Rijksbureau voor Kunsthistorische Documentatie

Rijksbureau voor Kunsthistorische Documentatie (RKD; literalmente, Instituto Neerlandés para a Historia da Arte) é o centro de historia da arte máis grande do mundo e está situado na Haia. O centro está especializado en documentación, arquivos e libros sobre a historia da arte en Occidente a partir da Idade Media até o presente. Todo o seu contido está aberto ó público e a maioría están dixitalizados e dispoñible na súa páxina web. O obxectivo principal da institución é recoller, clasificar, e facer investigación da arte, especialmente na pintura barroca nos Países Baixos.

Grazas á disposición de bases de datos, o visitante pode investigar a vida de moitos artistas dos séculos pasados. A biblioteca dispón de preto de 450.000 títulos, dos cales preto de 150.000 son catálogos de poxa. Hai ó redor de 3.000 revistas. Aínda que moito do catálogo está en neerlandés, o formato de rexistro estándar inclúe unha ligazón a entradas de biblioteca e imaxes de obras coñecidas, que inclúen títulos tanto en inglés como en neerlandés.

O RKD tamén xestiona a versión neerlandesa de Art & Architecture Thesaurus, unha enciclopedia de termos para a xestión da información en arte e arquitectura. A versión orixinal é unha iniciativa do Museo J. Paul Getty en Malibú (California).

KoninklijkeBibliotheek2
Vista do edificio do KDB.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Adriaan van Stalbemt

Adriaan van Stalbemt, nado en Antuerpen en 1580 e finado en 1662, foi un pintor barroco flamengo, especializado en pintura de gabinete.

Daniel Vertangen

Daniel Vertangen, nado en Ámsterdan no ano 1601 e finado ibídem entre 1681 e 1684, foi un pintor holandés do século XVII.

Pieter Boel

Pieter Boel, nado en Antuerpen en 1622 e finado en París en 1674, foi un ilustrador, gravador e pintor barroco flamengo, especializado na pintura de animais, escenas de caza e naturezas mortas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.