Reserva da biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Coordenadas: 43°13′39″N 08°17′18″O / 43.22750, -8.28833

As Mariñas e Terras do Mandeo
Río Mandeo ao seu paso por Aranga
Marco Legal
Figura de Protección: Reserva da biosfera[1]
Ano de constitución: 2013
Superficie: 116724.3 ha (2754.7 ha. mariñas)
Lexislación: Decisión ICC do programa MAB, 2013
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Provincia da Coruña
Concellos: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado
Ríos: río Barcés, río Mero, río Mendo
Picos monte Cova da Serpe
Direccións de interese: Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas - Betanzos. San Marcos, Abegondo, s/n 15318 Abegondo (A Coruña).
Teléfonos:

As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo é unha reserva da biosfera declarada o 28 de maio de 2013[2], que abrangue 17 concellos das comarcas da Coruña, Betanzos e Terra de Melide. A reserva ten unha superficie de 113.970 hectáreas e nela vive unha poboación dunhas 190.000 persoas[3].

Dentro da reserva inclúense varias zonas de especial conservación da Rede Natura 2000 e un monumento natural.

Xeografía

Hidrogalicia rio mero
A bacía do río Mero (azul escuro) no conxunto das bacías do Arco Ártabro

A reserva da biosfera está formada esencialmente polas bacías de dous ríos principais, o Mero e o Mandeo e mais polo litoral das rías de Betanzos e A Coruña (coa excepción do propio termo municipal da Coruña). Así, abrangue áreas costeiras e de montaña; a súa altitude máxima está no monte da Cova da Serpe (841 m).

A extensión da reserva supón un 3,85% da Comunidade Autónoma de Galicia[4]. Administrativamente, o territorio pertence a un total de 176 parroquias dos seguintes concellos:

Demografía

Segundo o IGE, en 2011 a poboación da reserva era de 189.902 habitantes, cunha densidade media de 167 hab/km2. Isto supón unha densidade maior á media galega, o que se explica polo feito de a reserva estar na área de influencia da cidade da Coruña. Porén, hai que reparar nas grandes diferenzas na densidade dos diversos concellos segundo a súa proximidade á Coruña, cunha densidade máxima en Oleiros (780,1 hab/km2) e mínima en Sobrado (17,3 hab/km2). Tendo en conta estes datos, pódense distinguir tres áreas:

  • Área suburbana, conformada polo primeiro anel metropolitano da Coruña. Trátase dos concellos de Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros.
  • Área rururbana, conformada polos concellos de Sada, Bergondo, Betanzos, Abegondo e Carral.
  • Área rural, conformada polos concellos de Aranga, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza-Cesuras, Paderne e Sobrado.

Espazos protexidos

Dentro da reserva inclúense varias zonas de especial conservación da Rede Natura 2000. Conta cos ZECs de Betanzos - Mandeo, o Encoro de Abegondo - Cecebre, a Costa de Dexo (tamén declarada monumento natural) e tamén o tramo arteixán da Costa da Morte. Ademais, conta coas novas propostas LIC na rede do esteiro do río Baxoi, as brañas do Deo a Serra da Cova da Serpe.

Galería de imaxes

Rio Mandeo por Chelo

Río Mandeo en Chelo, Coirós

Lago de Sobrado dos Monxes (254924170)

Lagoa de Sobrado

San Xián de Barrañán, Arteixo

Praia de Barrañán, en Arteixo

Praia de Naval (Dorneda-Oleiros)

Praia de Naval, en Dorneda, Oleiros

Praia de Santa Cristina. Oleiros e A Coruña 2

Praia de Santa Cristina e litoral da ría da Coruña no concello de Oleiros

Ponte do Pedrido

A ponte do Pedrido, entre os concellos de Paderne e Bergondo

Bajo el Puente del Pedrido

A ría de Betanzos desde O Pedrido. Ao fondo, a vila de Sada e o porto de Fontán.

FERVENZA MENDO

Fervenza no río Mendo, en Oza-Cesuras

Égoas en Monte Xalo

Eguas no monte Xalo, Culleredo

Esteiro do río Baxoi

Esteiro do río Baxoi, en Miño

Paisaxe Irixoa

Paisaxe da parroquia de Verís, en Irixoa

Notas

  1. Man and the Biosphere programm, UNESCO (eds.). "Biosphere Reserves: Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo".
  2. Twelve sites added to UNESCO’s World Biosphere Reserve Network na web oficial da Unesco (en inglés)
  3. Aprobada a resolución da Candidatura a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. na web da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos
  4. Candidatura a reserva de biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo". Documentos para debate (en castelán)

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Oza-Cesuras

Oza-Cesuras é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos creado o 6 de xuño de 2013 a partir da fusión dos concellos de Oza dos Ríos e Cesuras. Segundo o IGE o 1 de xaneiro de 2018 tiña 5155 habitantes.

Reserva da biosfera Área de Allariz

A Área de Allariz e unha reserva da biosfera declarada o 25 de xuño do ano 2005 e que abrangue os concellos de Allariz (bisbarra de Allariz-Maceda), A Bola (Terra de Celanova), Vilar de Santos e Rairiz de Veiga (A Limia), todos eles pertencentes na provincia de Ourense. A reserva ten unha superficie de 21.482 hectáreas e nela vive unha poboación de menos de 10.000 persoas.

Concellos da reserva da biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Espazos protexidos de Galicia
Parque Nacional:
Parque Natural:
Monumento Natural:
Rede Natura 2000:
Zona húmida protexida:
Reserva da Biosfera:
Outros:

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.