Repolo do monte

O repolo do monte[1] Sparassis crispa é unha especie de fungo pertencente ao xénero Sparassis. Atópase en Galiza, é un cogomelo comestíbel, cocido e frixido nun revolto de ovos é un prato apreciado.

Repolo do monte
Sparassis crispa

Sparassis crispa
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Basidiomycota
Clase: Agaricomycotina
Orde: Polyporales
Familia: Sparassidaceae
Xénero: Sparassis
Especie: S. crispa
Nome binomial
'Sparassis crispa'

Descrición

S. crispa medra nun mato que pode acadar os 24 cm de diámetro. Os lóbulos son planos e ou algo ondulados, que lembran ás láminas da lasaña, de cor abarancazada ou amarela cremosa. Medra en bosques, preferibelmente de coníferas.

Notas

  1. Nome vulgar en Glosario de Cogomelos e Galicia - http://www.gastronomiagalega.com/glosario_cogomelos_galicia Arquivado 02 de outubro de 2013 en Wayback Machine.

Véxase tamén

Repolo

O repolo (Brassica oleraceae var. capitata) é unha variedade de col, planta comestible da familia das brasicáceas. É unha herbácea bienal, cultivada como anual, cuxas follas poden ser ovais, oblongas ou lisas e forman unha cabeza moi característica.

As diferentes variedades foron obtidas a partir da especie brava, coñecida xa desde hai séculos, a través dos cruzamentos e da selección para as adaptar a condicións climáticas diferentes.

Emprégase moito na gastronomía galega, especialmente polo inverno, en caldos e cocidos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.