Riego de la Vega

Riego de la Vega é un concello da provincia de León, na comunidade autónoma de Castela e León. Ten unha extensión de 35,35 km² cunha poboación de 1001 habitantes segundo o INE do 2007, dos cales 505 eran homes e 496 eran mulleres.

Leon - Mapa municipal
Mapa municipal de León

Demografía

A poboación deste concello leonés evolucionou negativamente na última década, con tendencia constante a perder poboación; na seguinte gráfica amósase a evolución do número de habitantes entre os anos 1991 e 2007:

Evolución demográfica
1991 1996 2001 2007
1.281 1.171 1.065 1.001

Política

O goberno deste concello está en mans socialistas:

UPL PP PSOE Outros Total
2003 0 4 5 0 9
2007 0 2 5 0 7
A-6

A A-6 ou autovía do Noroeste, coñecida tradicionalmente como estrada da Coruña, é unha das seis autovías radiais de España. Comunica Madrid con Galicia, pasando por Castela e León. Trátase dunha das vías máis importantes do estado, xa que, ademais de atravesar Castela e León, fai un percorrido moi útil se se pretende ir tanto a Asturias como ó norte de Portugal dende Madrid.

Lista de concellos de España por provincia

Existen en España 8.124 concellos. O concello máis setentrional é Mañón (A Coruña), o máis meridional é El Pinar de El Hierro (Santa Cruz de Tenerife), o máis occidental é La Frontera (Santa Cruz de Tenerife) e o máis oriental é Maó (Illas Baleares). O máis extenso é Cáceres e o máis poboado Madrid.

As seguintes son listas de concellos de España ordenados por diferentes categorías.

Concellos por comunidade autónoma

Concellos por provincia

Concellos máis poboados

Concellos máis extensos

100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.