Richard Nixon

Richard Milhous Nixon, nado en Yorba Linda (California) o 9 de xaneiro de 1913 e finado en Nova York o 22 de abril de 1994, foi presidente dos Estados Unidos de 1968 a 1974, e vicepresidente de 1953 a 1961.

Richard Nixon
Richard M. Nixon, ca. 1935 - 1982 - NARA - 530679
Nome completoRichard Milhous Nixon
Nacemento9 de xaneiro de 1913
 Yorba Linda
Falecemento22 de abril de 1994
 Manhattan
CausaIctus
SoterradoRichard Nixon Presidential Library and Museum
NacionalidadeEstados Unidos de América
RelixiónSociedade Relixiosa dos Amigos
Alma máterWhittier College, Universidade Duke, Duke Law e escola primaria
Ocupaciónpolítico, oficial, avogado, autobiógrafo e estadista
PaiFrancis A. Nixon
NaiHannah Milhous Nixon
CónxuxePat Nixon
FillosTricia Nixon Cox e Julie Nixon Eisenhower
IrmánsDonald Nixon e Edward Nixon
PremiosAmerican Campaign Medal, Asiatic-Pacific Campaign Medal, Medalha de Vitória da Segunda Guerra Mundial, Cabaleiro da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana, Persoa de Ano da revista Time e Persoa de Ano da revista Time
Richard Nixon Signature

Traxectoria

Foi elixido presidente en 1968 polo partido republicano e gañou a reelección en 1972. Renunciou ao seu cargo polo escándalo Watergate o 8 de agosto de 1974, aparecendo por televisión dicíndolles aos americanos a famosa frase: "Non son ningún delincuente". Foi o artífice da distensión con China, que en 1964 se declarara potencia nuclear.

Predecesor:
Lyndon B. Johnson
 USPresidentialSeal.jpg
Presidente dos Estados Unidos de América
 
19691974
Sucesor:
Gerald Ford
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
22 de abril

O 22 de abril é o 112º día do ano do calendario gregoriano (113º nos anos bisestos). Quedan 253 días para finalizar o ano.

28 de abril

O 28 de abril é o 118º día do ano do calendario gregoriano (119º nos anos bisestos). Quedan 247 días para finalizar o ano.

8 de agosto

O 8 de agosto é o 220º día do ano do calendario gregoriano e o 221º nos anos bisestos. Quedan 145 días para finalizar o ano.

9 de xaneiro

O 9 de xaneiro é o 9º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 356 días para finalizar o ano, 357 nos anos bisestos.

Bob Woodward

Robert Upshur "Bob" Woodward, nado en Geneva (Illinois) o 26 de marzo de 1943, é un xornalista investigación estadounidense. A súa fama chegou cando axudou a desvelar o escándalo Watergate, que derivou na dimisión do presidente Richard Nixon. Aínda que devandita tarefa foi realizada xunto con Carl Bernstein, ambos reporteiros de The Washington Post, Woodward tiña o contacto con "Gorxa Profunda".

Burns Verkaufen der Kraftwerk

"Burns Verkaufen der Kraftwerk" (en galego, "Burns vende a central de enerxía") é o undécimo episodio da terceira temporada da serie de animación The Simpsons. A súa primeira emisión foi o 5 de decembro de 1991. Neste episodio, o Sr. Burns, deprimido por desexar acadar certos intereses, decide vender a planta de enerxía nuclear a dous investidores alemáns por 100 millóns de dólares.

"Burns Verkaufen der Kraftwerk" foi escrito por Jon Vitti e dirixido por Mark Kirkland. O título do episodio está nun alemán inexacto, dado que o correcto sería Burns verkauft das Kraftwerk. Nel, fanse diversas referencias ao discurso "ich bin ein Berliner" de Kennedy, a O padriño (II parte) e á fotografía de Richard Nixon con Elvis Presley. O episodio recibiu gabanzas por varias das súas escenas, especialmente aquela na que Homer danza nunha imaxinaria "Vila do chocolate", usada despois como guía no xogo The Simpsons Game.

Dick (filme)

Dick é un filme estadounidense de comedia dirixido por Andrew Fleming a partir dun guión que el escribiu xunto con Sheryl Longin. É unha parodia dos eventos do Watergate que remataron coa presidencia de Richard ("Tricky Dick") Nixon e conta con membros de Saturday Night Live e The Kids in the Hall.Kirsten Dunst e Michelle Williams intepretan a Betsy e Arlene, dúas mozas de quince anos non moi intelixentes, que por mor de diferentes azares do destino se converten na figura "Deep Throat", parcialmente responsable da caída da presidencia de Richard Nixon.

Década de 1970

A década da 1970 foi o período de tempo entre 1 de xaneiro de 1970 e 31 de decembro de 1979. Foi a época en que aconteceu a Crise do Petróleo, o que conduciu EE.UU., Brasil, Suecia e Reino Unido á recesión económica. Xapón e a desaparecida Alemaña Occidental, ao contrario, iniciaron procesos de crecemento.

Gerald Rudolph Ford, Jr.

Gerald Rudolph Ford, Jr., nacido en Omaha, Nebrasca, o 14 de xullo de 1913, faleceu en Rancho Mirage, California, o 26 de decembro de 2006.

Tras estudar en Yale e participar na Segunda guerra mundial, na mariña, en 1965 foi nomeado líder da minoría republicana na Cámara dos Representantes.

En 1973, tras a renuncia de Spiro Agnew (vicepresidente de Nixon), foi nomeado novo vicepresidente, e á fin, 38º presidente dos Estados Unidos de 1974 ata 1977 tras a dimisión de Richard Nixon polo escándalo do Watergate.

A súa primeira medida como presidente foi perdoar de todos os delitos federais ao seu predecesor e amigo, Richard Nixon. En 1976 Ford gañou a carreira das primarias a Ronald Reagan, porén perdeu fronte ao demócrata Jimmy Carter as eleccións do ano seguinte.

Levou a cabo unha política economicamente liberal, reducindo impostos e recurtando o gasto social. Promoveu a distensión coa Unión Soviética (véxase guerra fría).

Lista de personaxes de Futurama

Esta é a Lista de personaxes de Futurama. Ademais dos empregados de Planet Express, Futurama inclúe unha gran variedade de personaxes: personalidades, compañeiros de traballo, medios de comunicación, empresarios, familiares, veciños, estranxeiros e viláns. Na seguinte lista aparecen en primeiro lugar os personaxes de maior importancia e despois os secundarios por orde alfabética.

Lyndon B. Johnson

Lyndon Baines Johnson, nado en Stonewall (Texas) o 27 de agosto de 1908 e finado na mesma vila o 22 de xaneiro de 1973, foi un político estadounidense, membro do Partido Demócrata. Foi presidente dos Estados Unidos de 1963 a 1969.

O asasinato de Richard Nixon

O asasinato de Richard Nixon (en inglés: The Assassination of Richard Nixon) é un filme estadounidense de 2004 dirixido por Niels Mueller. Está protagonizado por Sean Penn, Don Cheadle, Jack Thompson e Naomi Watts, e está inspirada na historia de conspiración de Samuel Byck, que artellou o asasinato frustrado de Richard Nixon en 1974. Foi estreado no Festival Internacional de Cine de Cannes de 2004.Estreouse en galego o 6 de decembro de 2010 a través da TVG.

The Washington Post

The Washington Post é o maior e máis antigo xornal de Washington, D.C., a capital dos Estados Unidos. Gañou fama mundial a principios dos 70, pola súa investigación sobre o caso Watergate, conducida por Bob Woodward e Carl Bernstein, que desempeñou un papel importante na caída de Richard Nixon como presidente. É xeralmente considerado un dos mellores diarios estadounidenses, xunto co New York Times, coñecido pola súa reportaxe xeral e cobertura internacional, e o Wall Street Journal, famoso no eido financeiro. O Post distinguiuse polas súas reportaxes sobre a Casa Branca, o Congreso, e outros aspectos do goberno estadounidense.

Por outra banda, a diferenza doTimes e o Journal, o Post vese a si mesmo como un xornal estritamente rexional, e non imprime unha edición nacional para distribución máis aló da Costa leste de os Estados Unidos. A maior parte dos seus lectores son do Distrito de Columbia, xunto cos suburbios adiñeirados de Maryland e Virxinia.

A súa circulación diaria media, segundo datos de marzo de 2013, era de 474 767 e de 838 014 os domingos, o que o coloca no oitavo lugar dos xornais estadounidenses, detrás do Wall Street Journal, New York Times, USA Today, Los Angeles Times, San Jose Mercury News, Daily News e New York Post. Mentres que a súa circulación (como a de todos os diarios) foi en caída lenta, ten unha das taxas de penetración de mercado máis altas de todos os diarios metropolitanos.

Tódolos homes do presidente

Tódolos homes do presidente (en inglés: All the President's Men) é un filme estadounidense de 1976 dirixido por Alan J. Pakula e protagonizado por Robert Redford, Dustin Hoffman, Jack Warden, Jason Robards, Martin Balsam, Hal Holbrook e Jane Alexander nos papeis principais.

Baseada no libro homónimo de Bob Woodward e Carl Bernstein publicado en 1974, relata a historia da investigación xornalística que conduciuo ao famoso "escándalo Watergate", que obrigou a Richard Nixon a dimitir como presidente dos Estados Unidos de América.

En 2010 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry.

Foi emitido na TVG o 20 de marzo de 1992.

Watergate

O Watergate foi un escándalo político que supuxo unha crise constitucional nos anos setenta nos Estados Unidos de América. O escándalo tomou o nome do hotel de Washington, D.C. sede do comité electoral demócrata, no que tivo lugar un roubo de documentos e concluíu coa dimisión do presidente Richard Nixon.

En 1972 o partido demócrata establece nel a súa sede de preparación para as eleccións a presidente. Lidera esta operación o senador McGovern, que está oposto ao apoio de Estados Unidos de América á guerra de Vietnam. Richard Nixon presidente en función anda mal de popularidade e para enfrontarse á campaña electoral utilizou métodos ilegais. Neste contexto o edificio foi o escenario dun episodio de espionaxe. Aínda que algúns elementos non quedasen aclarados, a consecuencia do escándalo foi a dimisión de Nixon e a limitación de poderes do executivo: de aí en diante o senado puido vixiar ao FBI, a CIA, e a empresas internacionais.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.