Royal Australian Navy

A Royal Australian Navy (RAN) é o corpo naval da Forza de Defensa Australiana. Tras a Federación de Australia en 1901, os barcos e recursos das armadas coloniais independentes integráronse nunha forza nacional: a Commonwealth Naval Forces. Orixinalmente prevista para a defensa local, á armada concedéuselle o título de "Royal Australian Navy" en 1911, e converteuse na responsable da defensa da rexión.

A Royal Navy británica continuou apoiando á RAN e proporcionándolle capacidade de defensa adicional no Pacífico ata os primeiros anos da Segunda Guerra Mundial. Entón, a rápida expansión nos tempos de guerra impulsou a adquisición de grandes buques de superficie e a construción de moitos barcos de guerra máis pequenos. Na seguinte década a RAN mercou un pequeno número de portaavións, o último deles pagado completamente en 1982.

Hoxe en día, a RAN está formada por 51 buques comisionados e uns 16 000 homes. É unha das máis grandes e sofisticadas armadas da rexión do Pacífico, cunha presenza significativa no océano Índico e en operacións por todo o mundo apoiando campañas militares e misións de paz. O actual Xefe da Mariña é o vicealmirante Ray Griggs.

Real Armada Australiana
Royal Australian Navy; RAN
Naval Ensign of Australia
Bandeira da Royal Australian Navy.
Activa1911-actualidade
PaísAustralia Australia
RamaForza de Defensa de Australia
TipoNaval
Tamaño14 215 Persoal permanente
8 493 Persoal na reserva
Alcume(s)RAN
Lema(s)Serving Australia with Pride
Aniversarios10 de xullo
Equipamento50 buques
EnfrontamentosI Guerra Mundial
II Guerra Mundial
Guerra de Corea
Emerxencia en Malasia
Confrontación Indonesia
Guerra de Vietnam
Guerra do Golfo
Guerra de Afganistán
Guerra de Iraq
Páxina webwww.navy.gov.au
Comandantes
Comandante actualSir Peter Cosgrove
Aeronaves utilizadas
HelicópterosSikorsky MH-60R
Helicópteros de recoñecementoNHIndustries NH90
Helicópteros de adestramentoBell 429 GlobalRanger

RAN hoxe

Frota

En setembro de 2017 a frota da RAN consistía en 47 buques de guerra, incluíndo destrutores, fragatas, submarinos, patrulleiras e buques auxiliares.[1] Os buques da RAN levan o prefixo HMAS (Her Majesty's Australian Ship).[2]

A RAN ten dúas bases principais para a frota:[3][4]

  • Fleet Base East, localizada en Sydney.
  • Fleet Base West, localizada preto de Perth.

Outras tres bases adicionais:[5][6][7]

  • Cairns
  • Darwin
  • Sydney
Buques operativos
Imaxe Clase/nome Tipo Número Entrada en servizo Descrición
HMAS Collins, Collins class
Collins class Submarino 6 2000 Antibuque, contraintelixencia. Propulsión diésel-eléctrica.
HMAS Canberra, Canberra class
Canberra class Landing helicopter dock 2 2014 Buque de desembarco anfibio. Deseño baseado no Juan Carlos I (L-61) de Navantia.
HMAS Hobart December 2017 Hobart class Destrutor 3 2017 Destrutor aire superficie. Deseño baseado en Álvaro de Bazán (F-101) da Armada Española.
HMAS Perth, Anzac class
Anzac class Fragata 8 1996 Antisubmarino e antiaérea fragata con 1 helicóptero. Dous máis en construción para a Royal New Zealand Navy.
HMAS Newcastle, Adelaide class
Adelaide class Fragata 2 1985 Propósito xeral mísiles guiados, fragata con 2 helicópteros. Catro buques máis en construción.
HMAS Broome, Armidale class
Armidale class Patrulleiro 13 2005 Gardacostas, control de fronteiras e garda pesqueira.
HMAS Yarra, Huon class
Huon class Cazaminas 6 1997 Cazaminas. Catro activos e dous máis Four active, dous máis pendentes.
HMAS Leeuwin, Leeuwin class
Leeuwin class Survey ship 2 2000 Salvamento marítimo.
HMAS Benalla, Paluma class
Paluma class Lancha de salvamento 4 1989 Hidrográfico
HMAS Choules FBE 2014 HMAS Choules L100
Bay class
Landing Ship Dock 1 2011 Cargas pesadas e transporte.
HMAS Success
HMAS AOR
Durance class
Buque de subministración 1 1986 Subministración no mar e apoio á frota.
HMAS Sirius
HMAS Sirius Buque de subministracción 1 2006 Subministración no mar e apoio á frota. Modificado dun buque comercial.
Buques non militares
ABFC Cape St George, Cape class
Cape class Patrulleira 2 2015 Cape Byron e Cape Nelson foron líderes dende Australian Border Force e suplementariamente Armidale. ADV (Australian Defence Vessel).
STS Young Endeavour
Young Endeavour Tall Ship 1 1988 Buque escola

Notas

  1. "Current Ships". Royal Australian Navy. Consultado o 23 de setembro de 2017.
  2. Frame 2004, p. 96.
  3. "Fleet Base East". Royal Australian Navy. Consultado o 31 August 2014.
  4. "Fleet Base West". Royal Australian Navy. Consultado o 31 de agosto de 2014.
  5. "HMAS Cairns". Royal Australian Navy. Consultado o 31 August 2014.
  6. "HMAS Coonawarra". Royal Australian Navy. Consultado o 31 August 2014.
  7. "HMAS Waterhen". Royal Australian Navy. Consultado o 31 de agosto de 2014.
Batalla de Xutlandia

A batalla de Xutlandia (alemán: Skagerrakschlacht) foi unha batalla naval que enfrontou á Grand Fleet da Royal Navy (que tamén incluía barcos e persoal individual da Royal Australian Navy e a Royal Canadian Navy) contra a Hochseeflotte da Kaiserliche Marine durante a Primeira guerra mundial. A batalla tivo lugar entre o 31 de maio e o 1 de xuño de 1916 no mar do Norte preto de Xutlandia, Dinamarca. Foi a meirande batalla naval e o único enfrontamento a grande escala do conflito. Foi o terceiro encontro entre acoirazados de aceiro, tras as máis pequenas pero máis decisivas batallas do Mar Amarelo (1904) e de Tsushima (1905) durante a guerra ruso-xaponesa.

A Hochseeflotte estaba comandada polo vicealmirante Reinhard Scheer, e a Grand Fleet polo almirante Sir John Jellicoe. A intención da frota alemá era atraer, atrapar e destruír unha parte da Grand Fleet, xa que a forza naval xermana era insuficiente para enfrontarse con éxito a toda a frota británica. Isto formaba parte dunha estratexia máis ampla para romper o bloqueo británico sobre Alemaña e así permitir que os mercantes alemáns operasen. Mentres tanto, a estratexia da Royal Navy era atacar e destruír a Hochseeflotte , ou manter á forza alemá lonxe das rutas de navegación británicas.

O plan alemán era o de usar ao rápido grupo de exploración do vicealmirante Franz Hipper, formado por cinco modernos cruceiros de batalla, para atraer aos escuadróns de acoirazados do vicealmirante Sir David Beatty cara a traxectoria da forza principal alemá. Anteriormente foron colocados submarinos nas probables zonas de paso dos barcos británicos. Porén, os británicos interceptaron sinais que lles fixeron sospeitar que probablemente houbese unha frota maior, polo que o 30 de maio Jellicoe navegou coa Grand Fleet para atoparse con Beatty, pasando sobre a liña de submarinos cando aínda non estaban preparados. O plan alemán atrasárase, causando máis problemas aos seus submarinos que chegaron ao límite do seu aguante no mar.

Na tarde do 31 de maio, Beatty atopou á forza de acoirazados de Hipper moito antes do que os alemáns agardaban. Hipper conseguiu levar á vangarda británica cara a traxectoria da Hochseeflotte. No momento no que Beatty avistou á frota principal regresou cara o resto da frota británica, cando xa perdera dous cruceiros de batalla dun total de seis cruceiros de baralla e catro acoirazados, contra os cinco barcos comandados por Hipper. Os acoirazados, comandados polo contraalmirante Sir Hugh Evan-Thomas, foron os últimos en xirar e formaron a retagarda na retirada de Beatty, agora coa forza alemá perseguíndoos cara a principais posicións británicas. Entre as 18:30, cando o sol caía sobre o horizonte occidental, cegando ás forzas xermanas, e a caída da noite sobre as 20:30, as dúas frotas (cun total de 250 barcos) enfrontáronse directamente dúas veces.

Catorce barcos británicos e once alemáns foron afundidos con grandes perdas de vidas. Despois da posta de sol, e durante a noite, Jellicoe manobrou para cortarlles aos alemáns a retirada á base, coa esperanza de continuar a batalla a mañá seguinte, pero cubríndose na escuridade Scheer atravesou as forzas lixeiras británicas formando na retagarda da Grand Fleet e regresando a porto.

Ámbalas dúas partes reclamaron a vitoria. Os británicos perderon máis barcos e o dobre de mariñeiros, e a prensa do país criticou o fracaso da Grand Fleet para forzar un resultado decisivo, pero o plan de Scheer de destruír unha parte substancial da frota británica tamén fracasou. A "frota en potencia" alemá continuaba sendo unha ameaza, requirindo aos británicos manter os seus acoirazados concentrados no mar do Norte, pero a batalla confirmou a política xermana de evitar calquera contacto entre frotas. Ao final do ano, despois de máis infrutuosos intentos de reducir a vantaxe numérica da Royal Navy, a Kaiserliche Marine volveu os seus esforzos e recursos á guerra submarina sen restricións coa destrución de barcos aliados e neutrais, o que levaría en abril de 1917 á entrada dos Estados Unidos no conflito.

Cantabria (A-15)

Cantabria (A-15) é un buque de aprovisionamento da Armada Española. O buque foi construído nos estaleiros de Navantia en Cádiz cun custo de 183 millóns de euros. Actualmente[cando?] estanse a construír en Ferrol dous buques máis para a Royal Australian Navy.

Dinain

Dinain (Diseño Naval e Industrial S.L) é unha empresa do sector do deseño naval e industrial con sede en Narón, no polígono da Gándara. A empresa iniciouse no deseño naval traballando para Astano.

General Electric LM2500

General Electric LM2500 é unha turbina a gas para uso industrial e naval fabricada por GE Aviation. LM2500 é unha variante do General Electric CF6.

HMAS Stalwart (AOR2)

O HMAS Stalwart (AOR2) é un buque militar de apoio loxístico da RAN (Royal Australian Navy) construído na ría de Ferrol por Navantia.O HMAS Stalwart será o terceiro buque da RAN en utilizar ese nome, tras dous destrutores.O buque está baseado no deseño do Cantabria (A-15) de Navantia para a Armada Española. A RAN contratou a construción de dous buques loxísticos: HMAS Supply (AOR1) e HMAS Stalwart (AOR2). A construción da serie iniciouse o 19 de xuño de de 2017 en Navantia Fene (Astano) co corte en chapa para o HMAS Supply (AOR1), sendo a posta en grella do HMAS Stalwart o 24 de novembro de 2018 en Navantia Ferrol. O custe dos dous buques foi de 417 millóns de euros.

HMAS Supply (AOR1)

O HMAS Supply (A195) é un buque militar de apoio loxístico da RAN (Royal Australian Navy) construído na ría de Ferrol por Navantia.O HMAS Supply ven sendo o segundo buque na RAN que leva este nome, o anterior era o HMAS Supply (AO 195). A orixe está no nome dun dos once buques que formaban a primeira frota da colonia europea que en 1787 partiu de Inglaterra cara Nova Gales do Sur, actual Australia, con 1.487 persoas (dos cales 778 eran presos).O buque está baseado no deseño do Cantabria (A-15) de Navantia para a Armada Española. A RAN contratou a construción de dous buques loxísticos: HMAS Supply (AOR1) e HMAS Stalwart (AOR2). A construción iniciouse o 19 de xuño de de 2017 en Navantia Fene (Astano), sendo botado o 23 de novembro de 2018 en Navantia Ferrol. O custe dos dous buques foi de 417 millóns de euros.

Illa de Nadal

O Territorio da Illa de Nadal (en inglés: Territory of Christmas Island) é un territorio sen autogoberno de Australia no océano Índico, a 2.360 ao noroeste de Perth, no estado de Australia Occidental e a 500 km ao sur de Iacarta, a capital de Indonesia. Na illa viven unhas 2000 persoas, divididas en poboados no extremo setentrional da mesma. Os asentamentos chámanse: Silver City, Flying Fish Cove (tamén coñecida como Kampong), Poon Saan e Drumsite. A maioría da poboación é chinesa australiana. Foi nomeada "Illa de Nadal", porque foi descuberta o día de Nadal (25 de decembro 1643).

O illamento e a mínima perturbación humana da xeográfica da illa deu lugar a un alto nivel de endemismo entre a súa flora e fauna, que é de interese para os científicos e naturalistas. 63% dos seus 135 km2 son un parque nacional australiano. Existen grandes áreas de bosques monzónicos primarios.

O fosfato, depositado orixinalmente como guano, é extraído na illa desde fai moitos anos.

Illas Ashmore e Cartier

As illas Ashmore e Cartier son un territorio dependente de Australia (Territory of Ashmore and Cartier Islands), formado por dous grupos de pequenas illas tropicais deshabitadas, localizadas no Océano Índico, a 320 km ao noroeste de Australia e a 170 km ao sur da illa indonesia de Roti. O grupo fórmano o arrefice de Ashmore (formado polos illotes de West, Middle e East) e a illa de Cartier, que forman parte do Territorio do Norte australiano.

Illas do Mar do Coral

O Territorio das Illas do Mar do Coral (en inglés: Coral Sea Islands Territory) está composto por un grupo de pequenas illas e arrecifes coralinos deshabitados e tropicais do Mar do Coral, ao noroeste de Queensland Australia, (coordenadas 18°N, 152°E). As illas están diseminadas nunha área de ao redor dun millón de km², pero cunha área emerxida de só 8 km² sendo o illote de Willis os máis importantes, no principal dos illotes de Willis existe unha estación meteorolóxica cuxa poboación é temporal.

O territorio abarca 780.000 km², que se estenden ao leste e ao sur desde o bordo exterior da Gran Barreira de Coral, e inclúe a illa Heralds Beacon, Arrecife Osprey, o Grupo Willis, e outros quince grupos de arrecifes/illas.

Sirius

Sirio, ou Sirius na súa denominación latina, é o nome propio da estrela Alpha Canis Maioris (α CMa, tamén Alpha Canis Majoris), a máis rutilante de todo o ceo nocturno da Terra, situada na constelación do hemisferio celeste sur Canis Maior. Esta estrela tan notable, que é realmente unha estrela binaria, é ben coñecida desde a antigüidade; por exemplo, no antigo Exipto, a saída helíaca de Sirio marcaba a época das inundacións do Nilo, e estivo presente en civilizacións tan dispares como a grega e a polinesia. En ocasións, e coloquialmente, Sirio é chamada «Estrela Can» a raíz da constelación á que pertence.

A compoñente primaria das dúas estrelas que conforman o sistema, Sirio A, é unha estrela branca da secuencia principal de tipo espectral A1V que ten unha temperatura superficial de 10 000 K e que está a uns 8,6 anos luz do Sistema Solar, sendo a quinta estrela máis próxima do Sol. A súa magnitude aparente na banda B (azul) é -1,46, e na banda V é -1,47. Friedrich Bessel, en 1844, deduciu a presenza dunha compañeira, un obxecto celeste moi tenue agora chamado Sirio B ou «o Cachorro», que foi observado casualmente por primeira vez en 1862 polo construtor de obxectivos astronómicos Alvan Graham Clark. Foi unha das primeiras ananas brancas en ser descubertas, a súa magnitude na banda V é 8,44, o seu tipo espectral é DA2 e a súa temperatura superficial é duns 25 200 K.Debido a certas irregularidades na órbita do sistema Sirio formado por ambas estrelas, detectouse a posibilidade da presenza dunha terceira estrela, Sirio C, unha presunta anana vermella cun quinto da masa do Sol e tipo espectral M5-9, nunha órbita elíptica de seis anos arredor de Sirio A.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.