Romai, Portas

San Xián de Romai é unha parroquia que se localiza no concello de Portas. Segundo o IGE en 2010 tiña 979 habitantes (518 mulleres e 461 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 997 habitantes. Actualmente esta tendencia de declive foise moderando e manténdose unha correcta relación entre a taxa de natalidade e de mortalidade no 2015.

Coordenadas: 42°33′02″N 08°41′00″O / 42.55056, -8.68333

Romai
Iglesia de San Xulián de Romai
Igrexa de San Xián de Romai.
ConcelloPortas
Poboación958 hab. (2017)
Entidades de poboación17

Patrimonio

Houbo un poboado castrexo no Peso, en Romai Vello. Nel atopouse unha ara votiva romana, conservada no Museo de Pontevedra.

A igrexa parroquial é de orixe románica. A fachada ten a portada de arco apuntado e dobre arquivolta. No interior do templo hai un arco triunfal de medio punto. Preto do templo hai un cruceiro coa imaxe da Virxe das Dores, e hai outro máis no lugar de Cubelo.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Portas.
Igrexa de San Xián de Romai, Portas

Igrexa de Romai.

Lugares e parroquias

Parroquias de Portas

Véxase tamén

Outros artigos

David Goldar Gómez

David Goldar Gómez, nado en Romai (Portas) o 15 de setembro de 1994, é un futbolista galego. Xoga na demarcación de defensa central e o seu equipo actual é o Pontevedra CF do grupo I da Segunda División B Española.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.