Rivers Cuomo

Rivers Cuomo, nado en Nova York o 13 de xuño de 1970, é un músico estadounidense. É o líder, guitarrista, vocalista e compositor da banda de rock alternativo Weezer.

Rivers Cuomo
Weezer eastscene-no watermark
Nacemento13 de xuño de 1970 (49 anos)
OrixeNova York Flag of the United States.svg
FillosLeo Cuomo
Ocupaciónguitarrista, cantautor, cantante e compositor
Instrumento(s)guitarra, voz
Relacionado conWeezer

Traxectoria

Cuomo, o cal comezou a súa viaxe musical baixo o pseudónimo de "Peter Kitts", formou unha banda de metal progresivo chamada Avant Garde, e fixo varios concertos en Connecticut. El mudouse coa banda aos Ánxeles en marzo de 1989, e Avant Garde cambiou o seu nome a Zoom, que foi disolta a finais da primevera de 1990.

Weezer

Artigo principal: Weezer.

Despois dunha serie de proxectos musicais nos Ánxeles, Cuomo formou Weezer o 14 de febreiro de 1992 con Pat Wilson, Matt Sharp e Jason Cropper. Jason deixou a banda durante a gravación do seu primeiro disco e Brian Bell ocupou o seu lugar. Weezer asinou un contrato coa DGC, pertencente á Geffen Records, o 25 de xuño de 1993. Comezaron a gravación de Weezer (tamén coñecido coma The Blue Album) en agosto de 1993 nos estudos Electric Lady en Nova York co produtor Ric Ocasek. Logo dalgúns álbums máis editados, o éxito comercial rotundo da banda chegaría en 2000, coa canción "Island In The Sun", incluída no Green Album. Tras este disco, saíu ó mercado Maladroit (2001).

Despois dun parón de catro anos, durante os cales Cuomo volveu á universidade, Weezer editou en 2005 o que é polo de agora o seu último traballo, Make Believe.

Outras bandas

Á parte de Weezer, Cuomo tocou n varios proxectos musicais, entre os que se inclúen Avante Garde, Zoom, Sixty Wrong Sausages e Fuzz. Durante o parón de Weezer a finais dos 90, Rivers formou un proxecto chamado Homie, ou segundo os fans, a Rivers Cuomo Band. Cuomo contribuiu tamén nas gravacións de varios músicos (Crazy Town, Cold, Mark Ronson). El tamén tocou brevemente na banda AM Radio en 2002 e 2003.

A principios de 2004 fixo unha aparición sorpresa co ex-baixista de Weezer Matt Sharp tocando na Universidade Estatal de California, Fullerton, e interpretando dous temas da banda: "Say It Ain't So" e "Undone", unha vella demo, "Mrs. Young", e unha nova canción que compuxeron xuntos, "Time Song".

O 18 de decembro do 2007 está prevista a edición de Alone - The Home Recordings of Rivers Cuomo, un álbum que reune demos e gravacións caseiras feitas por Cuomo nos últimos quince anos.

Death to False Metal

Death to False Metal é o noveno álbum da banda estadounidense de rock alternativo Weezer, publicado o 2 de novembro do 2010 a través do selo Geffen Records. O disco está formado por varias cancións non editadas anteriormente de toda a carreira do grupo.

O disco foi lanzado simultaneamente coa edición deluxe do segundo álbum da banda, Pinkerton. O título fai referencia a unha frase que Manowar usa comunmente nas súas letras (como en "Master of the Wind") e nas súas portadas. A diferenza dos seus anteriores discos, este non foi promociondo coa edición de sinxelos.

Hang On

"Hang On" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo Weezer, editada como segundo sinxelo do seu álbum Hurley o 15 de febreiro do 2011. A versión do álbum de "Hang On" está coescrita por Rick Nowels e conta co actor canadense Michael Cera nos coros e na pseudomandolina, mentres que a versión do sinxelo non conta coa mandolina e ten un son máis clásico de Weezer.

Hash Pipe

"Hash Pipe" é unha canción da banda de rock alternativo estadounidense Weezer, editado o 24 de xuño do 2001 como primeiro sinxelo do seu álbum Weezer. Segundo unha entrevista ao líder da banda Rivers Cuomo, "Hash Pipe" foi composta a mesma noite que "Dope Nose" do álbum Maladroit. A canción inspirouse nun home travestido que se adicaba á prostitución coñecido por pasear por Santa Monica (California).

O batería da banda Pat Wilson aparece na portada do sinxelo cun paquete de tabaco da marca Natural American Spirit cigarettes que foi esvaecido debido a problemas cos dereitos de autor. Dende finais do 2001 Weezer ven tocando a canción ao vivo co solo de guitarra reelaborado que xa non segue a melodía do verso.

Hurley

Hurley é o oitavo álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Weezer, editado o 10 de setembro do 2010 a través do selo Epitaph Records.

I'm Your Daddy

"I'm Your Daddy" é unha canción da banda de rock alternativo estadounidense Weezer, editada o 20 de xaneiro do 2010 como sinxelo do álbum Raditude. Estreouse no número 30 na lista Modern Rock Tracks.

Island in the Sun

"Island in the Sun" é unha canción da banda de rock alternativo estadounidense Weezer, editado o 26 de agosto do 2001 como segundo sinxelo do seu álbum Weezer. Orixinalmente "Island in the Sun" non ía entrar no álbum, pero o produtor Ric Ocasek traballou nela loitou para fose incluída no disco. Tivo moito éxito nas radio e é unha das súas cancións máis famosas fóra dos Estados Unidos, acadando o número 31 no Reino Unido, o 17 en Francia e o 7 en Australia. Pitchfork Media elixiuna a 495 mellor canción da década dos 2000.

A finais de 2001, a banda reelaborou o solo de guitarra para os directos. No 2005 Rivers Cuomo acostumaba comezar os bises da banda tocando "Island in the Sun" só cunha guitarra acústica no fondo do local onde actuaban. Nalgunhas noites facía crowd surf para volver ao escenario.

Memories

"Memories" é unha canción da banda de rock alternativo estadounidense Weezer, editada o 10 de agosto do 2010 como primeiro sinxelo do seu álbum Hurley.

Mikey Welsh

Michael Edward "Mikey" Welsh, nado en Syracuse (Nova York) o 20 de abril de 1971 e finado en Chicago (Illinois) o 8 de outubro de 2011, foi un artista estadounidense coñecido por ser baixista da banda de rock alternativo Weezer. Welsh tocou co líder de Weezer Rivers Cuomo no tempo que este pasou en Boston durante o hiato da banda, nun grupo chamado Homie. Despois de que Matt Sharp decidise centrarse no seu proxecto The Rentals e abandonar Weezer Welsh foi o elixido para ocupar o seu lugar e tocou no grupo dende o ano 2000 ata agosto de 2001, cando sufriu unha crise nerviosa. Pouco despois retirouse da música para centrarse na súa carreira artística. Mikey morreu inesperadamente o 8 de outubro de 2011, cando tiña 40 anos de idade.

My Name Is Jonas

"My Name Is Jonas" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo Weezer, composta por Rivers Cuomo, Pat Wilson e Jason Cropper que aparece no seu disco de estrea Weezer, editado en 1994. É unha das poucas cancións de Weezer cos créditos de composición atribuídos a toda a banda, e a única na que aparece Cropper, que fixo a introdución cunha guitarra acústica.

"My Name Is Jonas" inspirouse no irmán de Rivers, que tivo un accidente de coche no Oberlin College e tivo problemas co seu seguro.

En 1995 aparentemente houbo confusións por se sería o terceiro sinxelo de The Blue Album, e varias emisoras dos Estados Unidos e Canadá pincharon "My Name Is Jonas" como sinxelo na primavera de 1995. En Canadá de feito foi lanzada como sinxelo promocional para as radios, despois de que "Say It Ain't So" fose confirmada como terceiro sinxelo. O sinxelo canadense converteuse dende entón nun dos obxectos máis preciados para os coleccionistas de Weezer.

A canción continua a ser moi popular e é unha peza básica nos concertos da banda. Ao vivo Brian Bell toca o solo de harmónica. Na xira do 2008 Troublemaker, a canción foi cantada a tres voces por Pat Wilson, Scott Shriner e Rivers Cuomo.

No ano 2010, membros de My Chemical Romance uníronse a Weezer unha noite en Los Angeles para interpretar este tema. A actuación de Weezer formaba parte da serie de concertos AXE Music: One Night Only.

Perfect Situation

"Perfect Situation" é unha canción da banda de rock alternativo estadounidense Weezer, editado en decembro do 2005 como terceiro sinxelo do seu quinto álbum Make Believe.

É tamén a canción máis exitosa da banda ata a data, estando na cima da Billboard Modern Rock Tracks durante catro semanas, durando máis que o primeiro sinxelo do álbum, "Beverly Hills".

O seu video, dirixido por Marc Webb, estreouse o 11 de novembro de 2005 e conta coa actriz Elisha Cuthbert. Nel aparece a banda ficticia "Weeze" na que a vocalista e líder é Cuthbert, e onde Rivers Cuomo é un axudante. Cansos da actitude da líder, os membros de Weeze pídenlle a Cuomo que cante con eles creando a nova banda "Weezer". Moitos dos extras que aparecen como público son seareiros reais escollidos despois de participar nun casting.

Pork and Beans

"Pork and Beans" é unha canción da banda de rock alternativo estadounidense Weezer, editado o 16 de xuño do 2008 (en formato dixital o 24 de abril) como primeiro sinxelo do seu álbum Weezer. O tema estreouse no número 19 na lista da Billboard Modern Rock, e pasou 11 semanas no número 1. O tema entrou nas listas de moitos países como Canadá, Irlanda e o Reino Unido ademais dos Estados Unidos, e é o sinxelo de Weezer máis exitoso ata a data.

Raditude

Raditude é o sétimo álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Weezer, editado inicialmente o 30 de outubro do 2009 en Australia, o 2 de novembro no Reino Unido e un día máis tarde nos Estados Unidos. O álbum estreouse no número sete da lista Billboard 200, vendendo 66.000 copias na súa primeira semana. No mes de setembro do 2010 levaba vendidas 240.000 unidades.

Tired of Sex

"Tired of Sex" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo Weezer; trátase da primeira canción do seu segundo álbum de estudio, Pinkerton. É un dos temas máis abrasivos do catálogo de Weezer, e é coñecido polas súas distorsionadas guitarras e por ser un dos poucos temas no que o líder Rivers Cuomo berra. A canción foi orixinalmente composta para Songs from the Black Hole, xunto con "Getchoo", "No Other One" e "Why Bother?".

A canción foi interpretada en directo polo dúo canadense Tegan and Sara, con Matt Sharp, o baixista orixinal de Weezer.

Troublemaker

"Troublemaker" é unha canción da banda de rock alternativo estadounidense Weezer, editada o 26 de xullo do 2008 (dixitalmente o 20 de maio) como terceiro sinxelo do seu álbum Weezer. Estreouse no número 39 da lista da Billboard Hot Modern Rock Tracks, e acadou o seu segundfo posto.

Anteriormente pensouse na canción como primeiro sinxelo do álbum, pero por razóns descoñecidas finalmente foi elixida "Pork and Beans".

Rivers Cuomo afirmou que o tema, xunto con outros do The Red Album, estaba fortemente influenciado polo rapeiro Eminem e pola "súa divertida forma de usar rimas".

A canción foi lanzada como contido descargable para os videoxogos Rock Band (xunto con "Dreamin'" e "The Greatest Man That Ever Lived") e Tap Tap Revenge. A canción usouse tamén para anuncios da televisión da serie The Mentalist e no trailer da película Fired Up.

We Are All on Drugs

"We Are All on Drugs" é unha canción da banda de rock alternativo estadounidense Weezer, editado en xullo do 2005 como segundo sinxelo do seu álbum Make Believe. Ao contrario da crenza popular, a canción non fala especificamente de drogas. Máis ben, Rivers Cuomo afirma que fala máis ben da sociedade sobre-estimulada adicta a internet, aos xogos de azar, ás drogas e ás relacións.

Weezer

Weezer é unha banda de rock alternativo estadounidense formada nos Ánxeles (California) en 1992. Está liderada polo seu vocalista e guitarrista Rivers Cuomo. Completan a súa formación Pat Wilson (batería, guitarra e coros), Brian Bell (guitarra, coros e teclados) e Scott Shriner (baixo, coros e teclados). A banda sufriu diversos cambios na súa formación dende 1992 e leva editados nove álbums, seis EPs e un DVD.

A banda é coñecida polos seus existosos sinxelos "Buddy Holly", "Undone - The Sweater Song", "Say It Ain't So", "Perfect Situation", "Hash Pipe", "Beverly Hills" e "Pork and Beans". O seu oitavo álbum de estudio, Hurley, foi publicado o 14 de setembro do 2010 a través do selo Epitaph Records.

Weezer (Blue Album)

Weezer (tamén coñecido coma The Blue Album) é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock alternativo Weezer. Foi editado o 10 de maio de 1994 a través do selo DGC Records. No álbum aparecen os sinxelos "Undone - The Sweater Song", "Buddy Holly" e "Say It Ain't So", que foron os responsables de lanzar á banda ao gran público coa axuda dos seus videoclips dirixidos por Spike Jonze. En agosto do 2009 o álbum levaba vendidas máis de 3,3 millóns de copias nos Estados Unidos e trátase do álbum de Weezer con máis vendas.No ano 2003 foi colocado no número 299 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos".

Weezer (Red Album)

Weezer (alcumado como The Red Album, pola cor da súa capa) é o sexto álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Weezer, editado o 3 de xuño do 2008. Ao igual que o primeiro traballo do grupo, os outros membros da banda contribuíron coas súas composicións (no resto dos discos Rivers Cuomo foi o principal compositor e vocalista). Este é o primeiro álbum de Weezer que conta con voces de todos os membros da banda.

O video do primeiro sinxelo do álbum, "Pork and Beans", converteuse no máis visto en internet a semana seguinte ao seu lanzamento. As vendas de Weezer foron menores que as do seu predecesor, Make Believe, vendendo 200.000 copias menos no mesmo período de tempo.

Weezer (White Album)

Weezer (tamén coñecido como The White Album) é o décimo álbum da banda estadounidense de rock alternativo Weezer, publicado o 1 de abril de 2016. O disco é o seu cuarto traballo autotitulado e o seu primeiro álbum producido por Jake Sinclair. Tamén é o seu primeiro disco editado a través de Crush Management e distribuído por Atlantic Records.Para o álbum, o líder da banda Rivers Cuomo explorou novas técnicas de composición, como a inclusión de potenciais letras nunha folla de cálculoe incluílas en cancións, como en "Summer Elaine and Drunk Dori" e "L.A. Girlz", baseadas no seu reconto de sílabas e a acentuación de palabras. O disco explora temáticas de dinámicas de xénero, experiencias de citas modernas e referencias á iconografía relixiosa. Musicalmente é unha volta aos seus dous primeiros traballos, Weezer (1994) e Pinkerton (1996), aínda que tamén é unha especie de tributo a The Beach Boys.

Weezer continuou colleitando a aclamación da crítica do anterior traballo da banda, Everything Will Be Alright in the End, mentres que comercialmente mellorou os resultados do anterior álbum, acadando o número 4 da lista Billboard 200 con 49.000 copias vendidas na súa primeira semana. Do disco sacáronse tres sinxelos: "Thank God for Girls", "Do You Wanna Get High?" e "King of the World".

Álbums de estudio
Recompilatorios
EPs
Sinxelos
Outras cancións

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.