Ribeiro (viño)

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ribeiro.
DO Ribeiro
Mapa da distribución da DOP Ribeiro
A Arnoia - Viñedos de ribeiro á beira do Miño - Galiza
Viñedos de ribeiro á beira do Miño, A Arnoia

Co nome xenérico de ribeiro coñécese a distintos tipos de viños, cultivados historicamente na comarca do Ribeiro. Na actualidade, o viño ten a súa propia denominación de orixe, que delimita zonas, tipos de uva e que promove a produción e a exportación da bebida.

Historia

A primeira fonte documental que menciona o viño do Ribeiro é o grego Estrabón (século II a.n.e.). Tamén está documentada a exportación do viño a Roma logo da conquista imperial. No século XI os monxes beneditinos (logo cistercienses) do mosteiro de San Clodio centralizaban a produción vitivinícola da comarca, e asentaron e definiron as variedades específicas[1]. O abade Paio González cita no século XII os labores de reimplantación do viñedo. Tamén impulsaron a produción de viño os monxes do mosteiro de Oseira (séculos XII e XIII), que aínda que afastados xeograficamente, mantiñan baixo o seu dominio distintas terras de cultivo e prioratos para a produción desta bebida.

Nos séculos XIV e XV, exportábase amplamente a Europa, aos reinos de Francia, Portugal, Inglaterra e italianos. O viño transportábase polo río Miño ata podelo embarcar. Hai constancia de que en 1592 se embarcaron no porto de Ferrol 127 pipas de ribeiro que custaron 190 reás.

A principios do século XIX e como consecuencia das guerras napoleónicas, os ingleses tiñan dificultade para mercar o viño de Bordeos, e decidiron investir na comarca. Pero o bispo de Tui prohibiu o comercio con Inglaterra por motivos relixiosos[2]. A esta prohibición da exportación ao Reino Unido sumóuselle en 1850 a infección de oídio, un fungo que en pouco tempo decimou os viñedos. En 1892 chegaron novas pragas, o mildio e a filoxera, co que se produciu unha substitución das variedades autóctonas (treixadura, torrontés, godello, loureira, albariño) por variedades máis resistentes e de peor calidade, fundamentalmente a palomino.

En 1932 é recoñecido como denominación de orixe. O Consello Regulador creouse en 1956 por unha orde ministerial que foi modificada xa varias veces, a última en 2004. Nos últimos anos do século XX a produción e a exportación de viño do ribeiro viviu unha revitalización.

Viños

O viño ribeiro pode ser tanto viño branco, viño tinto ou viño tostado.

As uvas que na actualidade admite a denominación de orixe son treixadura, torrontés, palomino, godello, macabeo, loureira, albariño, lado e albilla, para o viño branco; e caíño, sousón, ferrón, mencía, tempranillo, brancellao e garnacha, para o tinto.

Importancia cultural

O escritor Miguel de Cervantes, nas súas Novelas ejemplares, menciona[3] o viño do Ribeiro:

Refraneiro

Artigo principal: O viño na cultura popular galega.
  • O viño do Ribeiro fai andar ó mozo lixeiro.
  • O viño do Ribeiro ten sona de paroleiro.
  • Viño do Ribeiro, falangueiro e trouleiro.

Notas

  1. Historia do Ribeiro Web do Consello regulador da Denominación de orixe
  2. Ribeiro de cine (¿Pedro Almodóvar viticultor?), Soitu, 2/12/2008
  3. Miguel de Cervantes, El licenciado Vidriera, Wikisource:es

Véxase tamén

Outros artigos

Denominación de Orixe Ribeiro

A Denominación de Orixe Ribeiro é unha das cinco cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza. O viño que produce a zona coñécese internacionalmente como ribeiro.

Festa gastronómica

Unha festa gastronómica é un evento celebrado co gallo de exaltar un determinado produto ou grupo de produtos alimenticios. Algunhas delas están declaradas Festas de interese turístico de Galicia ou de Interese turístico nacional.

As festas gastronómicas foron fomentadas co réxime franquista tras pasaren os efectos de racionamento da guerra civil española, e mesmo se declararon algunhas de interese turístico nacional (a festa do pemento da Arnoia ou a festa do polbo do Carballiño). A Xunta de Galicia seguiu con esta política e popularizáronse festas coma a festa do cocido de Lalín.

Toponimia

Para a política de toponimia de Wikipedia, véxase Wikipedia:Toponimia.Toponimia é a división da onomástica que estuda os topónimos, nomes propios de lugares, a súa orixe e evolución; é considerada unha parte da lingüística, con fortes ligazóns coa historia, a arqueoloxía e a xeografía. Tamén se usa o vocábulo toponimia para referírmonos ao conxunto dos nomes dos lugares dun territorio concreto. A toponimia está constituída polos nomes de carácter xeográfico ou topográfico.

Viño branco

O viño branco é un tipo de viño elaborado a partir do mosto da uva, preferentemente branca, que se separa do bagazo ou bagaño para que non desprenda as substancias colorantes. Os viños brancos son famosos en Galicia sobre todo nas denominacións de orixe do Ribeiro, Valdeorras e Rías Baixas. Algunhas castes de uva como o albariño son as máis tradicionais na produción do viño branco.

Ten unha especial relevancia culinaria para engadir á cocción de carnes, peixes ou mariscos como os mexillóns. Recoméndase para acompañar nas comidas sobre todo peixes e mariscos cos que se toma normalmente fresco. Son normalmente viños novos, é dicir, viños que se consomen no mesmo ano en que foron producidos e que non se deixan envellecer.

Bebidas espirituosas
Carnes
Queixos e manteigas
Embutidos
Froitas
Hortalizas
Legumes
Mel
Peixes, moluscos e crustáceos
Panadería, pastelería, repostería
Viños

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.