Ribadavia

Ribadavia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2018 tiña 5.028 habitantes (5.540 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é ribadaviense.

Coordenadas: 42°17′19″N 08°08′30″O / 42.28861, -8.14167

Ribadavia
Escudo de Ribadavia
Casa do Concello.
Ponte de San Francisco.
Casa do Concello e Vista de Ribadavia e do río Avia
Situacion Ribadavia
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca do Ribeiro
Poboación5.028 hab. (2018)
Área25,2 km²
Densidade199,52 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias
Capital do concelloRibadavia
Política (2019[2])
AlcaldeCésar Manuel Fernández Gil (PPdeG[3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 4
Outros: Ribeiro en Común 3
Eleccións municipais en Ribadavia
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes46,76%
Na rede
http://www.ribadavia.es/
info@ribadavia.es

Poboación

Censo total 5.028 (2018)
Menores de 15 anos 542 (10.78 %)
Entre 15 e 64 anos 3.031 (60.28 %)
Maiores de 65 anos 1.455 (28.93 %)
Evolución da poboación de Ribadavia   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4.788 6.341 7.369 7.050 5.510 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Está atravesada polo río Avia, pouco antes da súa desembocadura no río Miño, entre a serra do Faro e a serra do Suído. Pode chegarse alí a través da N-120 e a A-52.

Historia

A zona xa era poboada na época castrexa. Coa chegada dos romanos proseguiu o aproveitamento mineral (especialmente do ouro) e das augas termais. Segundo Estrabón a mediados do século II xa se elaboraba viño do Ribeiro[5]. Posiblemente se corresponda coa poboación romana de Abobrica.

A rexión foi asolada no 754 polas tropas de Abdul-Azis e conquistada no 793 por Abdul-Malek, sendo máis tarde reconquistada por Afonso II. Durante a Idade Media foi coñecida como Rippa Avie. Foi capital do Reino de Galicia entre os anos 1065 e 1071, durante o reinado do rei Don García.[6] No século XII aumentou o poder económico da vila, o que derivou nun aumento demográfico. Este auxe coincidiu co dos mosteiros de San Clodio de Leiro, Melón e Oseira e da encomenda da Orde de Malta en Beade. Fernando II concedeulle en 1164 o foro de cidade, entón chamada Bobou, e entregouna a Xoán Arias[7] da Casa de Traba

Na vila prosperou unha comunidade xudía na zona da Porta Nova, que traballaban de comerciantes e artesáns. O Barrio Xudeu conserva aínda as súas características propias, sendo declarado monumento nacional.

En 1375 Henrique II de Castela nomeou a Pedro Ruiz Sarmiento señor de Ribadavia e Adiantado Maior do Reino de Galicia polo seu apoio na guerra dinástica contra o seu medio irmán Pedro I. Así perdeu o status de vila reguenga e iniciouse o señorío dos Sarmiento. En 1386 foi asediada durante nove meses polas tropas do duque de Lancaster, tralo cal foi invadida. o conflito quedou liquidado tralo acordo de Baiona (1388).

A partir do século XIV comezou a comercializarase o viño a través do porto de Pontevedra cara ao estranxeiro: Francia, Portugal, Italia e especialmente Inglaterra. En 1476 os Reis Católicos concederon o condado de Ribadavia a Bernardino Pérez Sarmiento pola axuda na guerra contra Xoana a Beltranexa e o seu aliado Pedro Madruga. En 1494 os mesmos reis expulsaron os xudeus dos seus reinos. En Galiza non houbo pogroms ao se converteren os hebreos ou fuxiren ao reino de Portugal durante as visitas da Inquisición.

En 1840 formouse a banda de música da vila, La Lira de Ribadavia, considerada a máis antiga de Galiza. En 1853 a praga do oídio minguou as vides, e en 1892 foron o mildio e a filoxera. Isto provocou que as variedades autóctonas da planta desen lugar a outras máis fortes pero de menor calidade.

Durante a guerra carlista, houbo enfrontamentos na comarca entre a banda de Mateo Guillade e as tropas da milicia nacional. Durante a revolución de 1868 estaba de rexedor local Cesáreo Rivera Abraldes, primeiro alcalde do sexenio democrático (1868-1873). Durante o seu mandato organizou unha milicia local de oito compañías para defenderse das partidas carlistas. Fundou a loxa masónica Luz de Avia, activa entre 1871 e 1894. O 4 de marzo de 1881 inaugurouse a estación de Ribadavia, a medio camiño entre Vigo e Ourense.

A comezos do século XX xermolou o asociacionismo agrarista, co fin de modernizar os cultivos e para derogar os foros existentes, destacando as asociacións de Ribadavia e San Paio. En Ventosela tivo lugar un mitin en 1920.

Tralo Alzamento Nacional o alcalde Benito Gallego Montero foi detido, xulgado e fusilado en Ourense. En 1943 o alcalde Tirso Sánchez Rey foi nomeado procurador en Cortes. O concello pertenceu até 1954 á diocese de Tui-Vigo[8], pasando nese ano á diocese de Ourense, xunto cos de Melón, Carballeda de Avia, Leiro, Beade e Padrenda[9]

Patrimonio histórico e artístico

Festas e eventos culturais

Ribadavia na literatura popular

Refraneiro
  • O viño do Avia ten forza, esprito e labia [10].
  • Pra bos viños, Ribadavia, e todo o Ribeiro de Avia [11].
Cantigueiro
  • O cantar do arrieiro/ é un cantar moi baixiño,/ cántase en Ribadavia,/ retumba no Carballiño [12].
  • O cantar dos arrieiros/ é un cantar moi delgadiño:/ cántano en Ribadavia,/ óuvese no Carballiño [13].
  • O cantar dos arrieiros/ é un cantar moi delgadiño:/ cántano en Ribadavia,/ resoa no Carballiño [13].
  • O cantar dos arrieiros/ é un cantar que namora:/ cántano en Ribadavia/ e resoa en Celanova [13].
  • Vinme triste en Ponteareas,/ e da Cañiza a Melón,/ mais cheguei a Ribadavia/ e ensanchouse o corazón.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Ribadavia.
Barrio xudeu. Ribadavia.Contorno da Madalena
Barrio xudeu. Ribadavia.Contorno da Madalena 
Conxunto Reitoral, Igrexa e Casal de Armán en Santo André de Campo Redondo.
Conxunto Reitoral, Igrexa e Casal de Armán en Santo André de Campo Redondo. 
MIT 2003.Teatro infantil na rúa. Praza Maior de Ribadavia
MIT 2003.Teatro infantil na rúa. Praza Maior de Ribadavia 
Ribadavia.Castelo nocturno
Ribadavia.Castelo nocturno 
Río Avia en Ribadavia
Río Avia en Ribadavia 
Ribadavia
Ribadavia 
Entrada auxiliar ao Castelo, co escudo dos Sarmiento
Entrada auxiliar ao Castelo, co escudo dos Sarmiento 
Castelo
Castelo 
Placa altimétrica na praza do concello.
Placa altimétrica na praza do concello. 

Lugares de Ribadavia

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ribadavia vexa: Lugares de Ribadavia.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 11 de xuño de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Ribadavia". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Historia do Ribeiro, en www.ribeiro.es.
  6. Salas Merino, Vicente. La Genealogía de Los Reyes de España. Visión Libros. p. 278. ISBN 9788499832654. [...] Galicia correspondió por herencia a su hijo menor, García I, que reinó entre 1065 hasta el 1071, estableciendo la capital del reino en Ribadavia [...]
  7. Los Arias de Galicia y sus relaciones familiares con Fernando II de León y Alfonso I de Portugal, "Bracara Augusta", Tomo XX ano 1966 P 28-35
  8. Suso de Vila: A Cidade de Tui durante a Baixa Idade Media. Ed. Toxosoutos, 2008.ISBN 978-84-96673-88-5.
  9. Francisco Fernández Rei: Dialectoloxía da lingua galega. Edicións Xerais, 1990.
  10. Eladio Rodríguez González, s. v. viño. No orixinal: espirto.
  11. Eladio Rodríguez González, s. v. viño.
  12. Gran Enciclopedia Galega III, s. v. arrieiro.
  13. 13,0 13,1 13,2 Xaquín Lorenzo Fernández, 115.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

A Arnoia

A Arnoia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2016 tiña 1002 habitantes (1040 en 2014). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arnoiao».

Campo Redondo, Ribadavia

San André de Campo Redondo é unha parroquia do concello de Ribadavia, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 166 habitantes, deles 71 eran homes e 95 eran mulleres.

Castelo de Ribadavia

O castelo de Ribadavia son as ruínas do que foi o castelo e residencia dos Condes de Ribadavia, da familia Sarmiento. Son os restos dun castelo de grandes dimensións que foi escavado e está na actualidade en proceso de rehabilitación.

Comarca do Ribeiro

A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

Ocupa unha superficie de 407,1 km², nos que viven 16.547 habitantes (2017). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

Eduardo Chao

Eduardo Chao Fernández, nado en Ribadavia o 6 de novembro de 1822 e finado en Madrid o 21 de decembro de 1887, foi un xeólogo, naturalista, xornalista, historiador e político galego do Partido Democrático.

Ernesto Chao

Ernesto Chao Pino, nado en Ribadavia o 12 de novembro de 1943 e finado en Santiago de Compostela o 6 de agosto de 2018, foi un actor galego.

Estación de Ribadavia

Ribadavia é unha estación de tren de Adif situada na vila de Ribadavia, na provincia de Ourense. Ten servizos de longa e media distancia.

Francelos, Ribadavia

Santa María Madanela de Francelos é unha parroquia do concello de Ribadavia, sendo un dos seus núcleos poboacionais máis importantes. En 2017 tiña 670 habitantes.

Gomariz, Leiro

Santa María de Gomariz é unha parroquia do concello de Leiro, a medio camiño entre O Carballiño e Ribadavia. Segundo o IGE en 2011 tiña 153 habitantes (78 homes e 75 mulleres).

Melón

Melón é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o padrón municipal (IGE) tiña en 2016 1 280 habitantes, dos que 667 son mulleres e 613 homes, nun descenso continuado de poboación desde 2012, cando tiña 1 479 habitantes.

Miguel Fidalgo Areda

Miguel Fidalgo Areda, nado en Francelos (Ribadavia) o 10 de marzo de 1956, é un político socialista galego.

Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia

As Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia foron un certame teatral que se celebra en Ribadavia entre 1973 e 1980.

O Carballiño

O Carballiño é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca do Carballiño, á que dá nome. Segundo o INE en 2018 tiña 13.939 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballiñés.

Río Avia

O río Avia é un afluente do río Miño pola súa banda dereita.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

San Clodio, Leiro

San Clodio é unha parroquia do concello de Leiro, na comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2011 tiña 98 habitantes (45 homes e 53 mulleres).

Está situado a medio camiño entre Ribadavia e O Carballiño, a carón do río Avia. O mosteiro de San Clodio actualmente acolle un hotel.

San Cristovo de Regodeigón, Ribadavia

San Cristovo de Regodeigón é unha parroquia do concello de Ribadavia, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 405 habitantes, deles 179 eran homes e 226 eran mulleres. Algunhas fontes asignan esta parroquia ó concello de Beade.

Sanín, Ribadavia

San Pedro de Sanín é unha parroquia do concello de Ribadavia, na provincia de Ourense. Segundo o IGE, en 2015 tiña 133 habitantes (64 homes e 69 mulleres).

O 27 de xuño de 1219 dona Teresa Bermúdez da Casa de Traba doou ao Mosteiro de Melón o lugar de Figueiriñas sito nesta parroquia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.