Riaño

Riaño é un concello da provincia de León na comunidade de Castela e León, situado ao nordeste da mesma, aos pés da Cordilleira Cantábrica preto dos Picos de Europa, a 1.148 metros de altitude. Atópase a 91 km da capital provincial e conta cunha poboación de 512 habitantes (INE 2012), coñecidos polo xentilicio de riañeses, cunha extensión de 97,63 km². Tamén forman parte do concello as vilas de Horcadas e Carande.

A historia recente de Riaño está marcada pola traumática construción do encoro que asolagou a vila orixinal, o antigo Riaño ou Viejo Riaño en 1987. Xunto con el, sete vilas máis do val foron tamén cubertas polas augas.

Riaño
Bandera de Riaño
Escudo de Riaño
Nuevo Riaño. Agosto 2005
Vista de Riaño.
Localización
Riaño - Mapa municipal
PaísEspaña España
Com. AutónomaCastela e León
ProvinciaLeón
ComarcaMontaña Oriental
Xeografía
Altitude1.131 msnm
Superficie97,63 km²
Demografía
Poboación512 hab. (2012)
Densidade5,24 hab./km²
Xentilicioriañés/esa
Outros datos
Código postal24900
AlcaldeManuel Javier Fernández Presa (PP)
www.ayuntamientoriano.es

Demografía

Evolución da poboación de Riaño desde a década dos 30 ata agora:

Economía

Antes do traslado á súa situación actual, a súa economía estaba baseaba na gandería. Actualmente é predominante o sector de servizos, adicado fundamentalmente ao turismo, que acode á localidade para gozar da caza, as zonas de montaña e os espazos naturais.

Historia recente

Riaño antiguo
Viejo Riaño, en novembro de 1984

A historia recente de Riaño está marcada pola construción do encoro que anegou a vila orixinal, o antigo Riaño ou Viejo Riaño en 1987. Xunto con el, sete vilas máis do val foron tamén cubertas polas augas.

Tras varios intentos de construír un encoro ao longo do século XX, finalmente o val de Riaño, no que conflúen os ríos Esla, Yuso e Orza, foi sepultado polas augas en 1987, baixo o goberno de Felipe González sendo o ministro responsable Javier Sáenz de Cosculluela.

O proxecto de construción do pantano deu lugar a numerosas mobilizacións populares, enfrontamentos coas forzas da orde e incluso suicidios,[1] sendo incluso necesario para a demolición das casas o desaloxo pola forza dos veciños que se negaban a abandonalas, aínda que o ex-ministro Cosculluela afirmaba que nese ano non se botou a ninguén posto que as vivendas xa estaban expropiadas.[2] O novo Riaño foi posteriormente reedificado na paraxe de Valcayo. As compensacións tan anunciadas entón en forma de novas terras de regadíos na provincia de León a conta da auga do pantano non foron até o momento cumpridas.[3]

Patrimonio artístico

A igrexa de Pedrosa del Rey, trasladada desde Pedrosa del Rey para que non desaparecese baixo as augas, posúe unha portada románica que podería proceder da igrexa de Siero de la Reina.

A igrexa de Nuestra Señora del Rosario, traída da anegada vila de La Puerta, atópase á entrada de Riaño vindo pola estrada de León, N-621. Trátase dunha igrexa do século XIII e foi trasladada pedra a pedra. No seu interior alberga unhas pinturas románicas moi características, cuxo estilo só se pode atopar na montaña leonesa.

Ademais, Riaño conta cun patrimonio etnográfico conservado celosamente no seu Museo Etnográfico. Todo o modo de vida ancestral da comarca está representado en diversas escenas costumistas que lle dan vida e personalidade propia. Destaca unha recreación a tamaño real da casa típica da comarca, a Casa de Humo, con teitumbre a dúas augas e cuberta de palla de centeo. Outros elementos interesantes do patrimonio etnográfico constitúeno os dous hórreos da localidade. Antigamente existiron 80 exemplares no Pueblo Viejo, anegado actualmente polo encoro.

Notas

  1. "Violentos incidentes en Riaño tras el suicidio de un vecino"
  2. "Cosculluela: «No echamos a nadie; en 1987 las casas ya estaban expropiadas»"
  3. "Riaño quiere que el embalse retroceda a la altura de Pedrosa"

Véxase tamén

Ligazóns externas

Academia de la Llingua Asturiana

A Academia de la Llingua Asturiana é unha institución do Goberno de Asturias cuxo fin é o estudo, a promoción e a defensa do asturiano.

Xosé Lluis García Arias foi o presidente desde a súa fundación o 15 de decembro de 1980 até o ano 2001. A súa sucesora no cargo foi ata o ano 2017 Ana Cano. O presidente é dende xuño de 2017 Xosé Antón González Riaño.

Burón

Burón é un concello español da provincia de León. A súa poboación é de 360 habitantes (INE 2011). Está situado no Parque Nacional dos Picos de Europa.

Carlos López Riaño

Carlos López Riaño, nado o 6 de novembro de 1940 en Tuimil (Bóveda), é un político español.

Castela e León

Castela e León (en castelán: Castilla y León, en leonés: Castiella y Llión) é unha comunidade autónoma constituída en 1983, cuxo territorio se sitúa na parte centro-norte do territorio español. Limita ó oeste con Galicia e Portugal; ó norte con Asturias, Cantabria, País Vasco e A Rioxa; ó leste con Aragón; e ó sur con Estremadura, Comunidade de Madrid e Castela-A Mancha.

Forman esta comunidade nove provincias: Ávila, Burgos, León, Palencia, Salamanca, Segovia, Soria, Valladolid e Zamora; sendo a comunidade autónoma española con máis provincias. É a rexión máis extensa de Europa.

Catedral de Sevilla

A Catedral de Santa María de la Sede de Sevilla é a catedral gótica cristiá con maior superficie do mundo. A Unesco declarouna en 1987, xunto ao Real Alcázar e o Arquivo de Indias, Patrimonio da Humanidade e, o 25 de xullo de 2010, Ben de Valor Universal Excepcional. Segundo a tradición, a construción iniciouse en 1401, aínda que non existe constancia documental do comezo dos traballos ata 1433. A edificación realizouse no soar que quedou tras a demolición da antiga Mesquita Aljama de Sevilla.No ano 2008, a investigadora da Universidade de Cantabria Begoña Alonso Ruiz atopou o plano máis antigo que se coñece da Catedral de Sevilla no Mosteiro de Bidaurreta de Oñate (Guipúscoa), o cal foi realizado ao redor de 1490. Este plano, unha vez estudado, achegou importantes datos sobre a construción do edificio.

Un dos primeiros mestres de obras foi Maese Carlín (Charles Galter), procedente de Normandía (Francia), que traballara previamente noutras grandes catedrais góticas europeas e chegou a España segundo crese fuxindo da Guerra dos Cen Anos. O 10 de outubro de 1506 procedeuse á colocación da derradeira pedra na parte máis alta do cimborio, co que simbólicamente a catedral quedou finalizada, aínda que en realidade seguiron efectuándose traballos de forma ininterrompida ao longo dos séculos, tanto para a decoración interior, como para engadir novas dependencias ou consolidar e restaurar os danos ocasionados polo paso do tempo, ou circunstancias extraordinarias, entre as que cabe destacar o terremoto de Lisboa de 1755 que produciu unicamente danos menores a pesar da súa intensidade. Nestas obras interviñeron os arquitectos Diego de Riaño, Martín de Gainza e Asensio de Maeda. Tamén nesta etapa Hernán Ruiz edificou o último corpo da Giralda. A catedral e as súas dependencias quedaron terminadas en 1593.

O Cabido Metropolitano mantén a liturxia diaria e a celebración das festividades do Corpus, a Inmaculada e a Virxe dos Reis. Este último día, 15 de agosto, é tamén a festa titular do templo, Santa María da Asunción ou da Sede, e celébrase con solemne procesión de terza e pontifical.

Neste templo atópase o corpo do famoso navegante Cristovo Colón e o do Rei Fernando III de Castela (1199-1252), canonizado en 1671 como San Fernando, sendo papa Clemente X.

A última obra de importancia realizada tivo lugar no ano 2008 e consistiu na substitución de 576 perpiaños que conformaban un dos grandiosos alicerces que sustentan o templo, por novos bloques de pedra de características similares pero con moita maior resistencia. Este difícil traballo foi posible grazas ao emprego de novos sistemas tecnolóxicos que demostraron que o edificio sufría diariamente unhas oscilacións de 2 cm como consecuencia da dilatación dos seus materiais.

Chavín, Viveiro

Santa María de Chavín é unha parroquia do concello lugués de Viveiro na comarca da Mariña Occidental. No ano 2007 tiña 228 habitantes (101 homes e 127 mulleres) distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 55 habitantes en relación ao ano 2000.

No Souto da Retorta atópase O Avó de Chavín, un eucalipto duns 150 anos e que ronda os 62 m de altura.

Na parroquia está tamén o castro de Lourido.

Imanol Arias

Manuel María Arias Domínguez, coñecido como Imanol Arias, nado en Riaño (León) o 26 de abril de 1956, é un actor español.

Langreu

Langreu (en asturiano: Llangréu, en castelán: Langreo) é un concello e cidade española, situada no interior da zona central do Principado de Asturias. Linda o norte con Siero, o oeste con Oviedo, o sur con Mieres e o leste con Samartín del Rei Aurelio.

O concello ten 45.565 habitantes, dos que uns 40.000 viven no núcleo. É a cuarta poboación de Asturias por número de habitantes.

Luís Rivaya Riaño

Luís Rivaya Riaño, nado en Santa Cruz do Incio o 19 de febreiro de 1912 e finado en Madrid o 16 de abril de 1976, foi un xurista galego.

Mazcuerras

Mazcuerras é un concello de Cantabria, en España, pertencente á comarca de Saja-Nansa. Tiña unha poboación de 2.127 habitantes en 2015.

Limita ao norte con Cabezón de la Sal e Reocín, ao leste con Cartes e Los Corrales de Buelna, ao sur con Cieza e Ruente, e ao oeste con Ruente e Cabezón de la Sal.

Ademais da localidade de Mazcuerras, capital do concello, hai outras localidades no termo municipal: Cos, Herrera de Ibio, Ibio, Riaño de Ibio, Sierra de Ibio, e Villanueva de la Peña.

Momificación muisca

Este artigo describe a práctica de momificación polos muiscas. Os muiscas eran os habitantes do Altiplano Cundiboyacense antes da chegada dos conquistadores españois. Momificaban os membros das clase sociais máis altas, principalmente os gobernantes, como os zipas, os zaques, outros caciques, sacerdotes e as súas familias. As momias eran gorecidas en covas ou casas dedicadas ("mausoleos") e non eran enterradas.

Descubríronse moitas momias de grupos indíxenas falantes de chibcha, principalmente momias muiscas, laches e guanes. En 1602, os primeiros colonizadores españois atoparon 150 momias nunha cova preto de Suesca, que estaban organizadas de xeito circular coa momia do cacique no centro do espazo. As momias estaban rodeadas por roupas e potas. No 2007, descubriuse a momia dun meniño nunha cova preto de Gámeza, Boyacá, xunto cunha pequena cunca, un chupete e roupas de algodón. Os procesos de momificación continuou durante período colonial. As momias máis recentes datan da segunda metade do século XVIII.

Pino del Río

Pino del Río é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 209 habitantes (INE 2012).

Público

Público é un xornal español editado en castelán (e catalán en Cataluña) e pertencente ó grupo Mediapro, presidido por Jaume Roures. O diario ten a súa sede en Madrid e é de ámbito español.

Redecilla del Campo

Redecilla del Campo é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). A súa poboación é de 78 habitantes (INE 2012).

Ruesga

Ruesga é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España), situado na comarca de Asón-Agüera. O municipio divídese en dúas partes, a de menor extensión sitúase ao oeste do municipio de Arredondo, que se acha no medio.

É un val polo que discorre o río Asón e limita cos municipios cántabros de Solórzano e Voto, polo norte; Soba, polo sur; Rasines e Ramales de la Victoria, polo leste; e por último, Arredondo, Riotuerto e Entrambasaguas polo oeste.

Solórzano

Solórzano é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España) situado na comarca de Trasmiera. Limita polo norte co municipio de Hazas de Cesto e Ribamontán al Monte, polo leste con Voto, polo sur con Ruesga e polo oeste con Entrambasaguas. O pobo áchase no val do pequeno río de Campiazo, a 37 quilómetros de Santander, capital de Cantabria.

100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.