Rosa Quintana

Rosa Quintana Carballo, nada en San Fernando de Apure[1] (Venezuela)[2] o 29 de maio de 1959,[3] é unha política galega do PPdeG.

Rosa Quintana
Rosa Quintana 2010
Nacemento29 de maio de 1959
 San Fernando de Apure
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítica

Traxectoria

Licenciouse en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela e tamén se doutorou alí cun estudo sobre o cultivo do mexillón galego.[4]

Desempeñou diversos cargos no PPdG presidido por Manuel Fraga. En 1987, comezou a traballar na Consellería de Pesca como inspectora de pesca.[3] Foi delegada territorial da Consellería de Pesca en Vigo dende 1997 a 2001, e directora xeral de Innovación da mesma Consellaría a partir de 2001 e até 2005.

En 2009, foi de número dez da lista popular nas eleccións ao Parlamento de Galiza[5] e formou parte do novo goberno da Xunta de Galiza presidida por Alberto Núñez Feijóo en calidade de conselleira do mar. En xaneiro de 2012 foi nomeada conselleira de Medio Rural e do Mar.[6] Foi elixida deputada do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012. En outubro de 2015 pola remodelación do Goberno, quedou unicamente como conselleira do Mar[7].

Obra

  • Contribución al conocimiento del desarrollo gonadal del mejillón gallego cultivado (1988). Santiago de Compostela: Ed. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 9788440419309
Predecesor:
Carmen Gallego
 Escudo de Galicia.svg
Conselleira do Mar
 
2009 - 2012
Sucesor:
extinguida
Predecesor:
Samuel Juárez
 Escudo de Galicia.svg
Conselleira de Medio Rural e do Mar
 
2012 - 2015
Sucesor:
Ángeles Vázquez Mejuto
Predecesor:
Rosa Quintana
 Escudo de Galicia.svg
Conselleira do Mar
 
2015 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas

  1. "Rosa María Quintana Carballo". Parlamento de Galicia.
  2. "Biografía da conselleira do Mar, Rosa Quintana Carballo". xunta.gal. Consultado o 07-10-2018.
  3. 3,0 3,1 "Rosa María Quintana Carballo". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 07-10-2018.
  4. "42 Rosa Quintana". elcorreogallego.es. Consultado o 07-10-2018.
  5. "PP: candidaturas". vieiros.com. Consultado o 07-10-2018.
  6. "DECRETO 11/2012, do 3 de xaneiro, polo que se nomea conselleira do Medio Rural e do Mar a Rosa María Quintana Carballo". xunta.gal. Consultado o 07-10-2018.
  7. Núñez Feijoo destitúe a Rocío Mosquera nunha ampla reestruturación do seu Goberno, artigo en Praza Pública, 4 de outubro de 2015.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ana Rosa Quintana

Ana Rosa Quintana Hortal, nada en Madrid o 12 de xaneiro de 1956, é unha xornalista e presentadora de televisión española.

Antena 3

Antena 3 é unha canle de televisión xeralista privada española propiedade de Atresmedia que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV, R e Euskatel.

O 25 de decembro de 1989 iniciou as súas emisións en probas, sendo a primeira cadea privada en emitir para toda España. As súas emisións regulares en analóxico comezaron o 25 de xaneiro de 1990, cun programa presentado polo xornalista Miguel Ángel Nieto.

Pola canle pasaron importantes presentadores e xornalistas como Jesús Hermida, Mercedes Milá, Jesús Vázquez, Constantino Romero, Paula Vázquez, José María Carrascal, Alfonso Arús, Ana Rosa Quintana, Silvia Jato, Olga Viza, Montserrat Domínguez, Alicia Senovilla, Carlos Sobera, María Teresa Campos ou Andreu Buenafuente.

Os seus estudos centrais están situados en San Sebastián de los Reyes, na Comunidade de Madrid.

Carmen Gallego

María Carmen Gallego Calvar, nada en Vilaboa en 1966, é unha política galega do PSdeG-PSOE.

Consellaría

Denomínase consellaría ou consellería a cada unha das carteiras en que se dividen os gobernos das comunidades autónomas de España, incluídas as da Xunta de Galicia. Trátase do equivalente aos ministerios na repartición por funcións dos órganos de goberno estatais. A cabeceira dunha consellaría é rexida por un responsábel máximo, que se coñece como conselleiro. Así mesmo, a dependencia ou sede de cada consellaría recibe a mesma denominación.

Consellería do Mar

A Consellería de Mar é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias en pesca, acuicultura e instalacións portuarias. A súa titular é Rosa Quintana.

Consellería do Medio Rural

A Consellería de Medio Rural é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias na xestión e promoción da agricultura, da gandaría, dos produtos con denominación de orixe, e da política forestal. O seu titular actual é Ángeles Vázquez Mejuto.

El programa de Ana Rosa

El programa de Ana Rosa é un programa de televisión matinal, producido por Cuarzo Producciones para a cadea española Telecinco. Foi estreado o 10 de xaneiro de 2005 con bos rexistros de audiencia. Actualmente emítese de luns a venres despois do matinal de Informativos Telecinco desde as 09:00 ata as 12:40 horas.

O programa está presentado por Ana Rosa Quintana, coa colaboración principal de Màxim Huerta e Joaquín Prat. Óscar Martínez foi co-presentador do programa desde 2005, etapa que chegou ás mans de Telecinco pero no ano 2009 abandono o seu cargo para emprender novos proxectos e sería substituído por Joaquín Prat.

María Patiño

María Patiño Castro, nada en Ferrol en 1971, é unha xornalista galega. Unha das máis coñecidas representantes do chamado xénero xornalísitico prensa do corazón, e faciana habitual en numerosos espazos de televisión do que nalgúns casos é calificado coma tele-lixo.

Mon Santiso

Mon Santiso, nado na Coruña o 24 de febreiro de 1959, é un xornalista e presentador de televisión galego.

Premios Micrófono de Oro

O Micrófono de Oro é un premio que concede a Federación de Asociacións de Radio e Televisión anualmente, para premiar carreiras destacadas dentro do mundo do xornalismo, a tauromaquia, a moda, o teatro, o cinema, o deporte, a danza e mais a política. Son entregados anualmente na cidade de Ponferrada e promovidos pola propia Federación e polo locutor Luis del Olmo, en colaboración co Concello de Ponferrada e a Junta de Castela e León. Nalgunhas edicións, causaron certa controversia, logo de ser entregados a persoeiros con ideoloxías de extrema dereita como Federico Jiménez Losantos ou do mundo da farándula como Jorge Javier Vázquez ou Ana Rosa Quintana[Cómpre referencia].

Quintana

Quintana é un topónimo de orixe latina que denomina o recinto próximo a unha igrexa usado como camposanto.

Como topónimo pode referirse a:

En Galicia

Praza da Quintana, en Santiago de Compostela;No resto de España

Quintana del Monte, concello da provincia de León;

Quintana, localidade do concello de Camaleño, en Cantabria;

Quintana, localidade do concello Campoo de Yuse, en Cantabria;

Quintana de Toranzo, localidade do concello de Corvera de Toranzo, en Cantabria;

Quintana, localidade do concello de Soba, en Cantabria;

La Quintana, localidade do concello de Valdeolea, en Cantabria;

Quintana de Sanabria, localidade do concello de Cobreros, na provincia de Zamora;

Quintana Redonda, concello da provincia de Soria;

Quintana, localidade do concello de Valdés, en Asturias;

Quintana, parroquia do concello de Belmonte de Miranda, en Asturias;

La Quintana, lugar da parroquia de Trubia no concello de Oviedo, en Asturias;

Quintana de la Serena, localidade da provincia de Badaxoz;

Quintana, aldea do municipio de Villarta-Quintana, na Rioxa;

Quintana, barrio do distrito de Ciudad Linal, en Madrid;

Estación de Quintana, parada do Metro de Madrid en dito barrio;En América

Quintana Roo, estado de México;

Quintana, municipio de Brasil, no estado de São Paulo;Ademais, como apelido pode referirse a:

Rosa María Quintana Carballo, política galega (n. 1959);

Anxo Quintana,, político galego (n. 1959);

Pedro López Quintana, relixioso oscense (n. 1953);

Ana Rosa Quintana, xornalista madrileña (n. 1956).

RadioVoz

RadioVoz é unha rede de emisoras radiofónicas pertencente ao Grupo Voz, durante algúns anos con emisión nacional, que actualmente só emite de xeito independente en Galicia. Iniciou as súas emisións nacionais o 12 de decembro de 1994. Foi considerada como herdeira da poucos meses antes desaparecida Antena 3 Radio, pola incorporación dalgúns locutores saíntes da citada emisora, como Carlos Pumares, Miguel Ángel García-Juez ou José Luis Balbín. Porén, estes, aínda que admitindo o paralelismo, rexeitaban o atadallo entre Antena 3 e RadioVoz.[Cómpre referencia]

Ramona Maneiro

Ramona Maneiro Castro, nada na Pobra do Caramiñal en 1961, é unha activista a prol da morte digna e a eutanasia.

Telediario

Telediario é o programa informativo de La 1 de Televisión Española, cuxa primeira emisión produciuse o día 15 de setembro de 1957 desde os estudos do Paseo de la Habana de Madrid, sendo conducido por Jesús Álvarez.

O Telediario, con tres edicións diarias, unha matinal de longa duración e dúas de 1 hora, informa das noticias máis relevantes nos ámbitos nacional, internacional, social e deportes. A súa calidade informativa supúxolle ser considerado como un dos mellores informativos do mundo (a súa segunda edición foi elixida como o mellor en 2009 e como o segundo mellor en 2010).

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.