Robert Lefkowitz

Robert Joseph Leftkowitz, nado en Nova York o 15 de abril de 1943, éun bioquímico estadounidense e profesor da Universidade de Duke coñecido polos seus estudos sobre os receptoras acoplados a proteínas G, polos que foi galardoado co Premio Nobel de Química no ano 2012, xunto a Brian Kobilka.

Robert Joseph Lefkowitz
Nobel prize medal.svg
Lefkowitz3
Datos persoais
Nacemento15 de abril de 1943
LugarNova York
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidadeestadounidense
Actividade
CampoBioquímica
Alma máterUniversidade de Columbia
Contribucións e premios
Coñecido porReceptores acoplados a proteínas G.
PremiosPremio Nobel de Química (2012)

Traxectoria

Joseph Leftowitz é fillo de Max, un contable que traballaba en Manhattan e de Rose, unha profesora de primaria. Naceu e creceu nun complexo de apartamentos no Bronx. Graduouse en 1959 no Bronx High School of Science, á idade de 16 anos. Posteriormente, asistiu á Universidade de Columbia, onde estudou Química Orgánica avanzada e Físico-química, graduándose en 1962.[1]

Carreira

Leftkowitz realizou os seus primeiros descubrimentos coa adrenalina. Marcou as moléculas con isótopos radioactivos para poder observar cara a onde se dirixía a hormona nas células. Conseguiu así identificar uns receptores de adrenalina, chamados beta-adrenérxicos, estudando o seu funcionamento. Na década seguinte, uniuse ao seu equipo de investigación Brian Kobilka. Xuntos, comezaron a buscar os xenes que codificaban os receptores beta-adrenérxicos, que resultou ser moi similar a un receptor que capta luz no ollo. A partir de entón, atoparon unha serie de receptores semellantes: os receptores acoplados a proteínas G, polos cales ambos investigadores foron premiados co Premio Nobel no 2012.[2]

Notas

  1. "Robert J. Lefkowitz - Biographical". Consultado o 11 de outubro de 2012.
  2. "Nobel de Química 2012: Robert J. Lefkowitz y Brian K. Kobilka". La Vanguardia. 10 de outubro de 2012. Consultado o 3 de maio de 2015.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Predecesor:
Dan Shechtman
Premio Nobel de Química
2012
Sucesor:
Martin Karplus
Michael Levitt
Arieh Warshel
2012

2012 (MMXII) foi un ano bisesto comezado en domingo no calendario gregoriano.

Brian Kobilka

Brian Kobilka é un científico estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química no ano 2012 xunto a Robert Lefkowitz.

Receptor acoplado á proteína G

Os receptores acoplados á proteína G (GPCRs), tamén chamados receptores de dominio de sete transmembrana, receptores 7TM, receptores heptahélice, receptores serpentina, e receptores ligados á proteína G (GPLR), forman unha grande familia de proteínas de receptores de membrana que detectan moléculas procedentes de fóra da célula e activan vías de transdución de sinais internas, que orixinan respostas celulares. Son receptores transmembrana porque abranguen todo o grosor da membrana dun lado a outro, e ademais, son receptores do tipo "sete transmembrana" porque a súa cadea polipeptídica pasa dun lado a outro da membrana sete veces.

Os receptores acoplados á proteína G encóntranse só en eucariotas, incluíndo a lévedos, coanoflaxelados, e animais. Entre os ligandos que se unen e activan estes receptores están compostos sensibles á luz, compostos olorosos, feromonas, hormonas, e neurotransmisores, e poden variar en tamaño desde pequenas moléculas ata péptidos ou proteínas grandes. Os receptores acoplados á proteína G están implicados en moitas doenzas, e son tamén a diana de aproximadamente o 40% de todas as drogas medicinais modernas. Brian Kobilka e Robert Lefkowitz recibiron o Premio Nobel de Química de 2012 polos seus traballos neste campo que foron "cruciais para comprender como funcionan os receptores acoplados á proteína G."Hai dúas vías principais de transdución de sinais que implican aos receptores acoplados á proteína G (GPCR), que son: a vía de sinalización do AMP cíclico (AMPc) e a vía de sinalización do fosfatidilinositol. Cando se une un ligando ao GPCR isto causa un cambio de conformación no GPCR, que lle permite actuar como un factor de intercambio de nucleótidos de guanina (GEF). O GPCR pode despois activar unha proteína G asociada a el ao intercambiar o GDP unido por un GTP. A subunidade α da proteína G, xunto co GTP unido, pode despois disociarse das subunidades β e γ para despois afectar a proteínas de sinalización intracelulares ou proteínas funcionais diana directamente dependendo do tipo de subunidade α de que se trate (Gαs, Gαi/o, Gαq/11, Gα12/13).páx. 1160

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.