Ribeira

Ribeira é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Segundo o IGE en 2014 tiña 27.565 habitantes (27.778 no 2012, 27.699 no 2011, 27.504 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribeirense».

Coordenadas: 42°33′36.82″N 8°59′35.69″O / 42.5602278, -8.9932472

Ribeira
Bandeira de Ribeira
---
Escudo de Ribeira
Casa concello Ribeira
Casa do concello.
Situacion Ribeira
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Barbanza
Poboación27.067 hab. (2018)
Área69,0 km²
Densidade392,28 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias
Capital do concelloSanta Uxía de Ribeira
Política (2019[2])
AlcaldeManuel Ruiz Rivas (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 9
PSdeG-PSOE: 2
Outros: Suma Ribeira 1, PBBI 7
Eleccións municipais en Ribeira
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes61,51%
Na rede
www.ribeira.gal
alcaldia@riveira.com

Xeografía

Situación

O concello de Ribeira ocupa o extremo da península do Barbanza, asomándose ás rías de Arousa e de Muros-Noia.

Orografía e hidrografía

A maior parte do territorio ocúpano as estribacións da serra do Barbanza, de cuxos 200 m. de alto baixan numerosos regatos encaixados en vales estreitos, como o de Artes.

Merece especial consideración o conxunto formado polo Complexo Dunar de Corrubedo e a Lagoa de Carregal e Vixán, declarado parque natural, e a illa de Sálvora, pertencente á parroquia de Aguiño e ó Parque nacional das Illas Atlánticas, en fronte da península do Grove (na península do Salnés).

Demografía

Censo total (habitantes) 27.565 (2014)
Menos de 16 anos 4.172 (15,13 %)
Entre 16 e 64 anos 18.118 (65,73 %)
Máis de 64 anos 5.275 (19,14 %)
Evolución da poboación de Ribeira   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
12.218 16.870 18.280 24.542 26.623 27.518 27.699 27.778 27.811 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Como en toda A Barbanza, abundan os restos megalíticos, entre os que cabe mencionar o dolmen de Axeitos. Da idade de bronce é a Pedra das Cabras, petróglifo situado a parroquia de Palmeira.

Da época castrexa destacan dous poboados: o castro do Monte da Cidá e mailo castro de Artes.

Os fomentadores cataláns que chegaron no século XVIII construíron fábricas de salgadura e no século XIX introducíronse as novas técnicas de conservación e envasado en folla de lata, co que as fábricas se reconverteron e deron lugar ás conserveiras actuais.

Cultura

Toponimia

Ribeira é palabra galega procedente do Latín RIPARIA, 'franxa de terra que está ao lado dun río, dun lago ou do mar'.[4] Esta forma documentase por vez primeira nun testamento dado en 1387: Item mando a Sta. Ougea de Ribeira hua libra de cera en huun frolal et outra libra de azeite.[5] As formas escritas con b son xerais para este topónimo até 1607,[6] cando se documenta a grafía Santa Eugenia de Riveira.[7] Desde ese momento, nas mencións (en castelán) a este porto e freguesía, altérnanse formas escritas con b, como no Diccionario Madoz,[8][9] e con v.

Por outra banda, Uxía é a evolución do galego antigo Ougia, á súa vez evolución do nome greco-latino Eugenia. A igrexa parroquial é citada por primeira vez en 1200, na forma Sancte Eugenie de Carraria: "de tota nostra hereditate quantam habemus in villa que uocatur Dayam in concurrencia Sancte Eugenie de Carraria que est in terra Pistomarchos".[10]

O pleno do concello aprobou[11] o 11 de novembro de 1984 unha moción para denominar o concello "Santa Uxía de Riveira", con v, previo informe do cronista oficial Carlos García Bayón, o concello basea nese acto a súa utilización da forma Riveira malia que a única forma oficial é Ribeira, tal como aprobou a Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia.

Festas e celebracións

Na cidade de Ribeira cobran especial importancia a festa da dorna e as festas do verán. A festa da Dorna ten lugar entre o 20 e o 24 de xullo. Nese tempo a xente agrúpase en peñas e levan a cabo todo tipo de actividades, como o "voo sen motor", a "regata de embarcacións feitas a machada" ou o "gran prix de carrilanas". Cómpre destacar que é unha festa que consta de "idioma propio". É unha festa desfrutada por todos, na que toda a cidade se bota á rúa con gañas de divertirse e gozar desta festa esperada por todos os habitantes.

Tamén teñen importancia as festas de agosto, onde as atraccións, barracas e tómbolas se apoderan dalgunhas rúas ribeirenses. Son amenizadas con orquestras e concertos de artistas tanto nacionais como internacionais.

Ribeira na literatura popular

Refraneiro
  • Os de Palmeira beben a caña pola cuncha da vieira [12].
  • Ronca Corrubedo, mariñeiro ponte quedo [13].
Cantigueiro
  • A criada do cura/ de Corrubedo,/ ao picar a verdura/ picou un dedo [14].
  • As rapazas de Ribeira/ cando se van a bañar/ o primeiriño que lavan/ é o pecado mortal [15].
  • ¡Canto limón pola tina,/ canto limón pola eira!/ Cantas fillas de María/ ten o cura de Palmeira [16].
  • Este ano hai moito millo,/ tamén hai moitos carozos./ As rapazas de Palmeira/ arrabean polos mozos [17].
  • Maio vaia quen che puxo/ Santa Uxía de Ribeira/ que che había de poñer/ acabador de Palmeira [18].
  • Marroguentos de Palmeira,/ pelados de Santa Euxía,/ para cantar e beilar/ vivan os da nosa Ría [19].
  • Marroguentos de Palmeira,/ pelados son os da Vila,/ para cantar e beilar/ vivan os de Santa Uxía [20].
  • Meu amor está en Palmeira,/ meu esprito en Santa Uxía/, meu corazón en Carreira,/ meu todo en Vilagarcía [21].
  • Os de Palmeira son tolos/ que o dixeron os da Puebla,/ repinican as campanas/ para matar a colebra [22].
  • Os do Maño son sapiños,/ os de Palmeira forzudos,/ os de Santa Uxía tolos/ e os de Carreira son mulos [23].
  • Ribeiriña, ribeiresa,/ anque che son de Ribeira,/ anque che son non me pesa [24].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Ribeira.
Imaxes varias do concello.
Imaxes varias do concello. 
Vista de Ribeira dende o monte de San Alberte
Vista de Ribeira dende o monte de San Alberte 
Vista de Ribeira dende San Roque (monte periurbano)
Vista de Ribeira dende San Roque (monte periurbano) 
Vista da cidade desde a entrada do porto
Vista da cidade desde a entrada do porto 
Porto
Porto 
Serra do Barbanza desde Ribeira
Serra do Barbanza desde Ribeira 
Praia do Vilar, na parroquia de Carreira
Praia do Vilar, na parroquia de Carreira 
Lagoa de Vixán, na parroquia de Carreira
Lagoa de Vixán, na parroquia de Carreira 

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ribeira.
  5. López Ferreiro, Antonio (1901). Colección Diplomática de Galicia Histórica. Santiago: Tipografía Galaica. p. 417.
  6. AGON. "A falacia da forma *Riveira". Consultado o 6 de agosto de 2012.
  7. del Hoyo, Jerónimo (1607). Memorias del arzobispado de Santiago.
  8. Madoz Ibáñez, P. (1847). "CASTIÑEIRAS". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) VI. Madrid. p. 194.
  9. Gaceta de Madrid de 13 de xullo de 1822
  10. Pérez Rodríguez, Francisco Javier (2004). Os documentos do tombo de Toxos Outos. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, Sección de Patrimonio Histórico. p. 654. ISBN 84-95415-82-8.
  11. Que fue de la v de Ribeira
  12. Clodio González Pérez, 142.
  13. Lino Lema Bouzas, 9.
  14. Álvaro das Casas, en Nós 94, 15.10.1931, 192.
  15. Fermín Bouza Brey 1929, 176 e 195.
  16. Fermín Bouza-Brey 1929, 175. No orixinal: pol-a.
  17. Fermín Bouza-Brey, 1929, 178. No orixinal: pol-os.
  18. Fermín Bouza-Brey 1929, 202. No orixinal: Santa Enxía [sic].
  19. Fermín Bouza-Brey 1929, 169. No orixinal: Santa Euxía. Bouza Brey explica que "Marroguentos" ten sentido despectivo describindo a aquel que ten tripas de polbo.
  20. Fermín Bouza-Brey 1929, 169. No orixinal: "Santa Euxía".
  21. Fermín Bouza-Brey 1929, 158. No orixinal: Sta. Euxía.
  22. Fermín Bouza-Brey 1929, 171. En nota explica a orixe desta cantiga, tomada de Os oestrimnios..., de Cuevillas.
  23. O Xobre (ou O Maño) é parroquia da Pobra do Caramiñal; Palmeira, Santa Uxía e Carreira, son de Ribeira. No orixinal: os de O Maño, Santa Euxía. Fermín Bouza-Brey 1929, 169.
  24. Fermín Bouza-Brey: Paradela, en Nós 90, 15.06.1931, 108.

Véxase tamén

Bibliografía

  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
  • Fermín Bouza-Brey (colector): "Literatura popular da parroquia de Paradela, concello da Estrada, na terra da Ulla", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós.
  • CASAS, Álvaro das (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 1931.
  • GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio: “O refraneiro do mar”, en Coloquio de etnografía marítima, cap. 12. Museo do Pobo Galego 1988, 137-147.
  • LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Ribeira, Cervantes

San Martín da Ribeira é unha parroquia que se localiza no concello de Cervantes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 128 habitantes (68 homes e 60 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 142 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 83 habitantes, sendo 48 homes e 35 mulleres.

Aguiño, Ribeira

Nosa Señora do Carme de Aguiño é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ribeira. Segundo o IGE en 2013 tiña 2.934 habitantes (1.472 mulleres e 1.462 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, 7 máis que o ano anterior.

A esta parroquia pertence a illa de Sálvora.

Artes, Ribeira

San Xián de Artes é unha parroquia situada no suroeste da península do Barbanza, administrativamente depende do concello de Ribeira. Segundo o IGE en 2015 tiña 812 habitantes (422 mulleres e 390 homes). A poboación distribúese en 17 lugares, cunha superficie de 7,6 km².

Carreira, Ribeira

San Paio de Carreira é unha parroquia do concello coruñés de Ribeira, na comarca do Barbanza. Ten unha superficie de 9,5 km². Segundo o IGE no ano 2007 tiña 2.211 habitantes (1.072 homes e 1.139 mulleres), 37 máis có ano anterior.

Forma parte do Arciprestado de Postmarcos de Abaixo, da Arquidiocese de Santiago de Compostela. Entre os anos 1820 e 1835 a parroquia foi constituída como Concello Constitucional, integrándose no de Ribeira logo da reforma administrativa do ano 1833, vixente na actualidade.

Castiñeiras, Ribeira

O Bo Pastor de Castiñeiras é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ribeira. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.484 habitantes (775 mulleres e 709 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.500 habitantes.

Nesta parroquia está a praia da Ameixida.

Chantada

Chantada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Chantada e á Ribeira Sacra. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 8.371 habitantes (8.897 no 2011,8.951 no 2010,9.249 no 2006, 9.366 no 2005, 9.463 no 2004, 9.650 no 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «chantadino» ou «chantadés».

Comarca da Barbanza

A comarca da Barbanza é unha das comarcas oficiais de Galicia, localízase no oeste da provincia da Coruña e a súa capital é Ribeira[Cómpre referencia]. Pertencen a ela os seguintes concellos: Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira. Ten unha superficie de 244,2 km² e no ano 2014 tiña 67.776 habitantes.

Comarca de Meira

A comarca de Meira é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Meira. A esta comarca pertencen os concellos de Meira, Pol, Ribeira de Piquín e Riotorto.

Corrubedo, Ribeira

Santa María de Corrubedo é unha parroquia do concello coruñés de Ribeira na comarca do Barbanza. Segundo o IGE no ano 2007 tiña 768 habitantes (388 homes e 380 mulleres), 5 máis que o ano anterior. Até 1928 pertenceu á parroquia de Olveira.

Nela sitúase o cabo de Corrubedo e unha pequena parte do parque natural complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, que inclúe as dunas de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán, que comparte coas parroquias estremeiras de Olveira, Artes e Carreira.

Este parque natural é un sistema de praia-barreira. Logo dun extenso areeiro que conforma a praia, sitúanse as dunas e, tras delas, a lagoa de Carregal e marismas.

Oleiros, Ribeira

San Martiño de Oleiros é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Ribeira. Segundo o IGE en 2013 tiña 995 habitantes (514 mulleres e 481 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.141 habitantes.

Olveira, Ribeira

Santa María de Olveira é unha parroquia situada no oeste do concello de Ribeira. Segundo IGE no 2008 tiña 1.228 habitantes (624 mulleres e 604 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación dos que nove están habitados. Isto supón un aumento en relación ao ano anterior cando tiña 1.218 habitantes.

Palmeira, Ribeira

San Pedro de Palmeira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Ribeira. Segundo o IGE en 2013 tiña 2.694 habitantes (1.382 mulleres e 1.312 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.905 habitantes.

No lugar de Figueirido está a Pedra das Cabras, petróglifo da idade de bronce.

Quiroga

Quiroga é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal, en 2018 tiña 3.257 habitantes.

Ribeira, A Estrada

Santa Mariña de Ribeira é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2013 tiña 298 habitantes (140 homes e 158 mulleres), distribuídos en 11 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 314 habitantes.

Ribeira, Ribeira

Santa Uxía de Ribeira é unha parroquia pertencente ao Concello de Ribeira na Comarca do Barbanza (A Coruña). Segundo o IGE en 2013 tiña 14.823 habitantes (7.433 mulleres e 7.390 homes) distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón un aumenton en relación ao ano 1999 cando tiña 12.770 habitantes.

Ribeira de Piquín

Ribeira de Piquín é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Meira. Segundo o IGE en 2015 tiña 580 habitantes (664 no 2010, 771 no 2006, 785 no 2005, 810 no 2004, 827 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribeirego».

Sober

Sober é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra de Lemos e parte da Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 2.301 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é soberés.

Viño

O viño é unha bebida alcohólica que se obtén da fermentación do zume de uva ou mosto que se obtén ó estrulla-la uva na prensa trala vendima e que é gardado en barrís. É habitual que o viño se denomine segundo a uva co que foi elaborado. Atendendo á súa cor, pode ser viño branco, tinto ou rosado. Os viños brancos acostuman usarse para acompañar os entrantes e o peixe; o tinto para acompañar a carne. Un bo viño é unha bebida selecta e o seu prezo pode ser astronómico. Adoita definirse a súa calidade en función do ano e do tipo de viño. Ademais de produto económico, o viño é un elemento social de primeira orde, coma o demostran as celebracións de festas gastronómicas ou vendimas.

Xosé Ramón Barreiro

Xosé Ramón Barreiro Fernández, nado en Ribeira o 2 de decembro de 1936, é un historiador galego e foi o presidente da Real Academia Galega entre 2001 e 2009.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.