Honra serve como torneo clasificatorio para o resto das competición oficiais. Os doce equipos da liga participan na fase de clasificación para a Copa do Rei. O campión de liga disputa tamén a Supercopa contra o campión de Copa, e a Copa Ibérica contra o campión de Portugal. A Federación Española de Rugby recibe cada ano unha invitación para que un equipo compita no torneo previo á Challenge Cup, a segunda competición europea máis importante a nivel de clubs trala Champions Cup. A federación ten por costume entregar esa invitación ó campión da liga, aínda que non sempre é aceptada polo club en cuestión por razóns económicas, de xeito que a presenza de algún club desta liga en competicións continentais non é regular.

A División de Honra é a máxima categoría das ligas de rugby en España. Por debaixo da División de Honra está a División de Honra B, organizada tamén pola Federación Española de Rugby, e por debaixo desta están as diversas ligas rexionais, organizadas por candansúa federación autonómica. Entre tódalas divisións existe un sistema de ascensos e descensos por méritos deportivos.

O vixente campión da División de Honra é o VRAC.

División de Honra de Rugby 2011-2012

A tempada 2011-2012 da Liga Española de rugby (División de Honra de Rugby) foi a edición número 45 da máxima categoría do rugby en España. A fase regular estivo composta por 18 xornadas nas que os 10 equipos enfrontáronse todos entre si dúas veces, unha como local e outra como visitante. Nesta tempada, o campión da liga decidiuse por vez primeira polo sistema dos play offs, como se facía en tódalas grandes ligas de rugby do mundo. Así pois, os 6 equipos que remataron a tempada regular nos primeiros postos da táboa, enfrontáronse entre si nas eliminatorias polo título de liga 2011-2012. Os 2 primeiros acadaron o pase directo para xogar as semifinais, e os equipos que rematen 3º, 4º, 5º e 6º tiveron que disputar entre si dúas eliminatorias de cuartos de final.

Esta edición da liga española de rugby foi a derradeira con 10 equipos. O equipo que rematou na última posición tivo que disputar unha eliminatoria pola permanencia co 3º clasificado da División de Honra B.

O Club de Rugby La Vila era o encargado de defende-lo título acadado na tempada 2010-11. Os últimos equipos ascendidos á categoría eran o campión de 1993, Getxo Rugby Taldea, e por vez primeira un equipo galego, o Vigo Rugby Club; que ocuparon as prazas dos descendidos CAU Valencia e Bera Bera RT.

Fútbol Club Barcelona (rugby)

A sección de rugby do Futbol Club Barcelona foi creada en 1924. Non dispón dun terreo de xogo propio dende a construción do Palau Blaugrana, ao principio da década dos '70. O equipo sénior A, grazas a un acordo de cesión de dereitos coa USAP Barcelona, competiu a tempada 2007-08 na División de Honra Española, quedando relegado, tralo descenso de categoría, en virtude a este acordo á Primeira Nacional (terceira categoría do rugby en España trala División de Honra A e a División de Honra B), onde competía ata a tempada 2007-08 o equipo sénior B, baixando este equipo á Segunda Catalá e desapareceu o equipo sénior C. Durante a tempada 2008-09, os equipos sénior A e sénior B acadaron o ascenso de categoría á División de Honra B e Primeira Catalá, respectivamente. Na tempada 2013-14 o primeiro equipo acadou o ascenso á División de Honra.

O FC Barcelona é un dos clubs máis laureados do rugby español grazas aos títulos conquistados entre os anos '40 e '60.

Liga Galega de Rugby

A liga galega de rugby e a competición que enfronta ós clubs de rugby galegos, divididos en dúas divisións, a LGR1 e a LGR2. A liga está organizada pola FGR, que tamén organiza a Copa Xunta de Rugby. Tódolos clubs galegos participan na liga galega, mesmo os que compiten nas dúas competicións nacionais (a División de Honra A e División de Honra B), xa que os clubs que compiten en competicións nacionais teñen a obriga de ter equipos filiais nas súas ligas rexionais.

Primeira División Nacional de Rugby

A Primeira División Nacional foi a terceira categoría do rugby en España dende 1998 ate 2014, sendo a División de Honra B a segunda, e a División de Honra a primeira (as 3 divisións organizadas pola Federación Española de Rugby). Por debaixo da Primeira Nacional estaban as ligas rexionais, xestionadas polas distintas federacións autonómicas. Antes de 1998 (ano da creación da División de Honra B) a Primeira Nacional era a segunda división do rugby español (1972-1998). No ano 2014 a FER tomou a decisión de eliminar a Primeira Nacional, aumentando o número de participantes da División de Honra B.

Santiago Rugby Club

O Santiago Rugby Club é un equipo de rugby de Santiago de Compostela que compite na segunda división da Liga Galega de Rugby na tempada 2017-18. O equipo disputa os seus encontros como local no Campo de Rugby da USC.

O club é o herdeiro da antiga tradición rugbística que existe na capital galega, e que no seu tempo estivo representada sobre todo polo equipo universitario. Despois de varios anos sen equipo de rugby na cidade, en 2007 fundouse o Gallaecius Rugby Club, que en 2011 trocou o seu nome polo actual Santiago Rugby Club.

Supercopa de España de rugby

A Supercopa de España de rugby e unha competición anual organizada pola FER na que se enfrontan os campións da División de Honra e da Copa do Rei. O formato do torneo consiste nun único encontro, disputado en terreo neutral, antes do comezo da tempada oficial de liga.

Malia que o primeiro título de Supercopa tivo lugar en 1983, aquel torneo non tivo continuidade, ate que en 2001 renaceu. Dende entón, o vixente campión VRAC físose 7 veces coa vitoria.

Valladolid Rugby Asociación Club

O Valladolid Rugby Asociación Club ou VRAC (denominado VRAC Quesos Entrepinares por razóns de patrocinio) é un club deportivo adicado ó rugby que foi fundado no ano 1986 na cidade de Valladolid, e que leva competindo na División de Honra dende a tempada 1991/92.

O equipo xoga os seus encontros como local no estadio Pepe Rojo da capital castelán leonesa, que ten capacidade para acoller a 2.500 persoas. Comparte estas instalacións co seu principal rival deportivo, o Club de Rugby El Salvador.

Por mor do seu tradicional patrocinador, unha empresa local adicada á fabricación de queixos, o equipo e mais os seareiros deste club son chamados "queseros".

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.