Román Rodríguez González

Román Rodríguez González, nado no Vento (Lalín) o 16 de novembro de 1968, é un xeógrafo e político galego do PPdeG.

Román Rodríguez González
Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Nacemento16 de novembro de 1968
 Lalín
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico

Traxectoria

Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1991) e doutor en Xeografía (1996). Foi profesor na Universidade de León e despois titular do Departamento de Xeografía da USC. Concelleiro en Lalín dende as eleccións municipais de 1999, con responsabilidades en cultura, medio ambiente, urbanismo e desenvolvemento ata 2015. É deputado no Parlamento de Galicia dende 2009, e foi voceiro de Educación, de Urbanismo e Ordenación do Territorio do grupo do Partido Popular de Galicia.

Foi Premio da Crítica Galega na modalidade de investigación polo seu estudo De aldeas a cidades.

En febreiro de 2015 foi designado Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria[1]. Volveu ser elixido deputado no Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2016. En xaneiro de 2017 renunciou ao seu cargo de deputado no Parlamento de Galicia[2].

Vida persoal

Fillo de Xosé Manuel Rodríguez e Esther González, está casado con María Begoña Mosteiro Blanco (Directora do Instituto da Xuventude de Galicia) e ten dous fillos, Román e Xosé Manuel Rodríguez Mosteiro.

Predecesor:
Xesús Vázquez Abad
 Escudo de Galicia.svg
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
 
2015 - 2018
Sucesor:
Carmen Pomar Tojo
Predecesor:
 Escudo de Galicia.svg
Conselleiro de Cultura e Turismo
 
dende 2018
Sucesor:

Obras

  • Lalín, un proceso de urbanización e desenvolvemento : 1960-1990, 1995.
  • La urbanización del espacio rural en Galicia, 1997.
  • De aldeas a cidades, 1999.
  • A Estrada : xente e paisaxe, 2003.
  • Xeografía, entre cultura e profesión territorial, 2004.
  • Reformar la administración territorial : municipios eficientes y viables, 2009.

Notas

  1. Román Rodríguez y Valeriano Martínez, nuevos conselleiros, nova aparecida no diario El País o 9 de febreiro de 2015. (en castelán)
  2. AMP.- Renuncian á súa acta de deputado os conselleiros de Facenda, Infraestruturas, Cultura, Sanidade e Medio Rural

Véxase tamén

Ligazóns externas

16 de novembro

O 16 de novembro é o 320º día do ano no Calendario Gregoriano e o 321º nos anos bisestos. Quedan 45 días para rematar o ano.

Carmen Pomar

Carmen María Pomar Tojo, nada en Santiago de Compostela en 1970, é unha psicóloga, especialista en nenos superdotados, e política galega, conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia.

Consellaría

Denomínase consellaría ou consellería a cada unha das carteiras en que se dividen os gobernos das comunidades autónomas de España, incluídas as da Xunta de Galicia. Trátase do equivalente aos ministerios na repartición por funcións dos órganos de goberno estatais. A cabeceira dunha consellaría é rexida por un responsábel máximo, que se coñece como conselleiro. Así mesmo, a dependencia ou sede de cada consellaría recibe a mesma denominación.

Consellería de Cultura e Turismo

A Consellería de Cultura e Turismo é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias na xestión e promoción da cultura e do turismo, así como da protección do patrimonio. Tamén se encargou en tempos do fomento do deporte. O seu último titular foi Roberto Varela, cando en 2012 foi fusionada coa consellería de Educación.

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (CCEOU) é o órgano da Xunta de Galicia encargado dos asuntos culturais e da regulación do ensino dende a primaria ata a educación universitaria, a formación profesional e o ensino de adultos. O seu titular actual é Román Rodríguez González.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009

As eleccións autonómicas de Galicia de 2009 foron as oitavas eleccións ao Parlamento de Galicia. Nestas eleccións parlamentarias foron convocados ás urnas 2 646 872 galegos, dos cales 335.452 (12,7%) residen no estranxeiro.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012

As eleccións autonómicas de Galicia de 2012 foron as novenas eleccións ao Parlamento de Galicia dende a súa constitución e celébranse a falta de medio ano para o remate da lexislatura.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016

As eleccións autonómicas de Galicia de 2016 foron as décimas eleccións ao Parlamento de Galicia dende a súa constitución e celebráronse o 25 de setembro de 2016, data en que se fan catro anos desde a celebración dos comicios anteriores.

Enciclopedia Galega Universal

EGU redirixe aquí, para a Unión de Xeociencias Europea véxase European Geosciences Union.

A Enciclopedia Galega Universal, coñecida tamén polas siglas EGU, é unha enciclopedia de referencia da cultura galega que conta con 200.000 entradas e 30.000 ilustracións. Foi posta en marcha na súa versión en papel en 1999 (hoxe está conformada por 16 tomos, con máis de oito mil páxinas), e contou cunha versión dixital dende 2008.

María Victoria Moreno

María Victoria Moreno Márquez, nada en Valencia de Alcántara (provincia de Cáceres) o 1 de maio de 1939 e finada en Pontevedra o 22 de novembro de 2005, foi unha editora, tradutora, conferenciante, escritora de literatura infantil e xuvenil galega e profesora de ensino secundario en institutos de Lugo, Sanxenxo e Pontevedra. O seu texto máis coñecido é Anagnórise (Galaxia, 1988), vinte veces reeditado e traducido a varias linguas. Algúns trazos fundamentais da súa obra son o lirismo, a conversión dos animais en protagonistas e a crítica a un ensino reseso.En 2018 foi a figura protagonista do Día das Letras Galegas, sendo a cuarta muller, tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño, que levou ese recoñecemento na historia da celebración.

O Vento, Bermés, Lalín

O Vento é un lugar da parroquia de Bermés, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o IGE, no 2011 tiña 44 habitantes (21 homes e 23 mulleres), o que supón un aumento de 7 habitantes con respecto ao ano 2000.

Neste lugar naceu o xeógrafo e político Román Rodríguez González.

Premios da Crítica Galicia

Os Premios da Crítica Galicia foron convocados desde 1978 polo Círculo Orensán Vigués. En 1992 faise cargo deles a Fundación Premios da Crítica Galicia. Concédense en varias modalidades: creación literaria, ensaio e pensamento, investigación, música, ciencias e artes da representación e iniciativas culturais. Dende 1993 outórgase tamén a distinción de Galego egrexio a unha personalidade caracterizada por manter ao longo da súa vida un firme compromiso coa cultura galega.

Román Rodríguez

Co nome de Román Rodríguez podémonos referir a:

Román Rodríguez de Vicente, enxeñeiro e xornalista galego (1887-1928).

Román Rodríguez Rodríguez, político canario (n. 1956).

Román Rodríguez González, xeógrafo e político galego do PPdeG (n. 1968).

Xesús Vázquez Abad

Xesús Vázquez Abad, nado en Nürnberg (Alemaña) o 22 de setembro de 1967, é un político galego pertencente ao PPdeG.

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.