Rogier van der Weyden

Rogier van der Weyden, tamén chamado Rogier de la Pasture, tradución francesa exacta do seu nome (Tournai, ca. 1399/1400 - Bruxelas, 18 de xuño 1464), foi un pintor flamengo que formou parte do movemento dos primitivos flamengos, discípulo de Robert Campin e contemporáneo de Jan van Eyck; el e van Eyck, dende diferentes perspectivas, foron os responsábeis do desenvolvemento da escola flamenga do século XV.

Foi pintor oficial da cidade de Bruxelas e da Casa de Este e a súa obra consistiu, por unha banda, principalmente en retratos de personaxes e mandatarios da corte de Borgoña, e por outra, en pintura relixiosa que en moitos casos foron trípticos e polípticos de grandes dimensións.

Rogier van der Weyden
Nacementoanos 1390xuliano
 Tournai
Falecemento18 de xuño de 1464
 Bruxelas
SoterradoCatedral de St. Michael e St. Gudula
NacionalidadePaíses Baixos borgoñóns
Ocupaciónpintor e iluminador
Coñecido/a porTríptico de Braque, São Lucas desenhando a Virgem, Retábulo de Miraflores e Descendemento da cruz
El Descendimiento, by Rogier van der Weyden, from Prado in Google Earth
Descendemento da cruz de Rogier van der Weyden (c. 1435), óleo, 220 x 262 cm Museo do Prado, Madrid.

Biografía

O seu pai, Henry de la Pasture, era forxador de coitelos. Pouco ou case ren é o que se sabe da súa mocidade. O 5 de marzo de 1427 ingresou no obradoiro de Robert Campin e cinco anos despois, o 1 de agosto de 1432, foi nomeado mestre de pintura en Tournai. Pouco tempo despois, Rogier atopábase en Bruxelas, onde casou con Elisabeth Goffaert, filla do zapateiro Jan Goffaert, e coa que tivo dous fillos: Jan, que chegará a ser ourive, e mais Peter, que seguiu o oficio do pai. Houbo un outro Van der Weyden que figura na historia da pintura: Goossen, sobriño de Rogier.

En 1436 ou 1437 foi nomeado pintor oficial da cidade de Bruxelas, época en que pasa a usar a tradución flamenga do seu nome. Traballou para a corte de Filipe o Bo, poderoso duque de Borgoña e gran mecenas, para o cal realizará retratos. Nos primeiros retratos reflíctese a influencia do seu mestre Robert Campin, mais libérase paseniñamente da mesma ao introducir un maior realismo e emotividade na expresión dos personaxes. Apréciase no novo tratamento que adopta o influxo de Jan van Eyck, grazas ao cal aprende a explotar os recursos dun novo medio: a pintura ao óleo. Moi logo se torna o pintor flamengo máis solicitado da época, só por detrás de van Eyck

Arredor de 1450, ano de Xubileo romano, van der Weyden viaxa a Italia, verosimilmente a Roma e a Florencia. Inspírase con Fra Angelico e aprende novas técnicas desenvolvidas polos pintores italianos. Durante esta tempada, traballa para a familia Este e os seus retratos, especialmente o de Francesco d'Este, contribuíron ao xurdimento da pintura ao óleo na Italia dos anos finais do século XV.

Entre 1460 e 1461 foi mestre do pintor italiano Zanetto Bugatto.

Rogier foi un dos primeiros pintores que traballaron sobre tea no norte dos Alpes. Iso influíu en moitos outros pintores do seu tempo, como Dirk Bouts, Hans Memling, Joos van Cleef e Frans Floris. Á idade de 65 anos morreu, o día 18 de xuño de 1464, en Bruxelas.

Estilo

O estilo de van der Weyden distínguese fundamentalmente pola representación de temas marianos e o tratamento de situacións de forte carga dramática. Realizou a súa obra en aceite sobre madeira, en panel único, en dípticos ou polípticos. Nas súas primeiras obras o seu estilo é marcadamente gótico, hierático, e con fondos dourados. Posteriormente, evolucionou cara a liñas sinuosas e fluídas como se pode observar nos corpos e nas roupas. Os seus personaxes son realistas, con expresións patéticas e un forte dramatismo, que pretende causar un grande impacto emocional nos espectadores.

En Flandres, naqueles tempos, a tendencia relixiosa dominante era a devotia moderna que exhortaba os crentes a meditar sobre a humanidade de Cristo, o cal era representado no contexto da súa vida. A obra de Rogier, carecida dun halo, pretende atraer o espectador de forma que este participe efectivamente na escena que ten ante el.

Se Jan van Eyck foi a gran figura dos primitivos flamengos, Rogier contribuíu a mellorar a escola co seu xenio. Max Frieländer, o experto en pintura flamenga do século XV, sentenciou: "Jan van Eyck era un explorador, mentres que Rogier era un inventor". A diferente natureza dos dous fundadores da pintura flamenga consiste no feito de que "van Eyck observaba cousas que ningún pintor non observara nunca, mentres que van der Weyden trataba de expresar sentimentos e sensacións -especialmente os dolorosos- como ningún outro pintor conseguira capturalo". O sorriso das súas nais de Deus evoca un afecto maternal e, á vez, tristes presentimentos. A expresión dos doadores é de recollemento e cunha actitude profundamente pietosa. A súa pintura permitiu o "descubrimento do mundo visíbel"; investigou a realidade e procurou a reprodución fiel, e conseguiuno apoiándose en novas técnicas pictóricas, e decantouse máis cara ao realismo que cara ao simbolismo de van Eyck. Entre as figuras relixiosas desenvolveu un novo sentido da acción, coma se fosen nun tableau vivant e conseguindo, amais, a primeira expresión convincente e non convencional dos sentimentos.

Influencia

A súa vigorosa, sutil e expresiva pintura, e as concepcións relixiosas populares tiveron unha influencia considerábel sobre a pintura europea, non tan só en Francia e Alemaña, senón tamén en Italia e en España. Hans Memling foi o seu seguidor máis relevante, aínda que non está demostrado que fose un dos seus alumnos.

Influíu noutros artistas posteriores, como Hugo van der Goes, Petrus ChristusDirk Bouts e Gerard David, así como no pintor e gravador alemán Martin Schongauer as impresións do cal se distribuíron por toda Europa a partir das últimas décadas do século XV. Indirectamente, as impresións de Schongauer axudaron a difundir o estilo de Van der Weyden.

A carencia de firma, que non permitía identificar as súas obras, e un erro de identificación de Karel van Mander, o pintor e biógrafo dos artistas flamengos, provocou que a súa figura quedase escurecida entre o século XVI e o XIX, cando os investigadores Karl Schnaase ou Gustav Friedrich Waagen recuperaron a autoría e o recoñecemento do pintor.

Rogier van der Weyden 001
Políptico do Xuízo final, cara a 1445-1448, óleo sobre táboa e follas de ouro, 215 × 560 cm (aberto), Museo del Hôtel-Dieu, Beaune.

Obras

Con certeza, ao partir dunha base documental do século XV, non se pode atribuír ningún traballo a Rogier van der Weyden. Aínda así, Lorne Campbell manifestou que hai polo menos tres pinturas moi autenticadas, se ben en diferentes momentos se dubidou ou se subestimou a súa autoría. A obra mellor documentada é o Descendemento da Cruz que está no Museo do Prado (Madrid). Campbell sinala que a historia desta pintura se pode reconstruír con detalle dende o século XVI e en rexistros posteriores. Os outros dous traballos certificados son o Retablo de Miraflores, exposto en Berlín, e a Crucifixión do Monasterio del Escorial.

Galería de imaxes

Retrato de muller nova, National Gallery of Art, Washington, D.C.
Retrato de muller nova, National Gallery of Art, Washington, D.C. 
Retrato de Francesco d'Este, 1450, 29,8 × 20,3 cm, Metropolitan Museum of Art, Nova York
Retrato de Francesco d'Este, 1450, 29,8 × 20,3 cm, Metropolitan Museum of Art, Nova York 
Lamento pola morte de Cristo, ca. 1456-59, Museo do Prado, Madrid
Lamento pola morte de Cristo, ca. 1456-59, Museo do Prado, Madrid 

Véxase tamén

Outros artigos

  • Pintura flamenga
Arte da Idade Moderna

Arte da Idade Moderna é o período ou subdivisión temporal da historia da arte que corresponde á Idade Moderna. Non se ha de confundir co concepto de arte moderna, que non é cronolóxico senón estético, e que corresponde a determinadas manifestacións da arte contemporánea.

O período cronolóxico da Idade Moderna corresponde cos séculos XV ao XVIII (con distintos fitos iniciais e finais, como a imprenta ou o descubrimento de América, e as revolucións francesa ou industrial), e significou historicamente en Europa a conformación e posterior crise do Antigo Réxime (concepto que inclúe a transición do feudalismo ao capitalismo, unha sociedade estamental e preindustrial e unha monarquía autoritaria ou absoluta desafiada polas primeiras revolucións burguesas). Desde a era dos descubrimentos os cambios históricos aceleráronse, co xurdimento do estado moderno, a teoría do sistema-mundo e a revolución científica; no marco do inicio dunha decisiva expansión europea a través da economía, a sociedade, a política, a técnica, a guerra, a relixión e a cultura. Durante ese período, os europeos estendéronse fundamentalmente por América e os espazos oceánicos. Co tempo, xa ao final do período, estes procesos terminaron por facer dominante a civilización occidental sobre o resto das civilizacións do mundo, e con iso determinaron a imposición dos modelos propios da arte occidental, concretamente da arte europea occidental, que desde o Renacemento italiano identificouse cun ideal estético formado a partir da reelaboración dos elementos recuperados da arte clásica greco-romano, aínda que sometidos a unha sucesión pendular de estilos (renacemento, manierismo, barroco, rococó, neoclasicismo, prerromanticismo) que, ben optaban por unha maior liberdade artística ou ben por un maior sometemento ás regras da arte institucionalizadas na denominada arte académica. A función social do artista comezou a superar a do mero artesán para converterse nunha personalidade individualista, que destacaba na corte, ou nunha figura de éxito no mercado libre da arte. Do mesmo xeito que nos demais ámbitos da cultura, a modernidade aplicada á arte significou unha progresiva secularización ou emancipación do relixioso que chegou ao seu punto culminante coa Ilustración; aínda que a arte relixiosa continuou sendo unha das máis encargadas, se non o que máis, xa non dispuxo da abafadora presenza que había ter na arte medieval.

No entanto, durante todo o período da Idade Moderna as principais civilizacións do mundo mantivéronse pouco influídas, ou ata case do todo alleas aos cambios experimentados polas sociedades e a arte europea, mantendo esencialmente os trazos culturais e artísticos propios (arte da India, arte chinesa, arte xaponesa, arte africana).

A civilización islámica, definida pola súa posición xeoestratéxica intermedia, e principal competidora histórica da civilización cristiá occidental, á que disputou secularmente o espazo mediterráneo e balcánico, desenvolveu distintas modalidades locais de arte islámica nas que poden verse influencias tanto da arte occidental como do das civilizacións orientais.

Para o caso da arte americana, a colonización europea supuxo, especialmente para zonas como México e Perú, a formación dunha arte colonial con algunhas características sincréticas.

En Europa oriental a arte bizantina continuou pervivindo coa arte rusa ou con algunhas manifestacións da arte otomá.

Ademais das artes plásticas, outras belas artes como a música, as artes escénicas e a literatura tiveron desenvolvementos paralelos, analoxías formais e unha maior ou menor coincidencia estética e, sobre todo, intelectual, ideolóxica e social; o que permitiu á historiografía etiquetar a súa periodización con denominacións similares (música renacentista, música barroca, música do clasicismo; literatura do renacemento, literatura do barroco, literatura ilustrada ou neoclásica etc.) O mesmo pode dicirse das denominadas artes menores, decorativas ou industriais, que foron un fiel reflexo do gusto artístico de determinadas épocas (como os denominados estilos Henrique II, Luís XIII, Luís XIV, Rexencia, Luís XV, Luís XVI, Directorio e Imperio, convencionalmente denominados a partir da historia do mobiliario francés.

Bispo

Un bispo (do grego do Novo Testamento ἐπίσκοπος, epískopos, "supervisor", "gardián") é un membro do clero cristián que ostenta unha posición de autoridade. Dentro das igrexas católica, ortodoxa, anglicana e veterocatólica, así como na Igrexa Asiria Oriental, os bispos pretenden ter sucesión apostólica, é dicir, unha liña directa descendente dos Doce Apóstolos. Dentro destas igrexas, os bispos son aqueles que recibiron o sacerdocio no seu máximo grao, é dicir, o episcopado, e quen poden ordenar sacerdotes e bispos. Algunhas igrexas protestantes e metodistas teñen bispos con funcións similares, aínda que non considéranse herdeiros dos Apóstolos.

O termo epískopos non estaba nos comezos do cristianismo claramente diferenciado do termo presbýteros ("ancián", hoxe en día co significado de sacerdote), pero o termo xa era empregado no seu sentido actual, distinto de sacerdote, nos escritos de Ignacio de Antioquía (finado arredor de 108), e as fontes de mediados do século II xa amosan como todos os centros do cristianismo organizábanse arredor da figura do bispo, empregando unha forma de organización que non variou até a reforma protestante.

Bruxelas

A Cidade de Bruxelas (Ville de Bruxelles en francés, Stad Brussel en neerlandés, Stadt Brüssel en alemán) é a capital oficial de Bélxica e funciona na práctica como capital da Unión Europea.

Descendemento da cruz

O Descendemento da cruz, ou tamén a Decida da Cruz (en neerlandés: De Kruisafneming) é unha pintura sobre táboa que se considera unha das obras máis importantes do pintor flamengo Rogier van der Weyden (ca. 1399 - 1464), quen a pintou arredor do ano 1436. Actualmente exhíbese no Museo do Prado de Madrid. O tema é o descendemento da Cristo da cruz levada a cabo por Xosé de Arimatea e Nicodemo; este tema xa aparecera na iconografía bizantina do século X.

Sen ser un cadro xigantesco posúe un bo tamaño, pois mide 2,20 x 2,62 m, e trátase en realidade de táboa, sobre a que pintou ao óleo.

Descendemento de Xesús

O Descendemento da Cruz ou Descendemento de Xesús é a escena, representada na arte, da retirada do corpo xa morto de Xesús da Cruz por Xosé de Arimatea e Nicodemos, relatado en Xoán 19,38-42. Na arte bizantina, o tema tornouse moi popular no século IX e, no occidente, a partir do século X. O descendemento é a décimo terceira das estacións da Cruz.

Outras figuras, non mencionadas nos evanxeos canónicos e que son xeralmente incluídas nas representacións, son Xoán o Evanxelista, que aparece ás veces axudando a Virxe María (no tema coñecido como Desmaio da Virxe), como é o caso na obra de Rogier van der Weyden, e María Madalena. O Evanxeo de Xoán menciona un número indefinido de mulleres que asistirían á crucifixión de Xesús, incluíndo as chamadas "Tres Marías". Elas e outras, ademais doutros homes tampouco nomeados, xeralmente aparecen nas representacións.

Filipe III de Borgoña

Filipe III, alcumado Filipe o Bo (en francés, Philippe le Bon), e tamén coñecido como o Gran Duque de Occidente, pola amplitude dos territorios baixo a influencia do Ducado de Borgoña, nado en Dijon (Ducado de Borgoña) o 31 de xullo de 1396 , e finado en Bruxas (Condado de Flandres) o 15 de xuño de 1467 ), foi duque de Borgoña e de Luxemburgo, conde de Flandres, Holanda e Zelandia, de Artois, palatino de Borgoña, do Charolais, de Hainaut, de Nevers, de Auxerre, de Mâcon, do Vermandois, de Amiens, de Ponthieu, de Eu, de Boulogne, e de Rethel, marqués de Namur, margrave de Antuerpen, e señor de Salins e de Malinas.

Friedrich Herlin

Friedrich Herlin (nado ca. 1430 en Nördlingen, morto ca. 1500) foi un pintor alemán do final da Idade Media, as veces é citado como Fritz Herlin.

Hans Memling

Hans Memling foi un pintor nado na Alemaña, en Seligenstadt entre 1435 e 1440. Estabelecido en Flandres, onde morreu na cidade de Bruxas en 1494, considérase un pintor flamengo.

Isabel I de Castela

Isabel I de Castela, nada en Madrigal de las Altas Torres o 22 de abril de 1451 e finada en Medina del Campo o 26 de novembro de 1504. Foi raíña de Castela desde 1474 ata 1504, raíña consorte de Sicilia desde 1469 e de Aragón desde 1479, polo seu matrimonio con Fernando de Aragón. É chamada «a Católica», título que lles foi outorgado a ela e ao seu marido polo papa Alexandre VI mediante a bula Si convenit, o 19 de decembro de 1496. É polo que se coñece á parella real co nome de Reis Católicos, título que usarían en diante practicamente todos os reis de España.

Casou en 1469 co príncipe Fernando de Aragón. Polo feito de ser primos segundos necesitaban unha bula papal de dispensa que só conseguiron de Sisto IV a través do seu enviado o cardeal Rodrigo Borgia en 1472. Ela e o seu esposo Fernando conquistaron o reino de Granada e participaron nunha rede de alianzas matrimoniais que fixeron que o seu neto, Carlos, herdase as coroas de Castela e de Aragón, outros territorios europeos e convertésese en emperador do Sacro Imperio Romano.Isabel e Fernando fixéronse co trono tras unha longa loita, primeiro contra o rei Henrique IV e de 1475 a 1479 na Guerra de Sucesión castelá contra os partidarios da outra pretendente ao trono, Xoana. Isabel reorganizou o sistema de goberno e a administración, centralizando competencias que antes ostentaban os nobres; reformou o sistema de seguridade cidadá e levou a cabo unha reforma económica para reducir a débeda que o reino herdara do seu medio irmán, e predecesor no trono, Henrique IV. Tras gañar a guerra de Granada os Reis Católicos expulsaron aos xudeus dos seus reinos e, anos máis tarde, tamén aos musulmáns.

Isabel concedeu apoio a Cristovo Colón na procura dunha nova ruta cara ás Indias, o que levou ao descubrimento de América. Devandito acontecemento provocaría no futuro a conquista das terras descubertas e a creación do Imperio Español.

Isabel viviu 53 anos, dos cales gobernou 30 anos como raíña de Castela e 26 como raíña consorte de Aragón á beira de Fernando II.

Mauritshuis

O Mauritshuis (en galego: "Casa de Mauricio"), oficialmente Gabinete Real de Pinturas Mauritshuis (en neerlandés: Koninklijk Kabinet van Schilderijen Mauritshuis), é un museo da cidade da Haia, nos Países Baixos, famoso por albergar varias obras mestras de Rembrandt (como A lección de anatomía) e tres das escasísimas pinturas de Vermeer, entre elas dúas mundialmente coñecidas: A rapaza da perla e Vista de Delft.É un dos museos holandeses máis coñecidos e concorridos; en 2016 tivo 414.239 visitantes e o ano anterior chegou ao medio millón.

Museo de Belas Artes de Boston

O Museo de Belas Artes de Boston (en inglés, Museum of Fine Arts, Boston, MFA) é un dos museos máis grandes dos Estados Unidos e contén a segunda colección permanente máis grande no hemisferio occidental, trala do Museo Metropolitano de Arte en Nova York. O director actual do museo é Malcolm Rogers.

Foi creado no ano 1870 e inaugurouse en 1876, cunha gran parte das súas coleccións tomada da galería de arte do Ateneo de Boston. Atópase na Avenida Huntington de Boston, Massachusetts dende o ano 1909. Ademais da súa finalidade conservadora, o museo está asociado cunha academia de arte, a Escola de Belas Artes de Boston, e un museo irmán, en Nagoya/Boston Museum of Fine Arts, en Nagoya, Xapón.

Algunhas das obras destacadas deste museo son:

Antigüidades exipcias, incluíndo esculturas, sarcófagos e xoiería.

Pintura europea antiga, con obras mestras de fama mundial, de Rogier van der Weyden, O Greco, Velázquez, Jacob Jordaens, Rembrandt...

Pintura impresionista e postimpresionista francesa, incluíndo cadros de Paul Gauguin como ¿De onde vimos? ¿A onde imos? (D'où venons-nous? Que sommes-nous? Où allons-nous?) e obras de Manet, Renoir, Degas, Monet, Van Gogh, Cézanne entre outros.

Pintores estadounidenses dos séculos XVIII e XIX, incluíndo moitas obras de John Singleton Copley, Winslow Homer e John Singer Sargent.

A colección Edward S. Morse de 5.000 pezas de cerámica xaponesa, que forma parte da maior colección de obras xaponesas fóra do Xapón.

A Galería Gund que alberga exposicións temporais mentres que un xardín xaponés achega un espazo tranquilo e contemplativo fóra do propio museo.

Frecuentemente alberga exposicións especiais, sendo a máis popular a mostra Art of Star Wars (sobre deseños de A guerra das galaxias) en 2002, que atraeu a máis de 1.652.000 visitantes.

O matrimonio Arnolfini

O Matrimonio Arnolfini é o máis famoso cadro do pintor flamengo Jan van Eyck, pintado en 1434, nunha táboa de carballo coa técnica do óleo A obra mostra o rico comerciante Giovanni Arnolfini e a súa esposa Giovanna Cenami, que se estabeleceran e prosperaran na cidade de Bruxas (hoxe Bélxica), entre 1420 e 1472.

A obra, considerada unha das pinturas máis orixinais e complexa da arte occidental e moi innovadora para a época en que foi concibida, exhibe diversos conceptos novos en canto ás perspectivas e á acentuación dos segundos planos, cunha iconografía complexa, a perspectiva xeométrica ortogonal e a expansión do espazo da imaxe co uso do espello no fondo da composición, en que toda escena aparece invertida, tal como a imaxe do propio artista.

Na actualidade dentro da historiografía da arte discútese que representa exactamente a imaxe do cadro; a tese dominante durante moito tempo, introducida por Erwin Panofsky nun ensaio de 1934, afirmaba que a imaxe correspondía ao matrimonio de ambos, celebrado en segredo e testificado polo pintor. Con todo, foron propostas outras moitas interpretacións acerca da obra, e o consenso actual é que a teoría de Panofsky é dificilmente sustentábel. Especúlase sobre a presenza efectiva do pintor no casamento dos Arnolfini, pois iso explicaría porqué o pintor holandés escribiu no cadro, en latín, Johannes de Eyck fuit hic (Jan van Eyck estivo aquí).

En todo caso, a pintura - desde 1842 na National Gallery de Londres - é considerada unha das obras máis notábeis de van Eyck. É un dos primeiros retratos de tema non haxiográfico que se conserva, e, á súa vez, representa unha escena relativamente costumista. A composición é sinxela e simétrica, co espello como punto focal do cadro. Chega a luz dunha fiestra á esquerda sen grandes claroscuros, sen apenas crear sombras. A pesar do reducido espazo que se mostra, aparece un sinfín de obxectos, plenamente simbólicos. Móstrase a parella de pé, na súa alcoba; o esposo parece bendicir á muller e á vez colle a súa man dereita, mentres esta apoia a súa esquerda no ventre. A pose das personaxes resulta teatral e cerimoniosa, case hierática; algúns especialistas ven nesas actitudes flegmáticas certa comicidade, aínda que a máis estendida interpretación do retrato, a representación dun casamento, atribúelle un ar pomposo.

O xardín das delicias

O Xardín das Delicias é unha pintura realizada en óleo sobre madeira do pintor neerlandés Hieronymus Bosch (alcumado como O Bosco, por ser orixinario da cidade de 's-Hertogenbosch) aínda que o seu nome real era Jeroen van Aken, pertencente ao período dos Primitivos flamengos. O traballo estrutúrase en forma de tríptico, que era un formato frecuentemente empregado polos pintores entre comezos do século XV até o XVII no norte de Europa. A miúdo a data de realización se establece entre 1494 e 1505, aínda que hai investigadores que a adiantan até 1480. Tampouco se coñece o seu comitente con certeza aínda que a opinión máis xeneralizada adxudica o encargo a Henrique de Nassau-Breda con motivo do seu casamento en 1503.

O tríptico está realizado en óleo sobre táboa cun tamaño de 220 x 389 cm en aberto e está composto dunha táboa central de 220 x 195 cm e dous paneis laterais de 220 x 97 cada un, que están pintados polos dous lados e que se poden pechar sobre a táboa central.

É unha obra cun profundo contido simbólico do que se teñen ofrecido moitas e variadas interpretacións e que queda fóra de calquera clasificación iconográfica tradicional. Como noutras obras do Bosco como O carro de feno ou a Mesa dos pecados capitais, obras tamén adquiridas por Filipe II, que era un grande admirador do pintor e que as gardou durante un tempo no Mosteiro do Escorial, obedecen a unha intención moralizante e satírica que sería comprensíbel para a xente da época. Foi unha obra que acadou un gran éxito na súa época como o amosa a aparición de copistas e imitadores.

Considerada como unha das obras máis fascinantes, misteriosas e atractivas da historia da arte, o cadro forma parte dos fondos de exposición permanente do Museo do Prado de Madrid, onde foi depositada polo Patrimonio Nacional en 1939.

Hoxe en día, é a obra máis famosa do Bosco, especialmente pola riqueza de interpretacións que a compoñen. Por esta razón, segue a ser moi enigmática e no pasado foi obxecto de diversas interpretacións esotéricas A tese tradicional de Wilhelm Fraenger de que esta pintura foi executada por unha seita como os Adamitas ou irmáns do Espírito Libre xa non é válida. A tese en vigor máis apoiada polos investigadores en historia da arte consiste na lectura da obra de acordo ao propósito dun "speculum nuptiarum"; é dicir, un "espello nupcial", empregado para instruír aos acabados de casar ​​da importancia de respectar o sacramento do matrimonio. Porén, investigacións recentes considérano máis ben coma un "espello de príncipes": é dicir, un conxunto de imaxes que lembran aos membros da corte a necesidade de formar moralmente aos futuros gobernantes.

O traballo pódese ler cronoloxicamente: os paneis exteriores amosan a creación do mundo; o panel da esquerda describiría a unión, dirixida por Deus que toma a forma de Cristo, de Adán e Eva no Paraíso: o panel central representaría unha humanidade pecaminosa antes do Dioivo; e o panel dereito, ofrecería a visión do Inferno onde os pecadores están a sufrir as dores da tortura.

Países Baixos borgoñóns

Países Baixos borgoñóns é un termo que describe a antiga entidade xeopolítica que abarcaba os territorios da rexión do Países Baixos que foron incorporándose ao dominio dos duques de Borgoña.

Parte destes territorios foron herdados polos duques de Borgoña, unha rama da Dinastía dos Valois, en 1384, tras a morte de Luís de Mâle, conde de Flandres.

A historia dos Países Baixos borgoñóns abarca un período de case un século, entre o ano 1384, cando a herdeira do derradeiro conde de Flandres casa con Filipe o Temerario, fillo menor do rei Xoán II de Francia, e o ano 1477, en que morre sen descendencia masculina o último duque efectivo de Borgoña, Carlos o Temerario, feito que aproveita o rei Luís XI de Francia para incorporar o ducado e outros feudos que ambicionaba á Coroa de Francia

Petrus Christus

Petrus Christus (Baarle-Hertog, Antuerpen, circa 1410 – Bruxas, circa 1475) foi un dos principais pintores flamengos do século XV.

Renacemento

O concepto Renacemento aplícase á época artística que dá comezo á Idade Moderna en Europa (finais do século XV e todo o século XVI).

Chamouse "Renacemento" en virtude da redescuberta e revalorización das referencias culturais da antigüidade clásica, que orientaron as mudanzas deste período en dirección a un ideal humanista e naturalista. O termo foi rexistrado por primeira vez por Giorgio Vasari xa no século XVI, mais a noción de Renacemento tal e como hoxe o entendemos xurdiu a partir da publicación do libro de Jacob Burckhardt A cultura do Renacemento en Italia (1867), onde el definía o período como unha época de "descubrimento do mundo e do home"..

De feito o Renacemento racha, conscientemente, coa tradición artística da Idade Media, á que cualifica, con desprezo, como un estilo de bárbaros ou de godos. E coa mesma consciencia oponse á arte contemporánea da Europa do norte.

O Renacemento cultural manifestouse primeiro na rexión italiana da Toscana, tendo como principais centros as cidades de Florencia e Siena, de onde se espallou cara ó resto de Italia e despois cara a practicamente todos os países da Europa occidental. Italia permaneceu sempre como o lugar onde o movemento presentou un maior apoxeo, porén manifestacións renacentistas de grande importancia tamén terían lugar en Inglaterra, Alemaña, Países Baixos e, menos intensamente, en Portugal e España, e nas súas colonias americanas.

Dende unha perspectiva da evolución artística xeral de Europa, o Renacemento significa unha separación da unidade estilística que ata ese momento fora supranacional.

(Á dereita, O home de Vitruvio de Leonardo da Vinci. Aprox. 1492.)

Vrancke van der Stockt

Vrancke van der Stockt, nado en Bruxelas antes de 1420, e finado ibídem o 14 de xullo de 1495 foi un debuxante e pintor flamengo seguidor de Rogier van der Weyden, con quen probablemente traballou. As poucas obras súas que se conservaron pódense considerar que son da escola dos flamengos primitivos.

Van der Stockt tivo o contacto coa pintura grazas ó seu pai, o tamén pintor Jan van der Stockt, de quen herdou o obradoiro e todo o material necesario para exercer o oficio en 1445, ano no que se converte en membro do gremio de San Lucas. Foi un seguidor do estilo de Rogier van der Weyden, de quen moi probablemente foi colaborador. Cando Rogier morreu en 1464 pasou a ser pintor da cidade de Bruxelas, malia que inicialmente decidira non nomear ningún outro pintor oficial.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.