Ribadumia

Ribadumia é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2015 tiña 5.087 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribadumiense».

Coordenadas: 42°30′11.50″N 08°46′3.30″O / 42.5031944, -8.7675833

Ribadumia
Escudo de Ribadumia
Ribadumia, Barrantes, A Escusa 08-01b
Casa do concello.
Situacion Ribadumia
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Salnés
Poboación5.069 hab. (2018)
Área19,7 km²
Densidade257,31 hab./km²
Entidades de poboación34
Capital do concelloRibadumia
Política (2019[2])
AlcaldeDavid Castro Mougán (Independientes por Ribadumia[3])
Concelleiros
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 1
Outros: IR 8, Somos Ribadumia 1
Eleccións municipais en Ribadumia
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes67,56%
Na rede
http://www.ribadumia.org/

Xeografía

En consonancia coas terras que o rodean, o relevo de Ribadumia caracterízase polo dominio da planicie, unicamente alterada en áreas montañosas, de baixa altitude. O termo incluído no val do Salnés, debe a súa orixe á combinación dunha dobre influencia tectónica e a erosión diferencial. Desta forma pódense distinguir dous bloques constitutivos fundamentais: o val do Umia e unha serie de montes que, con dirección de nordeste a suroeste, define o interfluvio deste río con Fonte Espiña, con pendentes pouco pronunciadas.

Demografía

Os censos rexistrados dende 1900 ata a actualidade ratifican o crecemento experimentado por Ribadumia. A poboación que sinala o último padrón municipal (2015) ascende a 5.087 persoas, cun aumento moi significativo respecto ós 3.057 que había a comezos do século XX. A evolución, lenta pero positiva, dos seus efectivos foi case constante, coa excepción daqueles momentos nos que a emigración lle afectou á maior parte do rural galego. Neste censo, non se notaron tanto os efectos das primeiras vagas con rumbo a ultramar como os daquelas que tiveron como destino as cidades máis industrializadas do ámbito galego, español e europeo. Precisamente a elas corresponden as inflexións rexistradas nos períodos 1900-10 (de 1.057 a 1.006), 1950-60 (de 3.697 a 3.441) e 1981-91 (de 4027 a 3656), aínda que esta última é maiormente atribuíble á redución da natalidade.

O crecemento natural, que era do 0,56% en 1987, comezou a cambiar de signo a finais dos 80, camiño da cifra que sitúa este indicador cun símbolo negativo (-0,22%)

Censo total 5.087 (2015)
Menores de 15 anos 843 (16.57 %)
Entre 15 e 64 anos 3.228 (63.45 %)
Maiores de 65 anos 1.016 (19.97 %)

Patrimonio

Pazos

O pazo de Barrantes é unha casa grande, construída orixinariamente entre finais do século XV e comezos do XVI, e que sufriu dous procesos de reconstrución. Na súa leira hai un grande hórreo e unha capela.

O pazo da Pedreira foi construído durante a segunda metade do século XV, e tamén sufriu varias reformas. Na fachada principal hai unha imaxe da Virxe da Anunciación. Tamén ten capela.

O pazo do Monte foi construído no século XVIII, e na actualidade está abandonado. Tamén ten capela de seu.

O pazo Quinteiro da Cruz é orixinario de finais do século XVIII. Ten un xardín de estilo inglés con gran diversidade ornamental e áreas de produción vitivinícola. A leira conta con fontes, cruceiros, piornos, reloxos de sol e un lavadoiro.

Igrexas

A igrexa de San André de Barrantes, orixinaria de comezos do século XIII, conserva algún elemento románico, pero sufriu unha importante remodelación na época barroca.

A igrexa de Santa María de Besomaño, tamén de orixe románica, foi reconstruída no século XVIII.

A igrexa de San Xoán de Leiro conserva unha fiestra con arco de ferradura do período prerrománico. Foi remodelada no século XVIII.

A igrexa de San Fiz de Lois ten a súa orixe no século XII, pero foi reconstruída no século XVIII.

A igrexa de Santa Baia de Ribadumia, de orixe románica, foi remodelada a comezos do século XIX.

A igrexa de San Clemezo de Sisán, construída no século XVI, foi ampliada e remodelada no século XVII.

Festas

Tinto Salnés
Celebración do tinto do Salnés, 2011.

Desde 1972 celébrase a festa do viño tinto do Salnés. Desde 2002 celébrase no mes de agosto, a festa do pan do Salnés.

Deporte

O Ribadumia Club de Fútbol fundouse en 1959, e na tempada 2014-15 competiu en terceira división.

No ano 2006 celebrouse no concello o Campionato de España de Ciclocross.

Ribadumia na cultura popular galega

  • Indo para Santa Baia,/ formigueiro de formigas,/ vindo para San Martiño/ ¡ai que lindas raparigas! [5].
  • San Vicente de Padrenda/ ten unha rosa na man/ que lla mandou de regalo/ San Clemenzo de Sisán [6].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Ribadumia.
Ribadumia, Barrantes, A Escusa 01-03

Placa altimétrica de Ribadumia

Escola infantíl de Sisán (Meaño) (data 23-09-2008, hora 18-26-29)

Escola infantil de Sisán (Meaño)

Besomaño

Igrexa parroquial de Santa María de Besomaño

Lugares de Ribadumia

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ribadumia vexa: Lugares de Ribadumia.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultado eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Ribadumia". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Fermín Bouza-Brey 1929, 172. As parroquias de San Martiño de Meis e de Santa Baia de Ribadumia son estremeiras.
  6. Fermín Bouza-Brey 1929, 183. Padrenda é parroquia de Meaño pero con advocación a San Martiño. San Clemenzo de Sisán é parroquia de Ribadumia.

Véxase tamén

Bibliografía

  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Bouza Martín, Ribadumia, Ribadumia

A Bouza Martín é un lugar da parroquia de Ribadumia no concello pontevedrés de Ribadumia, na comarca do Salnés, segundo consta no Nomenclátor de Galicia . Non obstante, o IGE non rexistra habitantes neste lugar no censo de 2016 , polo que non se poden achegar datos da súa poboación.

A Fonteiriña, Ribadumia, Ribadumia

A Fonteiriña é un lugar da parroquia de Ribadumia no concello pontevedrés de Ribadumia, na comarca do Salnés, segundo consta no Nomenclátor de Galicia . Non obstante, o IGE non rexistra habitantes neste lugar no censo de 2016 , polo que non se poden achegar datos da súa poboación.

Barrantes, Ribadumia

Santo André de Barrantes é unha parroquia que se localiza no concello de Ribadumia. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 1 586 habitantes (814 mulleres e 772 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento consecutivo en relación ós anos 2015, cando tiña 1 498 habitantes, e 2005, cando eran 1 137 veciños.

Na parroquia celébrase desde 1973 a Festa do viño tinto do Salnés.

Besomaño, Ribadumia

Santa María de Besomaño é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ribadumia. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 147 habitantes (68 mulleres e 79 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un descenso respecto ós anos 2010, cando tiña 173 veciños, e 2005, cando eran 197

Nesta parroquia están os restos do poboado castrexo de Monte do Castro, habitado entre o século III ANE e o século I.

Cambados

Cambados é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2015 tiña 13.895 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cambadés.

Limita cos concellos de Vilanova de Arousa, Ribadumia, Meaño e co océano Atlántico.

Casaldarnos, Ribadumia, Ribadumia

Casaldarnos é un lugar da parroquia de Ribadumia no concello pontevedrés de Ribadumia, na comarca do Salnés, segundo consta no Nomenclátor de Galicia . Non obstante, o IGE non rexistra habitantes neste lugar no censo de 2016 , polo que non se poden achegar datos da súa poboación.

Comarca do Salnés

A comarca do Salnés é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vilagarcía de Arousa á cal pertencen os concellos de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Constitúe un dos máis importantes enclaves turísticos de Galiza. Con poucas palabras, está comprendido entre a ría de Arousa polo norte e a ría de Pontevedra polo sur, formando parte das denominadas Rías Baixas.

Recibe este nome polas antigas salinas que existían na desembocadura do río Umia. No Parochiale suevorum do século VI faise mención á Comarca Saliniense. Fontes históricas apuntan á existencia de conflitos relacionados coas salinas localizadas en diferentes puntos da comarca, concretamente nas freguesías de Nogueira, Vilalonga, Noalla e Dena, actualmente pertencentes aos concellos de Meis, Sanxenxo e Meaño.

Lede, Lois, Ribadumia

Lede é un lugar da parroquia de Lois no concello pontevedrés de Ribadumia, na comarca do Salnés, segundo consta no Nomenclátor de Galicia . Non obstante, o IGE non rexistra habitantes neste lugar no censo de 2016 , polo que non se poden achegar datos da súa poboación.

Leiro, Ribadumia

San Xoán de Leiro é unha parroquia que se localiza no concello de Ribadumia. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 554 habitantes (279 homes e 275 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un descenso respecto ós anos 2010, cando tiña 595 habitantes, e 2005, cando eran 603.

Lois, Ribadumia

San Fins de Lois é unha parroquia que se localiza no concello de Ribadumia na comarca do Salnés. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 466 habitantes (237 homes e 229 mulleres), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que representa un descen so respecto ós anos 2010, cando tiña 497 habitantes, e 2005, cando eran 473.

O Couto de Arriba, Barrantes, Ribadumia

O Couto de Arriba é un lugar da parroquia de Barrantes no concello pontevedrés de Ribadumia, na comarca do Salnés. Tiña 230 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, dos que 115 eran mulleres e 115 homes, o que representa un descenso continuado respecto ós anos 2010, cando tiña 263 veciños, e 2005, cando eran 264.

O Cruceiro Vello, Ribadumia, Ribadumia

O Cruceiro Vello é un lugar da parroquia de Ribadumia no concello pontevedrés de Ribadumia, na comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2016 tiña 194 habitantes (95 mulleres e 99 homes), 7 menos ca en 2010 e 19 máis ca en 2005.

Padrenda, Meaño

San Martiño de Padrenda é unha parroquia que se localiza ao norte do concello de Meaño, lindando con Cambados e Ribadumia. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 448 habitantes (238 mulleres e 210 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un retroceso respecto ós anos 2010, cando tiña 467 veciños, e 2005, cando eran 480. Ten unha superficie de 2,18 km².

Preferente Galicia

A Preferente Galicia é a quinta categoría de fútbol de Galicia. É a división inmediatamente inferior á Terceira División e por encima da Primeira Galicia. É unha categoría non profesional e a súa organización corre a cargo da Federación Galega de Fútbol. Anteriormente coñeceuse como Serie A Rexional e despois como Rexional Preferente e Preferente Autonómica.

Provincia de Pontevedra

Pontevedra é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. Limita ao norte coa provincia da Coruña, ao leste coa provincia de Ourense e a provincia de Lugo, ao sur con Portugal e ao oeste co océano Atlántico. A súa capital é a cidade de Pontevedra, con 82.539 habitantes en 2015, sendo Vigo a súa maior cidade cunha poboación de 294.098 habitantes (2015). É provincia máis pequena e a segunda máis poboada de Galicia trala da Coruña.

Ribadumia, Ribadumia

Santa Baia de Ribadumia é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ribadumia. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 1667 habitantes (883 mulleres e 784 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento respecto ós anos 2010, cando tiña 1540 habitantes, e 2005, cando eran 1196.

Esta parroquia dálle nome ao concello, se ben a capital municipal sitúase na vila de Barrantes.

Ribadumia Club de Fútbol

O Ribadumia Club de Fútbol é un club galego de fútbol que naceu en 1959 en Ribadumia. Na actualidade compite na Terceira División, logo de ascender na tempada 2013–14.

Na tempada 2014/15 o equipo decide formar un filial formado para que os canteirans teñan a posibilidade de formarse no "Ribadumia B".

Este filial xoga na Terceira Autonómica Grupo 15.

Río Umia

O río Umia nace na parroquia de Aciveiro (Forcarei), e percorre os concellos da Estrada, Cuntis, Moraña, Caldas de Reis, Portas, Meis, Vilanova de Arousa, Ribadumia e Cambados creando unha bacía de 404 km². Finalmente, desemboca na ría de Arousa na Ponte da Barca (Cambados). Estímase unha lonxitude total de 70 km e un caudal medio de 16,3 m3.

Sisán, Ribadumia

San Clemenzo de Sisán é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ribadumia. Segundo o IGE, en 2016 tiña 685 habitantes (340 mulleres e 345 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un descenso respecto ós anos 2010, cando tiña 725 habitantes, e 2005, cando eran 711.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.