Rexistro Civil

O Rexistro Civil é un organismo administrativo ou servizo público, encargado de deixar constancia dos feitos ou actos relativos ó estado civil das persoas naturais, así como outros que as leis lles encomenden.

No Rexistro Civil inscríbense os nacementos, a filiación, o nome e apelido das persoas, os falecementos reais ou presuntos, os matrimonios. Así mesmo, pode corresponderlle, segundo o país, o rexistro das gardas, a patria potestade, as emancipacións, as nacionalizacións, os antecedentes penais e os vehículos que usen matrículas.

Os rexistros civís creáronse, primeiramente, en Francia no século XVIII, e logo a partir do século XIX, a súa existencia estendeuse ó resto do mundo como parte do proceso secularizador do Estado, por mor da separación da Igrexa e o Estado e o ditado de leis laicistas (ou laicas).

Rexistro Civil en España

En España, o Rexistro Civil é levado polos Xulgados de Primeira Instancia, ou, naquelas localidades onde os haxa, polos Xulgados de Paz. Administrativamente depende da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, pertencente ao Ministerio de Xustiza.

Véxase tamén

Outros artigos

3 de xaneiro

O 3 de xaneiro é o 3º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 362 días para finalizar o ano, 363 nos anos bisestos.

4 de xaneiro

O 4 de xaneiro é o 4º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 361 días para finalizar o ano, 362 nos anos bisestos.

A Arnoia

A Arnoia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2016 tiña 1002 habitantes (1040 en 2014). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arnoiao».

A Baña, A Baña

San Vincenzo da Baña é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés da Baña na Comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2016 tiña 538 habitantes (245 homes e 293 mulleres) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 820 habitantes.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".

Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964. En decembro de 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra como Ben de Interese Cultural inmaterial.

A Real Academia Galega de Belas Artes dedicoulle o Día das Artes Galegas 2016 polos "extraordinarios méritos artísticos" da súa obra.

Casamento civil

Casamento civil, ou matrimonio civil, é o matrimonio que se contrae, formaliza e inscribe ante as autoridades civís (rexistro civil, administración pública, xuíces ou autoridades municipais) e non ante as autoridades relixiosas, nin seguindo o rito dunha relixión (matrimonio relixioso).

Con todo, o matrimonio civil non exclúe necesariamente o matrimonio relixioso, e, de feito, en numerosos sistemas xurídicos, en caso de contraerse un matrimonio relixioso, o matrimonio civil ten lugar de forma simultánea a este.

Nalgúns países a institución do matrimonio civil responde a unha vontade de separar a institución do matrimonio da influencia das institucións relixiosas, inscribíndose así no movemento de separación de Igrexa e Estado ou laicismo, que comeza no século XVIII.

Daniel Westling Bernadotte

Olof Daniel Westling Bernadotte, nado como Olof Daniel Westling o 15 de setembro de 1973 en Örebro, é o consorte da princesa Vitoria de Suecia. Desde 19 de xuño de 2010, data da súa voda, é príncipe Daniel e duque de Västergötland. A parella ten dous fillos, a princesa Estela e o príncipe Óscar.

O seu título oficial é A súa alteza real Daniel, príncipe de Suecia, duque de Västergötland. e está anotado no rexistro civil como Olof Daniel Westling Bernadotte.

Demografía

A demografía (do grego δῆμος dēmos 'pobo' e γραφία grafía 'trazo') é a ciencia que ten como obxectivo o estudo das poboacións humanas e que trata da súa dimensión, estrutura, evolución e características xerais, considerados desde un punto de vista cuantitativo. Xa que logo a Demografía estuda estatisticamente a estrutura e a dinámica das poboacións humanas e as leis que rexen estes fenómenos. Os datos demográficos adoitan expresarse nunha pirámide de poboación.

Como fontes para coñecer os datos demográficos úsanse os censos, as enquisas, os padróns, ou rexistro Civil. En Galicia o Instituto Galego de Estatística contabiliza a demografía. En España encárgase o Instituto Nacional de Estadística

Enterro

Enterro defínese como a acción de enterrar un cadáver. En consecuencia, calquera outro destino que se dea aos cadáveres (sepulcro, nicho ou cremación) non entrará dentro do concepto estrito de enterro.

Eugenio Montero Ríos

Eugenio Montero Ríos, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1832 e finado en Madrid o 12 de maio de 1914, foi un destacado xurista e político galego, alcumado o "cuco de Lourizán" onde residiu até pouco antes de morrer.Foi partidario da separación entre Igrexa e Estado, e á súa iniciativa débense a Lei do Rexistro Civil e a Lei do Matrimonio Civil.

Honoré de Balzac

Honoré de Balzac, nado Honoré Balzac, en Tours o 20 de maio de 1799 e finado en París o 18 de agosto de 1850, foi un escritor, crítico literario, ensaísta, dramaturgo, xornalista e impresor francés. Destaca a súa inmensa produción novelesca que conta 137 novelas e novelas curtas publicadas entre 1829 a 1852.

Traballador furioso, debilitando a súa saúde xa precaria por excesos (morreu prematuramente aos 51 anos), endebedado por investimentos arriscados, fuxindo dos seus acredores baixo falsos nomes en diferentes moradas, Balzac mantivo numerosas relacións femininas con aristócratas e casou finalmente coa condesa Hanska en 1850, despois de cortexala durante preto de vinte anos.

Balzac é un dos mestres incontestados da novela francesa. Produciu en varios xéneros: a novela histórica, a novela política, con Les Chouans, a novela filosófica con Le Chef-d'œuvre inconnu, a novela fantástica con La Peau de chagrin, a novela «poética» con Le Lys dans la vallée. Pero as súas novelas realistas e psicolóxicas máis célebres como Le Père Goriot ou Eugénie Grandet, que constitúen unha parte moi importante da súa obra, induciron, a miúdo, unha clasificación redutora de «autor realista», mentres que se atopan na súa obra numerosos rastros do romanticismo da época, sobre todo o posto feito ao sentimento namorado en Les Chouans ou no Le Lys dans la vallée, ao fantástico en La Peau de Chagrin, ou aínda ás esgazaduras do xenio en Louis Lambert ..

Balzac organizou as súas obras nun conxunto de grande amplitude chamado a La Comédie humaine (A Comedia Humana). O título é unha referencia a Divina Comedia de Dante. O seu proxecto é explorar as diferentes clases sociais e os individuos que as compoñen, para "competir co rexistro civil" segundo a súa fórmula célebre. Reuniu os seus textos en conxuntos xenéricos: Études de mœurs (Estudos de costumes), Études analytiques (Estudos analíticos), Études philosophiques, (Estudos filosóficos). Se os Estudos de costumes son os máis numerosos, Balzac atribuíalle non obstante unha enorme importancia aos Estudos filosóficos, que eran segundo os seus propios termos «a clave que permite comprender o conxunto da miña obra», en particular, a La peau de chagrin .

Séguense reimprimindo as obras de Balzac, incluído as súas obras de xuventude. As súas novelas son aínda unha fonte inesgotable para o cine que adaptou dende 1906 La Marâtre (A madrasta), e que non remata de adaptar as súas novelas para a televisión, aproximadamente un centenar de películas e telefilmes en varios países.

Louis Aragon

Louis Aragon, nado probablemente en Neuilly-sur-Seine o 22 de outubro de 1897. e finado en París o 24 de decembro de 1982, foi un poeta e novelista francés.

Matrimonio entre persoas do mesmo sexo

O matrimonio entre persoas do mesmo sexo, tamén chamado matrimonio igualitario, matrimonio homosexual ou matrimonio gai, é o recoñecemento social, cultural e xurídico que regula a relación e convivencia de dúas persoas do mesmo sexo, con iguais requisitos e efectos que os existentes para os matrimonios entre persoas heterosexuais.

Nicolas Léonard Sadi Carnot

Nicolas Léonard Sadi Carnot, nado en París o 1 de xuño de 1796 e finado o 24 de agosto de 1832, correntemente chamado Sadi Carnot (Sadi é o seu único nome propio mencionado no rexistro civil, Nicolas Léonard son nomes de bautismo), foi un físico e enxeñeiro francés.

Oranjestad, Aruba

Oranjestad (Modelo:IPA-nl; literalmente cidade "laranxa") é a capital e maior cidade de Aruba. Oranjestad atópase na costa sur, cerca do extremo occidental do país insular. No idioma local, papiamento, Oranjestad chámase a miúdo simplemente "Playa". En 2010 a poboación da capital estímase en pouco menos de 30.000 habitantes.

Policía Federal Arxentina

A Policía Federal Arxentina (PFA) é a principal forza de seguridade a nivel federal da República Arxentina. Foi creada en 1943 sobre as bases da antiga Policía da Capital,que operou no ámbito da Cidade de Bos Aires desde 1880 ata ese ano. Dependente do Ministerio do Interior, conta con destacamentos en todas as provincias do país e na cidade de Bos Aires, onde exerce tamén as funcións de policía local en virtude do artigo 7º da denominada "Lei Cafiero". As provincias teñen policías propias, que traballan en moitos casos articuladas coa Policía Federal.

Organizada de xeito similar ao FBI estadounidense, está encargada da investigación de delitos que abarcan a xurisdición de dúas ou máis provincias, así como dos delitos de ámbito exclusivamente federal, contándose entre eles o narcotráfico, os delitos ambientais e a trata de persoas.

Conta ademais cunha axencia de intelixencia interior, así como co Instituto Universitario da Policía Federal Arxentina, que proporciona formación universitaria en dereito, criminalística e seguridade, entre outras áreas cognitivas.

Conta tamén con división de operacións especiais, o G.E.O.F. encargada de levar a cabo misións antiterroristas e de antinarcóticos, así como brindar protección a xefes de estado que visiten o país; e rescate de rehenes.

Desde 1962 é membro de Interpol.

A Policía Federal Arxentina tamén está encargada das tarefas de documentación e rexistro civil, e xestiona a emisión de pasaportes e cédulas de identidade malia non corresponderlle esas facultades como así o establece a lei 17.671.

Real Sociedad de Fútbol

A Real Sociedad de Fútbol, S.A.D., coñecida en éuscaro como Reala ou Erreala, é un club de fútbol fincado na capital de Guipúscoa, Donostia (País Vasco, España). Con máis de 25.000 socios, ten unha longuísima traxectoria na historia do balompé español.

Gañou dous campionatos da Liga española de fútbol, unha Copa do Rei e unha Supercopa de España, así como diversos subcampionatos en devanditas competicións e múltiples participacións europeas ao longo da súa historia, tres na Liga de Campións. Tras 40 tempadas consecutivas na Primeira División Española (1967-2007), o 17 de xuño de 2007, na última xornada da tempada 2006-07, perdeu a categoría, co que pasou a xogar en Segunda División. A tempada 2009-10 volve lograr o ascenso.

Ocupa o posto nº 8 na Clasificación histórica da Primeira División e o nº 184 na clasificación histórica mundial da IFFHS. É, ademais, o sexto equipo que máis internacionais achegou á Selección española de fútbol e ostenta o récord de xornadas consecutivas sen perder en Primeira.

O Athletic Club é o rival histórico da Real Sociedad por excelencia. Os dous equipos manteñen unha rivalidade desde os seus comezos, entre outras cousas porque son os dous principais equipos do País Vasco.

Rexistro

O termo rexistro pode referirse a:

Rexistro civil, organismo encargado de deixar constancia dos actos relativos ao estado civil das persoas;

Rexistro lingüístico, forma de falar dunha mesma persoa en función do contexto da comunicación.En informática e electrónica pode facer referencia a:

Rexistro do sistema, base de datos que almacena configuracións e opcións do sistema operativo Windows;

Rexistro do microprocesador, memoria de alta velocidade que almacena valores usados en operacións matemáticas;

Rexistro da base de datos, ítem único de datos implicitamente estruturados nunha táboa;

Rexistro electrónico, circuíto secuencial síncrono capaz de almacenar varios bits de información.tamén pode definir os seguintes elementos da teoría psicanalítica lacaniana:

Rexistro do simbólico, área dedicada a procesar estímulos acústicos para ser reducidos a símbolos;

Rexistro do imaxinario, área na cal predomina o procesamento da información visual;

Rexistro do real, área que se relaciona a áreas concretas do sistema nervioso central.

Uxío Novoneyra

Uxío Novoneyra, nado como Eugenio Novo Neira en Parada (Seoane do Courel, no concello de Folgoso do Courel), o 19 de xaneiro de 1930 e finado en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1999, foi un poeta e escritor galego. Sendo fillo dunha familia de labregos, O Courel foi o principal referente físico para os seus versos, considerados dos mellores no tocante á paisaxística, dentro da literatura galega. Xosé Luís Méndez Ferrín encadrouno dentro da Xeración das Festas Minervais. A Real Academia Galega escolleuno como figura homenaxeada no Día das Letras Galegas do ano 2010.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.