Ricardo I de Inglaterra

Ricardo I de Inglaterra, nado en Oxford o 8 de setembro de 1157 e finado o 6 de abril de 1199,[1] foi rei de Inglaterra desde o 6 de xullo de 1189 ata a súa morte. Tamén foi duque de Normandía como Ricardo IV, de Aquitania e de Gascuña, señor de Irlanda e Chipre, conde de Anjou e de Nantes. Foi coñecido como Ricardo Corazón de León, grazas á súa boa reputación como líder militar e guerreiro.[2] Os musulmáns referíanse a el como Melek-Ric' ou Malek al-Inkitar (Rei de Inglaterra).[3]

Ricardo I de Inglaterra
Richard coeurdelion g
Nacemento8 de setembro de 1157
 Oxford
Falecemento6 de abril de 1199
 Châlus
CausaGangrena
SoterradoCatedral de Rouen
NacionalidadeReino de Inglaterra
Relixióncatolicismo
Ocupaciónpoeta, compositor e monarca
PaiHenrique II de Inglaterra
NaiLeonor de Aquitania
CónxuxeBerengária de Navarra
FillosPhilip of Cognac
IrmánsXoán I de Inglaterra, William Longespée, 3rd Earl of Salisbury, Geoffrey, Henrique o Rei Mozo, Godofredo II da Bretaña, Guilherme, Conde de Poitiers, Morgan, Leonor Plantagenet, Joana de Inglaterra, rainha da Sicília, Matilde de Inglaterra, Duquesa da Saxônia, Adelaida de Francia e María de Francia, condesa de Champagne
Richard I of England
Ricardo I de Inglaterra nun retrato do século XVII

Traxectoria

Infancia e mocidade

Ricardo foi o terceiro fillo home de Henrique II de Inglaterra e Leonor de Aquitania. Aínda que naceu no Palacio de Beaumont, en Oxford (Inglaterra) foi esencialmente francés, ó igual que a maior parte da familia real. Tras a separación dos seus pais permaneceu coa súa nai e recibiu o título de duque de Aquitania en 1168 e conde de Poitiers en 1172. Mentres, o seu irmán Henrique foi coroado como segundo rei de Inglaterra, ao servizo do seu pai.

Ricardo foi un home de moi boa educación. Escribiu poesía tanto en francés e occitano. Dicíase del que era moi atractivo, con cabelos rubios e loiros, ollos claros e complexión pálida, aínda que esta descrición debe tomarse con cautela ó non ser contemporánea nin por corresponder coa imaxe da súa efixie en Fontevraud. Aparentemente tiña unha estatura maior ca da media, pero dado que o seu corpo se perdeu durante a Revolución Francesa, non se coñece a súa estatura exacta.

Desde a mocidade pareceu mostrar habilidades políticas e militares destacadas e volveuse notorio póla súa valentía e cabaleirosidade, loitando fortemente para controlar as revoltas dos nobres no seu propio territorio. Como os seus irmáns, Ricardo desafiou á autoridade do seu pai constantemente e o seu sentido da responsabilidade volvíase cuestionable.

Revoltas contra Henrique II

Richard coeurdelion g
Ricardo Corazón de León

En 1161, o seu irmán Henrique foi coroado co-rei de Inglaterra xunto co seu pai, sendo ademais designado como Henrique II (1170-1183), pero os historiadores adoitan chamalo Henrique o Mozo para non confundilo co seu sobriño do mesmo nome Henrique III. En 1173, xunto cos seus irmáns Henrique e Godofredo, e apoiados polo rei Filipe II de Francia e a súa nai, rebelouse contra o seu pai, planeando destronalo e deixar ó seu irmán Henrique como único rei de Inglaterra. Neste primeiro enfrontamento, Henrique II saíu vitorioso e mandou encerrar a Leonor de Aquitania.

Henrique II invadiu Aquitania en dúas ocasións. Ós dezasete anos, Ricardo foi o último en manterse en contra do seu pai, finalmente negouse a loitar con el fronte a fronte e pediulle perdón. En 1174, Ricardo prestou xuramento de lealdade ó seu pai.

Entre 1181 e 1182, Ricardo enfrontou unha rebelión sobre a sucesión do condado de Angoulême. Os seus opositores foron onde Filipe II de Francia para pedirlle o seu apoio e a loita estendeuse cara Lemosín e Périgord. Ricardo foi acusado de crueldade contra os seus obxectivos. Porén, co apoio do seu pai e de Henrique o Mozo, tivo éxito sobre o vizconde Aimar V de Limoges e o conde Elie de Périgord.

Cando Ricardo sufocou a rebelión dos condes, volveu a desafiar o seu pai no trono. Entre 1180 e 1183 creceu a tensión entre Ricardo e o seu pai, como rei, Henrique II mandaba a Ricardo pagarlle homenaxe o seu irmán Henrique o Mozo, pero Ricardo negábase. Finalmente en 1183, Henrique o Mozo e Godofredo, duque de Bretaña, invadiron Aquitania nun intento de someter a Ricardo. O conflito tivo unha breve pausa cando en 1183 finou Henrique o Mozo. Pero Henrique II apresurouse para dar permiso ó seu fillo menor Xoán para invadir Aquitania. O finar Henrique o Mozo, Ricardo pasou a ser o herdeiro ó trono de Inglaterra, porén seguiu loitando contra o seu pai.

No 1187, Ricardo alíase con Filipe II de Francia, ó que Ricardo promete concederlle os seus dereitos sobre Normandía e Anjou. En 1188, Henrique II planea darlle Aquitania ó seu fillo Xoán. Un ano máis tarde, Ricardo trata de tomar o trono de Inglaterra para si mesmo. O 4 de xullo de 1189 as forzas de Ricardo e Filipe derrotaron ó exército de Henrique en Ballans.

Henrique, co consentimento de Xoán, acorda nomear a Ricardo como sucesor. O 6 de xullo, Henrique II de Inglaterra finou en Chinon e Ricardo converteuse en rei de Inglaterra, duque de Normandía e conde de Anjou. Roger de Hoveden afirma que o corpo de Henrique sangrou pola nariz en presenza de Ricardo, o que se tomou como un sinal de que Ricardo fóra o que causou a súa morte. Finalmente foi coroado como duque o 20 de xullo e como rei na Abadía de Westminster, en Londres, o 3 de setembro.

Rei de Inglaterra

Richard1TombFntrvd
Tumba en Fontevraud.

Libre para perseguir os seus propios intereses, Ricardo non permaneceu moito tempo en Inglaterra. Inmediatamente despois da súa subida ao trono comezou a preparar a expedición á Terra Santa, que seria a Terceira Cruzada. Para tal propósito, acudiu ó tesouro do seu pai, cobrou novos impostos, vendeu títulos e cargos por cuantiosas sumas a quen quixese pagar e liberou o rei Guillerme I de Escocia do seus impostos de vasalaxe por 10,000 marcos. O único problema foi a constante ameaza que Filipe II de Francia representaba para os seus territorios continentais, e que Ricardo solucionou convencéndoo para que se unise tamén á cruzada.

A primeira parada dos cruzados foi en Sicilia cara 1190, onde Ricardo e Filipe se inminscuiron na política local, saqueando algunhas cidades do camiño. Foi neste momento cando Ricardo se gañou a inimizade do Sacro Imperio Romano Xermánico e nomeou o seu sobriño Arturo como o seu herdeiro. No 1191, Ricardo e o seu exército desembarcan en Chipre debido a unha tempestade. A presenza de tantos homes foi considerada unha ameaza polo líder bizantino da illa, e en breve xurdiron os conflitos. A resposta de Ricardo foi violenta: non só negouse a partir, senón que masacrou ós habitantes das cidades que se lle resistiran. Despois do cerco de Cantaras, Isaac Comneno abdicou e Ricardo fíxose co poder da illa. Foi tamén neste ano cando casou coa princesa Berenguela de Navarra.

En xuño de 1191, Ricardo chegou á Terra Santa a tempo de aliviar o cerco de Acre imposto por Saladino. Xa sen aliados, a causa dunha serie de problemas con Filipe de Francia e co duque Leopoldo V de Austria. A campaña foi todo un éxito e deulle o status de heroe. Mentres, a influencia do seu irmán Xoán en Inglaterra e de Filipe II, demasiado próximo a Aquitania e Normandía, obrigárono a volver a Europa.

Na viaxe de volta, Ricardo encontrouse con Leopoldo V de Austria, que aínda non lle perdoara os insultos recibidos en Chipre, foi feito prisioneiro e entregado ó emperador Henrique IV. O seu cativerio en Dürnstein, Austria, non foi moi duro e durante os catorce meses que estivo retido (de decembro de 1192 a febreiro de 1194) Ricardo continuou tendo acceso ós privilexios que determinaban a súa condición de rei. O seu rescate custou uns 150,000 marcos pagados do tesouro de Inglaterra, suma que dobraba ó dobre da renda anual da coroa, e que colocou ó país na bancarrota. Como proba de agradecemento a Deus pola súa liberación, Ricardo arrepentiuse publicamente dos seus pecados e foi coroado por segunda vez. A pesar dos esforzos de Inglaterra por liberalo, Ricardo abandonou de novo o país para combater por problemas fronteirizos con Francia para xa non volver máis.

Ricardo finou, cando atacaba o castelo de Châlus-Chabrol,[4] a consecuencia das feridas provocadas por unha frecha que o acadou no abdome en abril de 1199. De ter usado unha armadura ese día, non tería morto. O seu corpo foi sepultado na Abadía de Fontevraud, a carón de Henrique II e de Leonor de Aquitania.

Notas

  1. Meseguer, p. 100
  2. "Turner & Heiser 71"
  3. 'Maalouf' . Les Croisades vues par les Arabes. Editorial: J'ai lu. Autor: Amin Maalouf. Idioma: Francés. Ano: 1984. Páxinas 318. ISBN 2-290-11916-4. Parte: V. Número: XI. Capítulo: L'impossible rencontre
  4. Meseguer, p. 96

Véxase tamén

Bibliografía

  • Meseguer, Enrique. "La muerte de Ricardo Corazón de León". Historia. National Geographic (172): 88–103. ISSN 1696-7755.

Ligazóns externas

Predecesor:
Henrique II de Inglaterra
 Flag of England.svg
Rei de Inglaterra e Señor de Irlanda
 
1189 - 1199
Sucesor:
Xoán I de Inglaterra
6 de abril

O 6 de abril é o 96º día do ano do calendario gregoriano e o 97º nos anos bisestos. Quedan 269 días para finalizar o ano.

7 de setembro

O 7 de setembro é o 250º día do ano do calendario gregoriano e o 251º nos anos bisestos. Quedan 115 días para finalizar o ano.

8 de xuño

O 8 de xuño é o 159º día do ano do calendario gregoriano e o 160º nos anos bisestos. Quedan 206 días para finalizar o ano.

Anthony Hopkins

Philip Anthony Hopkins, nado en Port Talbot (Glamorgan) o 31 de decembro de 1937, é un actor de cinema, teatro e televisión galés. É coñecido polo gran público pola súa interpretación do asasino en serie Hannibal Lecter nos filmes O silencio dos cordeiros, a súa secuela Hannibal e a súa precuela Red Dragon. Gañou premios como o Oscar, o Emmy, o Globo de Ouro ou o BAFTA, entre outros.

Constanza da Bretaña

Constanza de Penthièvre (en bretón: Konstanza Penture, ou Konstanza Breizh), nada c. 1161 e finada o 5 de setembro de 1201, foi duquesa hereditaria da Bretaña entre 1166 e 1201, e a condesa hereditaria de Richmond entre 1171 e 1201. Constanza era a filla de Conan IV, duque da Bretaña e conde de Richmond, e da súa esposa Margarida de Huntingdon, condesa de Herford, irmá dos reis Malcolm IV e Guillerme I de Escocia.

Década de 1190

A década de 1190 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1190 e remata o 31 de decembro de 1199.

Escudo do Reino Unido

O Escudo Real do Reino Unido (en inglés Royal Coat of Arms of the United Kingdom). É o escudo de armas do monarca británico, actualmente Isabel II. Tamén é empregado como o brasón do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte.

Estados cruzados

Os Estados cruzados, tamén coñecidos como Outremer, foron uns Estados feudais, entre os séculos XII e XIII, creados polos cruzados de Europa Occidental en Asia Menor, Grecia e a Terra Santa, e durante as cruzadas bálticas no leste da rexión do Báltico. O nome tamén fai referencia a outras ganancias territoriais (moitas veces pequenas e de curta duración) feita polos reinos cristiáns medievais contra os adversarios musulmáns e pagáns.

Federico I, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Federico I, tamén coñecido como Federico Barbarroxa, nado en 1122 e finado en Anatolia en 1190, foi elixido rei de Alemaña o 4 de marzo de 1152 en sucesión do seu tío Conrado III, e coroado emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico en 1155.

Ademais, foi duque de Suabia (Federico III, 1147 - 1190).

Henrique II de Inglaterra

Henrique II de Plantegenet, nado o 5 de marzo de 1133 en Le Mans, Francia e finado o 6 de xullo de 1189 en Chinon, Francia, foi rei de Inglaterra, duque de Normandía e Aquitania e conde de Anjou.

Fillo primoxénito de Godofredo V de Anjou e da súa esposa Matilde de Inglaterra, foi o primeiro rei da dinastía Plantagenet.

Iain Glen

Iain Glen, nado o 24 de xuño de 1961 en Edimburgo, é un actor escocés de cinema, televisión e teatro. Glen é principalmente coñecido polos seus traballos nos filmes Resident Evil: Apocalypse e Resident Evil: Extinction. Recentemente destaca a súa participación na serie de televisión da HBO Game of Thrones, na que interpreta a Jorah Mormont.

Leopoldo V de Austria

Leopoldo V, nado en 1157 e finado o 31 de decembro de 1194, coñecido como o Virtuoso, foi duque de Austria da familia Babenberg entre 1177 e 1194 e duque de Estiria de 1192 a 1194.

Patrick Stewart

Sir Patrick Hewes Stewart, OBE, nado o 13 de xullo de 1940 en Mirfield, Yorkshire, é un actor británico de cinema e televisión, coñecido principalmente polo seus papeis en obras de teatro de William Shakespeare e especialmente por ser o capitán Jean-Luc Picard da saga de Star Trek: The Next Generation e o Profesor Charles Xavier nos filme de X-Men.

Robin Hood (filme de 1973)

Robin Hood é un filme de animación estadounidense dos estudios Disney dirixido por Wolfgang Reitherman e estreado en 1973.

Robin Hood (filme de 2010)

Robin Hood é un filme de 2010 dirixido por Ridley Scott. É un drma épico e bélico baseado na lenda de Robin Hood e está protagonizado por Russell Crowe, Cate Blanchett, William Hurt, Mark Strong, Mark Addy, Oscar Isaac, Danny Huston, Eileen Atkins e Max von Sydow. Foi estreado en 12 países o 12 de maio de 2010, incluíndo o Reino Unido e Irlanda e tamén foi o filme que abriu a edición de 2010 do Festival de Cinema de Cannes ese mesmo día. Foi estreado noutros 23 países o día seguinte, entre eles Australia, e en 17 países máis o 14 de maio de 2010, entre eles os Estados Unidos de América e o Canadá. O filme recibiu valoracións dispares e recadou máis de 320 millóns de dólares en todo o mundo.

Saladino

Ṣalāḥ ad-Dīn Yūsuf ibn Ayyūb (árabe: صلاح الدين يوسف بن أيوب; kurdo: سه‌لاحه‌دین ئه‌یوبی , Selahedînê Eyûbî), máis coñecido en occidente como Saladino, nado en Tikrit en 1138 e finado en 1193 en Damasco, foi un dos grandes gobernantes do mundo islámico, sendo sultán de Exipto, Siria, Palestina, así como de zonas de Arabia, Iemen, Libia e Mesopotamia.

Defensor do Islam e particularmente da ortodoxia relixiosa representada polo sunnismo, unificou política e relixiosamente o Oriente Próximo, combatendo os cristiáns e rematando con doutrinas afastadas do culto oficial representado polo Califato Abbasí. É particularmente coñecido por arrebatar a Terra Santa ós cruzados, devolvendo Xerusalén ós musulmáns e rematando co Reino de Xerusalén. O impacto deste acontecemento en Occidente provocou unha nova cruzada (a terceira) liderada polo famoso Ricardo I de Inglaterra, que se converteu en mítica.

Xoán I de Inglaterra

Xoán I de Inglaterra, nado o 24 de decembro de 1166 e finado 19 de outubro de 1216, tamén coñecido como Xoán sen Terra (en anglonormando: Johan sanz Terre), foi rei de Inglaterra desde o 6 de abril de 1199 ata a súa morte en 1216. Xoán perdeu o Ducado de Normandía fronte ao rei Filipe II de Francia, o que provocou a perda da maior parte do Imperio anxevino e o subsecuente aumento de poder da dinastía dos Capetos durante o século XIII. A revolta dos baróns ao final do reinado de Xoán levou á sinatura da Carta Magna, un documento que se considera ás veces o primeiro paso na evolución da constitución do Reino Unido.

Xoán foi o máis novo dos cinco fillos do rei Henrique II de Inglaterra e Leonor de Aquitania, e nun primeiro momento non se esperaba que herdase unha gran cantidade de terras. Trala errada revolta dos seus irmáns máis vellos entre 1173 e 1174, Xoán pasou a ser o favorito do rei. Recibiu en 1177 o Señorío de Irlanda así como unha gran cantidade de terras en Inglaterra e no continente. Os irmáns de Xoán, Guillerme, Henrique e Godofredo morreron novos; nese momento Ricardo I ascendeu ao trono en 1189, e Xoán pasou a ser o potencial herdeiro. Mentres o seu irmán Ricardo participaba na Terceira Cruzada, Xoán liderou un intento de rebelión contra o administrador real. Porén, trala morte de Ricardo en 1199, Xoán foi proclamado rei de Inglaterra e chegou a un acordo con Filipe II de Francia polo que o francés recoñecía as posesións continentais de Xoán polo tratado de Le Goulet do ano 1200.

A guerra con Francia estoupou de novo en 1202. Xoán obtivo varias vitorias, pero a escaseza de recursos militares e o seu trato aos nobres normandos, bretóns e de Anjou fixo que perdese as súas posesións do norte de Francia en 1204. Xoán pasou a maior parte da seguinte década tratando de recuperar esas terras, reformando o exército e refacendo as alianzas continentais. As reformas xudiciais de Xoán tiveron un importante impacto no sistema inglés da common law, así como un grande aumento dos ingresos. O rei foi excomungado en 1209 debido a unha disputa co papa Inocencio III, aínda que o problema se resolveu no 1213. Os intentos de Xoán de derrotar o rei de Francia en 1214 fracasaron debido á vitoria francesa sobre os aliados de Inglaterra na batalla de Bouvines. Cando regresou a Inglaterra, Xoán tivo que afrontar unha rebelión de moitos dos seus baróns, que estaban descontentos pola súa política fiscal e o seu trato á nobreza. Como resultado desta rebelión Xoán acordou asinar a Carta Magna en 1215, aínda que ningún dos dous bandos cumpriu coas condicións. A primeira guerra dos baróns estoupou pouco despois, coa axuda de Luís de Francia. Axiña a guerra entrou nunha situación de estancamento. Xoán morreu de disentería, durante a campaña no leste de Inglaterra en 1216; os partidarios do seu fillo Henrique lograron a vitoria sobre Luís e os baróns ao ano seguinte.

Os cronistas contemporáneos foron moi críticos coas actuacións de Xoán como rei, e o seu reinado foi obxecto de debate e revisión polos historiadores desde o século XVI. O historiador Jim Bradbury resumiu a opinión histórica actual das cualidades positivas de Xoán, observando que hoxe en día segue a ser considerado como un "bo administrador, un bo home e un bo xeneral". Porén, a historiografía moderna está de acordo en que tamén cometeu moitos erros como rei, incluíndo o que Ralph Turner describe como "unha personalidade de mal gusto, incluso perigosa", con trazos de crueldade. Estas cualidades negativas deron suficiente material á literatura da época vitoriana, e Xoán continúa sendo visto como un infame na cultura popular, principalmente por historias como a de Robin Hood.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.