Representación proporcional

A representación proporcional ou escrutinio proporcional plurinominal é un sistema electoral no que a porcentaxe de votos que reciben os partidos políticos determina o número de escanos que lles son asignados nas asembleas lexislativas ou parlamento. Este sistema de representación distínguese do sistema de representación directa porque case todos os partidos políticos son representados no corpo lexislativo, sen importar que non obteñan maioría relativa en ningún distrito electoral. Polo tanto, tamén se chama sistema de representación plena.

Existen diversas formas de representación proporcional, como a representación proporcional con listas de candidatos, nas que os votantes votan por partidos políticos; os partidos presentan unha lista de candidatos aos cales se lles asignan escanos de acordo á porcentaxe de votos que obteñan. Nalgúns países a este sistema de elección denominouse como Sistema de cocientes e subcocientes sendo moi utilizado para a elección de membros de cámaras lexislativas en moitos países. Outro sistema é o cociente Hare ou voto único transferíbel, o cal non depende da existencia de partidos políticos. Algúns estados, como os Países Baixos, combinan os dous aspectos. A maioría dos países con democracias parlamentarias utilizan sistemas de representación proporcional, aínda que a maioría dos países anglófonos utilicen sistemas de representación directa (salvo Suráfrica, Nova Zelandia, Irlanda, Escocia, Gales, Serra Leoa e Guïana). A maioría dos sistemas presidencialistas utilizan a representación directa, aínda que algúns países latinoamericanos, como Arxentina e México, aplicaron unha combinación dos dous sistemas.

Outros sistemas electorais

  • Escrutinio uninominal maioritario
  • Representación proporcional mixta
Auguste Beernaert

Auguste Beernaert, nado en Ostende o 26 de xullo de 1829 e finado en Lucerna o 6 de outubro de 1912, foi un político belga.

Chipre

Chipre ( pronunciación ) (en grego: Κύπρος/Kýpros, en turco: Kıbrıs), oficialmente República de Chipre ( pronunciación ) (en grego: Κυπριακή Δημοκρατία, en turco: Kıbrıs Cumhuriyeti) é un república que abrangue o territorio da illa homónima, situada ó leste do mar Mediterráneo, 113 km ao sur de Turquía, 120 km ao oeste de Siria e 150 km ao leste da illa grega de Kastellorizo. Chipre ingresou como membro das Nacións Unidas o 20 de setembro de 1960 e foi un dos fundadores do Movemento de Países Non Aliñados até o seu ingreso na Unión Europea o 1 de maio de 2004.

Segundo a lei internacional, a illa no seu todo é un estado independente, mais de facto atópase dividida dende o 15 de xullo de 1974 en dúas partes. Os dous terzos do sur forman o Chipre propiamente dito e o resto da illa, o terzo norte, é a coñecido como a República Turca do Norte de Chipre, baixo protección turca e sen recoñecemento internacional. Ámbolos dous territorios teñen a súa capital en Nicosia.

Colexio electoral (concepto)

Este artigo é sobre o concepto de colexio electoral. Para ver información sobre o edificio, consulta Colexio electoral (local)O colexio electoral é o conxunto de persoas encargado de elixir un determinado representante político mediante o sistema de sufraxio indirecto.

No sistema de sufraxio indirecto os votantes non elixen directamente o candidato senón electores, que á súa vez teñen a misión de scolleren o candidato. Unha vez escollidos os electores deben formar un colexio electoral para proceder a votar, e eventualmente negociar e deliberar, co fin de determinar cal será en definitiva o candidatos elixido.

A forma de elixir os electores pode variar desde un sistema de maioría, onde todos os electores correspóndenlle ao partido gañador; un sistema de maioría e minoría, onde os electores se dividen entre a primeira e a segunda minorías; ou un sistema de representación proporcional.

Nalgunhas lexislacións os electores están obrigados a votar o candidato do partido que representan, pero noutras non. É posíbel mesmo, como sucede nos Estados Unidos que nun mesmo colexio electoral convivan ambos tipos de electores.

En xeral as maiorías que se forman no colexio electoral non coinciden exactamente coas maiorías formadas polo voto dos cidadáns. Esta diferenza abre a posibilidade de que un colexio Electoral elixa un candidato diferente do que resultou máis votado na elección popular.

Consello Grande e Xeral

O Consello Grande e Xeral de San Marino (en italiano: Consiglio Grande e General di San Marino) é unha institución sanmarinesa que está composta por sesenta membros elixidos cada cinco anos mediante un sistema de representación proporcional nos nove castelli.

Estas divisións administrativas corresponden ás vellas parroquias da República, e cada un é gobernado por un Consello a cuxa cabeza está un Capitán elixido cada cinco anos. O Consello Grande e Xeral aproba o orzamento así como elixe aos Capitáns Rexentes, como cabezas do Executivo.

Consello Lexislativo Palestino

O Consello Lexislativo Palestino (ás veces referido ao Parlamento Palestino), o poder lexislativo da Autoridade Nacional Palestina, é unha unicamera con 132 membros, elixidos nos 16 distritos electorais en Cisxordania e Gaza. A sede do Consello Lexislativo Palestino está Rimal, Gaza.As primeiras eleccións ao Consello tiveron lugar en 1996 e Fatah ocupou 49 dos 88 asentos. O Consello Lexislativo Palestino aprobou unha nova lei en xuño de 2005, incrementando o número de membros de 88 a 132, dos cales a metade son elixidos mediante un sistema de Representación proporcional e a outra metade por escrutinio maioritario plurinomial. Tiveron lugar unhas novas eleccións o 25 de xaneiro de 2006.

O Consello Lexislativo Palestino non puido gobernar debido a que algúns dos seus membros están presos por Israel, o Conflito entre Hamás e Fatah e o aprazamento indefinido das eleccións por parte dos dirixentes de Fatah.O emblema utilizado polo Consello Lexislativo Palestino coñécese como "Aguia de Saladino."

A sede do Consello bombardeouna o exercito israelí o 20 de novembro de 2012.

Constitución española de 1978

A Constitución Española de 1978 é a norma suprema ou máxima do ordenamento xurídico español, consecuencia dun proceso histórico denominado Transición Española que converteu o réxime franquista de 1975 nunha Monarquía parlamentaria.

Deputado

Deputado, integrante dun Parlamento ou dunha Cámara dos Deputados. Nos sistemas bicamerais xeralmente integran a cámara baixa, mentres que a cámara alta está integrada polos senadores. Representan a soberanía popular.

Teñen a responsabilidade de ser os representantes do pobo e nos sistemas democráticos son elixidos polo voto libre e segredo dos cidadáns.

No Reino Unido e noutros países que seguen o seu sistema parlamentario os deputados coñécense como Membros do Parlamento (Member of Parliament en inglés, frecuentemente abreviado en MP)

Dáil Éireann

O Dáil Éireann (en galego Asemblea de Irlanda) é a cámara baixa do Oireachtas (parlamento) da República de Irlanda. Os seus poderes son similares aos de moitos outros sistemas parlamentarios bicamerais e é en boa medida a rama dominante do Oireachtas. Está situado dende 1922 na Leinster House, en Dublín. É elixido cada cinco anos por sufraxio directo, mediante un sistema de representación proporcional chamado voto único transferible (Single Transferable Vote, ou STV). Cada membro recibe o nome de Teachta Dála ou TD (deputado).

Irlanda

Irlanda ( pronunciación ) (en irlandés: Éire, [ˈeː.ɾʲə] (AFI), escoitar; en inglés: Ireland, [ˈaɪərlənd] ou [ˈɑrlənd] (AFI), escoitar), oficialmente República de Irlanda ( pronunciación ) (en irlandés: Poblacht na hÉireann; en inglés: Republic of Ireland) é un país do noroeste de Europa que forma parte da Unión Europea (UE). A súa capital é Dublín (en irlandés: Baile Átha Cliath e en inglés: Dublin). No ano 1949 declarouse o estado irlandés como a República de Irlanda (en inglés Republic of Ireland, en irlandés: Poblacht na hÉireann). Ás veces chámaselle coloquialmente a Illa esmeralda, facendo referencia á intensa cor verde dos campos irlandeses. Está no centro e sur da illa de Irlanda e ocupa a maior parte.

A Illa de Irlanda é polo seu tamaño a terceira illa de Europa e a vixésima do mundo. Atópase ao noroeste da Europa Continental, no lado occidental do Mar de Irlanda, ao oeste da illa de Gran Bretaña, e atópase rodeada por centenares de illas menores e illotes. Dous países posúen soberanía sobre a illa, a República de Irlanda, un país independente, que ocupa aproximadamente cinco sextas partes da illa, e Irlanda do Norte, unha rexión administrativa do Reino Unido, que ocupa a sexta parte restante, no extremo nororiental da illa.

A illa de Irlanda está tradicionalmente dividida en catro rexións ou provincias: Leinster (irlandés: Laighin), Ulster (irlandés: Cúige Uladh), Connacht (irlandés: Connachta) e Munster (irlandés: An Mhumhain).

Malta

Malta ( pronunciación ) (en maltés: Malta, [ˈmɐl.tɐ] (AFI); en inglés: Malta, [ˈmɔːl.tə] (AFI), escoitar), oficialmente República de Malta ( pronunciación ) (en maltés: Repubblika ta' Malta, [rɛˈpʊbb.lɪ.kɐ ˈtɐ ˈmɐl.tɐ] (AFI); en inglés: Republic of Malta) é un pequeno país europeo, que consta dun arquipélago de tres illas moi próximas unhas das outras, situadas ao sur da illa italiana de Sicilia, no mar Mediterráneo. As terras máis próximas son todas italianas: Sicilia, ao norte, as illas Pelaxias ao oeste e a illa de Pantelleria ao noroeste. A súa capital é A Valeta.

Método Sainte-Laguë

O método Sainte-Laguë (tamén coñecido como método Webster ou método do divisor con redondeo estándar) é un método de promedio maior para asignar escanos en sistemas de representación proporcional por listas electorais. Os métodos de promedio maior caracterízanse por dividir, a través de distintos divisores, os totais dos votos obtidos polos distintos partidos, producindo secuencias de cocientes decrecentes para cada partido e asignándose os escanos aos promedios máis altos. Leva o nome do matemático francés André Sainte-Laguë (1882-1950).Os sistemas de representación proporcional tentan asignar os escanos ás listas de xeito proporcional ao número de votos recibidos. En xeral, non é posible alcanzar a proporcionalidade exacta, xa que non é posible asignar un número decimal de escanos. Dos métodos comunmente utilizados para a conversión proporcional de votos en escanos, o método Sainte-Laguë é un dos que conseguen maior proporcionalidade.O método Sainte-Laguë úsase, entre outros, en Alemaña, Nova Zelandia, Noruega, Suecia, Dinamarca, Bosnia Herzegovina, Letonia, Kosovo, nos estados alemáns de Hamburgo e Bremen, e no Ecuador para as eleccións lexislativas.

México

México (nome oficial: Estados Unidos Mexicanos) é un país localizado maioritaria ou totalmente en América do Norte (dependendo de onde se trace o límite con América Central, ora na fronteira mexicana, ora no istmo de Tehuantepec).

Limitado ao norte polos Estados Unidos de América, ao leste polo golfo de México e polo mar Caribe, a través dos cales se acerca a Cuba, ao sur por Guatemala e máis Belize, e ao oeste polo océano Pacífico. Alén do territorio continental e illas adxacentes á costa, México inclúe tamén as Illas Revillagigedo, localizadas no océano Pacífico, a máis de 400 km a sur do cabo San Lucas, na Baixa California.

Parlamento de Cataluña

O Parlamento de Cataluña (en catalán: Parlament de Catalunya), coñecido habitualmente como Parlament, é unha das institucións que forman a Generalitat de Cataluña, o máximo órgano de goberno catalán. Representa ao pobo de Cataluña e exerce a potestade lexislativa, aproba os orzamentos da Generalitat e controla e impulsa a acción política e de Goberno.

A súa composición debe ter entre 100 e 150 deputados, estando formado actualmente por 135 deputados, que se elixen por sufraxio universal. As súas sesións celébranse no Palau del Parlament, no Parc de la Ciutadella de Barcelona.

O actual presidente do Parlament é Roger Torrent, que tomou posesión do seu cargo o 17 de xaneiro de 2018 en substitución de Carme Forcadell.

Parlamento de Galicia

O Parlamento de Galicia é a institución na que reside o poder lexislativo da Comunidade Autónoma de Galicia e é o máximo órgano representativo do pobo galego. Instaurouse con anterioridade ás primeiras eleccións autonómicas de 1981 formado polos deputados elixidos para o Congreso dos Deputados de España polas circunscricións galegas. Segundo o Estatuto de Autonomía de Galicia debe estar formado por entre 60 e 80 deputados, así e todo desde a primeira lexislatura fixouse o seu número en 75, que se elixen por sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto por un prazo de catro anos. Destes 75, son elixidos 25 pola provincia da Coruña, 22 pola de Pontevedra, 14 pola de Lugo e 14 pola de Ourense (Decreto 92/2016).

País Vasco

O País Vasco ou Euskadi (en éuscaro: Euskal Herria ou Euskadi, en castelán: País Vasco ou Euskadi), tamén coñecido como Comunidade Autónoma Vasca (en éuscaro: Euskal Autonomia Erkidegoa, en castelán: Comunidad Autónoma Vasca), é unha comunidade autónoma española situada no extremo nororiental da costa cantábrica. Limita con Cantabria e Castela e León (provincia de Burgos) ao oeste, con Navarra ao leste, coa Rioxa ao sur, e co Golfo de Biscaia (mar Cantábrico) e Francia ao norte.

Está formado por tres provincias, tamén coñecidas como territorios históricos, que son Guipúscoa, Biscaia e Áraba. As súas respectivas capitais son Donostia, Bilbao e Vitoria. A capital e sede do Parlamento e Goberno autonómicos é Vitoria, mentres que a cidade máis poboada é Bilbao.

Ten unha historia milenaria de orixes incertas e a súa lingua propia, o éuscaro, é a lingua máis antiga de Europa falada hoxe en día e a única illada do continente. É considerado unha nacionalidade histórica recoñecida na Constitución española con estatuto de comunidade autónoma. A constitución tamén recoñece os seus foros históricos, de orixe medieval. Hai unha forte forza do nacionalismo e independentismo, tanto politicamente de esquerdas (chamado abertzale) como de dereitas.

Polonia

Polonia (en polaco: Polska, [ˈpɔlska] (AFI), escoitar), oficialmente República de Polonia (Rzeczpospolita Polska), é un país da Europa central membro da Unión Europea (UE), cuxa capital e maior aglomeración urbana é a cidade de Varsovia. Polonia fai fronteira con Alemaña polo oeste; a República Checa e Eslovaquia polo sur; Ucraína, Belarús e Lituania polo leste; e o mar Báltico e o enclave ruso de Kaliningrado polo norte. O país abrangue unha superficie de 312.696 km² , facendo de Polonia o sexasésimo noveno país do mundo e o noveno de Europa. Polonia ten unha poboación por riba dos 38 millóns de habitantes, o que o converte no trixésimo cuarto país máis poboado do mundo e o oitavo de Europa. Polonia é un Estado unitario dividido en 16 subdivisións administrativas.

O territorio polaco comprende na súa porción máis grande ao norte parte da gran chaira europea e abarca ao sur territorio montañoso dos Sudetes, os Cárpatos e a Serra da Santa Cruz. A súa capital e cidade máis poboada é Varsovia, a capital histórica de Mazovia, aínda que para moitos polacos, é máis importante a antiga capital, Cracovia, e Poznań, a capital antiga dos polacos, devanceiros de Polonia.

O establecemento dun estado polaco é a miúdo identificado coa adopción do cristianismo polo gobernante Miecislao I, no ano 966, cando o país abranguía unha superficie semellante á actual. En 1025, Polonia converteuse nun reino e en 1569, cimentou unha asociación co Gran ducado de Lituania, trala sinatura da Unión de Lublin, formando a República das Dúas Nacións. A mancomunidade colapsou en 1795 producíndose a partición de Polonia entre Prusia, Rusia e Austria. Polonia recuperou novamente a súa independencia como a Segunda República Polaca en 1918, despois da I Guerra Mundial, mais volveuna perder trala II Guerra Mundial; entón foi ocupada pola Alemaña nazi e maila Unión Soviética. Durante a II Guerra Mundial Polonia perdeu máis de seis millóns dos seus cidadáns. Emerxeu anos máis tarde como a República Popular de Polonia dentro do Bloque do leste, baixo unha forte influencia soviética.

Durante as Revolucións de 1989, o goberno comunista foi derrocado e Polonia converteuse constitucionalmente na "Terceira República Polaca". Polonia é un estado unitario, constituído por 16 voivodinas (en polaco: województwo). Polonia é membro da Unión Europea, OTAN e da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE).

Política de Nova Zelandia

Nova Zelandia é unha democracia parlamentaria independente. O país é oficialmente unha monarquía constitucional, cuxo o Xefe de Estado titular é a raíña Isabel II do Reino Unido, representada polo Gobernador Xeral, actualmente Sir Jerry Mateparae.

Historicamente, Nova Zelandia seguiu o sistema «Westminster» británico de goberno parlamentario, pero xa non hai unha cámara alta desde a abolición do Consello Lexislativo, un corpo non elixido, en 1951. O Parlamento está agora composto unicamente pola Cámara dos Representantes, formada por 120 membros elixidos por un sistema de representación proporcional desde 1996.

Neste sistema hai 65 membros que representan distritos electorais, dos que cinco se reservan para a poboación maorí, e o resto selecciónanse de listas de candidatos dos partidos, para obter un resultado proporcional. Unha consecuencia do novo sistema é que os partidos maioritarios necesitan agora o apoio dos partidos minoritarios para formar os gobernos de coalición.

Desa Cámara é seleccionado un gabinete executivo de 20 membros, que é dirixido polo actual Primeiro Ministro, John Key, do Partido Nacional, de centro-dereita. Actualmente, outros cinco outros partidos teñen representación na Cámara, do cal o Partido Laborista, de centro-esquerda, é a oposición oficial.

Entre marzo de 2005 e agosto de 2006, 112 anos despois de converterse no primeiro país en outorgar á muller o dereito a voto, Nova Zelandia foi o único país do mundo no que todos os cargos máis altos do goberno foron ocupados simultaneamente por mulleres: Isabel II (raíña), Silvia Cartwright (gobernadora xeral), Helen Clark (primeira ministra), Margaret Wilson (presidenta da Cámara de Representantes) e Sian Elias (presidenta do Tribunal Supremo).

Principado de Asturias

O Principado de Asturias (en asturiano: Principáu d'Asturies, en galego eonaviego: Principao d'Asturias) é unha comunidade autónoma española uniprovincial, situada no norte da Península Ibérica. Limita con Galiza ao oeste, con Cantabria ao leste, con Castela e León ao sur, e co Mar Cantábrico ao norte. Coincide coa antiga provincia de Oviedo e recibe o nome de Principado por razóns históricas, ao ostentar o herdeiro da Coroa de España o título de Príncipe de Asturias. A súa capital é Oviedo, aínda que Xixón é a cidade máis poboada.

Asturias segundo o seu Estatuto de Autonomía está considerada comunidade histórica no seu artigo 1. Posúe un órgano de autogoberno medieval chamado Xunta Xeral fundado no ano 1388, como consecuencia da súa transformación en Principado por orde de Xoán I de Castela. Tamén posúe unha lingua propia, o asturiano ou bable, lingua que, aínda non sendo considerada lingua oficial, posúe un status xurídico de protección. A parte máis occidental da comunidade, coñecida como Terra Eo-Navia, é de fala galega.

Rexión autónoma de Portugal

Unha Rexión Autónoma está dotada de Estatuto Político-Administrativo e de órganos de goberno propio. Son órganos do goberno propio de cada rexión a Asemblea Lexislativa e o Goberno Rexional. A Asemblea Lexislativa é elixida por sufraxio universal directo e secreto, polo método da representación proporcional, co número de mandatos de cada concorrente determinado polo método de Hondt.

As Rexións Autónomas portuguesas están constituídas polos arquipélagos dos Azores e da Madeira.

A soberanía da República está representada nas Rexións Autónomas por un Representante da República, cuxo nomeamento e exoneración compete en exclusiva ao Presidente da República. Este cargo foi creado pola sexta revisión da Constitución da República Portuguesa de 1976, a cal extinguiu o cargo de Ministro da República, substituíndoo por esta nova figura.

O Presidente do Goberno Rexional é nomeado polo Representante da República, de acordo cos resultados electorais para a Asemblea Lexislativa. O cargo de Presidente de Goberno Rexional de Madeira é hoxe asumido polo social demócrata Alberto João Jardim, mentres que nas Azores o cargo compete ao socialista Carlos César.

Lista das Rexións Autónomas Portuguesas:

Rexión Autónoma dos Azores.

Rexión Autónoma de Madeira.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.