Riotorto

Riotorto é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Meira. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.364 habitantes (1.634 no 2006, 1.669 no 2005, 1.726 no 2004, 1.762 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «riotortego» ou «riotortense»[5].

Coordenadas: 43°21′34.92″N 7°15′15.84″O / 43.3597000, -7.2544000

Riotorto
Escudo de Riotorto
Casa do concello de Riotorto
Casa do concello.
Situacion Riotorto
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca de Meira
Poboación1.255 hab. (2018)
Área66,3 km²
Densidade18,93 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias
Capital do concelloAs Rodrigas
Política (2019[2])
AlcaldeClemente Iglesias González (PPdeG [3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais en Riotorto
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes91,67%
Na rede
www.concelloderiotorto.org
info@concelloderiotorto.org

Xeografía

O concello limita ao norte con Mondoñedo e Lourenzá, ao sur con Meira, ao leste con Trabada e A Pontenova, e ao oeste coa Pastoriza. Pertence ao arciprestado de Miranda, da diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Historia

Atopáronse restos fósiles do xurásico en diversos sitios. Os primeiros asentamentos humanos proceden da tribo dos albións, que se asentaron en torno ao río Eo, dominando até o río Navia.

Do período castrexo consérvase o castro da Coroa ou Croa, do que se conservan restos de muros e defensas. Nel atopouse o brazal de Riotorto, conservado no Museo Provincial de Lugo. É unha peza con enroscamento para axeitalo como enfeite de brazo datado entre os séculos III e I a. C.. Pesa 111,5 g, e ten un diámetro de 8,9 cm.

Logo da romanización, a zona estivo vencellada á diocese de Britonia. Nos séculos IX, X e XI, penetraron os godos, fuxidos dos musulmáns, ocupando as terras ermas. Desta época consérvase unha pía bautismal na igrexa da Órrea, onde se emprazaba o mosteiro de Santa Comba de Órrea.

Durante a Idade Media a zona pertenceu á diocese de Mondoñedo e ao mosteiro de Meira. Consérvanse restos de tallas do século XII, como a Virxe románica da capela de San Bernabé e San Roque, en Espasande de Arriba, Santa Marta de Meilán), a de San Pedro da capela de San Pedro de Folgueirúa (Galegos), e século XIII, como a de Santa Ana da capela do Vilar de Santiago (A Muxueira). Pola parroquia de Órrea pasaba o camiño de Santiago procedente de Asturias.

Riotorto foi curato de presentación real ordinaria, pertencente á antiga Vigairía de Miranda. En xaneiro de 1203 Afonso IX dirimiu nun conflito entre o bispo de Mondoñedo e os fillos de Fernando Velaz polos coutos de Riotorto, Canedo e Vilameá. San Xillao de Ferreiravella aparece citado no testamento do bispo Martín de Mondoñedo, que gobernou a diocese entre 1219 e 1248.

En 1240 o abade Heimerico do convento de Meira concedeu a cen homes as herdades de Vilanova de Archai e de Albare para as poboaren, lindantes con varios lugares de Riotorto. O mosteiro de Meira tivo propiedades no concello entre os séculos XII e XVI. Os enfrontamentos do mosteiro e o bispo de Mondoñedo provocaron o saqueo das terras de Aldurfe, así como a destrución das súas colleitas e o ataque aos seus homes polos servos e vasalos do bispo.

No século XV o mosteiro da Órrea era coñecido coma o mosteiro de Donas, ó estar ocupado por monxas. O seu couto correspondía practicamente coas parroquias da Órrea e Galegos. As monxas cantaban na misa dos domingos, e segundo un documento de 1407 tiñan no convento dous cálices de prata e outro de chumbo. Os veciños, colonos e aforados, pagaban renda ao mosteiro.

Un documento de aforamento indica que en Galegos había un hospital.

Nos séculos XVI e XVII houbo fábricas de mazos e ferrerías, coa conseguinte actividade mineira, aparecendo contratos de saca de vea.

No século XVII introduciuse o cultivo do millo e da pataca na provincia de Mondoñedo, substituíndo a anterior agricultura pobre de centeo e nabos. No século XVIII, aínda no antigo réxime, con presenza de foros, había algúns fidalgos, destacando en Santa Marta de Meilán Pedro Trilles.

Poboación

Censo total 1.364 (2015)
Menores de 15 anos 87 (6.38 %)
Entre 15 e 64 anos 715 (52.42 %)
Maiores de 65 anos 562 (41.2 %)

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Riotorto.
Fachada da igrexa de San Pedro de Riotorto

Igrexa de San Pedro de Riotorto

Riotorto, Galiza
Postal de casa e hórreo nevados, Riotorto

Casa e hórreo nevados.

Lugares de Riotorto

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Riotorto vexa: Lugares de Riotorto.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Riotorto". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 59. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Muxueira, Riotorto

San Lourenzo da Muxueira é unha parroquia do concello lugués de Riotorto na comarca de Meira. No ano 2007 tiña 178 habitantes (90 homes e 88 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 42 habitantes en relación ao ano 2000.

A Órrea, Riotorto

Santa Comba da Órrea é unha parroquia do concello lugués de Riotorto na comarca de Meira. No ano 2007 tiña 112 habitantes (59 homes e 59 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 38 habitantes en relación ao ano 2000.

Aldurfe, Riotorto

San Pedro de Aldurfe é unha parroquia do concello lugués de Riotorto na comarca de Meira. No ano 2007 tiña 109 habitantes (58 homes e 51 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 26 habitantes en relación ao ano 2000.

Benigno Fernández Salgado

Benigno Fernández Salgado, nado en Ferreiravella (Riotorto) en 1962, é un escritor, profesor e tradutor galego.

Cabovilaño, A Laracha

San Román de Cabovilaño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 1.103 habitantes (555 homes e 548 mulleres) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón un aumento con relación ao ano 1999 cando tiña 1.035 habitantes. En 2004 tiña 1.035 habitantes (521 homes e 514 mulleres).

Coma un allo

Coma un allo é un programa concurso de preguntas e respostas, emitido pola Televisión de Galicia. Comezou a emitirse o 11 de setembro de 2017.

Comarca de Meira

A comarca de Meira é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Meira. A esta comarca pertencen os concellos de Meira, Pol, Ribeira de Piquín e Riotorto.

Espasande de Baixo, Riotorto

Santa María de Espasande de Baixo é unha parroquia do concello lugués de Riotorto na comarca de Meira. No ano 2007 tiña 169 habitantes (85 homes e 84 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 28 habitantes en relación ao ano 2000.

Ferreiravella, Riotorto

San Xillao de Ferreiravella é unha parroquia do concello de Riotorto, diocese de Mondoñedo. Segundo o IGE en 2011 tiña 87 habitantes (36 homes e 51 mulleres) distribuídos nos barrios de Ferreira, Soutelo, O Mazo, A Granxa, As Chairas e O Rego de Baixo. Ferreira comprende os lugares da Ribadiña e do Pouxaneiro. Soutelo comprende Soutelo de Riba e Soutelo de Baixo.

Está situada a 5 km das Rodrigas, seguindo a estrada local que comunica a capital do concello co Marco Baixo (A Pastoriza). Limita ó norte coas parroquias de Espasande de Baixo, ó sur coa Órrea, ó leste con Xudán (parroquia do concello da Pontenova) e ó oeste con Aldurfe. Ocupa unha extensión de 5,59 km².

Galegos, Riotorto

Santa María de Galegos é unha parroquia do concello lugués de Riotorto na comarca de Meira. No ano 2007 tiña 71 habitantes (37 homes e 34 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 34 habitantes en relación ao ano 2000.

Lugares de Riotorto

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Riotorto

Luís Iglesia

Luís Iglesia Besteiro, nado en Riotorto (provincia de Lugo) o 2 de febreiro de 1962, é un actor galego.

Montes de Carracedo

Os montes de Carracedo limitan entre Riotorto, A Pastoriza, Lourenzá e Mondoñedo e forma parte polo tanto das serras setentrionais de Galiza. Están cubertos por pasteiros, agás no litoral, onde aínda existen fragas en bos estado de conservación ou áreas de repoboación con piñeiro e eucalipto.

O punto máis elevado é O Carracedo, con 883 metros sobre o nivel do mar.

Riotorto, Cabovilaño, A Laracha

Riotorto é un lugar da parroquia de Cabovilaño no concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Tiña 10 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 5 homes e 5 mulleres.

Riotorto, Cores, Ponteceso

Riotorto é un lugar da parroquia de Cores no concello coruñés de Ponteceso na Comarca de Bergantiños. Tiña 45 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 20 eran homes e 25 mulleres.

Riotorto, O Buriz, Guitiriz

Riotorto é un lugar da parroquia do Buriz no concello lugués de Guitiriz na comarca da Terra Chá. Tiña 2 habitantes no ano 2012 segundo datos do Instituto Galego de Estatística que eran 2 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 4 mesmos habitantes.

Riotorto, Riotorto

San Pedro de Riotorto é unha parroquia do concello lugués de Riotorto na comarca de Meira. No ano 2007 tiña 495 habitantes (234 homes e 261 mulleres) distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 30 habitantes en relación ao ano 2000.

Santa Marta de Meilán, Riotorto

Santa Marta de Meilán é unha parroquia do concello lugués de Riotorto na comarca de Meira. No ano 2007 tiña 378 habitantes (182 homes e 196 mulleres) distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 96 habitantes en relación ao ano 2000.

Serra do Pousadoiro

A serra do Pousadorio é unha das serras orientais de Galiza, e separa os concellos de Riotorto e A Pontenova. Os ríos Ferreiravella e o Xudán, afluentes do río Eo, circulan polas súas vertentes. A serra está conformada por lousas, areiscas e cristas de cuarcitas.

A vexetación da zona está composta principalmente de eucaliptos e piñeiros, así como pequenas masas de carballo, sobre todo na parte oeste.

O punto de maior altitude é o Alto do Pousadoiro, con 666 metros sobre o nivel do mar.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.