Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra é unha zona que comprende as ribeiras do río Sil e do Miño, na zona sur da provincia de Lugo e norte da provincia de Ourense; a capital da cal acordouse que fose a cidade lucense de Monforte de Lemos.

O 5 de abril de 2019 foi aprobado polo Consello de Patrimonio Histórico do Ministerio de Cultura a súa candidatura a lista de Patrimonio da Humanidade da Unesco. A decisión tomaráse no 45º Comité de Patrimonio Mundial, no ano 2021.[1][2]

Ribeira Sacra. Río Sil. Lugo. Galiza
O río Sil ó seu paso pola Ribeira Sacra.

Orixe do nome

Mas Ribeira Sacra
O mosterio de Santa Cristina de Ribas de Sil no concello de Parada de Sil. É un dos numerosos exemplos de establecementos relixiosos de arquitectura románica, documentados dende o 876, presentes nesta rexión natural e que levaron a crer que esa era a orixe da denominación medieval da "Ribeira Sacra".[3]

O primeiro testemuño escrito que temos do topónimo é o documento fundacional do Mosteiro de Santa María de Montederramo, outorgado en Allariz, o 21 de agosto de 1124 por dona Teresa de Portugal. A nomenclatura popularízase co gallo da publicación, tradución e comentario do devandito documento polo historiador Fray Antonio de Yepes, que sinalou que o documento facía referencia á zona coma "Rivoira Sacra", traducindo coma "Ribeira Sacra", en referencia á gran cantidade de mosteiros existentes na zona.

O historiador Manuel Vidán Torreira puxo en dúbida esta tradución en 1987, coa publicación dunha serie de artigos en La Voz de Galicia e un traballo titulado "El roble sagrado de la Rivoira Sacrata". Vidán deriva "riboira/reboira/reboiro", e conclúe que Rivoira respondería denantes ó latino "robur, -oris" (Carballo) que a "riparia".[4] Porén, esta tese adquiriu máis relevancia grazas a outro historiador, Torquato de Souza Soares, quen, sometendo a estudo crítico o documento fundacional e publicándoo en facsímile, atopa un erro na transcrición de Fray Antonio de Yepes, e sinala que no documento pódese ler claramente "Rovoyra" e non "Riboira"; o que o aparta de "Ribeira" e podería ter o significado de Carballeira ("Robledal"), do latín "Rubus". Vidán xa nos pon co seu traballo en sintonía coa obra de James Frazer "A ponla dourada", onde se recollen as tradicións Celtas en torno ao carballo, árbore que tiñan por sagrada e gardiá do espírito da tribo, sendo as fragas de carballos lugares obxecto de veneración. Vidán tamén se refire ao propio topónimo de Montederramo como unha probable alusión ao visgo recollido polos druídas, para reforzar a visión da orixe deste topónimo antes como "Carballeira Sagrada" que como a xa establecida popular e turisticamente de (Ribeira Sacra).

Características

O nome de Ribeira Sacra probablemente vén da Idade Media, e nun principio pensouse que a denominación procedía do latín Rivoira Sacrata, e que podería ter a súa orixe na gran cantidade de mosteiros e templos que se construíran nos canóns e escarpadas abas típicas da comarca. Actualmente pódense visitar 18 mosteiros, entre os que cabe destacar:

CanondoSil
Canóns do Sil na Ribeira Sacra.

A Ribeira Sacra é especialmente coñecida polos seus tesouros naturais e biolóxicos, constituíndo un vastísimo ecosistema de gran variedade e riqueza. Son salientables os Canóns do Sil pola súa espectacular paisaxe. Esta é unha zona na que o río discorre encaixonado a través de paisaxes e montañas dunha gran beleza; os canóns dispoñen de miradores habilitados para admirar a súa impactante monumentalidade, así como dun catamarán aberto ao público que transita os canóns dun lado ao outro.

Ribeira Sacra, como denominación de orixe, é tamén coñecida pola calidade dos seus viños, que popularmente se coñecen na zona co nome xenérico de Mencía, debido a que son elaborados principalmente coa uva mencía, aínda que tamén se usa a uva Godello. As viñas, que se poden contemplar seguindo o curso do río, están dispostas nun sistema de chanzos de pedra, chamados socalcos, ao longo da ribeira, e datan da época romana.

Os romanos xa tiñan en grande aprecio estes caldos, que son afroitados e de gran presenza, ideais para tomar con carnes, e hai unha lenda que di que unha das variantes deste viño, o Amandi (procedente da zona do mesmo nome), facíaselle traer ao César desde a Gallaecia romanizada.

Notas

  1. "O Ministerio de Cultura aproba a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade". Sermos Galiza. 5 de abril de 2019.
  2. "La Ribeira Sacra ya es candidata a patrimonio de la humanidad". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de abril de 2019.
  3. "Historia do Mosteiro de Santa Cristina". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2007. Consultado o 17 de outubro de 2007.
  4. Xesús López Fernández Do nome da Ribeira Sacra. Xornal da USC

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Peroxa

A Peroxa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e parte da Ribeira Sacra. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.902 habitantes.

A Teixeira

A Teixeira é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Caldelas e que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o IGE no ano 2018 tiña 332 habitantes (167 homes e 165 mulleres) (551 en 2003), sendo este o segundo dos 4 concellos galegos que ten menos de 500 habitantes, xunto con Negueira de Muñiz, Larouco e Chandrexa de Queixa; a parte de ser un dos máis avellentados, cunha media de idade superior aos 60 anos.

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «teixeirés».

Chandrexa de Queixa

Chandrexa de Queixa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives e que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal, no ano 2018 tiña 466 habitantes (854 en 2003).

Chantada

Chantada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Chantada e á Ribeira Sacra. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 8.371 habitantes (8.897 no 2011,8.951 no 2010,9.249 no 2006, 9.366 no 2005, 9.463 no 2004, 9.650 no 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «chantadino» ou «chantadés».

Comarca da Terra de Trives

A comarca da Terra de Trives é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, na zona leste da Ribeira Sacra. A súa capital é A Pobra de Trives, pertencen a ela os concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río. A súa poboación era de 4.111 habitantes no 2017 e unha extensión de 431,71 quilómetros cadrados.

Denominación de Orixe Ribeira Sacra

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra é unha das cinco cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza. Os viñedos, cultivados en socalcos nas pendentes ladeiras dos ríos Miño e Sil, constitúen xa elas soas un atractivo turístico.

A D.O. Ribeira Sacra está dividida en 5 subzonas: Amandi, Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Sil-Ourense e Ribeiras do Miño. As variedades de uva usadas son:

Brancas preferentes: Albariño, Loureira, Treixadura, Godello, Dona Branca e Torrontés.

Tintas preferentes: Mencía, Brancellao, Merenzao, Tempranillo, Sousón e Caíño tinto.

Tintas autorizadas: Garnacha Tintorera e Mouratón.Os viñedos ocupan 1.242 hectáreas. As 95 adegas, que ocupan algo menos de 3.000 traballadores, producen máis de 2 millóns de litros anuais.

O amparo dos ríos achega un microclima á zona, que coa orientación sur das pronunciadas ladeiras favorecen a correcta maduración que as uvas necesitan para a elaboración duns caldos que en xa en época dos romanos eran descritos como Ouro líquido do Sil.

Esgos

Esgos é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal, en 2017 tiña 1.154 habitantes (1.318 en 2003).

Maceda

Maceda é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Allariz - Maceda e á Ribeira Sacra. Segundo o IGE en 2017 tiña 2.924 habitantes (3.262 en 2004, 3.307 en 2003).

Manzaneda

Manzaneda é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal (INE 2018) conta con 890 habitantes (435 homes e 455 mulleres) (1.150 en 2004).

Montederramo

Montederramo é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Terra de Caldelas e parte da Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal, en 2018 tiña 722 habitantes (1.188 en 2003), cunha poboación menor de 15 anos do 2,08%.

Nogueira de Ramuín

Nogueira de Ramuín é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal, en 2017 tiña 2.033 habitantes (2.565 en 2003).

O Pereiro de Aguiar

O Pereiro de Aguiar é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra. Segundo o IGE en 2017 tiña 6.228 habitantes (5.326 en 2003).

O Saviñao

O Saviñao é un concello da Provincia de Lugo, pertence á comarca da Terra de Lemos e á Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal, no ano 2017 tiña unha poboación de 3.832 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é saviñao .

Parada de Sil

Parada de Sil é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Caldelas e que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal en 2018 tiña 564 habitantes (808 en 2003).

Paradela

Paradela é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria, que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o INE a súa poboación no 2017 era de 1.851 habitantes (2.307 no 2006, 2.367 no 2005, 2.408 no 2004, 2.463 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «paradelense».

Quiroga

Quiroga é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal, en 2018 tiña 3.257 habitantes.

Rally Ribeira Sacra

O Rally Ribeira Sacra é unha proba de rally que se celebra anualmente dende 2012 nos arredores do concello de Nogueira de Ramuín (Ourense), organizada pola Escudería Luintra e é puntuable para o Campionato de Galicia de Rally.

Sober

Sober é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra de Lemos e parte da Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 2.301 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é soberés.

Viño

O viño é unha bebida alcohólica que se obtén da fermentación do zume de uva ou mosto que se obtén ó estrulla-la uva na prensa trala vendima e que é gardado en barrís. É habitual que o viño se denomine segundo a uva co que foi elaborado. Atendendo á súa cor, pode ser viño branco, tinto ou rosado. Os viños brancos acostuman usarse para acompañar os entrantes e o peixe; o tinto para acompañar a carne. Un bo viño é unha bebida selecta e o seu prezo pode ser astronómico. Adoita definirse a súa calidade en función do ano e do tipo de viño. Ademais de produto económico, o viño é un elemento social de primeira orde, coma o demostran as celebracións de festas gastronómicas ou vendimas.

Concellos da Ribeira Sacra

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.