Rexurdimento

Rexurdimento (do verbo rexurdir formado sobre xurdir que procede do termo latino surgere 'erguer')[1] é o nome co que se coñece o século XIX (ou a segunda metade do mesmo) na historia de Galiza e expresa unha traxectoria de recuperación non só literaria, senón tamén cultural, política e histórica. A publicación en 1863 de Cantares gallegos, obra escrita integramente en galego por Rosalía de Castro, inaugura o Rexurdimento Pleno, e as obras anteriores a esta data acostuman clasificarse como pertencentes aos precursores. A Rosalía hai que engadir a Eduardo Pondal, Valentín Lamas Carvajal e mais Manuel Curros Enríquez como os principais escritores en galego desta época.

Descrición

Na primeira metade do século XIX, Galiza foi escenario dunha serie de acontecementos que esbozaron unha nova situación político-cultural que preparou o camiño para o chamado Rexurdimento. Esta época é coñecida como a dos Precursores.

Rosalía Castro de Murguía por Luis Sellier
Rosalía de Castro inicia o Rexurdimento propiamente dito

Algúns acontecementos históricos importantes contribuíron para espertar a consciencia nacionalista de moitos galegos (non chamada así naquela altura). Un deles foi a invasión francesa, que deu lugar á circulación de textos de axitación popular escritos en galego. A consciencia dunha Galiza diferenciada do resto de España foi aumentando progresivamente. Esta procura da identidade manifestouse en publicacións nas cales os escritores e políticos valorizaban aquilo que vían como propio en oposición ao exterior, considerado como ameaza.

En 1856 tivo lugar o banquete de Conxo, no que confraternizaron estudantes e traballadores, e no que o galeguismo tomou características revolucionarias. Reivindicábase o dereito de Galiza a administrar os seus propios recursos, participando homes que terían grande protagonismo no movemento rexionalista galego, como Aurelio Aguirre ou mesmo Eduardo Pondal.

Adios rios, adios fontes,
Adios regatos pequenos,
Adios vista dos meus ollos
Non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
Terra donde m' eu criey,
Ortiña que quero tanto,
Figueiriñas que prantey,
Fragmento de Cantares gallegos [2]

Coa publicación en 1853 do primeiro libro escrito en lingua galega no século XIX, A gaita gallega, deuse un paso importante no sentido da normalización literaria galega. O seu autor foi Xoán Manuel Pintos, que xunto con Francisco Añón, Manuel Murguía e outros, pertence ao grupo chamado dos Precursores, que ía anticipar o movemento que recibiría o nome de "Rexurdimento" na cultura galega.

O Rexurdimento propiamente dito só chegaría coa publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro en 1863, obra que marcou a madureza deste "renacemento" da cultura galega. Outros escritores destacados foron Curros Enríquez (Aires da miña terra, 1880) e Eduardo Pondal (Queixumes dos pinos, 1886), que proporcionaron ao galego a plenitude literaria que perdera desde algúns séculos atrás.

A presenza da lingua galega nos xornais contribúe ao prestixio da lingua. No ano 1876 edítase, promovido por Valentín Lamas Carvajal, o considerado pioneiro dos xornais integramente en galego, O Tío Marcos da Portela. Este xornal, con marcado carácter anticaciquil, tivo un enorme éxito popular. Entre os anos 1886 e 1888 vaise consolidando o xornalismo en Galiza, coa aparición de novas iniciativas monolingües: O Galiciano, en Pontevedra; A Monteira en Lugo; e As Burgas, en Ourense.

Notas

  1. "Rexurdimento". Portal das Palabras. Consultado o 4 de setembro de 2016.
  2. Cantares gallegos na páxina da Real Academia Galega.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Andrés Martínez Salazar

Andrés Martínez Salazar, nado en Astorga o 8 de febreiro de 1846 e falecido na Coruña o 6 de outubro de 1923, foi un historiador, investigador e editor do rexurdimento galego.

Celtismo

O celtismo é un movemento social e cultural que trata de pór en valor a identidade céltiga coma trazo salientábel dentro dun determinado territorio baseándose en estudos científicos e etnografía comparada.

Eduardo Pondal

Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 8 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega, autor da letra do Himno de Galicia. Foi un dos tres grandes poetas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez. En 1965 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Francisco Añón

Francisco Añón Paz, nado en Boel, San Pedro de Outes, o 9 de outubro de 1812 e finado en Madrid o 20 de abril de 1878, foi un poeta e xornalista galego precursor do rexurdimento cultural galego do século XIX. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 1966.

Lingua finesa

O finés é, xunto co estoniano e o húngaro, unha das principais linguas discordantes dentro do monótono panorama indoeuropeo do vello continente. Emparentada fortemente co estoniano e distribuída fundamentalmente en Finlandia, a súa norma estándar baséase principalmente nas variantes xeográficas meridionais, pois antigamente tomábase como referencia a lingua da capital daquela, Turku. Con fortes contactos e influencias do sueco, o rexurdimento da lingua é recente e deuse a raíz da publicación do Kalevala.

Literatura galega

A literatura galega é aquela que se escribe en lingua galega. En xeral, a historia e evolución do idioma galego desde o seu nacemento no século IX até hoxe é irregular, de tal xeito que a momentos de esplendor lle suceden outros de decadencia.

Literatura galega do Rexurdimento

O Rexurdimento foi un movemento social, literario e intelectual, localizado no tempo na segunda metade do século XIX. Vería o seu inicio este período da literatura galega en 1863, coa publicación do poemario de Rosalía de Castro Cantares Gallegos. O seu final, porén, habería que situalo en 1890 coa publicación da obra de Valentín Lamas Carvajal A musa das aldeas.

Cando falamos do Rexurdimento literario, estámonos a referir sobre todo a un movemento poético, posto que a prosa e o teatro participarán del tardiamente.

Manuel Murguía

Manuel Antonio Martínez Murguía, nado no Froxel (Oseiro, Arteixo), o 17 de maio de 1833 e finado na Coruña o 1 de febreiro de 1923, foi un historiador galego que impulsou o Rexurdimento e creou a Real Academia Galega. No ano 2000 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

New Wave

O New Wave (nova onda) é un xénero musical xurdido entre mediados e finais dos anos 70 como derivado do punk rock, e que evolucionou de xeito independente na década dos 80. Inicialmente a música New Wave foi considerada o mesmo que o punk rock, ata que foi indentificado como un xénero de seu, incorporando aspectos da música electrónica e experimental, subcultura mod, disco e pop dos anos 60, así como gran parte do son e o carácter orixinal do punk rock, como a énfase nas cancións curtas e apegadizas. Nos anos 90 e 2000 houbo un renacer do xénero, e un feixe de bandas influenciadas por unha variedade de estilos de New Wave xurdiron acadando bastante popularidade a mediados da década dos 2000.

O New Wave diferenciase dos movementos post-punk porque presenta características máis comúns ao pop, en vez de buscar unha proposta máis artística, a pesar de que incorpora os son e a actitude do punk exhibindo maior complexidade tanto na música como nas letras. Carácterísticas comúns da música New Wave, ademais das súas influencias punk, son o uso de sintetizadores e producións electrónicas, e a importancia do estilo e da arte.

O New Wave é visto como un dos xéneros definitivos dos anos 80; converteuse nun fixo da MTV, e a popularidade de varios artistas New Wave foi parcialmente atribuída á exposición dada por esta canle. A mediados da década, as diferenzas entre o New Wave e outros xéneros comezaron a difuminarse. O estilo gozou dun rexurdimento nos anos 90, despois de que aumentase a infuencia do xénero en varios artistas desa década. Ese rexurdimento, e o porterior a comezos dos anos 2000 foi pequeno, pero no ano 2004 fíxose popular.

Precursores

Denomínanse como precursores aqueles escritores que desenvolveron a súa actividade literaria entre os anos 1833 e 1863. Son as voces ilustradas e patrióticas dos galegos que denuncian a situación da lingua e a cultura galegas.[Cómpre referencia] A súa temática é máis próxima ao realismo xa que primordialmente reflicten acontecementos que lles toca vivir a eles e aos do seu redor. Reciben este nome por cumpriren o papel de iniciadores da literatura galega e o renacemento da súa cultura. Os precursores desenvolven órganos xornalistas na lingua galega e así prepararon o terreo para a chegada do Rexurdimento pleno.

Premio Xoán Manuel Pintos

O Premio Xoán Manuel Pintos ao compromiso coa lingua é un premio convocado desde o ano 2005 polo Concello de Pontevedra e a Rede Amiga da Lingua para recoñecer o labor de impulso do uso da lingua galega e asemade manter viva a memoria do xurista e escritor Xoán Manuel Pintos, que foi figura central do Rexurdimento.

Rexurdimento celta

Coñécese como Rexurdimento celta o revivir do interese pola cultura, os mitos, lendas e a literatura dos "pobos celtas" que se produciu en Europa na segunda metade do século XVIII e continuou durante o Romanticismo e parte do século XX.

Século XIX

século XVIII < século XIX > século XX

Enténdese referido á era cristiá. Tempo entre o 1 de xaneiro de 1801 e o 31 de decembro de 1900. Considérase o século da "era moderna".

Xosé Pérez Ballesteros

Xosé Pérez Ballesteros, nado en Santiago de Compostela o 30 de xuño de 1833 e falecido na Coruña o 30 de outubro de 1918, foi un escritor en lingua galega e lingua castelá, e investigador do folclore galego do rexurdimento, que participou no labor cultural do provincialismo e do rexionalismo, un dos corenta fundadores e primeiro tesoureiro da Real Academia Galega, considerado como un dos precursores. A súa obra máis destacada foi a edición, en tres tomos, do Cancionero popular gallego (1885-1886).

Xoán Manuel Pintos

Xoán Manuel Pintos Villar, nado no Burgo (Pontevedra) o 16 de decembro de 1811 e finado en Vigo o 29 de xuño de 1876, foi un escritor galego. Está considerado un dos precursores do Rexurdimento literario, e dentro deles, pertencente á primeira xeración provincianista. A súa obra, como acontecía por norma xeral na época, está espallada en xornais, revistas e folletos, mais é A Gaita Gallega (1853), a única obra súa publicada en vida, a composición que o sitúa nun lugar importante dentro da literatura galega por ser a primeira escrita en galego moderno. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1975.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.