Rodrigo de Moscoso Osorio e Álvarez de Toledo

Rodrigo de Moscoso Osorio e Álvarez de Toledo, nado en 1530 en Santiago de Compostela, foi un nobre galego, V conde de Altamira.

Rodrigo de Moscoso Osorio e Álvarez de Toledo
Nacemento1530
 Santiago de Compostela
NacionalidadeGalega (dentro do Reino de Castela e León)
OcupaciónV conde de Altamira
CónxuxeIsabel de Castro e Andrade
FillosMariana de Castro
Lope de Moscoso Osorio y Castro
Teresa de Castro

Traxectoria

Era fillo de Álvaro Lope de Moscoso Osorio e Andrade, IV Conde de Altamira, e de Ana Álvarez de Toledo y Pimentel.

Casou en 1555 con Isabel de Castro e Andrade, parella que tivo tres fillos: Mariana de Castro, Lope de Moscoso Osorio y Castro, VI conde de Altamira, e Teresa de Castro.

Foi medio irmán de María de Moscoso Osorio, de Violante Osorio de Moscoso y Toledo, de Xoán Ramírez de Guzmán Toledo, III conde de Teba, II marqués de Ardales e Mariscal de Castela, de Ana de Mendoza de Alarcón e de Xoana de Mendoza de Alarcón.

En 1546 doou unhas terras agrícolas para uso e goce dos composteláns, que pasarían co tempo a formar parte da Alameda de Santiago.[1]

Notas

  1. Alameda de Santiago de Compostela en SEC (Sociedad Española de la Camelia (en castelán).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Vasco da Ponte (1986): Recuento de las casas antiguas del reino de Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-5053-389-9.
  • García Oro, X. e Potela Silva, Mª X. (2003): La casa de Altamira durante el Renacimiento: estudio introductorio y colección diplomática. Santiago de Compostela: El Eco Franciscano. ISBN 84-9235-807-6.

Outros artigos

Ligazóns externas

Alameda de Santiago de Compostela

A Alameda de Santiago de Compostela, ou o Parque da Alameda de Santiago de Compostela constitúe o parque urbano máis destacado da cidade de Santiago de Compostela.

Isabel de Castro e Andrade

Isabel de Castro e Andrade, condesa de Altamira, nada en Pontedeume probablemente en 1528 e falecida na mesma vila en 1582, foi unha nobre e escritora galega, considerada como a primeira poeta renacentista en galego.

Paseo da Alameda de Santiago de Compostela

O Paseo da Alameda de Santiago de Compostela, coñecido polos composteláns simplemente como Paseo da Alameda, é unha das tres partes que comprende o Parque da Alameda de Santiago de Compostela, canda a Carballeira de Santa Susana e o Paseo da Ferradura (ou Paseo dos Leóns).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.