Ricardo Varela

Ricardo Jacinto Varela Sánchez, nado en Lugo o 26 de setembro de 1955, é un político galego.

Ricardo Varela
Nacemento26 de setembro de 1955
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico

Traxectoria

Diplomado en Relacións Laborais pola Universidade da Coruña traballa de funcionario no Concello de Lugo. Ocupa a secretaría de organización do PSdeG-PSOE desde o ano 2004 e é membro do Comité Federal do PSOE. Foi Conselleiro de Traballo durante o goberno bipartito de Emilio Pérez Touriño, de 2005 a 2009.

En 2011 presentouse ás eleccións xerais como número 1 do PSOE ao Senado e resultou elixido. Nas xerais de 2015 e nas de 2016 volveu ser elixido senador.

Predecesor:
Belén Prado
 Escudo de Galicia.svg
conselleiro de Traballo
 
2005-2009
Sucesor:
Beatriz Mato
7 de novembro

O 7 de novembro é o 311º día do ano do calendario gregoriano e 312º nos anos bisestos. Quedan 54 días para rematar o ano.

Beatriz Mato

Beatriz Mato Otero, nada en Barakaldo en 1965, é unha política galega do PPdeG.

Bipartito galego

O bipartito galego, tamén coñecido como goberno bipartito, foi unha forma de goberno en coalición da Xunta de Galicia durante o período comprendido entre o 2 de agosto de 2005 e o 16 de abril de 2009 entre o PSdeG-PSOE e o Bloque Nacionalista Galego, caracterizado polo repartimento entre ambas forzas políticas e mediante convenio dos diferentes organismos públicos administrativos que a compoñen.

A coalición de goberno entre socialistas e nacionalistas galegos foi posible tras coñecerse os resultados das eleccións autonómicas de xuño de 2005, que deron o seguinte resultado:

PPdG: 756.562 votos (45,81%) e 37 escanos

PSdeG-PSOE: 555.603 votos (33,64%) e 25 escanos

BNG: 311.954 votos (18,89%) e 13 escanos

Consellería de Traballo e Benestar

A consellería de Traballo e Benestar é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias en promoción do emprego, formación profesional e servizos sociais, o que inclúe dende garderías ata a asistencia a persoas dependentes ou a inmigración. A súa titular actual é Beatriz Mato.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2001

O 21 de outubro de 2001 celebráronse as sextas eleccións ao parlamento de Galicia. Cun censo de 2 567 656 electores, os votantes foron 1 544 687 (60,2 %), con 1 022 969 abstencionistas (39,8 %). O Partido Popular de Galicia gañou novamente por maioría absoluta, e conseguindo o nomeamento do seu candidato, Manuel Fraga Iribarne, como o presidente da Xunta. O PsdeG é superada por poucos votos como segunda forza política polo Bloque Nacionalista Galego, que non conseguiu aumentar o número de deputados nin de votos. Isto provocoulles unha crise que se saldaría coa dimisión de Xosé Manuel Beiras. O resta de partidos políticos seguiron sen obter representación parlamentaria.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2005

O 19 de xuño de 2005 celebráronse as sétimas eleccións ao Parlamento de Galicia. Tras elas, despois de dezaseis anos de goberno de Manuel Fraga, estableceuse un bipartito entre PSdeG-PSOE e o BNG.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009

As eleccións autonómicas de Galicia de 2009 foron as oitavas eleccións ao Parlamento de Galicia. Nestas eleccións parlamentarias foron convocados ás urnas 2 646 872 galegos, dos cales 335.452 (12,7%) residen no estranxeiro.

Eleccións xerais de España de 2011

As Eleccións xerais de 2011 en España foron convocadas para o 20 de novembro de 2011. Foron as undécimas eleccións xerais dende a recuperación da democracia en España.

Iván Puentes Rivera

Iván Puentes Rivera, nado en Perlío (Fene) o 17 de abril de 1980, é un político galego. Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas, Máster en Investigación en Comunicación e Doutorando en Comunicación pola Universidade de Vigo.

Traballou durante algo máis de tres anos como redactor das canles internacionais da Televisión de Galicia. Desde marzo de 2012, tras desempeñar labores de asesoramento na Deputación Provincial da Coruña e de ser Alcalde de Fene (A Coruña) traballa como investigador e profesor na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra) adscrito ao grupo de investigación "NECOM: Neurocomunicación, Publicidade e Política".

Lista de senadores galegos desde a Transición

Esta é unha Lista de senadores galegos desde a Transición española. Segundo a Constitución española, ás provincias correspóndelles 4 senadores e as Comunidades Autónomas nomearán un senador, máis outro por cada millón de habitantes (así, se Galicia ten máis de dous millóns de habitantes, terá 1+2 senadores). Xa que logo, Galicia ten asignados 16 senadores por elección directa e 3 por designación autonómica, o que fan un total de 19.

Trasluz (revista)

Trasluz, co subtítulo Lukus, é o nome dunha revista bilingüe en galego e castelán fundada na cidade de Lugo no ano 2008, coa vocación de pór en valor as riquezas da provincia luguesa a nivel paisaxístico, empresarial ou gastronómico, en palabras tanto de literatos como de políticos ou xornalistas. Até o momento teñen escrito nela persoeiros que van dende Ricardo Varela ou Fernando Blanco Álvarez até Darío Xohán Cabana ou Claudio Rodríguez Fer. Así, a editorial do primeiro número di o seguinte:

A edición da revista corre a cargo de Ernesto Sánchez Pombo e os números da mesma correpóndense coas estacións do ano, sendo o primeiro deles o do inverno de 2008.

Xosé Ramón Gómez Besteiro

Xosé Ramón Gómez Besteiro, nado en Lugo o 15 de novembro de 1967, é un avogado e político do PSdeG, foi o presidente da Deputación de Lugo dende 2007 ata 2015 e dende setembro de 2013 o secretario xeral do PSdeG, cargo do que tivo que dimitir ao ser imputado de varios delitos pola xuíza De Lara.

Álbum da Ciencia

O Álbum da Ciencia é un centro de documentación dixital en liña do Consello da Cultura Galega, que botou a andar no ano 2012.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.