Rosa dos ventos

A rosa dos ventos ou rosa náutica é un círculo que ten marcados en derredor os rumbos nos que se divide a circunferencia do horizonte. Nas cartas de navegación represéntase con 32 rombos deformados e unidos polo extremo dun namentres o seguinte sinala o rumbo sobre o círculo do horizonte. Sobre o mesmo sitúase a flor de lis coa que adoita estar representado o Norte, que se documenta a partir do século XVI[Cómpre referencia].

Tamén pode ser un diagrama que representa a intensidade media do vento en diferentes sectores nos que está dividido o círculo do horizonte.

Rosadosventoshercules
A Rosa dos Ventos de Correa Corredoira (1994), situada a carón da Torre de Hércules.

Véxase tamén

Atlas Catalán

O Atlas Catalán (en catalán: Atles Català) é o mapa cartográfico catalán máis importante da Idade Media, atribuído ó xudeu mallorquino Cresques Abraham. Non está asinado nin datado, mais sábese que a data aproximada de produción é 1375 polo rexistro que figura no calendario que o acompaña.É o primeiro atlas coñecido que incorpora unha rosa dos ventos, e é unha das xoias da colección da Biblioteca Nacional de Francia (París).

Compás (navegación)

O compás, agulla de marear ou búsola é un instrumento de navegación para atopar direccións na Terra. O compás está composto por unha agulla magnética na horizontal, suspensa polo centro de gravidade, que se aliña de maneira precisa co campo magnético da Terra.

Un compás fornece a unha dirección de referencia coñecida, a dirección do centro magnético da Terra, aproximadamente o eixo norte-sur, sendo de grande axuda na navegación. Un compás pode usarse cun reloxo e un sextante para fornececer unha capacidade de navegación precisa. Ese dispositivo mellorou bastante o comercio marítimo tornando as viaxes máis seguras e máis eficientes.

Jairo Iglesias

Jairo Iglesias, nado en Santiago de Compostela o 8 de xullo de 1986, é un director de cine galego.

Leste

Leste, símbolo L ou E, un dos catro puntos cardinais da Rosa dos Ventos, tamén chamado oriente, nacente ou levante.

É o punto cardinal que indica a dirección na cal a Terra xira en torno do seu eixo, tornándose así a dirección onde o Sol nace nun equinoccio.

Nordés

Nordés ou nordeste é unha coordenada cartográfica situada entre o norte e o leste (ou este). Por tanto, é un dos puntos colaterais da rosa dos ventos. As palabras sinónimas nordeste e nordés formáronse a partir de norte con leste.

Noroeste

Noroeste é un punto cardinal entre o norte e o oeste e a igual distancia de ambos. O seu símbolo é NO e NW. É un dos puntos colaterais da rosa dos ventos.

Norte

Norte ou setentrión, símbolo N, é un dos catro puntos cardinais da Rosa dos Ventos, que ven orientado pola Estrela Polar. A orientación determinada polo norte tamén se adxectiva coma ártico, boreal ou setentrional. O seu punto cardinal oposto é o sur.

Oeste

O oeste, é un dos catro puntos cardinais da rosa dos ventos, polo cal se pon o o Sol no equinoccio. O seu símbolo é W ou O, e recibe tamén os nomes de poñente, occidente ou ocaso.

Parque escultórico da Torre de Hércules

O Parque escultórico da Torre de Hércules é un museo ao aire libre situado arredor do faro. O parque está incluído na área Patrimonio Mundial da Humanidade.

Picanya

Picanya (en valenciano e oficialmente Picanya) é un concello da Comunidade Valenciana. Pertencente á provincia de Valencia, na comarca da Horta Sud.

Punto cardinal

Os puntos cardinais son as catro direccións derivadas do movemento de rotación terrestre que conforman un sistema de referencia cartesiano para representar a orientación nun mapa ou na propia superficie terrestre. Estes puntos cardinais son o leste, que vén sinalado polo lugar aproximado onde sae o Sol cada día; o oeste, o punto indicado polo ocaso do sol no seu movemento aparente, e considerando a liña leste-oeste como o eixo das abscisas nun sistema de coordenadas xeográficas, o eixo das coordenadas estaría descrito por liña norte-sur. Esta composición xera catro ángulos de noventa graos que á súa vez se dividen polas bisectrices, xerando noroeste, suroeste, nordés e sueste. Repítese a mesma operación e obtense a Rosa dos ventos que é usada en navegación desde séculos ancestrais e cobre as 32 direccións principais do movemento na superficie terrestre.

Rosa

O termo rosa pode facer referencia a:

Rosa, a flor da roseira (plantas do xénero Rosa);

Por extensión, calquera flor, caravel;

Rosa, o nome da cor vermella moi clara;

Rosa, mancha na pel de cor avermellada;

Rosa, un nome de muller;

Rosa do deserto, un mineral propio de zonas areentas e áridas;

Rosa dos ventos, figura en forma de estrela usada na orientación naval;

Rosa Porriño, denominación comercial dunha variedade de granito que se explota en Galiza.

(223) Rosa, un asteroide

Sueste

Sueste é unha coordenada cartográfica situada entre o sur e o leste, a 45 grados de cada un deles. Por tanto, é un dos puntos colaterais da rosa dos ventos.

Sur

O sur é un punto cardinal que vén orientado pola oposición á Estrela Polar ou en base á Cruz do Sur. A orientación determinada polo sur tamén se adxectiva coma antártico, austral ou meridional. O seu punto cardinal oposto é o norte.

Suroeste

Suroeste é unha coordenada cartográfica situada entre o sur e o oeste. Por tanto, é un dos puntos colaterais da rosa dos ventos.

Torre de Hércules

A Torre de Hércules é unha torre e faro situado na península da cidade da Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo. Está nun cabo.

O 27 de xuño de 2009 foi proclamada Patrimonio da Humanidade en Sevilla pola Comisión do Patrimonio Mundial da UNESCO. Deste xeito converteuse no cuarto recoñecemento da UNESCO en Galicia xunto co Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo e o Casco Vello de Santiago de Compostela.

Tramontana

A tramontana (do latín: transmontanus-i, "máis aló das montañas", en catalán: tramuntana) é un vento forte e frío do norte, de orixe polar, que usa o Macizo Central francés e os Pireneos como zona de aceleración. É moi habitual na rexión francesa do Rosellón, na comarca catalá do Empordán e na illa de Menorca. Ten acadado refachos de máis de 200 km/h.

Ventos (mitoloxía)

Na antiga relixión e na mitoloxía gregas, os Anemoi (grego: Ἄνεμοι, "Ventos") foron deuses dos ventos que tamén estaban adscritos a un punto cardinal, dende o que proviñan os seus ventos, e tamén foron asociados ás diferentes estacións e condicións meteorolóxicas. Foron representados como meros refachos de vento, personificados como homes con ás, e tamén como cabalos nas cortes da tormenta do deus Eolo, que proveeu a Ulises cos Anemoi durante a Odisea. Os espartanos foron rexistrados sacrificando un cabalo ós ventos no Monte Taixeto. Eolo e Eos, a deusa do amencer, eran os pais dos Anemoi segundo o poeta Hesíodo.

Dos catro ventos xefe , Bóreas (Aquilo en latín) era o vento do norte que traía o ar frío do inverno, Noto era o vento do sur que traía as treboadas de verán e outono, Céfiro era o vento do oeste que traía o ar da primavera e as brisas de verán; e Euro, o vento do leste, non estaba asociado a ningunha das tres estacións gregas, e é o único dos catro que non é mencionado na Teogonía de Hesíodo ou nos himnos de Orfeo. Ademais, había outros catro ventos menores asociados ó nordeste, sueste, noroeste, e suroeste.

As deidades equivalentes ós Anemoi na mitoloxía romana eran os Venti. Malia teren nomes diferentes, eran moi semellantes ós gregos pois mantiñan os seus atributos.

Xabier Correa Corredoira

Xabier Correa Corredoira nado na Coruña o 4 de setembro de 1952, é un pintor, gravador e escultor galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.