Rianxo

Rianxo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Linda ó norte cos municipios de Lousame e Rois, ó oeste con Boiro, ó leste con Dodro e Catoira a través da ponte sobre o río Ulla, e ó sur coa ría de Arousa. Sitúase a menos de 50 km de Santiago de Compostela e a 150 km da capital de provincia galega máis distante: Ourense.

Segundo o IGE no 2015 tiña unha poboación de 11.386 habitantes [4] (11.729 en 2012, 11.780 en 2011, 11.826 en 2010), o que o converte no terceiro concello en poboación da comarca, despois de Ribeira e Boiro. O concello posúe unha densidade de poboación de 197,24 hab./km², e unha superficie de 58,8 km².

O seu xentilicio é rianxeiro/rianxeira.

Coordenadas: 42°39′N 8°49′O / 42.650, -8.817

Rianxo
Bandeira de Rianxo
---
Escudo de Rianxo
Vila de Rianxo
Panorámica da vila.
Situacion Rianxo
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Barbanza
Poboación11.104 hab. (2018)
Área58,8 km²
Densidade188,84 hab./km²
Entidades de poboación6 parroquias
Capital do concelloRianxo
Política (2019[2])
AlcaldeAdolfo Muíños (BNG)
ConcelleirosBNG: 6
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 4
Outros: Rianxo en Común 2, C's 1
Eleccións municipais en Rianxo
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes85,73%
Na rede
rianxo.gal
info@concelloderianxo.gal

Xeografía

Situación

O concello de Rianxo atópase na marxe dereita do río Ulla e da ría de Arousa, a uns 50 km de Compostela. Rianxo fai fronteira polo norte cos concellos de Lousame e Rois; polo sur coa ría de Arousa, que o separa da provincia de Pontevedra; polo leste cos concellos de Dodro e Catoira (separada do territorio rianxeiro polo río Ulla), e polo oeste co concello de Boiro.

Demografía

Censo total 11.386 (2015)
Menores de 15 anos 1.454 (12.77 %)
Entre 15 e 64 anos 7.165 (62.93 %)
Maiores de 65 anos 2.767 (24.3 %)
Serie de poboación histórica de Rianxo
(Fonte/s: INE)
Ano19001930195019812004200920112012201320142015
Poboación8.2779.46111.12012.71511.58211.76911.78011.72911.59811.47911.386

Cultura

Orixinarios da vila son personaxes de tanto peso na cultura galega coma Castelao, Manuel Antonio ou Rafael Dieste, entre outros.

Toponimia

O topónimo de Rianxo provén seguramente do latín rivus angulus, «a curvatura do río» (Rivu(m) Ángulu(m) > Riv'ang'lo > Rianxo) dada a forma que describe a ría ao seu paso pola vila. Porén, tamén se especula con que provén de rivus amplus, «río ancho».

Patrimonio

A vila de Rianxo destaca polo seu atractivo turístico e cultural. Na parroquia do Araño atópase o meirande hórreo de toda Galicia[5], en canto a lonxitude (36,75 metros a cámara e 37,05 m o celeiro) e capacidade (cámara 109,31 m³, celeiro 59,09 m³). No tocante ao seu atractivo paisaxístico a vila destaca polo esteiro do Ulla, as súas praias e os miradores do Castro Barbudo, do Monte Pena e do Pico Muralla, dende o que se pode ver as torres da catedral de Santiago de Compostela e incluso as Illas Cíes, na bocana da Ría de Vigo, e aínda máis alá, ata preto da costa portuguesa. Rianxo tamén destaca polo seu patrimonio arqueolóxico e cultural. Na vila atópanse númerosas mámoas como Os Campiños; petróglifos, na actualidade están catalogadas 59 estacións rupestres no concello; castros como o do Castriño, o das Sercas ou o de Traba; ademais de igrexas, capelas, ermidas, pazos, hórreos e os máis de 188 cruceiros catalogados na vila[6].

Etnografía

Festas e celebracións

Folclore

Ademais de polas súas paisaxes e patrimonio, Rianxo tamén é coñecida por A Rianxeira, canción popular galega, convertida nun dos símbolos culturais de Galicia e particularmente representativa do colectivo dos emigrantes popularizada por emigrantes rianxeiros no exterior.

Rianxo na literatura popular

Cantigueiro
  • A aldeia da Atalaia/ rodeada de loureiros/ non a pasean casados/ que a pasean solteiros [7].
  • Aí vén o maio/ pola punta de Rianxo,/ vén a patadas/ co fillo do Macanxo [8].
  • Alá vén Nosa Señora/ andando pola ribeira,/ trai as perniñas ó aire,/ parece unha rianxeira [9].
  • Araño, meu Arañiño/ Na parroquia do Araño/ teño todo o meu cariño [10].
  • As miniñas de Rianxo/ pagan as rendas ó cuco,/ eu como son rianxeira/ ¡tócalle o pito, Farruco! [11][12].
  • As mociñas do Araño/ mentras os máis van á misa,/ quedan na corte coas vacas/ rillando palla maísa.
  • Cando veño do axexo,/ cando vou para a luzada/ quérote ver rianxeira/ sempre no muelle sentada [13].
  • De Rianxo, miña nai,/ de Rianxo para Noia,/ de Rianxo, miña nai,/ que se fai a festa toda [14].
  • Deprendéronme a cantar/ as neniñas de Rianxo,/ deprendéronme a cantar/ indo polo mar abaixo [15].
  • En Somoza nace o sol,/ na Marquesa nace a lúa,/ na aldea da Atalaia/ nace a estrela da fortuna [16].
  • Eu caseime no Araño/ co fillo dun arañón,/ pensando que non pasaba fame/ o forno da miña sogra cría silvas no verán.
  • Eu de onde estou ben vexo/ as rabizas en Teaio,/ tamén vexo os meus amores/ na arrechán de Araño [17].
  • Para bailar e cantar/ xa Rianxo ten a sona,/ para rapazas bonitas/ vivan as de Taragoña [18].
  • Quérenme as nenas de eiquí/ e as da banda de Leiro,/ se me collen en Rianxo/ berraranme en Abanqueiro [19].
  • Señor San Bartolomeu/ feito de pau de laranxo/ quen che mandou dar pintura/ foi o cura de Rianxo [20].
  • Señor San Bartolomeu/ feito de pau de sanguiño/ líbrame, santo bendito/ do lobo de Rianxiño [21].
  • Señor San Bartolomeu/ que estás no medio da Ría,/ dunha banda tes Rianxo/ e doutra Vilagarcía [22].
  • Si o río de Te/ fora de coñá/ máis de catro mozos/ irían alá [23].
  • Teño un amor en Rianxo/ outro en Vilagarcía./ Para ver os meus amores/ teño que cruza-la ría.

Economía

Na vila de Rianxo o sector predominante é o primario no que destacan principalmente a pesca de baixura (sobre todo da sardiña e da xouba), o marisqueo (do berberecho e da ameixa), e o cultivo do mexillón, existindo tamén outras actividades como a agricultura, a explotación forestal e a gandería. A maior presenza industrial é a conserveira. Nos últimos anos produciuse un notable incremento do turismo que influíu notable e positivamente na economía da vila, chegando nos meses estivais case a duplicarse a poboación. En Rianxo existe unha grande oferta de festas variadas, actos culturais e actividades deportivas[24].

Política e goberno

Rianxo Galicia 060521 15
Casa do concello
Artigo principal: Eleccións municipais en Rianxo.

Adolfo Muíños (BNG) é o alcalde de Rianxo dende xuño de 2011, cando accedeu ao posto tras as eleccións do 22 de maio de 2011[25]. Nas eleccións municipais do 2007, cun 63,77% de participación, o PSdG-PSOE foi o partido máis votado con 3.540 votos (49,73 %), obtendo así a maioría absoluta con 9 edís; o BNG foi a segunda candidatura máis votada con 1.737 sufraxios (24,40%) e 4 concelleiros, seguido polo PP con 1.725 apoios (24,23%) e 4 representantes[26].

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003[27]
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 4.404 58,88 % 11
PP 1.275 16,47 % 3
BNG 1.178 15,22 % 2
Eleccións municipais, 22 de maio de 2011[28]
Partido Votos % Concelleiros
PP 2.439 36.11 % 6
BNG 2.146 31.77 % 6
PSOE 2.030 30.05 % 5
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007[29]
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 3.540 49,27 % 9
BNG 1.737 24,18 % 4
PP 1.725 24,01 % 4
Eleccións municipais, 2 de xuño de 2015[30]
Partido Votos % Concelleiros
BNG 2.164 34.38 % 6
PP 1.687 26.80 % 5
PSOE 1.662 26.41 % 4
SON 695 11.04 % 2

Cidades irmandadas

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Rianxo
Rianxo 05eue
Vila de Rianxo
Rianxo Galicia 060521 15

Concello

Pazomartelo

Pazo do Martelo

Casa de Castelao Rianxo Galicia 060521 26

Casa na que viviu Castelao

Rianxo Galicia 060521 35

Parque e fonte

Club nautico de Rianxo

Club náutico de Rianxo

Rianxo Santa Comba 01-01

Igrexa de Santa Comba

Fonte Rianxo Galicia 060521 37

Fonte

Rianxo Galicia 060521 22

Cruceiro

Rianxo Galicia 060521 07

Monumento a Rafael Dieste nado en Rianxo

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. IGE
  5. http://portelo.rianxo.com/index.php?idMenu=374&idIdioma=2 Arquivado 16 de agosto de 2009 en Wayback Machine. O hórreo máis grande
  6. Lois M. Blanco, La Voz de Galicia, 4.03.1993.
  7. A Atalaia é un lugar da parroquia de Santa María de Asados (Rianxo). Fermín Bouza Brey 1929, 203. No orixinal: Atalaya, non-a.
  8. Fermín Bouza-Brey 1929, 177. No orixinal: Ahí, ven, pol-a.
  9. Fermín Bouza-Brey 1929, 184. No orixinal: ven, pol-a, ô.
  10. Fermín Bouza Brey 1929, 202.
  11. José Pérez Ballesteros, II, 54,17. No orixinal: tócall'o pito.
  12. Fermín Bouza-Brey 1929, 177. No orixinal: neniñas, ô cuco.
  13. Lino Lema Bouzas, 13. No orixinal: asexo. Pescar ó axexo é facelo desde o solpor ata que se fai noite; e pescar á luzada é facelo ó mencer.
  14. Fermín Bouza-Brey 1929, 204. No orixinal: Noya.
  15. Fermín Bouza-Brey 1929, 166.
  16. Fermín Bouza-Brey 1929, 202. No orixinal: Atalaya. Somoza, A Marquesa e A Atalaia son tres lugares da parroquia de Santa María de Asados (Rianxo).
  17. Teaio é lugar da parroquia de San Xoán de Laíño, estremeira coa do Araño (Rianxo). As rabizas son as follas tenras do nabo. Fermín Bouza-Brey 1929, 202. No orixinal: Teayo.
  18. Fermín Bouza-Brey 1929, 172.
  19. Exemplo da confrontación entre parroquias lindeiras: Leiro (de Rianxo) e Abanqueiro (de Boiro). Fermín Bouza-Brey 1929, 162.
  20. Fermín Bouza-Brey 1929, 184.
  21. Refírese a unha capela dedicada a este santo, nuns cons de Rianxo. Rianxiño é un lugar da parroquia de Santa Comba de Rianxo. Fermín Bouza-Brey 1929, 184.
  22. Refírese a unha capela dedicada a San Bertomeu que había, no século XVIII, nas illas Malveiras; Bouza Brey engade que estas illas aparecen como ínsua de San Bartolomeu nas cartas de navegación antigas. Fermín Bouza-Brey 1929, 187. No orixinal: de unha, de outra.
  23. O río Te (ou río da Torre) atravesa a parroquia de Taragoña, en Rianxo. Fermín Bouza-Brey 1929, 187.
  24. http://portelo.rianxo.com/index.php?idMenu=151&idIdioma=2 Arquivado 03 de setembro de 2011 en Wayback Machine. Economía de Rianxo
  25. http://eleccions.crtvg.es/eleccions/historico.php?id=1076[Ligazón morta] Histórico das Eleccións Municipais nos concellos galegos
  26. http://www.elpais.com/comunes/2007/elecciones/municipales/Rianxo/15/072/ Resultados Elecciones Municipales 2007 - Rianxo en castelán
  27. Eleccións 2003
  28. "Resultados provisionales - Elecciones Municipales 2011 - A Coruña - Rianxo 2011". elecciones.mir.es. Consultado o 2016-06-22.
  29. Eleccións 2007
  30. "Resultados provisionales - Elecciones Municipales 2015 - A Coruña - Rianxo 2015". elecciones.mir.es. Consultado o 2016-01-14.
  31. http://www.laopiniondezamora.es/comarcas/2010/07/03/requejo-rianxo-hermanados-virgen-guadalupe/447317.html Noticia en "La Opinión de Zamora" en castelán
  32. "Rianxo y Padrón afianzan su histórica hermandad". La Voz de Galicia (en castelán). 2012-09-12. Consultado o 2018-07-04.

Véxase tamén

Bibliografía

  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
  • LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.
  • PÉREZ BALLESTEROS, José: Cancionero popular gallego y en particular de la provincia de la Coruña. 1885-1886; reed. facs. Akal, Madrid 1979.

Outros artigos

Ligazóns externas

AG-11

A AG-11 ou autovía do Barbanza é unha autovía autonómica galega que une os concellos de Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira. A autovía xurdiu do desdobramento da antiga VR 1.1, a cal estaba soportando unha grande intensidade de tráfico e era pouco segura. A concesionaria para a súa construción e mantemento é Sacyr Concesiones, pertencente ó grupo Sacyr Vallehermoso.

Foi inaugurada o 14 de decembro de 2008 desde Padrón ata Rianxo, e entre Rianxo e Santa Uxía de Ribeira a mediados de abril de 2009. En Padrón conéctase coa N-550 contando ademais cun ramal de conexión coa AP-9 que posibilita tamén tomar a variante de Padrón da N-550 inaugurada no ano 2015.

Trátase dunha autovía con peaxe na sombra.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".

Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964. En decembro de 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra como Ben de Interese Cultural inmaterial.

A Real Academia Galega de Belas Artes dedicoulle o Día das Artes Galegas 2016 polos "extraordinarios méritos artísticos" da súa obra.

Asados, Rianxo

Santa María de Asados é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 1.423 habitantes (681 homes e 742 mulleres) distribuídos en 17 entidades de poboación (aldeas). A poboación sofre un progresivo descenso, desde os 1.698 habitantes do ano 1999 e 1.554 habitantes do ano 2004.

Castelo da Lúa

O castelo da Lúa é un sitio arqueolóxico conformado polos restos dun castelo medieval situado ao carón da praia da Torre e o seu paseo marítimo, e habilitado para a súa visita libre.

Chorente, Taragoña, Rianxo

Chorente é un lugar da parroquia de Taragoña no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 145 habitantes (68 homes e 77 mulleres).

Club de Remo Rianxo

O Club de Remo Rianxo é un club de remo do concello coruñés de Rianxo. Actualmente compite na segunda categoría da Liga Galega de Traiñeiras, denominada LGT-A.

Comarca de Barbanza

A comarca de Barbanza é unha das comarcas oficiais de Galicia, localízase no oeste da provincia da Coruña. Pertencen a ela os seguintes concellos: Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira. Ten unha superficie de 244,2 km² e no ano 2014 tiña 67.776 habitantes.

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia.

Un petróglifo é unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras.

Isorna, Rianxo

Santa María de Isorna é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 666 habitantes (320 homes e 346 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 795 habitantes.

Iñobre, Taragoña, Rianxo

Iñobre é un lugar da parroquia de Taragoña no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 66 habitantes (29 homes e 37 mulleres). Extrema ó norte cos lugares do Cruceiro e do Castriño, ó leste cos da Senra e do Burato, ó sur coa ría de Arousa e ó poñente coa desembocadura do río Beluso -onde forma o seu cabo mais setentrional-.

Leiro, Rianxo

Santa María de Leiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal (INE 2015) ten 992 habitantes (506 mulleres e 486 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.075 habitantes e ao ano 2013 cando tiña 1.019 habitantes.

Esta parroquia e máis a de Santa Comba de Rianxo, do mesmo concello, son os únicos puntos de Galicia nos que se conserva o uso dialectal do xerundio conxugado .

Manuel Antonio

Manuel Antonio Pérez Sánchez, nado en Rianxo o 12 de xullo de 1900 e finado en Asados (Rianxo) o 28 de xaneiro de 1930, foi un poeta galego.

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1979.

Miguel Nicolás Esperante

Miguel Nicolás Esperante, coñecido como Corcheiro, nado en Taragoña (Rianxo) o 29 de marzo de 1915 e falecido en Siador (Silleda) o 9 de abril de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

O Araño, Rianxo

Santa Baia do Araño é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 1.372 habitantes (667 homes e 715 mulleres), distribuídos en 25 entidades de poboación, o que reflicte unha diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 1.512 habitantes, e ao ano 1999, cando tiña 1.655 habitantes.

Paio Gómez Chariño

Paio Gómez Chariño, nado cara a 1225 probablemente en Pontevedra e finado en Ciudad Rodrigo en outono de 1295, foi un poeta e nobre galego. Foi primeiro Señor de Rianxo, Adiantado Maior do Reino de Galicia, destacado aristócrata e militar do reino e sobranceiro trobador en lingua galega.

No seu sepulcro, en Pontevedra, consta o nome de Payo Guomez Charino, pero nos seus textos aparecen diferentes nomes, como Pae Gomez Charinho, Paay Gomez Charinho, Pae Gomez ou Pay Gomez .

Rafael Dieste

Rafael Francisco Antonio Olegario Dieste Gonçalves, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1899 e finado en Santiago de Compostela o 15 de outubro de 1981, foi un escritor republicano galego do exilio, que pertenceu á chamada Xeración de 1925. Cos seus contos e pezas de teatro, entre as que destacan A fiestra valdeira (1927) e Dos arquivos do trasno (1926), tentou modernizar o sistema literario galego afastándoo do ruralismo. Atribúeselle en boa parte a creación do denominado Teatro Nacional Galego. Dedicóuselle do Día das Letras Galegas de 1995.

Rianxo, Rianxo

Santa Comba de Rianxo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 4.856 habitantes (2.418 homes e 2.438 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que representa un aumento en relación ao ano 2004 (cando tiña 4.374 habitantes) e ao ano 1999 (cando tiña 4.251 habitantes).

Esta parroquia e mais a de Leiro, do mesmo concello, son os únicos puntos de Galicia nos que se conserva o uso dialectal do xerundio conxugado .

Taragoña, Rianxo

Divino Salvador de Taragoña é unha parroquia situada ao norte do concello de Rianxo, na comarca da Barbanza. Linda ó norte co concello de Boiro e a parroquia de Araño, ó oeste co concello de Boiro, ó leste coas parroquias de Asados e Rianxo e ó sur coa ría de Arousa. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 2.252 habitantes (1.174 mulleres e 1.078 homes) distribuídos en 30 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.673 habitantes.

O alcume que reciben as xentes de Taragoña é o de "Cangrexeiros". Este sobrenome é orixinario dunha peculiar historia dun veciño da parroquia chamado Felipe "O Delgado" que vivía no Burato, unha persoa de familia adiñeirada, que foi vendendo todo o seu capital e gastando os cartos ata que quedou sen un real, logo o home ía comer ás casas dos veciños e borralleiras. Asemade nos días de marea ía á ribeira á praia da Torre para mariscar e botar algo á boca, sendo naquela época moi abondosos os cangrexos na zona do río, e fixo unha empanada botándolle masa por riba dos crustáceos aínda vivos, escapando estes coa masa ó lombo cando lles chegou a quentura do lume.

Xosé Luís Axeitos

Xosé Luís Axeitos Agrelo, nado en Asados (Rianxo) en 1945, é un escritor e investigador galego. É membro da Real Academia Galega desde 2004.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.