Rubiá

Rubiá é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 1494 habitantes (1716 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «rubiao».

Coordenadas: 42°26′59″N 06°56′56″O / 42.44972, -6.94889

Rubiá
Escudo de Rubiá
Igrexa de Santo Estevo de Pardollán, Rubiá
Igrexa de Santo Estevo de Pardollán.
Situacion Rubiá
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Valdeorras
Poboación1.448 hab. (2018)
Área100,7 km²
Densidade14,38 hab./km²
Entidades de poboación10 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeElías Rodríguez Núñez (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 4
Eleccións municipais en Rubiá
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes67,30%
Na rede
http://www.concelloderubia.es/ (ligazón morta)

Demografía

Censo total 1494 (2014)
Menores de 15 anos 100 (6,69 %)
Entre 15 e 64 anos 812 (54,35 %)
Maiores de 65 anos 582 (38,96 %)
Evolución da poboación de Rubiá   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3738 4164 4220 3049 1685 1585 1561 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello ten 100,7 km², e abrangue 10 parroquias. Limita ao norte e ao leste coa provincia de León, ao sur con Carballeda de Valdeorras e ao oeste co Barco de Valdeorras.

É predominantemente montañoso, localizándose ao noroeste a zona máis abrupta, a serra da Enciña da Lastra, que se alonga pola parte central e oriental do concello, e onde nacen dous ríos, o Meiral e o Galir, afluentes do Sil. Ten unha altitude media duns 600 metros, sendo as cotas máis altas os picos das Tres Penas Marías (1268 m), O Piornal (1528 m) e Portelo da Tara (1099 m).

Historia

A zona estivo poboada desde a prehistoria, conservándose dous poboados castrexos: o castro de Pardellán e o castro de Cabeza.[5] Durante a romanización construíronse varias vías.[5]

Na idade media albergou varios mosteiros.[5] Desa época consérvase un templo románico en Pardollán. Hai tallas barrocas, como o retablo do Rosario e a talla dos doce apóstolos do retablo maior da parroquial de Rubiá, ou a talla da Virxe do Rosario, o Sagrario coa Verónica na porta (obras de Gregorio Español) e a pequena talla de santo Antón Abade en Biobra.[5]

Entre a arquitectura civil destaca a Casa Grande de Rubiá e a ponte de Regueiral.[5]

Sendeirismo

Rubiá conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 144 "Ruta Natural dos Castros a Nivieira". É unha ruta sendeirista circular de 6 km con principio e fin en Rubiá.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Rubiá.
Molino oulego

Muíño en Oulego.

Orchis mascula.002 - Serra de Enciña de Lastra

Orchis mascula na serra de Enciña de Lastra.

Orchis italica.006 - Serra de Enciña de Lastra

Orchis italica na serra de Enciña de Lastra.

Casa do concello de Rubiá, provincia de Ourense

Casa do concello.

Placa altimétrica, concello Rubiá

Placa altimétrica do concello.

Lugares de Rubiá

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Rubiá vexa: Lugares de Rubiá.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 11 de xuño de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Rubiá". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 "Sitio web do concello. Que ver". Arquivado dende o orixinal o 27-07-2011. Consultado o 10-07-2019.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Veiga de Cascallá, Rubiá

Santa Cruz da Veiga de Cascallá é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rubiá. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 82 habitantes (40 homes e 42 mulleres), nunha entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 146 habitantes.

Está situada entre o río Galir -afluente do Sil- e a estrada N-120, e crúzaa a estrada OU-622.

A igrexa parroquial, de estilo neoclásico, foi construída en 1959 coas pedras da igrexa da Alberguería (A Veiga), parroquia asolagada en 1958 ao se construír o encoro de Prada, no río Xares.

Biobra, Rubiá

San Miguel de Biobra é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Rubiá. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 65 habitantes (36 homes e 29 mulleres), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 89 habitantes.

Carballeda de Valdeorras

Carballeda de Valdeorras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2015 tiña 1698 habitantes (1870 en 2009, 2155 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballedego ou valdeorrés.

Comarca de Valdeorras

A comarca de Valdeorras é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Barco de Valdeorras. A cal pertencen os concellos de O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras. En total abrangue 969,2 km², caracterízase pola súa elevación, aquí está o maior cumio de Galicia, a Pena Trevinca (2127 m). O xentilicio é valdeorrés/valdeorresa.

Covas, Rubiá

San Salvador de Covas é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Rubiá. Segundo o IGE en 2010 tiña 23 habitantes (16 mulleres e 7 homes), nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 25 habitantes.

Eleccións municipais en Rubiá

Corporacións democráticas en Rubiá desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Elías Rodríguez Fernández — UCD

1983 Alcalde: Elías Rodríguez Fernández — CG

1987 Alcalde: Elías Rodríguez Fernández — AP

1991 Alcalde: pendente

1995 Alcalde: Antonio Cao Rodríguez — PSdeG-PSOE

1999 Alcalde: Antonio Cao Rodríguez — PSdeG-PSOE

2003 Alcalde: Elías Rodríguez Núñez — PPdeGModelo:Rubiá 2003

2007 Alcalde: Elías Rodríguez Núñez — PPdeGModelo:Rubiá 2007

2011 Alcalde: Elías Rodríguez Núñez — PPdeG

2015 Alcalde: Elías Rodríguez Núñez — PPCandidatos: Elías Rodríguez Núñez (PP), Rafael Rodríguez López (PSdeG-PSOE) e Ramón Alberto Núñez Rodríguez (BNG).

Estación de Covas

Covas é unha estación de tren de Adif, situada en Covas, no concello de Rubiá, provincia de Ourense. Ten servizos de Media distancia operados por Renfe.

Estación de Quereño

Quereño é unha estación de tren de Adif, situada en Quereño, no concello de Rubiá, provincia de Ourense. Ten servizos de Media distancia operados por Renfe.

Lugares de Rubiá

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Rubiá

O Barrio de Cascallá, Rubiá

A Nosa Señora da Asunción do Barrio de Cascallá é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rubiá. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 34 habitantes (19 homes e 15 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 49 habitantes.

O Porto, Rubiá

San Cristovo do Porto é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Rubiá. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 62 habitantes (30 homes e 32 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 102 habitantes.

O Real, O Porto, Rubiá

O Real é un lugar da parroquia do Porto, no concello ourensán de Rubiá. No ano 2008 tiña 29 habitantes (15 homes e 14 mulleres), o que supón un descenso en relación ao ano 2007.

O Robledo da Lastra, Rubiá

A Nosa Señora da Concepción do Robledo de Lastra é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Rubiá. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 62 habitantes (34 homes e 28 mulleres), nunha entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 67 habitantes.

Oulego, Rubiá

San Miguel de Oulego é unha parroquia situada no noroeste do concello de Rubiá. Segundo o padrón municipal en 2013 tiña 93 habitantes (43 homes e 50 mulleres), 50 menos ca en 1999. Ten unha soa entidade de poboación.

Pardollán, Rubiá

Santo Estevo de Pardollán é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Rubiá. Segundo o IGE en 2010 tiña 42 habitantes (20 mulleres e 22 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 39 habitantes.

Quereño, Rubiá

San Cristovo de Quereño é unha parroquia que se localiza no sueste do concello ourensán de Rubiá. Segundo o padrón municipal en 2013 tiña 132 habitantes (67 homes e 65 mulleres), 56 menos ca en 1999. Ten tres entidades de poboación.

Rubiá, Rubiá

Santa Mariña de Rubiá é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello de Rubiá. Segundo o padrón municipal en 2013 tiña 912 habitantes (456 mulleres e 456 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, 97 menos ca en 1999.

Serra da Enciña da Lastra

O Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra é unha paraxe protexida que comprende a contorna da serra da Enciña da Lastra, unha das serras orientais de Galiza. Está situado na zona nordés da provincia de Ourense, no concello de Rubiá, comarca de Valdeorras, xusto no límite coa comarca do Bierzo. Foi declarado parque natural no ano 2002. Ten unha extensión de 3151,67 ha e unha altitude media de 684 m.

O parque abrangue a serra e un val calcario de pendentes pronunciadas e cantís entre os que destacan a pena Falcoeira, o val do Inferno ou os penedos de Oulego. O río Sil discorre durante uns catro quilómetros polo extremo oriental do parque, remansado nese tramo polo encoro de Penarrubia. O outro curso de auga permanente é o río Galir, alén da existencia doutros regatos estacionais.Os puntos de máxima altitude da serra son O Piornal, con 1529 metros sobre o nivel do mar e a pena Tara, con 1089 metros, nos penedos de Oulego.

Área de especial interese faunístico e florístico pola seu carácter limítrofe entre a rexión mediterránea e a eurosiberiana, o parque abrangue a mellor representación de vexetación mediterránea en Galicia, con números endemismos de ámbito reducido. Posúe tamén destacadas poboacións de aves rapaces, entre as que destaca a presenza do voitre branco, aguia real e falcón peregrino. A menor dureza do solo calizo propiciou a formación de abundantes covas —que aquí se denominan palas— que acubillan importantes colonias de morcegos, das máis importantes de Galicia. Outro punto de interese radica na presenza de pasteiros mediterráneos característicos de zonas rochosas de montaña.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.