Rodeiro

Rodeiro é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Segundo o IGE en 2015 tiña 2.700 habitantes.

Coordenadas: 42°39′N 7°57′O / 42.650, -7.950

Rodeiro
Escudo de Rodeiro
Casa do concello de Rodeiro
Casa do concello.
Situacion Rodeiro
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Deza
Poboación2.509 hab. (2018)
Área154,9 km²
Densidade16,2 hab./km²
Entidades de poboación20 parroquias
Política (2015)
AlcaldeLuís López Diéguez (PPdeG[2])
Concelleiros
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 1
Outros: UPR 4
Eleccións municipais en Rodeiro
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes88,10%
Na rede
rodeiro.gal
info@rodeiro.org

Xeografía

Está situado no centro de Galicia, ao nordeste da provincia de Pontevedra, nas terras altas da dorsal galega. Ten 154,2 km², e conta con 146 entidades de poboación repartidas entre 20 parroquias.

Cara ao leste o concello está orientado á serra do Faro, con cumios de máis de 1.000 m de altitude. Cara ao oeste, está o curso alto do río Arnego e o val de Camba, cunha altitude media entre os 600 e os 700 metros.

Poboación

Censo total 2.700 (2015)
Menores de 15 anos 205 (7.59 %)
Entre 15 e 64 anos 1.490 (55.18 %)
Maiores de 65 anos 1.005 (37.22 %)
Evolución da poboación de Rodeiro   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
7.066 6.978 8.181 4.797 3.553 3.143 3.034 2.931 2.844 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

No ano 832 Afonso II cedeu a Salvador de Oviedo o goberno de varias igrexas da zona, aínda que baixo a autoridade do bispo de Lugo, para pagar o censo eclesiástico. Nesa época xa se coñece a zona como Terra de Camba.

A vila de Rodeiro naceu ao amparo dunha antiga fortaleza medieval, da que apenas quedan restos. A Casa - Fortaleza de Camba aparece mencionada no século XIV no testamento de Andrés Sánchez de Gres, a quen lla legara seu tío Afonso Sánchez a condición de formar vínculo con ela.

En 1345 a fortaleza foi vendida por Alonso Suárez de Deza, "Churruchao", xunto con outras propiedades que a súa esposa, Maior Vázquez de Rodeiro, recibira do seu pai, Vasco de Rodeiro, e que foran concedidas polos reis Sancho IV de Castela e Fernando III. Logo de ser confiscada aos Churruchaos, pasou a ser o baluarte máis importante da mitra compostelá na bisbarra.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Rodeiro.
Fonte en Rodeiro

Fonte e monumento en Rodeiro.

Casa en Rodeiro

Casa en Rodeiro.

Nados en Rodeiro

Véxase tamén: Categoría:Nados en Rodeiro.

Lugares de Rodeiro

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Rodeiro vexa: Lugares de Rodeiro.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Rodeiro". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Camba, Rodeiro

San Xoán de Camba é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o IGE en 2012 tiña 143 habitantes (74 homes e 69 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 266 habitantes.

Nesta parroquia naceu o alcalde de Rodeiro Eliseo Diéguez García.

Carboentes, Rodeiro

Santo Estevo de Carboentes é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o IGE en 2011 tiña 245 habitantes (132 homes e 113 mulleres), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 402 habitantes.

Comarca de Deza

A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

Fafián, Rodeiro

Santiago de Fafián é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o IGE en 2013 tiña 77 habitantes (39 homes e 38 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 132 habitantes.

Guillar, Rodeiro

Santa María de Guillar é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o IGE en 2013 tiña 164 habitantes (73 mulleres e 91 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 211 habitantes.

Nesta parroquia naceu o alcalde de Rodeiro Manuel Salgado González.

Negrelos, Rodeiro

San Cibrao de Negrelos é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 150 habitantes (77 homes e 73 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 195 habitantes.

Nesta parroquia naceu o guerrilleiro antifranquista Benjamín García Diéguez, O Largo.

O Salto, Rodeiro

Santo Estevo do Salto é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o IGE en 2012 tiña 137 habitantes (70 mulleres e 67 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 267 habitantes.

Oza-Cesuras

Oza-Cesuras é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos creado o 6 de xuño de 2013 a partir da fusión dos concellos de Oza dos Ríos e Cesuras. Segundo o IGE o 1 de xaneiro de 2018 tiña 5155 habitantes.

Pedroso, Rodeiro

San Xiao de Pedroso é unha parroquia que se localiza no occidente do concello de Rodeiro. Segundo o INE en 2010 tiña 113 habitantes (60 mulleres e 53 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 146 habitantes.

Nesta parroquia naceu o aviador Gumersindo Areán Rodríguez

Riobó, Rodeiro

San Miguel de Riobó é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o IGE en 2011 tiña 44 habitantes (28 mulleres e 16 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 53 habitantes.

Rodeiro, Oza-Cesuras

Santa María de Rodeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Oza-Cesuras. Segundo o IGE en 2017 tiña 269 habitantes (132 mulleres e 137 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 350 habitantes.

Rodeiro, Rodeiro

San Vicente de Rodeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o IGE en 2011 tiña 419 habitantes (226 mulleres e 193 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 484 habitantes.

Río, Rodeiro

Santa María de Río é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o IGE en 2012 tiña 124 habitantes (69 homes e 55 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 188 habitantes.

San Cristovo do Az, Rodeiro

San Cristovo do Az é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o IGE en 2013 tiña 148 habitantes (68 mulleres e 80 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 253 habitantes.

San Martiño de Asperelo, Rodeiro

San Martiño de Asperelo é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o IGE en 2011 tiña 214 habitantes (112 homes e 102 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 287 habitantes.

San Salvador de Camba, Rodeiro

San Salvador de Camba é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 112 habitantes (57 mulleres e 55 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 186 habitantes.

Nesta parroquia naceron o monxe Manuel García Gil, o alcalde de Rodeiro Luís López Diéguez, o filósofo Ramón Regueira Varela e o sacerdote Javier Vales Faílde.

Santa Baia de Camba, Rodeiro

Santa Baia de Camba é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o IGE en 2013 tiña 113 habitantes (57 mulleres e 56 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 236 habitantes.

Santa Mariña de Pescoso, Rodeiro

Santa Mariña de Pescoso é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o IGE en 2013 tiña 169 habitantes (76 homes e 93 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 246 habitantes.

Vilela, Rodeiro

Santa María de Vilela é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o IGE en 2012 tiña 91 habitantes (52 homes e 39 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 150 habitantes.

Nesta parroquia naceu o sacerdote Xosé Moreiras Santiso.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.