Revolución Francesa

Véxase tamén: Revolución de 1830 e Revolución Francesa de 1848.

A Revolución Francesa[1] de 1789 xurdiu a consecuencia das ideas da Ilustración e en contra do Antigo Réxime e o poder do clero e da nobreza no Reino de Francia. A Revolución Americana serviría de exemplo aos ideais de liberdade e igualdade.

A revolución dá inicio á era moderna na Francia. Acabou co feudalismo en Francia e proclama os principios de "Liberdade, Igualdade e Fraternidade" (Liberté, Egalité, Fraternité). Acabou tamén cos privilexios da nobreza e de castas e comezaron a imperar os ideais igualitarios.

Antecedentes ideolóxicos

Os escritores ilustrados do século XVIII, filósofos, politicólogos, científicos e economistas, denominados comunmente philosophes e, a partir de 1751, os enciclopedistas, contribuíron a minar as bases do dereito divino dos reis. Pero xa no racionalismo de René Descartes podería quizais encontrarse o fundamento filosófico da Revolución. Deste modo, a súa proposición "Penso, logo existo" levaría implícito o proceso contra Lois XVIOutubro 2015[Cómpre referencia].

A corrente de pensamento vixente en Francia era a Ilustración, cuxos principios se baseaban na razón, a igualdade e a liberdade. A Ilustración tería servido de pulo ás Trece Colonias norteamericanas para a independencia da súa metrópole europea. Tanto a influencia da Ilustración coma o exemplo dos Estados Unidos serviron de impulso ideolóxico para o inicio da revolución en Francia.

As causas da Revolución

En 1789 gobernaba en Francia Luís XVI, e baixo o seu reinado aumentou o descontento contra a monarquía absoluta e o Antigo Réxime. As causas desta crise foron variadas:

  • Difusión das ideas ilustradas, como a soberanía nacional, a separación de poderes e as críticas contra o absolutismo e a sociedade estamental.
  • Desigualdade da sociedade estamental: fronte a ela, a burguesía aspiraba a participar no poder político, e as clase populares a suprimir os dereitos feudais.
  • Máis colleitas, que encarecían o prezo dos alimentos e xeraban un profundo malestar social.
  • Crise financeira: o Estado sufría un enorme déficit económico que requiría unha reforma fiscal para que os privilexiados pagasen impostos.[2]

Historia

Ouverture des États généraux de 1789 à Versailles
5 de maio de 1789. Inauguración dos Estados Xerais en Versalles.

Francia pasaba por un período de crise económica despois de anos de prosperidade. A participación francesa na guerra da Independencia dos Estados Unidos de América e mailos elevados custos da corte do rei Luís XVI deixaran as finanzas do país en mal estado, o tesouro estaba practicamente baldeiro e os campesiños e artesáns afundíanse na miseria como consecuencia dos impostos e de varios anos de malas colleitas, ao que se xuntaba os intereses da burguesía francesa que quería participar no poder político e rematar co réxime absolutista.

A decisión do rei de facer pagar impostos á nobreza para evitar a bancarrota do Estado obrigou a que o rei convocara os Estados Xerais, asemblea de orixe medieval que non se xuntaba desde séculos atrás, co fin de anunciar o aumento dos impostos para facer fronte a aquelas dificultades financeiras acabaría por desencadear a revolución, xa que era a oportunidade que estaba a agardar a burguesía que estaba tamén representada nos Estados Xerais como terceiro estado.

Os burgueses de París provocaron unha serie de grandes manifestacións populares, a máis importante foi a que rematou no asalto á Bastilla o 14 de xullo de 1789, que asustaron ao rei e obrigaron a ceder aos seus desexos; os Estados Xerais convertéronse na Asemblea Constituínte, xa controlada pola burguesía, que suprimiu os privilexios da nobreza, deu fin ao absolutismo e instaurou a monarquía constitucional; decretou que o poder residía no pobo e proclamou as liberdades políticas, o cal deu orixe á aparición dos partidos políticos.

Os máis importantes foron os xirondinos, representantes dos intereses da alta burguesía que consideraba que a revolución triunfara e non debía seguir adiante e os xacobinos, representantes da clase media que aspiraban a seguir cunha revolución que destituíra ao rei e proclamara unha república.

Ademais destas dúas forzas xurdiron clubs, organizacións populares que agrupaban cidadáns de ideoloxía e condición social semellante, o club dos xacobinos foi o máis importante, formado por membros do partido xacobino, e o club dos cordeliers que promoveu numerosas manifestacións populares.

Luís XVI cada volta estaba nunha situación máis incómoda xa que non aceptaba a perda do seu poder e o desprazamento da nobreza, en xuño de 1791 fuxiu de París en segredo pero antes de poder cruzar a fronteira descubrírono e foi enviado de volta a París. En abril de 1792 Francia entraba en guerra con Austria e moi pronto estendeuse a toda Europa, cando se tivo coñecemento dunhas cartas do rei chamando os austríacos a marchar sobre a capital francesa o rei foi encarcerado, xulgado por traizón e condenado a morte na guillotina ao tempo que se proclamaba a República.

O Terror

Artigo principal: O Terror.
Bonaparte premier Consul Gérard Chantilly
Napoléon Bonaparte, Primeiro cónsul, 1803.

Esta situación favoreceu o triunfo dos xacobinos dirixidos por Maximilien de Robespierre que acabou por establecer unha ditadura mediante a aplicación sistemática do Terror mediante o Tribunal de Salvación Pública que enviou a milleiros de franceses sospeitosos de opoñerse á República á guillotina.

O réxime de Robespierre tivo éxito en rexeitar a invasión estranxeira e en imposibilitar calquera intento de restauración monárquica pero un sector ata entón colaborador de Robespierre comezou a afastarse alarmado polo aumento do protagonismo das masas en París.

O Directorio

Artigo principal: Directorio (Francia).

O 27 de maio de 1794 un golpe de Estado supuxo a fin do goberno dos xacobinos, establecéndose un Directorio controlado pola alta burguesía, o que non impediu que o resto de Europa seguise vendo Francia como un perigo que pretendía estender os ideais revolucionarios polo continente polo que o enfrontamento armado continuou pero a partir de 1796 foi Francia a que tomou a iniciativa contraatacando e ocupando varios estados europeos, nos cales estableceu repúblicas ao estilo francés.

O Consulado

Artigo principal: Consulado (Francia).

Neste cambio estratéxico foi fundamental a figura dun xeneral novo, Napoleón Bonaparte que se converteu nunha das figuras máis populares de Francia e, en novembro de 1799, diante o rumor que afirmaba que os xacobinos estaban preparando un golpe de Estado acudiu coas súas tropas a París e co pretexto de establecer a orde tomou o poder, dando el mesmo o golpe do 18 de brumario que acabou co Directorio, establecendo un goberno persoal, o Consulado, que culminou, en 1804, cando Bonaparte se proclamou emperador.

Datas e feitos esenciais

Troisordres
O Terceiro Estado cargando do Primeiro e do Segundo Estado.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Xirondino. (véxase a 1ª acepción).
  2. Fernández Bulete, Virgilio (2010). Ciencias sociais: Historia. SM Xerme. ISBN 978-84-9854-281-3.

Véxase tamén

Outros artigos

30 de outubro

O 30 de outubro é o 303º día do ano do calendario gregoriano (304º nos anos bisestos). Quedan 62 días para finalizar o ano.

Conservadorismo

O conservadorismo é unha filosofía política e social que defende o mantemento das institucións sociais tradicionais no contexto da cultura e da civilización. Segundo algunhas definicións, os conservadores procuraron varias veces preservar as institucións, incluíndo a relixión, a monarquía, o goberno parlamentar, os dereitos de propiedade e a xerarquía social, enfatizando a estabilidade e a continuidade, mentres que os elementos máis extremos chamados reaccionarios opóñense ó modernismo e buscan unha volta á "maneira como eran as cousas".O primeiro uso estabelecido do termo nun contexto político orixinouse con François-René de Chateaubriand en 1818, durante o período de restauración borbónica que procurou reverter as políticas da Revolución Francesa. O termo, historicamente asociado coa política de dereita, dende entón foi usado para describir unha ampla gama de puntos de vista.Non hai un único conxunto de políticas que sexan universalmente consideradas como conservadoras, porque o significado de conservadorismo depende do que é considerado tradicional nun determinado lugar e tempo. Deste xeito, conservadores de diferentes partes do mundo, cada un mantendo as súas respectivas tradicións, poden discordar nunha ampla gama de cuestións. Edmund Burke, un político do século XVIII que se opuxo á Revolución Francesa, mais apoiou a Revolución Americana, é acreditado como un dos principais teóricos do conservadorismo na Gran Bretaña da década de 1790. De acordo con Quintin Hogg, Presidente do Partido Conservador británico (Partido Conservador) en 1959, "o conservadorismo non é tanto unha filosofía senón unha actitude, unha forza constante, desempeñando unha función intemporal no desenvolvemento dunha sociedade libre e correspondente a unha esixencia profunda e permanente da propia natureza humana". En contraste coa definición de conservadorismo baseada na tradición, teóricos políticos como Corey Robin definen o conservadorismo principalmente en termos dunha defensa xeral da desigualdade social e económica. Nesa perspectiva, o conservadorismo é menos unha tentativa de defender as institucións tradicionais e máis "unha meditación sobre, e unha interpretación teórica, da experiencia sentida de ter poder, velo ameazado e tentar recuperalo".

Década de 1790

A década de 1790 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1790 e remata o 31 de decembro de 1799.

Edmund Burke

Edmund Burke, nado en Dublín o 12 de xaneiro de 1729 e finado en Beaconsfield o 9 de xullo de 1797) foi un escritor, filósofo e político irlandés, membro do partido whig, apoiou a causa dos revolucionarios americanos e opúxose á Revolución Francesa, figura central da facción conservadora dos whigs, está considerado creador dos alicerces filosóficos do conservadorismo moderno. Considerado o pai do liberal-conservadorismo británico ou old whigs (vellos liberais), en contraposición aos new whigs (novos liberais ou liberal-progresismo) que a diferenza dos primeiros apoiaban a Revolución francesa.

Franco francés

O franco (representado polo símbolo ₣ ou máis común F) foi a antiga moeda da Francia. Entre 1369 e 1641, foi o nome que recibía unha livre tournois ou libra de Tours. Foi reintroducida (en formato decimal) en 1975 e foi a moeda nacional ata a introdución do euro en 1999, para propósitos estatísticos e en 2002, de maneira oficial.

Idade Moderna

A Idade Moderna queda comprendida entre dúas datas simbólicas:

1453, Caída de Constantinopla ou 1492 Descubrimento de América.

1789, Revolución francesa.Pero a Idade Moderna non comeza dun xeito brusco ou repentino. Existe dacabalo da Baixa Idade Media e da Idade Moderna, un período de transición chamado Renacemento. Con el, prodúcese un cambio notable en tódalas ordes da actividade humana.

Son características da Idade Moderna as seguintes:

Consolidación das nacionalidades.

Formación de grandes imperios coloniais, como consecuencia dos descubrimentos xeográficos e da forza política do absolutismo.

A loita contra toda potencia que quixera impo-la súa hexemonía (primeiro España e logo Francia), ata chegar ó equilibrio do século XVIII.

Aparición e desenvolvemento das ideas liberais fronte ó absolutismo monárquico que desembocaría na Revolución francesa.

La Marseillaise

La Marseillaise (A Marsellesa literalmente en francés) é o himno nacional de Francia, oficialmente dende o 14 de xullo de 1795.

Foi prohibido durante o Imperio e a Restauración. Volveu ser o himno nacional a partir da III República. Sendo novamente prohibido entre 1940-1945. O seu canto era considerado como un elemento de resistencia á ocupación alemá e ao goberno colaboracionista de Vichy.

Liberté, égalité, fraternité

Liberté, égalité, fraternité (Liberdade, igualdade, fraternidade en francés) é o lema da república francesa, foi o lema da Revolución Francesa e é tamén a divisa da Francmasonería. O slogan sobreviviu á revolución, converténdose no berro dos activistas, tanto militantes como non-violentos, a favor da democracia e do derrocamento de gobernos opresores e tiránicos de todo tipo. O lema aparece citado nas constitucións francesas de 1946 e 1958 (en ambas as dúas atópase no título primeiro - Da soberanía, artigo 2).

Orixinalmente a divisa era Liberté, égalité, fraternité, ou a mort! (¡Liberdade, igualdade, fraternidade ou a morte!).

Durante a ocupación alemá de Francia durante a II Guerra Mundial o lema foi substituído na zona do Goberno de Vichy pola frase Travail, famille, patrie (Traballo, familia, patria) para evitar posibles interpretacións subversivas.

Luís XVI de Francia

Luís XVI de Borbón, nacido en 1754 en Versalles e executado o 21 de xaneiro de 1793 en París, foi rei de Francia (1774-1789), e despois rei dos Franceses (1789-1792). Era fillo do delfín Luís e de María Xosefa da Saxonia e esposo de María Antonieta de Austria (con quen casou aos 16 anos).

Cando subiu ao trono, as finanzas reais non se encontraban nunha situación favorable, e así permaneceron até a chegada da Revolución Francesa, altura en que Luís XVI foi deposto. Aconsellado por Maurepas, escolleu para ministros homes de talento: Saint-Germain, Turgot, Malesherbes. Reconvocou o Parlamento, mais este volveu a facerlle oposición. O rei tivo que abandonar os seus ministros reformistas (1776), substituíndoos por Necker, tamén destituído despois de ter publicado a Prestación de contas ao rei sobre o estado das finanzas (1781).

Non é capaz de evitar a Revolución, apoiando as reformas económicas e sociais propostas por Turgot e Necker, nin tornarse líder popular, por non comprender as aspiracións do pobo.

A política exterior feita por Vergennes e o Tratado de Versalles restauraron o prestixio de Francia. Mais, no interior do país, a oposición creceu; Calonne, seguido de Loménie de Brienne, tentou en van resolver a crise financeira. Convocou a alta aristocracia na Asemblea dos Notables (1787) e nada conseguiu. Luís XVI tivo que chamar de volta a Necker (1788) e prometer a convocación dos Estados Xerais, que estaban á marxe do goberno desde había 175 anos. Os Estados Xerais, que se reuniron en Versalles en 1789, son a reunión dos tres estamentos da sociedade desde a Idade Media: o nobre que loita (1º estado), o clero que reza (2º estado) e o campesiñado que traballa (3° estado). Estes feitos marcaron o início da Revolución.

Os deputados do Terceiro Estado constituíron a Asemblea Nacional e despois Asemblea Constituínte. A familia real foi levada à forza de Versalles para París (outubro de 1789) e a súa tentativa de fuxir do país foi frustrada en Varennes (20 de xuño de 1791), cando foi feita prisioneira da Comuna insurrecional (10 de agosto). A monarquía foi abolida o 21 de setembro de 1792. Luís XVI, desmoralizado pola súa errada tentativa de fuga e polas súas negociacións co estranxeiro, perdeu completamente a popularidade. Encerrado no Templo e acusado de traizón, foi xulgado pola Convención e condenado a morte, sendo guillotinado o 21 de xaneiro de 1793. A raíña consorte María Antonieta foi executada seis meses despois. A súa morte provocou a unión dos soberanos europeos contra a Francia revolucionaria.

Pénsase que as chamas da Revolución en parte, foron influenciadas polas mentiras que rodearom o famoso escándalo do colar, polo feito do rei dar voz á súa esposa, imprudentemente, sobre asuntos políticos e aínda o odio que moitos membros da nobreza e clero tiñan contra María Antonieta, da liñaxe dos Habsburgo, eternos rivais dos Borbóns e pola súa frivolidade e gusto polo luxo.

Muller

Unha muller (do latín mulĭer, -ēris) ( pronunciación ), é un ser humano de xénero feminino. O término muller adoita estar reservado para unha persoa adulta, sendo o termo meniña o termo habitual para unha nena ou adolescente. Muller tamén remite a distincións de xénero de carácter cultural e social que se lle atribúen así como ás diferenzas sexuais e biolóxicas da femia na especie humana fronte ao macho. Conta con aspectos físicos que a diferencian do varón da especie como voz máis aguda, cintura máis estreita, cadeira máis ancha e pelve máis ampla, menos pelame corporal, menos masa muscular e máis tecido adiposo, mamas máis grandes e é de menor estatura comparada co varón.

O Día Internacional da Muller Traballadora celébrase o día 8 de marzo.

Museo do Louvre

O Museo do Louvre (en francés: Musée du Louvre) é un dos museos máis importantes do mundo. Está situado en París, Francia, no palacio do Louvre. As súas coleccións son o resultado dun esforzo histórico: por unha banda, as coleccións reais, por outra, o esforzo dos homes da Ilustración e o labor desamortizador da Revolución francesa. A creación do museo do Louvre significou, dentro da historia dos museos, o paso das coleccións privadas ás públicas, para goce do conxunto da sociedade. Constitúe o precedente de todos os grandes museos nacionais europeos e norteamericanos. Con 8,3 millóns de visitantes en 2006 é, con moita diferenza, o museo de arte máis visitado do mundo.

Parque de Vioño

O Parque de Vioño é unha zona verde municipal na cidade da Coruña. Foi inaugurado en decembro de 2006 cunha superficie de 37 049 metros cadrados.Leva o nome da aldea derrubada no mesmo lugar para a construción do propio parque así como da urbanización que se xestou arredor do mesmo. Asemade, foron conservados algúns dos hórreos xa existentes no lugar, que ficaron integrados dentro da zona verde.

O seu perímetro está delimitado polas rúas Revolución Francesa, José María Rivera Corral, Isaac Peral e Pasteur. Cara o SO do parque atópase o polígono industrial da Agrela.

Progresismo

O progresismo é un posicionamento ideolóxico de aplicación xenérica que agrupan doutrinas filosóficas, éticas e políticas identificábeis dun modo amplo coa Revolución francesa de 1789 e movementos sociais nos Estados Unidos a inicios do século XIX. En termos sociais, o progresismo tende a ser identificado coa loita polas liberdades individuais e homologado ao concepto liberal. Na actualidade, o progresismo varía nas súas posturas dunha maneira notoria. Actualmente, enténdese ao progresismo en xeral como unha ideoloxía oposta ao conservadorismo.

Reino de Francia

O Reino de Francia é un período da historia moderna de Francia que abrangue desde o século XV ó XVIII, co estalido da Revolución Francesa e a instauración do Reino dos Franceses. Durante este período Francia evolucionou do feudalismo a un réxime moi centralizado na figura do rei, que se baseaba na Divindade Real e no apoio da Igrexa Católica.

Sufraxio universal

O sufraxio universal consiste na dotación do dereito ao voto a toda a poboación adulta dun Estado independentemente da súa raza, sexo, crenzas ou condición social.

O logro do sufraxio universal deuse a partir dunha evolución na democracia. Trala Revolución Francesa o poder político comenzou a estares en mans de cámaras de representantes polo que era necesario regula-lo seu sistema de elección. Así comezou o sufraxio censatario no que votaban só homes que cumprisen unha serie de requisitos de nivel de instrución, de renda e de clase social; pasando polo sufraxio masculino (segunda metade do século XIX), no que podían votar tódolos homes que soubesen ler e escribir. Ata a inclusión do sufraxio feminino (século XX en diante), analfabetos (século XX) e xentes de tódalas razas (segunda metade do século XX).

Século XVIII

século XVII < século XVIII > século XIX

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1701 e o 31 de decembro de 1800. Coñecido como o século da Ilustración.

Antigüidade
Idade Media
Época moderna
Época contemporánea
Artigos relacionados

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.