Requeixo

O requeixo é un produto alimentario obtido por escoado do soro do leite callado.

Cottage Cheese
Requeixo de callada fina.

Proceso de obtención

Cottage Cheese homemade
Requeixo escoado.

Hai dous xeitos de obter o leite callado (o natural por efecto dos microorganismos propios do leite a temperatura morna, ou o forzado polo uso dun callo animal ou vexetal), e xa que logo hai dous tipos de requeixo. O primeiro é máis ácido e cun grosor da callada máis fino que o segundo.

O escoado conséguese metendo o leite callado nunha bolsa de tea que se pendura, de xeito que o soro atravesa a tea e pinga fóra. Segundo o tempo de escoado pódese obter desde unha crema coa textura do iogur (a ser comido con culler) até unha masa case tan consistente como o queixo fresco (a usar garfo). O primeiro xeito de rematalo é o máis habitual nos usos tradicionais dos gandeiros do norte de Galicia, e o segundo nas terras do sur galego.

Unha diferenza importante entre o requeixo e o queixo fresco é que o requeixo non é salgado senón insípido, xa que se consome con azucre ou mel como sobremesa.

O requeixo galego e o requesón do código alimentario español

Cottagecheese200px
Requeixo de callada grosa.

Malia parecer un termo a tradución literal do outro, o código alimentario español usa a palabra castelá requesón para denominar un subproduto obtido por reciclado do soro sobrante da elaboración do queixo.

O requeixo galego é un produto primario de fermentación do leite. Non se corresponde coa definición de requesón dada para o mercado español, senón que ten máis parecido con aqueles produtos que neste mercado se definen como cottage cheese ou queso blanco.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Laxe, Chantada

San Xoán da Laxe é unha parroquia do concello de Chantada. Ten unha superficie de 13,1 km². Pertencente o arciprestado de Navego. Tiña 176 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 90 homes e 86 mulleres. O que supón unha diminución de 90 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 266 habitantes.

A Veiga

A Veiga é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 907 habitantes (459 homes e 448 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «veiguense».

Allariz (Santo Estevo), Allariz

Santo Estevo de Allariz é unha parroquia situada no leste do concello de Allariz. Limita coas parroquias alaricanas de Requeixo de Valverde, Meire, Allariz (Santiago) e Torneiros, e cos concellos de Xunqueira de Ambía e Sandiás.

Armando Requeixo

Armando Requeixo Cuba, nado en Mondoñedo o 14 de xuño de 1971, é un investigador, profesor e crítico literario galego.

Johan de Requeixo

Johan de Requeixo (Xohán de Requeixo, Xoán de Requeixo) foi un trobador galego de finais do século XIII. É autor de cinco cantigas de amigo, todas cantigas de romería, en torno ao santuario de monte Faro en Chantada.

No 2004, grazas á iniciativa da Asociación Xohán de Requeixo, erixíronse cinco monólitos cos poemas conservados deste poeta medieval.

Libro aberto

Libro aberto é un programa literario emitido na TVG. A súa primeira emisión tivo lugar o 26 de setembro de 2006.

Manolo Romón é o presentador do espazo, que nos seus case dous anos de emisión ten recibido a moitas das principais figuras do mundo das letras galegas, como é o caso de Manuel Rivas, Fina Casalderrey, Darío Xohán Cabana, Paco Martín, Carlos G. Reigosa, Manuel Lourenzo, Xurxo Souto ou Agustín Fernández Paz entre outros.

Dirixido por Luís Rei Núñez, Libro aberto conta cun equipo de colaboradores especializados en distintas áreas: Armando Requeixo (literatura insólita), Ramón Nicolás (andel de novidades), Xesús Fraga (letras inglesas), Miguel Anxo Fernández (libros de cine), Susana Cendán (libros de arte) e Mercedes Queixas (historia das nosas letras).

Lobios

Lobios é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia, situado na Raia Seca, na fronteira entre Galicia e Portugal. Segundo o padrón municipal de habitantes en 2014 tiña unha poboación de 2.025 persoas (2.584 en 2003).

Meire, Allariz

Meire é unha parroquia situada no leste do concello de Allariz. Limita coas parroquias allaricenses dos Espiñeiros, Folgoso, Allariz (Santiago), Allariz (Santo Estevo) e Requeixo de Valverde e co concello de Xunqueira de Ambía.

Piño, A Pobra do Brollón

Santa María de Piño é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. No ano 2011 tiña 113 habitantes (166 en 1991), 56 homes e 57 mulleres, agrupados nas entidades de Corral da Gándara, O Lugar, O Pacio, O Requeixo, Suhortos e Vales, cunha densidade media de 16,38 hab./km².

Limita ao norte coas parroquias de Mosteiro e Freituxe, ao sur coa Parte e Eixón, ao leste coa Ferreirúa, Veiga e Santalla de Rei, e ao oeste con Ribas Pequenas.

Requeixo, A Veiga

Santo Andrés de Requeixo é unha parroquia que se localiza no concello da Veiga. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 31 habitantes (17 homes e 14 mulleres), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 40 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 25 habitantes, sendo 16 homes e 9 mulleres.

Requeixo, Chandrexa de Queixa

Santa María Madanela de Requeixo é unha parroquia do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 61 habitantes (38 homes e 23 mulleres), un menos ca en 2006.

Requeixo, Chantada

Santiago de Requeixo é unha parroquia que se localiza no concello de Chantada. No ano 2011 tiña 166 habitantes km², segundo datos do INE e do IGE, dos que 84 eran homes e 82 eran mulleres.

Requeixo, Manzaneda

San Bartolomeu de Requeixo é unha parroquia do concello ourensán de Manzaneda na comarca da Terra de Trives. No ano 2007 tiña 45 habitantes (22 homes e 23 mulleres) nunha única entidade de poboación, o que supón unha diminución de 11 habitantes en relación ao ano 2000.

Requeixo, Os Vilares, Guitiriz

Requeixo é un lugar da parroquia dos Vilares no concello lugués de Guitiriz na comarca da Terra Chá. Tiña 4 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 2 homes e 2 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 7 habitantes.

Requeixo, Sarria

San Martiño de Requeixo é unha parroquia rural do concello de Sarria na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística no ano 2007 tiña 96 habitantes (54 homes e 42 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2003 cando tiña 94 habitantes.

Requeixo de Seabra

Requeixo de Seabra (Requejo de Sanabria en castelán e oficialmente e Requeixu en leonés) é un concello e localidade española da provincia de Zamora na comunidade autónoma de Castela e León. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «requeixelo».

Encóntrase situado na bisbarra de Seabra, ao noroeste da provincia. Destaca polo seu patrimonio monumental, paisaxístico e ambiental, en especial polo seu bosque de enormes teixos denominado Bosque do Teixedelo, situado nas proximidades da vila e que milagrosamente se salvou dos innumerables incendios que asolan esta comarca.Requeixo de Seabra foi un concello asturfalante na metade norte e galegofalante na metade sur, mais hoxe en día a única lingua que se fala é o castelán. A metade sur, non deixou de falar o galego, senón que ficou despoboada.

Requeixo de Valverde, Allariz

Requeixo de Valverde é unha parroquia situada no leste do concello de Allariz. Limita coas parroquias allaricenses de Meire e Allariz (Santo Estevo), e co concello de Xunqueira de Ambía.

Roca, Guitiriz

Roca é unha parroquia do concello de Guitiriz. Segundo o IGE, en 2012 tiña 78 habitantes (35 homes e 43 mulleres).

Romariz, Abadín

San Xoán de Romariz é unha parroquia do concello de Abadín na comarca da Terra Chá. Tiña 147 habitantes en 2015 (68 homes e 79 mulleres) segundo datos do IGE. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2014 cando tiña 149 habitantes (67 homes e 82 mulleres), e 46 habitantes menos que en 2004.

Xosé María Díaz Castro

Xosé María Díaz Castro, nado no lugar do Vilariño (Os Vilares, Guitiriz) o 19 de febreiro de 1914 e finado en Lugo o 2 de outubro de 1990, foi un poeta e tradutor galego. O 4 de novembro de 1973 foi nomeado correspondente da RAG e o instituto de Guitiriz IES Poeta Díaz Castro leva o seu nome.

A Real Academia Galega decidiu adicarlle, coincidindo co centenario do autor, o Día das Letras Galegas do ano 2014. Os outros escritores propostos foron Ricardo Carballo Calero, Xosé Filgueira Valverde, Fiz Vergara Vilariño e Ramón de Valenzuela.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.