Rexencia

A rexencia (do latín regentia) é un período transitorio durante o cal unha personalidade (xeralmente da familia real) exerce o poder en nome do monarca titular xa sexa porque este é demasiado novo ou vello, por ausencia do mesmo, ou pola súa incapacidade para gobernar por si mesmo.[1] A rexencia cesa cando desaparece a causa que a motivou. A rexencia pode ser individual ou colectiva. Xeralmente exercen a rexencia persoas achegadas á Coroa como o pai ou a nai do rei, tamén o príncipe herdeiro no suposto caso de ausencia ou incapacidade do rei.

Marie-Christine de Bourbon-Siciles, Reine d'Espagne
María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias actuou como rexente durante a enfermidade e a morte do seu esposo Fernando VII, até que a súa filla Isabel II acadou a maioría de idade.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rexencia.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Afonso XIII de España

Afonso XIII, nado en Madrid o 17 de maio de 1886 e finado en Roma o 28 de febreiro de 1941, foi rei de España. Fillo póstumo de Afonso XII e de María Cristina de Habsburgo-Lorena, foi coroado rei no seu nacemento e reinou até 1931. A súa nai exerceu a rexencia da coroa durante a súa infancia.

Alxer

Alxer (en árabe: الجزائر‎, al-Jazā’ir; no dialecto árabe falado en Alxeria: دزاير, en bérber Dzayer tamaneɣt) é a capital e cidade máis importante de Alxeria. Situada no norte do país, na ribeira do Mar Mediterráneo, no oeste da baía do seu nome, Alxer é o principal porto do noroeste de África. Se facemos coincidir a cidade coa daira de Sidi M'Hamed, que abrangue a maior parte do núcleo urbano, a poboación superaría lixeiramente os 250.000 habitantes, pero na aglomeración viven case sete millóns de habitantes, o que converte Alxer na cidade máis importante do Magreb.

De fundación fenicia, denominada Icosium polos romanos, foron os bérberes a partir do ano 950 os que lle deron o seu aspecto actual, o da cidade alta ou Casbah que ascende por un outeiro coa configuración labiríntica habitual do urbanismo árabe. Posteriormente, a ocupación francesa a partir do século XIX estendeu unha cidade moderna de corte europeo na parte baixa en torno ao porto e a baía.

Carlismo

O carlismo é un movemento político lexitimista de carácter antiliberal e antirrevolucionario que pretende o establecemento dunha rama alternativa da dinastía dos Borbóns no trono español. No século XX unha parte do carlismo evolucionou cara o socialismo autoxestionario.

Carlos II de España

Carlos II de España, chamado «o Enfeitizado», tamén coñecido como Carlos II de Habsburgo, nado en Madrid, España o 6 de novembro de 1661 e finado na mesma cidade o 1 de novembro de 1700), foi Rei de España entre 1665 e 1700, último da Casa de Austria. Fillo e herdeiro de Filipe IV e de Mariana de Austria, permaneceu baixo a rexencia da súa nai ata que alcanzou a maioría de idade en 1675. O seu alcume víñalle da atribución do seu lamentable estado físico á bruxería e influencias diabólicas. Parece ser que o sucesivos matrimonios consanguíneos da familia real produciron tal dexeneración que Carlos creceu raquítico, enfermizo e de curta intelixencia, ademais de estéril (sospéitase que sufría o síndrome de Klinefelter), o que carreou un grave conflito sucesorio, ao finar sen descendencia e extinguirse así a rama española dos Austrias.

Coroa de Castela

A Coroa de Castela foi unha entidade histórica da Península Ibérica que desde o 1230 comprendía un conxunto de reinos asociados dinasticamente baixo a figura dun común monarca, que tiñan o seu centro de decisión no reino de Castela. A súa orixe remóntase ao ano 1230, cando Fernando III o Santo, rei de Castela e de Toledo desde 1217, usurpou o goberno dos reinos de Galicia e León ás súas medias-irmás e previsibles futuras raíñas Sancha e Aldonza..

Distrito Federal, Brasil

O Distrito Federal é unha das vinte e sete unidades federativas do Brasil. Está situado na Rexión Centro Oeste e limita co estado de Goiás ao sur, oeste, norte e leste e Minas Xerais a sueste. Está dividido en 31 rexións administrativas e súa área total é de 5.801,937 km², sendo así a menor unidade federativa brasileira. No seu territorio, está localizada a capital federal do Brasil, Brasilia, que é tamén a sede de goberno do Distrito Federal.

O actual Distrito Federal foi ideado a través dun proxecto do entón presidente Juscelino Kubitschek de mudar a capital nacional de Río de Xaneiro cara o centro do país. Até a creación de Brasilia, antes de Río de Xaneiro, a capital era Salvador. No período colonial brasileiro (1500-1815), a área formaba parte da Capitania de San Xurxo dos Ilhéus, baixo a rexencia de Jorge de Figueiredo Correia. Porén, co fin das capitanías no Brasil, xurdiron diversas cidades na rexión, incluíndo Ilhéus e, máis tarde, a propia Brasilia, construída por iniciativa do presidente brasileiro Juscelino Kubitschek.

Eleccións xerais de España de 1901

As Eleccións Xerais de 19 de maio de 1901 en España foron convocadas na minoría de idade de Afonso XIII, sendo rexente a súa nai María Cristina de Habsburgo-Lorena. A súa base legal foi a Constitución española de 1876, vixente ata 1931 na coñecida como Restauración borbónica en España.

Hadrián VI, papa

Hadrián VI, nado co nome de Adriaan Florenszoon Boeyens, tamén coñecido como Adriano de Utrecht, nado en Utrecht (daquela pertencente ao Sacro Imperio Romano Xermánico) o 2 de marzo de 1459 e finado en Roma o 14 de setembro de 1523, foi papa da Igrexa católica entre o 9 de xaneiro de 1522 e o 14 de setembro de 1523.

Lonxe da avidez, as manobras e a longa espera de anteriores aspirantes ao trono de San Pedro no afán por acadalo, Hadrián mostrouse indiferente ao cargo, non fixo nada por acadalo e, mergullado como estaba nas intricadas tarefas da rexencia de España, nin sequera asistiu ao conclave no que foi designado. De todos modos, a súa aparente desidia por erixirse na máxima autoridade da igrexa católica estaba plenamente compensada co interese do seu egrexio discípulo, o emperador Carlos V, que premeu canto foi necesario para lograr a chegada ao solio pontificio do seu antigo preceptor.

Independencia

A independencia, termos políticos, é a situación dun país que detenta e goza, ademais do dereito de autodeterminación, o de soberanía.

Lista de presidentes de España

Até 1834 a denominación oficial foi a de Secretario de Estado de España. Ese ano comezou a se empregar a de Presidente do Consello de Ministros, que se mantivo até 1967 en que apareceu a de Presidente do Goberno de España, aínda que non se fai efectiva como denominación até 1973 co nomeamento de Luis Carrero Blanco.

María Cristina de Habsburgo-Lorena

María Cristina de Habsburgo-Lorena (de nome completo Maria Christina Désirée Henriette Felicitas Rainiera von Habsburg-Lothringen), nada en Gross-Seelowitz, Moravia (Imperio Austríaco) o 21 de xullo de 1858 e finada en Madrid o 6 de febreiro de 1929, Exerceu de raíña consorte de España entre 1879 e 1885 polo seu casamento con Afonso XII (foi a segunda esposa). Cando este morreu converteuse na raíña rexente durante a minoría de idade do seu fillo Afonso XIII entre 1885 e 1902. Era coñecida popularmente co alcume de "dona Virtudes".Por dereito de nacemento era arquiduquesa de Austria e princesa de Hungría, Bohemia, Croacia, Dalmacia e Eslavonia. Por vía materna, gardaba parentesco coa familia real española e austríaca, posto que era tataraneta de Carlos III de España e bisneta de Leopoldo II de Austria.

Obelisco dos Cantóns

O Obelisco dos Cantóns é un monumento da cidade da Coruña, situado na rúa do Cantón Grande. Foi construído en 1895 en memoria de Aureliano Linares Rivas, deputado, senador e ministro compostelán durante a rexencia de María Cristina.

A denominación de obelisco, que lle deron, é inexacta, pois o monumento é en realidade unha columna conmemorativa.

Pedro de Portugal

Pedro de Portugal, duque de Coímbra (Lisboa 1392 - 1449) infante de Portugal e rexente (1439-1448).

Desde o seu nacemento Pedro foi un dos fillos favoritos do rei Xoán I. O seu pai dotouno dunha educación excepcional. En 1415 viaxou á beira do seu pai e os seus irmáns na expedición portuguesa contra Ceuta, e foi nomeado cabaleiro ese ano. Foi entón cando o seu pai lle concedeu o ducado de Coímbra a el e o ducado de Viseu ó seu outro irmán, Henrique o navegante.

Cando o seu irmán Duarte I de Portugal morreu o 1438, o seu fillo Afonso V ascendeu ao trono, baixo a rexencia da súa nai Leonor de Aragón. Pero a rexencia estivo marcada polo conflito debido á súa impopularidade polo feito de ser muller e estranxeira. Así o 1439, Xoán de Portugal, duque de Aveiro, solicitou a xuntanza das Cortes que designaron Pedro rexente do reino, unha opción que satisfixo o pobo e a burguesía. Pero unha parte da nobreza, a que se atopaba ao redor de Afonso de Portugal, medio irmán de Pedro e conde de Barcelos, preferiu Leonor. Comezou unha guerra de influencias e poucos anos máis tarde Afonso logrou ter ó seu sobriño Afonso V de Portugal baixo o seu dominio político, converténdose no tío preferido do rei.

En 1443, nunha postura de reconciliación, Pedro nomeou ó seu medio irmán Afonso, primeiro duque de Braganza. No 1445 Afonso oféndese pola elección dunha filla de Pedro como dona de Afonso V. Indiferente ás intrigas Pedro continuou a súa rexencia, o país prospera e concédense as primeiras axudas para a exploración do océano Atlántico feita por Henrique o navegante.

O 9 de xuño de 1448 Afonso V accedeu a maioría de idade polo que Pedro renunciou a rexencia O rei Afonso V por influencia do seu tío Afonso anula tódalas leis e editos de Pedro. Por unha falsa acusación o rei amosa inimizade co seu tío e sogro, declarándoo rebelde ao reino. Na batalla de Alfarrobeira do 20 de maio de 1449, preto de Alverca, Pedro de Portugal resultou derrotado e morto.

Provincia

Unha provincia é un tipo de división administrativa, que confire certas funcións, a nivel administrativo, ó territorio que representa. Tamén se chama provincia ao territorio limitado pola división administrativa antedita.

Este termo utilizase con características diferentes seguindo os países e as épocas históricas. Polo tanto unha provincia abarca realidades de organización territorial diversas.

Reinado de Isabel II de España

O reinado de Isabel II é o período da historia contemporánea de España comprendido entre a morte de Fernando VII en 1833 e o triunfo da Revolución de 1868, que obrigou á raíña a marchar ao exilio. O seu reinado está dividido en dúas grandes etapas: a minoría de idade (1833-1843) durante a que asumiron a rexencia, primeiro a súa nai María Cristina de Borbón e, despois, o xeneral Baldomero Espartero; e o reinado efectivo que comeza coa declaración polas Cortes en 1843 da maioría de idade da raíña adiantada aos trece anos. Ao longo do seu reinado produciuse a configuración do Estado liberal en España.

Tras a morte de Fernando VII o 29 de setembro de 1833, a súa dona María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias asumiu a rexencia co apoio dos liberais, en nome da súa filla e futura raíña, Isabel II. O conflito co seu cuñado, Carlos María Isidro de Borbón, que aspiraba ao trono en virtude dunha pretendida vixencia da Lei Sálica —xa derogada por Carlos IV e o propio Fernando VII— levaron ao país á Primeira Guerra Carlista.

Tras a breve rexencia de Espartero que sucedeu á rexencia de María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias, Isabel II foi proclamada maior de idade con so trece anos por resolución das Cortes Xerais en 1843. Así comezou o reinado efectivo de Isabel II que soe dividirse en catro períodos: a década moderada (1844-1854); o Bienio Progresista (1854-1856); a etapa dos gobernos da Unión Liberal (1856-1863) e a crise final (1863-1868).

O reinado de Isabel II caracterizouse por un intento modernizador de España que se viu contido, porén, polas tensións internas dos liberais, a presión que seguiron exercendo os partidarios do absolutismo máis ou menos moderado, os gobernos totalmente influídos polo estamento militar e o fracaso final ante as dificultades económicas e a decadencia da Unión Liberal que levaron a España á experiencia do Sexenio Democrático. Tamén influíu moito no seu reinado a súa propia personalidade, sen dotes para o goberno e controlada en todo momento polas Cortes, especialmente pola súa propia nai, e tamén polos xenerais Narváez, Espartero e O'Donnell, o que impedíu que se consolidase o tránsito do Antigo Réxime ao Estado Liberal, polo que España chegou ao último terzo do século XIX en condicións desfavorables respecto a outras potencias europeas.

Reis Católicos

Os Reis Católicos foi a denominación que recibiron os reis Fernando II de Aragón e Isabel I de Castela, soberanos da Coroa de Castela (1474-1504) e da Coroa de Aragón (1479-1516).

Os Reis accederon ao trono de Castela trala Guerra de Sucesión Castelá (1475-1479) contra os partidarios da princesa Xoana a Beltranexa, filla do rei Henrique IV de Castela. En 1479 Fernando herdou o trono de Aragón ao morrer o seu pai, o rei Xoán II de Aragón. Isabel e Fernando reinaron xuntos ata a morte dela en 1504. Entón Fernando quedou unicamente como rei de Aragón, pasando Castela á súa filla Xoana, alcumada "a Tola", e ao seu marido Filipe de Austria, alcumado "o Fermoso", Arquiduque de Austria, duque de Borgoña e conde de Flandres. Con todo Fernando non renunciou a controlar Castela e, tras morrer Felipe en 1506 e ser declarada Xoana incapaz, conseguiu ser nomeado rexente do reino ata a súa morte en 1516.

A historiografía española considera o reinado dos Reis Católicos como a transición da Idade Media á Idade Moderna. Co seu enlace matrimonial uníronse provisionalmente, na dinastía dos Trastámara, dúas coroas: a Coroa de Castela e a Coroa de Aragón dando nacemento ao Imperio Español e, apoiados polas cidades e a pequena nobreza, estableceron unha monarquía forte fronte ás apetencias de poder de eclesiásticos e nobres. Coa conquista do Reino de Granada, do Reino de Navarra, de Canarias, de Melilla e doutras prazas africanas conseguiron a unión territorial baixo unha soa coroa da totalidade dos territorios que hoxe forman España –exceptuando Ceuta e Olivenza que entón pertencían a Portugal–, que se caracterizou por ser persoal, xa que se mantiveron as soberanías, normas e institucións propias de cada reino e coroa.

Os Reis estableceron unha política exterior común marcada por enlácelos matrimoniais con varias familias reais de Europa que resultaron na hexemonía dos Habsburgo durante os séculos XVI e XVII.

Por outra banda, o descubrimento de América, en 1492, modificou profundamente a historia mundial.

Xoán VI de Portugal

Xoán VI de Portugal, nado en Lisboa o 13 de maio de 1767 e finado na mesma cidade o 10 de marzo de 1826, alcumado o Clemente, foi rei do Reino Unido de Portugal, Brasil e Algarve desde 1816 a 1822, de facto, e desde 1822 ata 1825, de iure. Desde 1825 foi rei de Portugal ata a súa morte en 1826. Polo Tratado do Río de Xaneiro, que recoñecía a independencia de Brasil do Reino Unido de Portugal, Brasil e Algarve, Xoán VI tamén foi emperador titular, aínda que foi o seu fillo Pedro I, o emperador de Brasil de facto.

Foi un dos últimos representantes do absolutismo, Xoán VI viviu un período tumultuoso e o seu reinado non coñeceu unha paz duradeira. Non esperaba converterse en rei; só foi herdeiro da Coroa trala morte do seu irmán maior, Xosé. Asumiu a rexencia cando a súa nai, María I foi declarada mentalmente incapaz. Tivo que enfrontarse coa constante inxerencia nos asuntos do reino de nacións máis poderosas, sobre todo España, Francia e Inglaterra. Obrigado a fuxir de Portugal pola invasión napoleónica, chegou a Brasil, enfrontouse a revoltas liberais, similares ás da metrópole e foi obrigado a volver a Europa no medio de novos conflitos. O seu matrimonio tamén foi accidentado e a súa esposa, Carlota Xoaquina de Borbón, conspirou contra el en diversas ocasións en favor de intereses persoais ou de España, o seu país natal. Perdeu Brasil cando o seu fillo Pedro proclamou a independencia e viu á súa outro fillo Miguel, rebelarse para depoñelo. Finalmente, comprobouse que morreu envelenado.

Creou en Brasil diversas institucións e servizos que foron a base da autonomía nacional, polo que para moitos investigadores é o verdadeiro mentor do Estado brasileiro. Malia iso, é hoxe un dos personaxes máis ridiculizados da historia luso-brasileira e acúsaselle de indolente, falta de tino político e constante indecisión, sen falar que a súa persoa foi retratada frecuentemente como grotesca, o que, segundo a historiografía máis recente, é na maior parte dos casos unha imaxe inxusta.

Ángel Urzáiz

Ángel Urzáiz Cuesta, nado en El Puerto de Santa María (provincia de Cádiz) o 21 de febreiro de 1856 e finado en Madrid o 1 de maio de 1926, foi un avogado, xornalista e político español, foi ministro de Facenda durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena e durante o reinado de Alfonso XIII.

Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.