República de Venecia

A Serenísima República de Venecia foi unha cidade-estado do norte de Italia, xunto ao mar Adriático, atopada en torno á cidade de Venecia. A república existiu como tal dende o século IX ata 1797. Tamén recibe o nome de Serenissima Repubblica di San Marco, xa que San Marcos é o seu santo patrono.

Serenìsima Repùblica Vèneta
Serenísima República de Venecia

697–1797
 

Bandeira Escudo
Bandeira Escudo
Lema: Viva San Marco!
Localización de República de Venecia
República de Venecia, 1789
Capital Venecia
Lingua Véneto e latín
Relixión Catolicismo
Goberno República plutocrática
Doxe
 • 697717
(primeiro tradicional)
Paolo Lucio Anafesto
 • 726737
(primeiro acreditado)
Orso Ipato
 • 17891797
(último)
Ludovico Manin
Lexislatura Consello dos Dez
Historia
 • Establecido 697
 • Cuarta Cruzada contra o Imperio Bizantino Outubro de 1202
 • Cesión da República de Ragusa 27 de xuño de 1358
 • Napoleón cede Venecia a Austria 17 de abril de 1797
 • Disolución 1797
Moeda Lira veneciana

Historia

Oríxes

Tense como data da fundación de Venecia o ano 421, no cal os habitantes da rexión, ante a ameaza das invasións longobardas e hunas que destruíran a capital, Aquilea, refuxiáronse nas marismas da desembocadura do Po, na lagoa situada no golfo, entre a península itálica e a balcánica, chamado máis tarde precisamente golfo de Venecia. As construcións desta época eran simples edificacións lacustres, erixidas sobre palafitas. Debido a esta estratéxica característica xeográfica, Venecia tivo dende entón unha grande independencia respecto dos seus dominadores.

Dependencia do Imperio Bizantino

Cando o xeneral Belisario conquistou para o Imperio Bizantino grande parte de Italia no século VI, Venecia pasou a formar parte do dominio de devandito imperio, dependendo administrativamente da cidade de Rávena, sede do poder imperial na península itálica. O exarcado de Rávena estaba dividido en ducados, e o ducado de Venecia era un deles.

Independencia e expansión

A cidade de Venecia obtivo a súa independencia no século IX. Cabe destacar que nin obedecía ao emperador bizantino, nin formaba parte do Sacro Imperio. Na Alta Idade Media, Venecia expandiuse grazas ao control do comercio con Oriente e aos beneficios que isto supuña, expandíndose polo mar Adriático. A súa frota, foi determinante para o saqueo de Constantinopla na Cuarta Cruzada en 1204. A debilidade do Imperio Bizantino permitiulle anexionarse Creta e Eubea. Máis tarde, en 1489, conqueriu o estado cruzado de Chipre. En 1416 derrotou aos turcos en Gallipoli

O apoxeo de Venecia acadou o seu cénit na primeira metade do século XV ao comezaren os venecianos a súa expansión por Italia, como resposta ao ameazador avance de Gian Galeazzo Visconti, duque de Milán. Sobre 1410, Venecia controlaba a maior parte do Véneto, incluíndo cidades como Verona, Padua e Udine e máis tarde Brescia e Bérgamo. O mar Adriático converteuse no "mare veneziano", dende Corfú ata o río Po.

Decadencia e fin

Canaletto Bacino di San Marco
Venecia por Canaletto, 1738-40.

A toma de Constantinopla polos turcos en 1453 marcou o principio da decadencia. O descubrimento de América desprazou as correntes comerciais e Venecia viuse obrigada a soster unha loita esgotadora contra os turcos. A expansión en Italia enfrontoulles co Papa polo control da Romaña. Para contrarrestar á República de Venecia, o Papa reuniu á Liga de Cambrai en 1508. Nela atopábanse Luís XII de Francia, o emperador Maximiliano I de Austria, e Fernando II de Aragón, o Católico. Como consecuencia, Venecia sufriu importantes perdas territoriais.

Por esa época, a expansión do Imperio Otomán nos Balcáns comezou a preocupar aos venecianos. En 1570, Chipre sufriu a invasión turca, e un ano despois os venecianos abandonaban a illa. Tras un longo conflito, abandonouse tamén Creta. A alianza das frotas italiana, papal e española, aínda que venceu na batalla de Lepanto, non logrou recuperar estes territorios.

No século XVII a decadencia confírmase cando os turcos conquistan Candia tras un asedio de 25 anos.

Cara ao século XVIII, a Serenísima República non era máis que unha pálida sombra do que foi, a pesar do cal seguía dominando o litoral adriático e as Illas Xónicas. En 1797, foi invadida polas tropas do Xeneral Napoleon Bonaparte, a sinatura do tratado de Campoformio, repartiuse o territorio da República entre Francia e Austria.

En 1866 o Véneto e Venecia incorporáronse a Italia.

Véxase tamén

Outros artigos

  • Cremasca (República)

Bibliografía

  • A conspiración veneciana, por Webster G. Tarpley, Conferencia exposta no ICLC de Wiesbaden, Alemaña, 1981, publicada na revista Campaigner en Setembro de 1981.
Aistolfo

Aistolfo ou Aistulfo foi un rei longobardo de Italia, que reina de 749 a 756. Entre 744 e 749 foi duque de Friúl.

Alexandre VIII, papa

Alexandre VIII, nado co nome de Pietro Vito Ottoboni en Venecia o 22 de abril de 1610 e finado en Roma o 1 de febreiro de 1691, foi papa da Igrexa católica entre 1689 e 1691.

Arte bizantina

A arte bizantina é a arte producida no Imperio bizantino desde o século V ata a caída de Constantinopla en 1453, tamén se emprega para referirse á arte de estados contemporáneos a el que compartían formas culturais comúns sen ser parte do imperio como Macedonia, Bulgaria, Serbia ou Rusia e mesmo certos aspectos da arte da República de Venecia.

A impronta romana, o gusto polo luxo, a suntuosidade e a proporción herdados da cultura grega deu lugar a unha arte imperial-relixiosa presidida pola idea do dogmático e por unha concepción xerarquizante e simbólica da arte na que as formas e as técnicas respondían a unhas normas fixas, segundo un preciso e inmutable contido teolóxico, no que Deus e o emperador quedaban no mesmo rango no nivel representativo.

Os templos bizantinos tiñan planta centralizada cunha gran cúpula central como un trasunto arquitectónico da bóveda celeste, conservando en xeral a organización da basílica paleocristiá. O iconostasio separaba o presbiterio das naves, constituíndo un lugar específico para as imaxes. Usualmente utilizaba como material de construción o ladrillo, como os romanos, pero acentuando a súa función decorativa, empregando frecuentemente o arco de medio punto e as cubertas abovedadas.

Os edificios no interior amosaban unha decoración suntuosa a base de mosaicos, esmaltes, ourivaría, teas e un longo etcétera. Exteriormente predominaba a verticalidade e conxugación de rectas e curvas.

A escultura bizantina renovou as formas e os motivos decorativos. Pictograficamente a forma de Cristo seguiu o modelo sirio de melena longa e barba partida, representado frecuentemente como Pantocrátor. A Virxe tiña unha tipoloxía máis variada con formas como a kiriotissa, hodigitria, theotokos, galactotrofusa e glycofilusa entre as máis frecuentes.

Batalla de Lepanto

A batalla de Lepanto tivo lugar no golfo de Lepanto (Corinto) o 7 de outubro de 1571, e enfrontou unha frota cristiá cunha turca otomá.

Curia Ducis

A expresión latina curia ducis (literalmente, curia do duque) indica un órgano político-administrativo dedicado ao desempeño dalgunhas funcións políticas nas cidades italianas do Medievo, gobernadas en forma de ducado. A institución, que se remonta aos ducados longobardos, sobreviviu e desenvolveuse sobre todo na República de Venecia.

Ducado de Atenas

O Ducado de Atenas foi un estado instituído en 1205 nas rexións gregas da Ática, Beocia, Lócrida e Megárida, tras a conquista do Imperio bizantino polos francos durante a Cuarta Cruzada.

O título de duque de Atenas corresponde na actualidade ao rei de España, polo que hoxe en día recae na figura de Filipe VI de España.

Década de 1200

A década de 1200 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1200 e remata o 31 de decembro de 1209.

Eslovenia

Eslovenia ( pronunciación ) (en esloveno: Slovenija), oficialmente República de Eslovenia ( pronunciación ) (en esloveno: Republika Slovenija [rɛˈpùːblika slɔˈʋèːnija] ), é un país do sur da Europa central que fai fronteira con Italia polo oeste, co mar Adriático polo suroeste, con Croacia polo sur e o leste, con Hungría polo nordeste e con Austria polo norte. A principal cidade eslovena e capital do estado é Liubliana.

Durante a súa historia Eslovenia formou parte do Imperio Romano, o Imperio Bizantino, a República de Venecia, o Ducado de Carantania (só o a parte norte do país), o Sacro Imperio Romano Xermánico, a monarquía dos Habsburgo, o Imperio Austríaco (máis tarde chamado Imperio Austrohúngaro), o efémero Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios, o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos (chamado Reino de Iugoslavia a partir 1929) entre a I e a II Guerra Mundial, e a República Federal Socialista de Iugoslavia dende o ano 1945 até o ano 1991, cando o país obtivo a súa independencia.

Hoxe en día, Eslovenia é o único país do ex-bloque comunista que forma parte da Unión Europea, a Eurozona, a Zona Schengen, a Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa, o Consello de Europa e a OTAN.

Gastaldato

No ordenamento medieval, o gastaldato ou gastaldìa era unha circunscrición administrativa gobernada por un funcionario da corte rexia, o gastaldo ou castaldo, delegado para actuar en ámbito civil, militar e xudicial (designában gastaldos ou os administradores rexios ou ducais ou personalidades que exercían a soberanía sobre o territorio do Gastaldato).

Illa de Creta

A illa de Creta (Grego Κρήτη / Kriti) é unha illa mediterránea, a maior e máis poboada das illas gregas, sendo a súa situación xeográfica o punto máis meridional de Europa.

Reincorporada á Grecia no 1913, é unha das trece periferias (rexión administrativa).

Forma unha parte importante da economía e o patrimonio cultural de Grecia, mentres que mantén o seu propios trazos culturais locais (como o seu propio dialecto, poesía e música).

Creta é o berce da civilización minoica, da cal Cnossos é o corazón e o sitio arqueolóxico máis importante.

Istria

Istria (en croata e en esloveno, Istra; en italiano, Istria; en istriota, Eîstria; en alemán, Istrien; en húngaro, Isztria), a antiga Histria latina, é a maior das penínsulas do mar Adriático, localizada no norte deste mar entre os golfos de Trieste e de Kvarner.

Desde 1945 está dividida entre Croacia (á que corresponde a maior parte), Eslovenia (que ten no norte de Istria a súa única saída ao mar) e Italia (que mantivo un moi pequeno territorio, case inmediatamente ao sur de Trieste.Na península hai importantes cidades como Pola/Pula, Parenzo, Rovigno, Pazin, Labin, Montona, Buzety ou Buje. Na pare setentrional, en Eslovenia, encóntranse as vilas costeiras de Piran, Izola e Koper.

Os seus principais accidentes xeográficos son o Monte Maior (no nordeste), os ríos Dragogna, Mirna, Rasia e a baía de Lim.

Personaxes famosos como Dante, Xulio Verne, James Joyce ou Robert Koch traballaron, describiron ou visitaron a rexión.

Lingua véneta

O véneto (en vén. vèneto ou Łengua vèneta) é unha lingua románica falada por máis de dous millóns de persoas, principalmente no Véneto, nordés da Italia. Os seus falantes concéntranse sobre todo naquela que antigamente era a Terraferma (Terra Firme) da República de Venecia (Véneto, parte do Trentino, Istria e Venecia Xulia). Existen minorías de falantes en Eslovenia, Croacia, Brasil e Chipilo (México). É recoñecida entre as linguas minoritarias europeas pola UNESCO (Red book on endangered languages). Aínda que sexa coñecido como un dialecto italiano, o véneto non descende da lingua italiana, senón directamente do latín, tendo a súa propia morfoloxía, sintaxe e léxico.

A lingua véneta descende do latín vulgar e foi posibelmente influenciada pola extinta lingua venética, falada na rexión entre os séculos V a.C. e I a.C., e posteriormente polas linguas dos pobos xermánicos (visigodos, ostrogodos e longobardos) que invadiron o norte da Italia no século V d.C.O 28 de marzo de 2007, o véneto foi recoñecido como lingua polo Consello Rexional Véneto coa lei de "tutela e valorizzacione della lingúa e cultura veneta", aprobada pola maioría dos partidos de goberno e oposición.

Século XVIII

século XVII < século XVIII > século XIX

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1701 e o 31 de decembro de 1800. Coñecido como o século da Ilustración.

Tiziano

Tiziano Vecelli (c. 1488-90 – 27 de agosto, 1576) foi o principal pintor da escola veneciana do Renacemento italiano do século XVI.

Venecia

Venecia (en italiano: Venezia, en véneto: Venexia) é unha cidade e comuna italiana, capital da rexión do Véneto e da provincia de Venecia, situada no nordeste da península itálica. A cidade, con 270.516 habitantes (a 31 de xullo de 2010), é coñecida pola súa historia, canais, museos e monumentos, así como pola súa industria. Xunto con Padua, forma a área metropolitana de Padua-Venecia cunha poboación de 1.600.000 habitantes.

O nome da cidade deriva da antiga tribo dos veneti, que viviron na rexión en tempos de Roma. Venecia foi historicamente capital dunha cidade-estado independente. Ao longo do tempo a cidade foi coñecida con distintos alcumes: "La Dominante", "Serenissima", "a raíña do Adriático", "a cidade da auga", "a cidade das máscaras", "a cidade das pontes", "a cidade flotante" e a "cidade das canles". Hoxe está clasificada como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Dos moitos monumentos e locais turísticos existentes, destacan a Basílica de San Marcos, na adxacente Praza de San Marcos, a Ponte de Rialto sobre a Gran Canle, construída en 1588 segundo proxecto de Antonio da Ponte, a Ca' d'Oro e numerosas igrexas e museos.

A cidade esténdese por 117 pequenas illas na Lagoa de Venecia ao longo do mar Adriático, entre a desembocadura do río Po (ao sur) e do río Piave (ao norte). Aínda que a poboación da cidade é de 270.516 habitantes tan só 60.000 viven nas illas do centro histórico (Centro storico), sendo a poboación en terra firme (Terraferma) de 176.000. Os restantes 31.000 viven noutras illas da lagoa.

A República de Venecia foi unha importante potencia marítima durante a Idade Media e o Renacemento, e un dos escenarios das Cruzadas e da Batalla de Lepanto, así como un importante centro de comercio (en especial seda, cereais e especias) e arte entre o século XIII e finais do XVII. Todo isto fixo de Venecia unha cidade moi rica ao longo de case toda a súa historia. Venecia tamén xogou un papel importante na historia da música sinfónica e da ópera, sendo o lugar de nacemento de Antonio Vivaldi. Tamén en Venecia naceron numerosos papas, alén de numerosos artistas como Antonio Vivarini, Antonio da Ponte, Tintoretto ou Canaletto.

Verona

Verona é unha moi antiga cidade italiana, sita na rexión de Venecia (chaira do Po), na beiras do río Adige, e a uns 30 km do lago de Garda.

Fundada no século I a.C., a histórica cidade de Verona coñeceu un período de expansión nos séculos XIII e XIV e so a República de Venecia. Conserva un grande número de notábeis monumentos da Antigüidade, da época medieval e do Renacemento.

Véneto

Véneto (en italiano: Veneto, en véneto: Vèneto) é unha rexión de Italia situada na parte nororiental da península itálica. Conta con preto de cinco millóns de habitantes, e a súa capital é a cidade de Venecia. Limita ao leste con Friúl-Venecia Xulia, ao norte con Austria (Tirol e Carintia), a noroeste co Trentino-Tirol do Sur, ao oeste coa rexión da Lombardía, ao sur coa Emilia-Romaña e ao leste co Mar Adriático.

Grazas ao seu patrimonio paisaxístico, histórico, artístico e arquitectónico, a rexión do Véneto é, con máis de 60 millóns de turistas ao ano, a rexión máis visitada de Italia, así como unha das principais de Europa e do mundo, debido principalmente á atracción de cidades de grande importancia artística e histórica como é o caso de Venecia, Verona, Padua ou Vicenza. Véneto ademais é unha das dúas rexións cuxos habitantes foron denominados "popolo" (pobo diferenciado) polo parlamento italiano, xunto coa rexión de Sardeña.

Zadar

Zadar (ital. Zara) é unha cidade croata na costa do mar Adriático. Ten unha poboación de 81.688 habitantes (2006). É capital do condado do mesmo nome.

Territorios bizantinos de Italia
Eparquías (580-584)
Exarcado e ducados (584-751)
Themata do Catapanato de Italia e ducados
formalmente pertencentes
ao Imperio bizantino (751-1071)

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.