Ridley Scott

Ridley Scott, nado en South Shields, Tyne and Wear, o 30 de novembro de 1937 é un director de cinema británico. É irmán do tamén director Tony Scott.

Rindley Scott

Ridley Scott by Gage Skidmore

Scott en 2012

Información persoal
Nacionalidade Británico
Data de nacemento 30 de decembro de 1937
Lugar de nacemento South Shields, Tyne and Wear
Filmografía
Películas dirixidas Alien, Blade Runner, Hannibal
Películas guionizadas
Películas producidas

Ficha en IMDb

Traxectoria

Foi candidato en tres ocasións ao Oscar ó mellor director. En xaneiro de 2003 foi nomeado cabaleiro pola raíña Isabel II do Reino Unido.

Filmografía (parcial)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre cinema é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Alien (filme)

Alien é un filme de ciencia ficción e terror anglo-americano dirixido por Ridley Scott en 1979. É o primeiro filme importante de Hollywood que ten unha heroína feminina como protagonista. Contou cun orzamento de 11 millóns de dólares e gañou un Óscar aos mellores efectos especiais (1980).

Foi emitido na TVG o 15 de abril de 1991.

All the Money in the World

All the Money in the World é un filme británico-estadounidense de 2017 dirixido por Ridley Scott e escrito por David Scarpa. Está baseado no libro de John Pearson Painfully Rich: The Outrageous Fortunes and Misfortunes of the Heirs of J. Paul Getty. Está protagonizado por Michelle Williams, Christopher Plummer, Mark Wahlberg e Romain Duris. O filme conta a historia de J. Paul Getty e o seu rexeitamento a pagar o rescate do secuestro do seu neto a mans dun grupo de mafiosos de 'Ndrangheta, que retiveron ó seu neto John Paul Getty III en 1973.

American Gangster

American Gangster é un filme estadounidense biográfico dirixido por Ridley Scott e escrito por Steve Zaillian. O filme está baseado na carreira criminal de Frank Lucas, un gánster de Carolina do Norte que pasaba heroína dentro dos Estados Unidos a través dos avións militares que regresaban da Guerra de Vietnam. Está protagonizado por Russell Crowe e Denzel Washington nos papeis principais, xunto con Ted Levine, John Ortiz, Josh Brolin, Chiwetel Ejiofor, Norman Reedus, Ruby Dee e Lymari Nadal nos papeis de elenco.

Black Hawk Down

Black Hawk Down é un filme estadounidense de 2001 gañador de 2 premios Óscar, mellor son e mellor montaxe, dun total de 4 participacións. Foi dirixido por Ridley Scott e escrito por Ken Nolan. O argumento está baseado no libro homónimo de Mark Bowden que narra o feito real acontecido durante unha misión estadounidense de pacificación, con mandato da ONU, en Somalia, en 1993.

Blade Runner

Blade Runner é un filme de ciencia ficción, cyberpunk e cinema negro de 1982 dirixido por Ridley Scott e protagonizado por Harrison Ford, Rutger Hauer, Sean Young, Edward James Olmos e Daryl Hannah. O guión, escrito por Hampton Fancher e David Peoples, foi unha adaptación libre da novela de 1968 Soñan os androides con ovellas eléctricas? de Philip K. Dick. Estreouse en galego na TVG o 30 de maio de 2010.

O filme ten lugar nun Os Ánxeles distópico no que a empresa Tyrrell Corporation fabrica uns androides denominados replicantes, visualmente indistinguibles dos humanos adultos. O uso destes replicantes na Terra está prohibido e empréganse soamente para traballos perigosos ou de pouca importancia nas colonias espaciais. Uns axentes especiais de policía coñecidos como "Blade Runners" encárganse de perseguir e matar ("retirar") a aqueles replicantes que desafían a prohibición e retornan á Terra. O argumento céntrase nun grupo de replicantes que acaba de escapar agochándose na cidade dos Ánxeles e no queimado Blade Runner experto Rick Deckard, quen a desgana acepta o traballo para cazalos.

Blade Runner recibiu críticas divididas da crítica trala súa estrea. Algúns críticos queixáronse do ritmo do filme, mentres que outros eloxiaron a súa complexidade temática. Ó ano seguinte da súa estrea, o filme gañou o Premio Hugo á Mellor Presentación Dramática. Nos cinemas norteamericanos non conseguiu unha boa recadación, pero dende entón pasou a estar considerado un filme de culto. Eloxiada polo seu deseño de produción, representando un futuro postapocalíptico e "retromodernizado", considérase un dos mellores exemplos do xénero neo-noir. Grazas a este filme a obra de Philip K. Dick recibiu unha maior atención de Hollywood, dando paso a varios filmes posteriores baseados nas súas obras literarias. Ridley Scott chegou a afirmar que Blade Runner era probablemente o seu filme máis completo e persoal. A Biblioteca do Congreso seleccionouno en 1993 para a súa conservación no National Film Registry dos Estados Unidos por ser "culturalmente, historicamente ou esteticamente significativo", e gran parte da crítica moderna considérao un dos mellores filmes de ciencia ficción de tódolos tempos.

Emitíronse sete versións distintas do filme para varios mercados como resultado de varios cambios controvertidos por parte dos executivos do filme. En 1992 publicouse unha versión do director (Director's Cut) tras unha grande acollida da proxección dun workprint do filme. Grazas a isto e á súa popularidade no alugueiro de vídeo axudou a súa venda como un dos primeiros filmes publicados en DVD, nun disco básico cunha imaxe e calidade de son considerados mediocres. En 2007 Warner Bros. publicou a versión The Final Cut, unha versión remasterizada dixitalmente co gallo do seu 25º aniversario, sendo esta a única na que Scott tivo unha liberdade artística completa. Esta versión final proxectouse en varios cinemas seleccionados e publicouse posteriormente en DVD, HD DVD e Blu-ray.

Gladiator

Gladiator é un filme estadounidense dirixido por Ridley Scott que foi estreado no ano 2000. Pertence ó xénero cinematográfico peplum, ou filmes de romanos. Está protagonizado por Russell Crowe, Joaquin Phoenix, Connie Nielsen, Ralf Möller, Oliver Reed, Djimon Hounsou, Derek Jacobi, John Shrapnel e Richard Harris. Crowe interpreta o Xeneral romano Maximus Decimus Meridius, que é traizoado cando o ambicioso fillo do Emperador, Cómodo, asasina o seu pai e toma o poder. Convertido nun escravo, Maximus gaña gloria como gladiador coa intención de vingar o asasinato da súa familia e do seu emperador.

Foi estreado nos Estados Unidos o 5 de maio de 2000. Gladiator foi un éxito de recadación, recibindo críticas positivas, e foi acreditado como o filme que reavivou o interese pola épica histórica. O filme gañou varios galardóns, destacando os cinco Premios Oscar da 73ª edición, incluíndo o premio ó mellor filme e o mellor actor para Crowe.

Hannibal

Hannibal é un filme estadounidense de terror dirixido por Ridley Scott que foi estreado no 2001. Está baseado na novela Hannibal de Thomas Harris.

Jerry Goldsmith

Jerrald King "Jerry" Goldsmith, nado nos Ánxeles 10 de febreiro de 1929 e finado en Beverly Hills (California) 21 de xullo de 2004 foi un compositor e director de música coñecido polo seu traballo na creación de bandas sonoras de cine e televisión.

Compuxo bandas sonoras para filmes notables como The Sand Pebbles, O planeta dos simios, Patton, Chinatown, The Wind and the Lion, The Omen, The Boys from Brazil, Night Crossing, Alien, Poltergeist, The Secret of NIMH, Gremlins, Hoosiers, Total Recall, Basic Instinct, Rudy, Air Force One, L.A. Confidential, Mulan, The Mummy, tres filmes de Rambo, e cinco de Star Trek. Foi nomeado a Premios Grammy, nove Globos de Ouro, catro BAFTA, e dezasete Premios Oscar. En 1977, recibiu un Oscar por The Omen.

El colaborou con algúns dos directores de cine máis prolíficos da historia, incluíndo a Robert Wise (The Sand Pebbles, Star Trek: The Motion Picture), Howard Hawks (Río Lobo), Otto Preminger (In Harm's Way), Joe Dante (Gremlins, The 'Burbs, Small Soldiers), Roman Polanski (Chinatown), Ridley Scott (Alien, Legend), Steven Spielberg (Twilight Zone: The Movie), and Paul Verhoeven (Total Recall, Basic Instinct). Porén, a súa colaboración máis notábel foi probablemente a realizada con Franklin J. Schaffner, coa cal Goldsmith compuxo a banda sonora de O planeta dos simios, Patton, Papillon e The Boys from Brazil.

Kingdom of Heaven

Kingdom of Heaven é unha película épica escrita por William Monahan e dirixida por Ridley Scott, que foi estreada o 6 de maio de 2005. A historia trata sobre as Cruzadas no século XII.

A maior parte da rodaxe realizouse en Marrocos, onde Ridley Scott xa rodara anteriormente Gladiator e Black Hawk Down, ademais de aparecer en distintos momentos monumentos de cidades españolas como Huesca (Castelo de Loarre), Córdoba, Ávila e Sevilla.

A película no cine duraba 144 minutos. Obtivo críticas negativas debido a que moitas das partes narradas se entrelazaban de forma repentina, creando certa confusión no desenlace dos acontecementos. Pouco tempo despois, comercializouse a versión denominada "corte do director" (director's cut) cunha duración de 194 minutos, na que se engadiron varias escenas que a dotaron dunha maior coherencia argumental e lograron unha historia máis clara e crible.

Legend (filme de 1985)

Legend é un filme británico-estadounidense dirixido por Ridley Scott que foi estreado no ano 1985. Está protagonizado por Tom Cruise, Mia Sara, Tim Curry, David Bennent, Alice Playten, Billy Barty, Cork Hubbert e Annabelle Lanyon. É un conto de fantasía negra e ten sido descrito como un retorno ás fábulas orixinais, máis escuras, que se transmitían de xeito oral antes da expansión da lectura.

Lágrimas na chuvia

"Lágrimas na chuvia" (Tears in rain), tamén chamado "The C-Beams Speech" (O discurso dos raios-C), é un breve monólogo do replicante Roy Batty (interpretado por Rutger Hauer) no filme Blade Runner de Ridley Scott. A forma final do monólogo, alterada dende a versión do guión e improvisada por Hauer a véspera do día de gravación, chegou a ser considerada dentro da cultura popular como "o soliloquio de morte máis emotivo na historia do cinema", converténdose nunha das pezas da escrita de ciencia ficción máis citadas.

Prometheus (filme)

Prometheus é un filme estadounidense de ciencia ficción dirixido por Ridley Scott que foi estreado no 2012. Foi escrito por Jon Spaihts e Damon Lindelof, e está protagonizado por Noomi Rapace, Michael Fassbender, Guy Pearce, Idris Elba, Logan Marshall-Green e Charlize Theron. Está ambientado a finais do século XXI e a historia céntrase na tripulación da nave espacial Prometheus, que está a seguir as indicacións dun mapa estelar descuberto en numerosas civilizacións antigas. Na procura da orixe da humanidade, a tripulación chega até un mundo distante e descobre unha ameaza que podería causar a extinción da raza humana.

A súa secuela, Alien: Covenant, foi estreada no 2017.

Rede de mentiras

Rede de mentiras (en inglés: Body of Lies) é un filme estadounidense dirixido por Ridley Scott que foi estreado no 2008. Está baseado na novela Body of Lies de David Ignatius.

Robin Hood (filme de 2010)

Robin Hood é un filme de 2010 dirixido por Ridley Scott. É un drma épico e bélico baseado na lenda de Robin Hood e está protagonizado por Russell Crowe, Cate Blanchett, William Hurt, Mark Strong, Mark Addy, Oscar Isaac, Danny Huston, Eileen Atkins e Max von Sydow. Foi estreado en 12 países o 12 de maio de 2010, incluíndo o Reino Unido e Irlanda e tamén foi o filme que abriu a edición de 2010 do Festival de Cinema de Cannes ese mesmo día. Foi estreado noutros 23 países o día seguinte, entre eles Australia, e en 17 países máis o 14 de maio de 2010, entre eles os Estados Unidos de América e o Canadá. O filme recibiu valoracións dispares e recadou máis de 320 millóns de dólares en todo o mundo.

The Martian

The Martian é un filme estadounidense de ciencia ficción dirixido por Ridley Scott que foi estreado no 2015. Está protagonizado por Matt Damon e a historia baséase na novela de Andy Weir The Martian, que foi adaptada ó guión por Drew Goddard. Damon interpreta a un astronauta que é dado por morto e abandonado en Marte que ten que loitar por sobrevivir. No filme tamén aparecen Jessica Chastain, Kristen Wiig, Jeff Daniels, Michael Peña, Kate Mara, Sean Bean, Sebastian Stan, Aksel Hennie e Chiwetel Ejiofor nos papeis secundarios.

O produtor Simon Kinberg comezou a desenvolver o filme despois de que 20th Century Fox considerase a novela en marzo de 2013. Drew Goddard adaptou a novela nun guión e nun principio foi elixido para dirixilo, mais o proxecto non seguiu adiante. Ridley Scott substituíu a Goddard, e con Damon como personaxe principal, a produción obtivo a luz verde. A rodaxe comezou en novembro de 2014 e durou aproximadamente 70 días. Foron construídos preto de 20 escenarios nun estudio de Budapest, un dos meirandes do mundo. Wadi Rum en Xordania, foi usado para practicamente toda a fotografía de paisaxe do filme.

Thelma e Louise

Thelma e Louise (en inglés: Thelma & Louise) é un filme estadounidense dirixido por Ridley Scott que foi estreado en 1991.

Foi emitido na TVG o 30 de novembro de 1994.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.