Rois

Rois é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2018) tiña 4564 habitantes (4995 no 2009, 5105 no 2006, 5149 no 2005, 5122 no 2004, 5137 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é roisense.

Coordenadas: 42°45′N 08°41′O / 42.750, -8.683

Rois
Escudo de Rois
Concello de Rois
Casa do concello.
Situacion Rois
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Sar
Poboación4.564 hab. (2018)
Área92,8 km²
Densidade49,18 hab./km²
Entidades de poboación12 parroquias
Capital do concelloSamil
Política (2019[2])
AlcaldeRamón Tojo Lens (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 3
Eleccións municipais en Rois
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes82,74%
Na rede
www.concelloderois.org

Xeografía

Está situado no suroeste da Provincia da Coruña. Limita ao norte co concello de Brión, ao sur cos de Dodro e Rianxo, ao leste cos de Padrón e Teo, e ao oeste co de Lousame. Ten 92,8 km², divididos entre doce parroquias.

A capital está no lugar de Samil (parroquia de Oín). A altitude máxima é de 657 m, no monte Treito, e a mínima de 6 m no río Sar, na parroquia de Seira.

Evolución da poboación de: Rois desde 1900 ata 1991
1900 1930 1950 1981 1991
5791 5820 6282 6282 5643
Evolución da poboación de: Rois desde 1996 ata 2006
1996 2001 2003 2004 2006
5.356 5.117 5.137 5.122 5.105

Táboas de datos

Sociedade e poboación

Poboación (padrón) Total Homes Mulleres Período Fonte
Poboación 5105 2426 2679 2006 INE
de 0 a 15 anos 557 285 272 2006 INE
de 16 a 64 anos 3315 1647 1668 2006 INE
de 65 e máis anos 1233 494 739 2006 INE
Poboación estranxeira 29 15 14 2006 INE
Idade media 45,4 43,2 47,3 2005 IGE
Movemento natural da poboación Total Homes Mulleres Período Fonte
Nacementos 37 23 14 2005 IGE-INE
Defuncións 60 34 26 2005 IGE-INE
Matrimonios 25 - - 2005 IGE-INE
Saldo vexetativo -23 - - 2005 IGE-INE
Movementos migratorios Emigracións Inmigracións Período Fonte
Á mesma provincia 93 71 2005 INE
A outra provincia 12 17 2005 INE
A outra comunidade 15 12 2005 INE
Estranxeiro 6 11 2005 INE
Desemprego rexistrado (2) Total Homes Mulleres Período Fonte
Por idade
menores de 25 anos 35 14 21 2006 CT
outras idades 251 124 127 2006 CT
Por sectores de actividade
Agricultura 6 - - 2006 CT
Industria 53 - - 2006 CT
Construción 45 - - 2006 CT
Servizos 153 - - 2006 CT
Sen emprego anterior 29 - - 2006 CT
Eleccións Dato Período Fonte
Censo electoral 4467 2005 CP
Indicadores demográficos Dato Período Fonte
Taxa bruta de natalidade (o/oo) 6,3 2004 IGE
Taxa bruta de mortalidade (o/oo) 10,4 2004 IGE
Índice de envellecemento 156,8 2005 IGE
Idade media á maternidade 29,7 2004 IGE
Número medio de fillos por muller 0,9 2004 IGE
Taxa bruta de nupcialidade (o/oo) 4,6 2004 IGE
Idade media ó primeiro matrimonio Homes Mulleres Período Fonte
29,5 28 2004 IGE
Censo de vivendas 2001 Dato Período Fonte
Vivendas familiares 1613 2001 INE
principais 1356 2001 INE
secundarias 139 2001 INE
baleiras 118 2001 INE
Edificios 1560 2001 INE
Locais 143 2001 INE
Actividade (censo 2001) Total Homes Mulleres Período Fonte
Taxa de actividade 47 60,7 34,8 2001 INE
Taxa de paro 7 6,5 7,7 2001 INE
Ocupados por sectores
Agricultura 447 172 275 2001 INE
Pesca 10 6 4 2001 INE
Industria 435 320 115 2001 INE
Construción 356 349 7 2001 INE
Servizos 722 355 367 2001 INE

Economía

Agricultura Dato Período Fonte
Número de explotacións de gando bovino 368 2005 IGE-CMR
Total bovinos 4717 2005 IGE-CMR
Administración pública Dato Período Fonte
Ingresos municipais - 2005 MH
Impostos directos - 2005 MH
Impostos indirectos - 2005 MH
Taxas e outros - 2005 MH
Rendemento medio do IRPF 10 354,88 2004 AEAT
Construción Dato Período Fonte
Número de vivendas a crear de nova planta 6 2005 IGE-MF
Variación neta do parque de vivendas 8 2005 IGE-MF
Número de edificios a crear de nova planta 6 2005 IGE-MF
Comercio polo miúdo Dato Período Fonte
Número de establecementos comerciais 35 2002 IGE
Superficie de venda media m² 71,95 2002 IGE
Indicador municipal da renda dos fogares Dato Período Fonte
Renda dispoñible bruta (€/hab.) 7675 2002 IGE
Empresas Dato Período Fonte
Empresas por condición xurídica
Persoas físicas 151 2004 IGE
Sociedades anónimas 4 2004 IGE
Sociedades de responsabilidade limitada 53 2004 IGE
Cooperativas 4 2004 IGE
Outras 13 2004 IGE
Empresas por actividade Industria Construción Servizos Período Fonte
22 33 170 2004 IGE
Empresas por estrato de persoas asalariadas Dato Período Fonte
Peme 225 2004 IGE
Microempresa 213 2004 IGE
sen asalariadas 121 2004 IGE
de 1 a 9 asalariadas 92 2004 IGE
Pequena empresa (de 10 a 49 asalariadas) 12 2004 IGE
Mediana empresa (de 50 a 249 asalariadas) - 2004 IGE
Grande empresa (250 e máis asalariadas) - 2004 IGE
Número de unidades locais 231 2004 IGE

Festividades e festas patronais

FESTA DATA LUGAR
San Vicente 22 de xaneiro Augasantas
Candelaria 2 de febreiro Seira
Domingo de Entroido 26 de febreiro Municipal
Martes de Entroido 28 de febreiro Festivo Local
San Xosé 19 de marzo Rois
Luns de Pascua 17 de abril Festivo Local
Lumepán 30 de abril Buxán
Santo Isidro 15 de maio Municipal
Concepción 21 de maio Ferreiros
Santa Rita 22 de maio Patroa dos funcionarios
Soutullo 28 de maio Quintáns
Os Remedios 11 de xuño O Aido
Santo Antonio 13 de xuño Oín
Sacramento 3 de xuño Ermedelo, Sorribas
San Xoán 24 de xuño Buxán
San Pedro 28 de xuño Herbogo
Santa Mariña 18 de xullo Ribasar
Festas do Verán 6 de agosto Augasantas
San Mamede 7 de agosto Rois
San Lorenzo 10 de agosto Seira
Nosa Señora 15 de agosto Leroño, Oín, Urdilde
Sacramento 20 de agosto Urdilde
San Bartolomeu 24 de agosto Seira
San Ramón 3 de setembro Ermedelo
Natividade 8 de setembro Urdilde
Dores 17 de setembro Sorribas
Santo Outelo 18 de setembro Buxán
San Miguel 29 de setembro Costa
San Martiño 11 de novembro Ermedelo
Santa Lucía 13 de decembro Seira
San Tomé 21 de decembro Sorribas

Rois na literatura popular

  • Véxote no Milladoiro,/ no Faramelo, en Padrón,/ e astra pola Ponte Valga/ te vexo no corazón [4].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Rois.
Pazo de antequeira

Pazo de Antequeira en Oín.

División entre Rois, Dodro, Rianxo y Lousame

División entre Rois, Dodro, Rianxo e Lousame

Parroquias

Mapa Rois
Situación das parroquias do concello de Rois.

Lugares de Rois

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Rois vexa: Lugares de Rois.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. O Milladoiro é lugar da parroquia de Biduído, concello de Ames; O Faramello non está en Padrón senón que é lugar da parroquia de Ribasar, no concello de Rois; Ponte Valga é lugar da parroquia e concello de Valga. No texto: hastra

Bibliografía

Clodio GONZÁLEZ PÉREZ (1990): O concello de Rois: Historia, economía e arte, Concello de Rois - Xunta de Galicia - CaixaGalicia, ISBN 84-505-9820-6

Augasantas, Rois

San Vicente de Augasantas é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 385 habitantes (193 homes e 192 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 499 habitantes.

Buxán, Rois

San Xoán de Buxán é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 402 habitantes (188 homes e 214 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 528 habitantes.

Casa Museo de María Pita

A Casa Museo de María Pita é unha casa museo da Coruña lembra a vida desta heroína que loitou contra unha frota inglesa no século XVI liderada por Francis Drake. No soar que ocupa levantábase no século XVI unha vivenda propiedade do primeiro marido de María Pita, Xoán Alonso de Rois.

Cirio, Pol

Santa María de Cirio é unha parroquia do concello de Pol na comarca de Meira, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 130 habitantes, deles 62 eran homes e 68 eran mulleres, o que supón unha diminución de 4 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Comarca do Sar

A comarca do Sar é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Padrón. A esta comarca pertencen os concellos de Dodro, Padrón e Rois.

Costa, Rois

San Miguel de Costa é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 216 habitantes (97 homes e 119 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 224 habitantes.

Ermedelo, Rois

San Martiño de Ermedelo é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 247 habitantes (112 homes e 135 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 304 habitantes.

A parroquia ten unha superficie de 7,38 Km².

Herbogo, Rois

San Pedro de Herbogo é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 266 habitantes (141 homes e 125 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 305 habitantes.

Leroño, Rois

Santa María de Leroño é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 188 habitantes (81 homes e 107 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 247 habitantes.

Oín, Rois

Santa María de Oín é unha parroquia situada no sur do concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 439 habitantes (209 homes e 230 mulleres). Agora[cando?] conta con aproximadamente 430 habitantes, distribuídos en oito entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999, cando tiña 401 habitantes. Forma a capital do municipio e é un dos principais núcleos urbanos de Rois; ademais, é unha das únicas parroquias que gañan poboación.

É a parroquia máis pequena do municipio, con só 3,23 quilómetros cadrados de superficie, e está formada polas aldeas de Antequeira, Barro, O Castro, A Eirexa, Oín, A Peruca, A Pontenova e Samil, onde se atopa a Casa do Concello.

Limita cos concellos de Padrón e Dodro, e coas parroquias de Seira e Rois.

Rianxo

Rianxo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Linda ó norte cos municipios de Lousame e Rois, ó oeste con Boiro, ó leste con Dodro e Catoira a través da ponte sobre o río Ulla, e ó sur coa ría de Arousa. Sitúase a menos de 50 km de Santiago de Compostela e a 150 km da capital de provincia galega máis distante: Ourense.

Segundo o IGE no 2015 tiña unha poboación de 11.386 habitantes (11.729 en 2012, 11.780 en 2011, 11.826 en 2010), o que o converte no terceiro concello en poboación da comarca, despois de Ribeira e Boiro. O concello posúe unha densidade de poboación de 197,24 hab./km², e unha superficie de 58,8 km².

O seu xentilicio é rianxeiro/rianxeira.

Ribasar, Rois

Santa Mariña de Ribasar é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Limita ao norte co concello de Brión, ao leste co de Teo, ao sur co de Padrón e no oeste coa parroquia de Sorribas. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 435 habitantes (211 homes e 224 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 374 habitantes.

Rois, Bergondo

Santa Mariña de Rois é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Bergondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2013 tiña 176 habitantes (90 homes e 86 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 155 habitantes.

Rois, Rois

San Mamede de Rois é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 563 habitantes (270 homes e 293 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 617 habitantes.

A parroquia ten unha superficie de 4,8 Km2.

Santiago TV

Santiago TV, coñecida como Localia Santiago ata novembro de 2010, é unha televisión local de Santiago de Compostela, propiedade do grupo de comunicación La Región que emite a través da canle 23 da Televisión Dixital Terrestre na demarcación de Santiago de Compostela, que tamén inclúe os concellos de Ames, Teo, Padrón, Brión, Negreira, Rois e Vedra. Formou parte como asociada da cadea estatal Localia TV ata que esta cesou as súas emisións a comezos de 2009.

A canle pertence ao grupo UTEGA, que distribúe contidos entre diversas televisións locais galegas.

Seira, Rois

San Lourenzo de Seira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Rois. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 426 habitantes (198 homes e 228 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento con relación ao ano 1999 cando tiña 436 habitantes.

A parroquia ten unha superficie de 3,42 Km2.

Sorribas, Rois

San Tomé de Sorribas é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o IGE, en 2017 tiña 388 habitantes (181 homes e 207 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 433 habitantes.

Superficie: 6,87 Km2.

Urdilde, Rois

Santa María de Urdilde é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 851 habitantes (416 homes e 435 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 870 habitantes.

A parroquia ten unha superficie de 15,8 Km2.

Xosé Manuel Penas Patiño

Xosé Manuel Penas Patiño, nado en Santiago de Compostela en 1950, é un ornitólogo, profesor e político galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.