Ripollet

Ripollet é un municipio situado na comarca catalá do Vallès Occidental, forma parte do área metropolitana de Barcelona. O municipio, cunha extensión de 4,39 km², ten un total de 37.151 habitantes. A densidade de poboación é de 8.639,77 habitantes por quilómetro cadrado. Está a unha distancia de 10 km de Barcelona.

Ripollet
Bandera de Ripollet
COA of Ripollet
Localización
Localització de Ripollet respecte del Vallès Occidental
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaBarcelona
ComarcaVallès Occidental
Xeografía
Altitude79 msnm
Superficie4,3 km²
Demografía
Poboación37.151 hab. (2010)
Densidade8.639,77 hab/km²
XentilicioRipolletenc, ripolletenca
Outros datos
Código postal08760
AlcaldeJuan Parralejo Aragoneses (PSC)
www.ripollet.cat

Xeografía

O municipio de Ripollet está situado dentro da Depresión Prelitoral Catalá. Limita ao norte co municipio de Barberà del Vallès, ao leste e sur con Montcada i Reixac, e ao oeste con Cerdanyola del Vallès. Por este municipio pasa o río Ripoll que nace no Parque Natural de Sant Llorenç de Munt i l'Obac.

Demografía

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2006
1.501 3.324 3.736 20.197 26.009 29.877 35.427

Lugares de interese

Esglripo
Igrexa de Sant Esteve

A igrexa de Sant Esteve é o símbolo máis representativo de Ripollet. Está construída sobre estruturas románicas e hai constancia da súa existencia desde o ano 986.

Destaca tamén en Ripollet o muíño Molí d'en Rata.

Cidades irmandadas

Galería de imaxes

Ripollet99

Imaxe do centro da localidade

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aleix Saló

Aleix Saló Braut é un debuxante e creador de curtas catalán, nado en Ripollet (provincia de Barcelona) o 30 de xaneiro de 1983.

Cerdanyola del Vallès

Cerdanyola del Vallès é un municipio da comarca do Vallès Occidental, na provincia de Barcelona, Comunidade Autónoma de Cataluña, España.

A cidade conta cun poboado ibero (ca n'Olivé), a ermida románica de Sant Iscle de les Feixes, o castelo de Sant Marçal e un gran número de masías, testemuño do pasado agrícola. Así mesmo tamén hai casas modernistas que se construíu a burguesía como casas de veraneo.

En Cerdanyola atopamos a Universidade Autónoma de Barcelona (máis coñecida como a UAB) situada no barrio de Bellaterra, o Parque Tecnolóxico do Vallès (PTV), e construirase no futuro un sincrotrón (un acelerador de partículas).

Demografía de España

España tiña unha poboación de 46 934 632 ao 1 de xaneiro de 2019, segundo o Instituto Nacional de Estadística (INE). Trátase do quinto país máis poboado da Unión Europea; con todo, a súa densidade de poboación (92.7 hab/km² segundo Eurostat 2017) é menor que a da maioría doutros países da Unión Europea.

Juan María Medina Ayllón

Juan María Medina Ayllón, nado en Villanueva de la Reina (provincia de Xaén) o 17 de agosto de 1943, é un escultor español que vive en Barcelona.

Lista de concellos de España por poboación

En España, a 31 de decembro de 2016, existen 8.124 concellos, repartidos polas cincuenta provincias, Ceuta e Melilla e cuxos datos oficiais de poboación son recollidos polo Instituto Nacional de Estadística..

Nos últimos anos houbo variacións no número de concellos: apareceron novos concellos segregados de outro anteriores e tamén fusións entre concellos previamente existentes.

Durante 2014:

Montecorto, segregado de Ronda, na provincia de Málaga.

Dehesas Viejas, segregado de Iznalloz, na provincia de Granada.

Serrato, segregado de Ronda, na provincia de Málaga.

Pueblonuevo de Miramontes, segregado de Talayuela, na provincia de Cáceres.Durante 2015:

Domingo Pérez de Granada, segregado de Iznalloz, na provincia de Granada.Durante 2016:

Cerdedo-Cotobade, fusión entre Cerdedo e Cotobade, na provincia de Pontevedra.

Lista de concellos de España por provincia

Existen en España 8.124 concellos. O concello máis setentrional é Mañón (A Coruña), o máis meridional é El Pinar de El Hierro (Santa Cruz de Tenerife), o máis occidental é La Frontera (Santa Cruz de Tenerife) e o máis oriental é Maó (Illas Baleares). O máis extenso é Cáceres e o máis poboado Madrid.

As seguintes son listas de concellos de España ordenados por diferentes categorías.

Concellos por comunidade autónoma

Concellos por provincia

Concellos máis poboados

Concellos máis extensos

Montcada i Reixac

Montcada i Reixac é unha cidade e municipio de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Vallès Occidental.

Forma parte do área metropolitana de Barcelona e limita con Barcelona, Cerdanyola del Vallès, Santa Coloma de Gramenet, Badalona, Ripollet e Mollet del Vallès.

OK Liga Prata

A Primeira División Estatal é a segunda liga en importancia do hóckey a patíns do estado español logo da OK Liga. A primeira edición desta competición tivo lugar na tempada 1970-71, e o seu primeiro campión foi o CD Femsa.

Partidos políticos de España inscritos de 2006 a 2009

Esta é unha lista de partidos inscritos no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior de España de 2006 a 2010. Revisada a 10 de xaneiro de 2010.

Primera Catalana

A Primera Catalana (ata 2011 Preferent Territorial ou Regional Preferent) é a quinta categoría da liga de fútbol en Cataluña por debaixo da Terceira División e por encima da Segona Catalana. Está organizado pola Federació Catalana de Futbol.

Río Ripoll

O Ripoll é un río catalán que transcorre pola provincia de Barcelona cun curso de 39,5 km. Nace na comarca do Vallès Occidental, na Serra de Granera, e desemboca no Río Besòs, no concello de Montcada i Reixac.

A súa conca atravesa os concellos de Sant Llorenç Savall, Castellar del Vallès, Sabadell, Ripollet, Barberà del Vallès e Montcada i Reixac.

O caudal do Ripoll é típico do Mediterráneo, moi irregular durante todo o ano. No seu nacemento transcorre pola parte oriental do Parque Natural de Sant Llorenç de Munt i l'Obac. Na súa parte baixa sufriu unha gran degradación ambiental debido á industrialización desenvolvida durante a segunda metade do século XX. Actualmente existen proxectos para a súa recuperación.

Vallès Occidental

O Vallès Occidental é unha comarca da provincia de Barcelona, na zona central de Cataluña. A súa capitalidade é compartida por Sabadell e Terrassa. En 2009 tiña 878.893 habitantes.

A comarca limita ao norte co Bages e o Moianès, ao leste co Vallès Oriental, polo sur co Barcelonès, e polo oeste co Baix Llobregat.

Área metropolitana de Barcelona

A Área metropolitana de Barcelona (AMB) está integrada por tres organismos territoriais de xestión. En conxunto ofrecen servizos a 36 municipios cunha poboación de 3.150.380 habitantes (INE, 2007) nunha extensión de 633 km² e unha densidade de 4.977 hab/km².

É o núcleo central da Rexión urbana de Barcelona, que conta cunha poboación de 4.856.579 habitantes cunha densidade de poboación de 1.496 hab/km².Autoritat do Transport Metropolità: Ámbito do Sistema Tarifario Integrado

Esta constituída por:

Mancomunitat de Municipis: intégrana 31 municipios. Xestiona as áreas comúns que afectan a: espazos públicos, infraestruturas e vialidad, equipamentos, urbanismo e vivenda. Conta con 3.029.389 habitantes e unha extensión de 495 km². Vistos os servizos que ofrece podería considerarse como a área metropolitana xenuína de Barcelona.

Entitat do Transport: intégrana 18 municipios. Dá servizo a unha poboación de 2.790.803 habitantes nunha extensión de 332 km². Son os que forman un estrito continuo urbano coa capital. Creada para xestionar de forma conxunta os servizos de transporte público de viaxeiros no seu ámbito territorial.

Entitat do Medi Ambient[Ligazón morta]: intégrana 33 municipios. Dá servizo a unha poboación de 3.121.795 habitantes nunha extensión de 583 km². Encargada de xestionar os servizos hidráulicos e o tratamento de residuos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.