Reyero

Reyero é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 130 habitantes (INE 2011).

Coordenadas: 42°56′57″N 5°11′58″O / 42.94917, -5.19944

Reyero
Flag of None
Coats of arms of None
Reyero 06 by-dpc
Reyero.
Localización
Reyero - Mapa municipal
PaísEspaña España
Com. AutónomaCastela e León
ProvinciaLeón
ComarcaMontaña Oriental
Xeografía
Altitude1.150 msnm
Superficie26,20 km²
Demografía
Poboación130 hab. (2011)
Densidade4,96 hab./km²
Outros datos
Código postal24856
AlcaldeGregorio Alonso González (PSOE)
www.aytoreyero.es

Localidades

  • Pallide
  • Primajas
  • Reyero
  • Viego

Véxase tamén

Ligazóns externas

Caritel, Ponte Caldelas

Santa María de Caritel é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2017 tiña 237 habitantes (131 mulleres e 106 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 385 habitantes.

Caritel pertenceu ao arciprestado do Morrazo ao longo de toda a súa historia parroquial ata finais do século XIX; situado a máis de 15 quilómetros en liña recta da península do Morrazo, tratábase da parroquia máis oriental e extrema do dito arciprestado.

Colúmbidos

A dos colúmbidos (Columbidae) é unha familia de aves da subclase dos neornites, infraclase dos neognatos, superorde nas neoaves e granorde dos columbimorfos, que comprende todas as especies, viventes e extintas, da monotípica orde das columbiformes, que inclúe as chamadas pombas, o pombo, as rulas, e outras especies afíns.

As pombas distribúense por toda a Terra, agás a Antártida e o Ártico, e con centro de dispersión en América Central. A maior diversidade de especies téñena as ecozonas Indomalaia e de Australasia.

A especie máis coñecida é a pomba brava (Columba livia) que deu orixe ás diferentes razas de pombas domésticas que se ven en cidades e vilas de todo o mundo. Quizais a característica máis sorprendente deste animal é a súa capacidade para volver ó seu niño desde os lugares máis remotos. Por iso, o ser humano empregouna para enviar mensaxes. A estas Pombas chámaselles pombas mensaxeiras e constituíu un eficaz medio de comunicación antes de que se inventara o teléfono ou o telégrafo.

Esta ave sóubose adaptar ó contorno urbano ata tal punto que se converteu nun tremendo problema en cidades como Venecia ou Santiago de Compostela, onde tiveron que tomar medidas porque a corrosión provocada polas defecacións deste animal están deteriorando gravemente o patrimonio artístico e arquitectónico da dita cidade.

Diego Abad de Santillán

Sinesio Vaudilio García Fernández, coñecido como Diego Abad de Santillán, nado en Reyero (provincia de León) o 20 de maio de 1897 e finado en Barcelona o 18 de outubro de 1983, foi un militante e teórico anarquista e escritor español.

Emilio Guillín

Emilio Guillín, nado en Santiago de Compostela o 14 de marzo de 1976, é un xornalista e presentador de televisión galego.

Froilán

Froilán, nado en Lugo no ano 833 e falecido en León no 905, foi un relixioso anacoreta galego e bispo de León. Nomeado santo, é patrón da diocese de Lugo e da cidade do mesmo nome.

Illas Ons

Para a páxina da illa principal do arquipélago véxase Illa de Ons.

As Illas Ons son un arquipélago nas rías baixas formado pola illa de Ons e a illa de Onza ou Onceta e outros illotes, como o das Freitosas, o Centulo e a Laxe do Crego. O arquipélago das Ons, ao igual que demais illas atlánticas galegas, son unha barreira natural das rías e as Ons pechan a boca da ría de Pontevedra. A illa de Ons é alongada e cun releve pouco marcado. A súa pendente descende cara o leste, cara ao interior da ría. A súa costa exterior é acentuada e e ten múltiples furnas, escollos e paredes verticais no fondo mariño. A costa interior está resgardada e presenta praias e areeiros nos fondos. A illa de Onza é arredondada e cunha costa rochosa.

Namentres que as demais illas do parque natural deixaron de estar habitadas na década de 1970, a illa de Ons segue habitada. Acadou o seu máximo de ocupación na década dos 1960, cando esta tiña núcleos os poboación do Caño, o Curro, o Canexol, Pereiró, Cucorno, Chan da Pólvora e o Centulo, e que acollían a case 500 persoas. En 2018 na illa de Ons residían 65 persoas e tivo unha taxa de ocupación turísticas relevante. A súa poboación reside en vivendas rurais na costa do leste. As leiras destas aldeas mostran aínda hórreos e pequenas colleitas.Os primeiros xacementos arqueolóxico das illas están no Chan de Pólvora e no Cano de Ons onde hai gravados rupestres que poderían datar do neolítico á idade de bronce. Na illa de Ons atópanse dous castros, pouco estudados, que son o Castelo dos Mouros e Cova da Loba. Na praia de Canexol hai restos dunha salgadura romana para peixe. As illas mencíonaas por primeira en vez por escrito Afonso III en 899 cando as chama illas "Aones" e as doou ao poder compostelá. No medievo puido ter asaltos viquingos e ter un mosteiro. As illas puideron quedar despoboadas desde o final do medievo ata o século XVIII polos asaltos como o de navíos ingleses. No século XIX fortificouse a illa de Ons e repoboouse, acadando un máximo a mediados do século XX. Desde o final da II Guerra Mundial as illas pasaron a ser administradas polo estado e a despoboarse, ata ser declaradas como espazos con interese de protección.O litoral das Ons, que conta con múltiples espazos protexidos da marusía, e a riqueza de nutrientes das augas que afloran nas rías favorecen a presenta dun ecosistemas mariño cunha alta riqueza biolóxica. Na súa costa interior, máis resgardada, os areeiros son hábitats que acollen a especies de interese, como bivalvos. Na súa superficie destacan as barreiras dunares, como a praia e duna de Melide, os cantís e as matogueiras e queiroas. Así é, que as Ons desde o 2001 están protexidas por diferentes lexislacións. Forman parte do parque nacional das Illas Atlánticas de Galicia, están dentro do ZEC Complexo Ons – O Grove, constitúen o espazo de protección de aves ZEPA Illas de Ons e Onza, están dentro do OSPAR das Illas Atlánticas de Galicia e son un proxecto de protección de aves dentro do SEO/BirdLife.

La Quinta Estación

La Quinta Estación é un grupo de pop rock, de membros españois, actualmente composto por tres músicos madrileños: Natalia Jiménez, Ángel Reyero e Pablo Domínguez. Comezou a soar en 2001 e a día de hoxe está triunfando co seu terceiro álbum El mundo se equivoca.

Lista de concellos de España por provincia

Existen en España 8.124 concellos. O concello máis setentrional é Mañón (A Coruña), o máis meridional é El Pinar de El Hierro (Santa Cruz de Tenerife), o máis occidental é La Frontera (Santa Cruz de Tenerife) e o máis oriental é Maó (Illas Baleares). O máis extenso é Cáceres e o máis poboado Madrid.

As seguintes son listas de concellos de España ordenados por diferentes categorías.

Concellos por comunidade autónoma

Concellos por provincia

Concellos máis poboados

Concellos máis extensos

Luis Mariano Santos Reyero

Luis Mariano Santos Reyero, nado en Cistierna en 1969, é un político leonés, procurador da Unión del Pueblo Leonés (UPL) na IX lexislatura das Cortes de Castela e León.

Manuel Hernández y Álvarez Reyero

Manuel Hernández y Álvarez Reyero foi un arquitecto español vinculado á arquitectura civil da cidade de Santiago de Compostela.

Praza de Lugo (A Coruña)

A praza de Lugo é un espazo público da cidade da Coruña, situado entre a praza de Pontevedra e a praza de Ourense, no Ensanche coruñés. O lugar está adicado principalmente ao comercio e o lecer.

A praza deseñouse no plan do Primeiro Ensanche (1885) proxectado por Juan de Ciórraga e no centro da praza hai un mercado con máis de 150 postos e centro comercial.

Sindicatura de Contas de Cataluña

A Sindicatura de Contas de Cataluña (en catalán: Sindicatura de Comptes de Catalunya) é unha institución da Generalitat de Cataluña que depende organicamente do Parlamento de Cataluña segundo o que establecen os artigos 80 e 81 do Estatuto de Autonomía de Cataluña e no artigo 1 da Lei 18/2010, do 7 de xuño, da Sindicatura de Contas. A Sindicatura de Contas é a institución encargada de fiscalizar a xestión económica, financeira e contable do sector público catalán, e do control de eficiencia da Generalitat. Foi creada o 5 de marzo de 1984, aínda que as súas orixes remóntanse ao século XIII, cando o xeneral de Cataluña instituíu os "oïdors de comptes", que tiñan por función o control da xestión das contas públicas.

A Sindicatura depende organicamente do Parlament, que lle delega as funcións que desempeña, con plena autonomía organizativa, funcional e orzamentaria. A Sindicatura de Contas ten personalidade xurídica propia. Está formada polos síndicos designados polo Parlament por maioría de tres quintas partes. Os síndicos, á súa vez, elixen o síndico ou síndica maior. Actualmente, o síndic major é Jaume Amat i Reyero.

100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.