República Turca do Norte de Chipre

A República Turca do Norte de Chipre (RTNC) (en turco: Kuzey Kıbrıs Türk Cumhuriyeti (KKTC)) é un estado de facto, que controla o terzo norte da illa de Chipre, no Mediterráneo oriental.

Turquía é o único país que a recoñece; todos os demais gobernos e as Nacións Unidas recoñecen a soberanía da República de Chipre sobre toda a illa. A Organización da Conferencia Islámica recoñece á República Turca do Norte de Chipre como un estado constituínte, baixo o nome de Estado Turco Chipriota.

República Turca do Norte de Chipre
Kuzey Kıbrıs Türk Cumhuriyeti
Bandeira da República Turca do Norte de Chipre
Escudo da República Turca do Norte de Chipre
BandeiraEscudo
Norhern Cyprus (orthographic projection)
Capital
 • Poboación
Lefkoşa
61,378 (2011)
Linguas oficiaisTurco
Forma de gobernoRepública
Presidente
Primeiro ministro
Mustafa Akıncı
Tufan Erhürman
Independencia
RecoñecidaDe Chipre 15 de novembro de 1983²
SuperficiePosto 164º
 • Total3.355 km²
 • % auga2,7%
Fronteirasn/d km
Costasn/d km
PoboaciónPosto 172º
 • Total210.047 (2003 est.) hab.
 • Densidade63 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
PIB (PPA)Posto ?º
 • Total (2005)n/d
 • per cápitan/d
MoedaNova lira (YTL)
IDHn/d
Xentilicion/d
Fuso horarioEET (UTC 2)
 • Horario de veránEEST (UTC 3)
Dominio de Internet.nc.tr
Prefixo telefónico+90 392
Prefixo radiofónico-
Código ISONon ten²
Membro de: Ningún organismo internacional²
¹ Usa o de Turquía.² A súa independencia foi recoñecida só por Turquía.

Historia

(Ver Tamén Historia de Chipre)

Debido á súa localización xeográfica e á súa importancia estratéxica, Chipre foi invadida polos Hititas, Asirios, Exipcios, Persas, Ptolemeos. Romanos, Bizantinos, Lusignanos e Venecianos.

En 1571, a illa foi conquistada polo Imperio Otomán. Os otománs gobernaron a illa mediante o sistema millet onde todos os individuos foron clasificados segundo a súa relixión. Chipre estivo baixo dominio turco ata 1878, cando a súa administración pasou a Gran Bretaña. Ata a Primeira Guerra Mundial, a illa pertenceu legalmente a Turquía, momento en que foi anexionada por Gran Bretaña debido a súa belixerancia aliada cos Imperios Centrais. En 1960, obtén a súa independencia.

Independencia de Chipre

O dominio británico non puido conter as aspiracións propias de ambas as comunidades. Os greco-chipriotas, que iniciaran en 1830, cando nace o estado grego, un reclamo pola ENOSIS (unión con Grecia, coa que tiñan vínculos culturais e históricos). Contrariamente, os turco-chipriotas conformaron a "Volkan", unha milicia que en 1858 pasou a chamarse Organización de Resistencia Turca (TMT) cuxo obxecto era evitar a ENOSIS apoiando o TAKSIM, repartición da illa entre Turquía e Grecia.

As demandas derivaron nunha loita violenta, dirixida pola Organización Nacional de Loitadores Chipriotas (EOKA), co respaldo do Arcebispo Makarios III, arcebispo e primado da Igrexa Autocéfala Ortodoxa de Chipre (ou Igrexa Ortodoxa Chipriota). Perante tal situación, os turcos pasaron a apoiar o dominio británico para evitar ser súbditos dun estado grego.

Ante o custo militar e en vidas humanas que demandaba ao Reino Unido manter a situación colonial, este país invitou a Grecia e a Turquía para atopar unha solución á cuestión chipriota.

Iso derivou no Acordo de Zürich de 1958 e no Acordo de Londres de 1959. Os mesmos entraron en vigor o 16 de agosto de 1960 co nacemento da República de Chipre a través dunha complexa constitución cuxos principais puntos eran:

  • República bicomunal con status igualitario de ambas as comunidades.
  • Grecia, Turquía e o Reino Unido serían as potencias garantes, con dereito de intervención cando o réxime constitucional se vise en perigo.
  • Coa finalidade de evitar a enosis, declarouse que Chipre non podía unirse a ningún estado, grupos de estados e organizacións das que Grecia e Turquía non fosen parte. Tamén se estableceu a non participación, en todo ou en parte, da República de Chipre nunha unión política ou económica con outro Estado.
  • O poder executivo quedaba a cargo dun Presidente greco-chipriota, e un Vicepresidente turco-chipriota, elixidos polas súas respectivas comunidades por sufraxio universal.
  • Ambos gozarían de poderes idénticos, con dereito a veto.
  • O poder lexislativo (casa dos representantes) con integrantes elixidos por cada comunidade en proporción 70/30.
  • Cada comunidade disporía da súa propia cámara lexislativa comunal con competencia no ámbito relixioso e cultural entre outros.
  • As dúas comunidades aceptaron nos tratados renunciar ás súas demandas de enosis e taksim.

División Intercomunal

O líder greco-chipriota, Makarios, contrario á igualdade intercomunal, buscou eliminar o dereito a veto dos turco-chipriotas a través da modificación da constitución. O rexeitamento destes provocou diversos actos de violencia no ano 1963, que terán o seu culmen no mencionado ano, ao seguinte e en 1967.

Consecuentemente, os turco-chipriotas víronse obrigados a deixar sectores da illa, illarse en enclaves e deixar os seus postos laborais. O Consello de Seguridade da ONU aprobou a instalación dunha forza de paz na illa UNFICYP, aínda despregada na mesma.

Operacións Militares Turcas

O 15 de xullo de 1974 efectúase na illa un golpe de estado contra o Goberno de Makarios. Este foi liderado por un grupo de militares gregos e grecochipriotas coa intención de revivir a ENOSIS. O mesmo contaba co respaldo da denominada "Ditadura dos Coroneis" de Atenas (1967-1974).

Isto espantou a Turquía que temía pola minoría turcochipriota que se comprometeu defender polo tratado de garantías que dera orixe ao estado chipriota. Por iso, levou a cabo unha masiva invasión do sector norte de Chipre a través da denominada Operación Atila (tamén denominada polos turcos "Operación de Mantemento da Paz").

Consecuentemente, o 37% de territorio quedou en mans turcas e, entre 140.000 e 160.000 grecochipriotas tiveron que fuxir da parte norte da illa.

Desde entón, a volta dos refuxiados ás súas terras e ás súas propiedades é reclamada polos grecochipriotas. Turquía, pola súa banda, respondeu coa proclamación en 1975 do "Estado Federado Turco de Chipre" e en novembro de 1983 cunha declaración de independencia converténdose na República Turca do Norte de Chipre (RTNC).

Situación posterior á invasión turca

Desde a realización da operación de 1974, a ONU intentou resolver o conflito sen éxito.

En 1999, a Unión Europea estableceu no Consello Europeo de Helsinqui que a reunificación non era unha precondición para a adhesión de Chipre. Grecia ameazou con vetar a candidatura de Turquía se non se incluía esta decisión.

Nacións Unidas realizou innumerables esforzos para a solución do conflito a través da reunificación. As propostas realizadas polo Secretario Xeral de Nacións Unidas en 1984, 1986 e en 1992 foron rexeitadas polos grecochipriotas por non admitir a igualdade política entre as dúas comunidades. Outros intentos de solución ao conflito fracasaron en 1996 e 1997, debido a que aos turcochipriotas non se lles recoñecía como Estado independente.

O entón Secretario Xeral da ONU, Kofi Annan, presentou unha nova proposta en 2002 que incluía conceptos que provocaron fortes reticencias entre a comunidade grega. Revisada en 2003, establecía a creación dunha federación de dous estados -o Estado Greco Chipriota e o Estado Turco Chipriota- unidos conxuntamente por un goberno federal con escaso poder, algo similar a Suíza.

Logo de innumerables conversacións, o 24 de abril de 2004, o plan de paz do Secretario Xeral de Nacións Unidas para Chipre foi presentado á súa ratificación en referendo en ambas as comunidades.

Os turcochipriotas, ignorando o consello do seu presidente Rauf Denktash (que recomendaba votar en contra), aprobaron a proposta polo 65% da súa poboación. A comunidade grecochipriota rexeitou o plan e, con iso, acabábanse todas as esperanzas de que unha Chipre unificada puidese acceder á UE o 1 de maio de 2004. Gran parte da poboación grecochipriota pensaba que o plan daba demasiados poderes á parte turca. O principal escollo foi a oposición grega a que non todos os refuxiados grecochipriotas puidesen volver ás súas casas, que as tropas turcas puidesen permanecer na illa indefinidamente e que tamén o fixesen os 45.000 colonos turcos fincados na mesma.

Goberno e Política

  • Forma de Estado: República secular e parlamentaria baseada na constitución de 1985, moi parecida á de Turquía.
  • Xefe de Estado: presidente elixido por elección directa e por un termo de cinco anos. O actual presidente é Mehmet Ali Talat, electo en Abril de 2005 como segundo presidente da república.
  • Lexislatura: Unicameral. A asemblea lexislativa (Cumhuriyet Meclisi), ten 50 membros electos en forma directa por sufraxio universal, e por un termo de cinco anos.
  • Executivo: a cargo do consello de ministros nomeados polo Presidente por consello do Primeiro Ministro.
Principais partidos políticos
Partidos parlamentarios
Partido Republicano Turco (CTP)
Partido Nacional de Unidade (UBP)
Partido Demócrata (DP)
Movemento de Paz e Democracias (BDH)
Partidos non parlamentarios
Partido Comunista de Liberación (TKP)
Partido Novo Chipre (YKP)

Sistema xudicial

A corte máis alta é a Suprema Corte de Xustiza. Esta funciona como corte constitucional, corte de apelacións e Alta Corte Administrativa. Posúe sete xuíces.

Cortes subordinadas:

O poder xudicial é exercido, ademais de por a Suprema Corte de Xustiza, polas cortes de Assize, distritales e de familia.

Corte Suprema de Xustiza

Composta polo presidente e xuíces da Suprema Corte, un membro nomeado polo Presidente da República Turca do Norte de Chipre, outro nomeado pola Asemblea Lexislativa, o Fiscal Xeral e un membro elixido pola Asociación Bar, é responsable do nomeamento, ascenso, transferencia e asuntos de disciplina de todos os xuíces.

Os nomeamentos dos presidentes e xuíces da Corte Suprema áchanse suxeitos á aprobación do Presidente da República.

Xeografía

A República Turca do Norte de Chipre ten unha poboación de ao redor de 190.000 habitantes e unha área de 3.355 quilómetros cadrados.

Chipre é a illa máis oriental do Mediterráneo e a terceira en tamaño tras Sicilia e Sardeña. O punto máis próximo a Turquía é de 67 Km, 102 Km de Siria e 417 de Exipto.

A República Turca do Norte de Chipre ten uns 190 km de longo, uns 65 de ancho e 3514 Km², comprendendo un 36% da illa.

A súa xeografía caracterízase por unha sucesión de cadea montañosa, chaira e praias. A cadea de Kyrenia (Beşparmak - cinco dedos) que corre de en sentido este-oeste, ten o seu pico máximo no Monte İçova de 1023 m de altura.

Cara ao leste da illa, a cadea perde altura e esténdese ao longo da península de Karpas.

Principais Cidades

Ao sur da cadea montañosa de Kyrenia atópase Nicosia (Lefkosa) (poboación do sector controlado pola RTNC: 39.000), capital da República Turca do Norte de Chipre. A través dela corre a Liña Verde, que divide a cidade en dúas.

Outras cidades maiores son Famagusta (Magusa) (poboación 30.000), Kyrenia (Girne) (poboación 22.000) e o centro citrícola de Morphou (Guzelyurt) (poboación 15.000).

Cy-map
Mapa de Chipre.

Economía

Durante o período entre 1963 e 1974, a economía turco-chipriota tiña grandes síntomas de subdesenrolo. A principal razón desta condición era o bloqueo económico e que a súa base produtiva era inadecuada.

No período seguinte, coa axuda de novas administracións e de métodos máis actualizados, eses problemas foron superados polo que se pasou a unha economía máis saudables e estable. Os plans enfocáronse a reactivar a industria manufacturera e do turismo. Estes esforzos foron bastante satisfactorios polo que logo dun período de rápido crecemento pasouse a un de crecemento máis modesto e sustentable.

A economía da República Turca do Norte de Chipre esta dominada polo sector servizos incluíndo o público, o comercial, o de turismo e educación cun máis pequeno de agricultura e manufactura liviá. Durante o período desde 1977 ao 2003, o Produto Bruto Interno creceu 37,5% a prezos constantes de 1977, alcanzando 10.177.1 millóns de Tl (US$ 1.283.7 millóns).

A agricultura é aínda importante na súa economía onde os principais produtos son cítricos, uvas, viño, papas e outros vexetais. Os produtos manufacturados, a construción, distribución e outros servizos son os que máis emprego producen pero o turismo é a industria máis crecente.

A economía opera sobre a base dun sistema de mercado aínda que continúa co problema do illamento dos turco-chipriotas, a falta de investimento público e privado, os altos custos de frete e a baixa dispoñibilidade de man de obra cualificada. A pesar desas limitacións, a economía exhibe un alto rendemento nos últimos anos cun crecemento do 9,6% en 2004 e do 11,4% en 2003. O ingreso per-capita case se duplicou en 2004 (US$7.350) con respecto a 2002 (US$4.409). Este crecemento foi alentado pola relativa estabilidade da Lira Turca, o emprego duns 5000 turco-chipriotas no sur de Chipre, onde os salarios son significativamente altos, e o boom nos sectores de educación e construción. No 2003, o sector servizos representou case 2/3 partes do PBI, a industria o 11,6 %, a agricultura 10,6% e a construción 10,1%.

A diminución nas restricións para viaxar entre as dúas partes da illa en abril de 2003 permitiu un gran movemento de persoas sen incidentes étnicos. En agosto de 2004, novas regulacións da Unión Europea (EU) permitiron que mercancías producidas no norte da illa sexan vendidas no sur satisfacendo os requirimentos fito-sanitarios desta asociación. En maio 2005, as autoridades turco-chipriotas adoptaron unha nova regulación a semellanza da UE aceptando que certas mercancías do sur sexan vendidas no norte. A pesar deses esforzos, o comercio entre ambos os lados é moi limitado.

En canto ao comercio exterior, Turquía segue sendo o principal socio da República Turca do Norte de Chipre, provendo 60% das importacións e recibindo o 40% das exportacións. Un caso importante foi a sentenza da Corte de Xustiza Europea do 5 de xullo de 1994 no cal non recoñecía os certificados estendidos polas autoridades da República. Esta reduciu as exportacións en US$36,4 millóns (ou 66,7% de total) en 1993 e en US$13,8 millóns en 2003 (ou sexa o 28% do total). Aínda así, a EU continua sendo o Segundo destino comercial con 25 % das importacións e 28% das exportacións.

O total das importacións incrementáronse a US$853,1 millóns en 2004 (de US$477,7 millóns en 2003), mentres que o total das exportacións aumentaron en US$61,5 millóns (de US$50,6 millóns en 2003).

O norte de Chipre tamén busca a diversidade de mercados polo que actualmente vende case a metade das súas exportacións ao Medio Oriente. A balanza comercial continua deficitaria pero é compensada fundamentalmente polo turismo, axuda estranxeira, préstamos (principalmente de Turquía), ingreso de capitais e ingresos provenientes dos traballadores na parte Greco-chipriota da illa, nas bases soberanas británicas e de Nacións Unidas.

A axuda de Turquía é crucial para a economía. Baixo o último protocolo asinado polos dous países no 2005, Turquía comprometeuse a prover prestamos e asistencia por US$450 millóns durante un período de tres anos, para as finanzas públicas, turismo, sistema bancario e proxectos de privatización. O total do apoio financeiro turco desde 1974 estimado excede os US$3000 millóns.

Educación

O sistema educativo da República Turca do Norte de Chipre pode dividirse en cinco partes:

  • Educación preescolar. É dada a través dos xardíns escolares aos nenos entre 4 e 6 anos.
  • Educación Primaria. É provisto en dúas etapas. A escola elemental para nenos entre 7 e 12 anos a cal dura cinco anos e é obrigatoria. A segunda etapa dura tres anos e tamén é obrigatoria.
  • Educación Secundaria. Estruturada para mozos entre 16 e 18 anos, ten un programa de tres anos. É dada polos colexios coñecidos como liceos e colexios vocacionais. As escolas técnicas e vocacionais están comprendidas polos liceos comerciais, educación técnica, escola vocacional agrícola, escola de enfermería e escola de turismo e gastronomía.
  • Educación Superior.

Está dada polas seguintes institucións:

Universidade Internacional de Chipre. [1]
Universidade do Leste do Mediterráneo. [2]
Universidade Europea do Lefke [3]
Universidade Americana de Girne [4]
Universidade do Próximo Oriente [5]
Academia de instrución de Mestres de Nicosia Atatürk
Universidade Técnica de Medio Oriente. Campus do Norte de Chipre. [6]
  • Educación Informal. A cargo do ensino a aqueles non aptos para a educación formal.

Poboación

A lingua materna da poboación do norte é o turco (Chipriotas turcos e turcos provenientes de Anatolia) con pequenas poboacións de chipriotas gregos e libaneses.

A República Turca do Norte de Chipre inclúe a parte norte da cidade de Nicosia (turco: Lefkoşa, grego: Lefkosia), a cal serve como a súa capital. Así mesmo, no aspecto relixioso, o 99% da poboación profesa a fe musulmá sunita, e o 1% restante repártese en pequenas comunidades cristiás; principalmente ortodoxas, pero tamén con presenza de protestantes e católicos romanos.

Excepto por algúns maronitas, na área de Kormakiti (Koruçam), ao extremo oeste das alturas de Kyrenia, e de varios centos de Greco-chipriotas na península de Karpas, os habitantes da República Turca do Norte de Chipre son turco-chipriotas, descendentes dos turcos que se instalaron na illa logo da conquista do Imperio Otomán de 1571. Con esta conquista, a composición étnica e cultural da illa cambiou drasticamente.

Aínda que a illa fora gobernada polos Venecianos, a poboación era maiormente grega. O dominio turco trouxo consigo a emigración de súbditos do Imperio de distinta linguaxe e distintas crenzas e tradicións á illa. Segundo un decreto do sultán Selim II, unhas 5.720 familias deixaron as rexións de Anatolia de Karaman, Içel, Yozgat, Alanya, Antalya e Aydin e emigraron a Chipre. Estes eran, maiormente, granxeiros, pero tamén había gandeiros, zapateiros, xastres, tecedores, cociñeiros, albaneis, xoieiros e mineiros. Así mesmo, uns 12.000 soldados, 4000 homes de cabalería e 20.000 antigos soldados, xunto ás súas familias, permaneceron na illa.

O Imperio Otomán permitiu ás comunidades non-musulmáns (ou millets, da palabra arábiga por relixión, millah) un grao de autonomía se elas pagaban os seus impostos e obedecían ás autoridades. O sistema millet permitiu aos Greco-chipriotas permanecer nas súas vilas e manter as súas tradicións. : Os inmigrantes turcos a miúdo situáronse en novos asentamentos pero moitos xuntáronse cos da comunidade grega. Durante catro séculos, as dúas comunidades cohabitaron na illa. A pesar da súa proximidade, cada comunidade mantivo os seus costumes sen establecer lazos profundos entre eles. É exemplo diso que cada comunidade consideraba un tabú os matrimonios interétnicos aínda que en ocasións producíronse. De feito, as relacións foron normalmente cordiais habendo poucas posibilidades de intimidade entre ambos.

Segundo documentos dos rexistros gobernamentais do Imperio Otomán, aproximadamente entre 40.000 e 60.000 súbditos turcos vivían en Chipre a finais do século XVI. O primeiro censo británico de (1881), os greco-chiopriotas eran uns 140.000 e os turco-chipriotas ao redor de 42.638. Moitos dos habitantes desta última comunidade emigraron cando a illa pasou a mans británicas en 1878.

Houbo un importante éxodo entre 1959 e 1974 cara a Gran Bretaña e Australia. A razón do ocorrido entre 1950/60 debeuse á política liberal adoptada polos británicos cando a illa obtivo a súa independencia. No período posterior, incrementouse e debeuse á loita intercomunal. En 1972, a poboación turco-chipriota pasou a ser de 78.000.

Tras os sucesos de 1974, iniciouse un retorno de turco-chipriotas á illa. Ademais, uns 20000 traballadores turcos tamén arribaron ao sector. Moitos deles establecéronse permanentemente e obtiveron a cidadanía. Debido a esta situación, a poboación da República Turca do Norte de Chipre alcanzou a 167.256 en 1988.

A media de crecemento do período 1878/87 foi do 1,3 %, En 1887, a taxa pasou a 1,5%.

Cultura

Artigo principal: Cultura da República Turca do Norte de Chipre.

Véxase tamén

Ligazóns externas

.nc

.nc é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Nova Caledonia.

O dominio .nc.us é usado no estado de Carolina do Norte, EUA e o dominio .nc.tr é usado na República Turca do Norte de Chipre.

Akrotiri e Dhekelia

Acrotiri e Dhekelia (Akrotiri and Dhekelia, en inglés; Ακρωτήρι και Δεκέλεια, en grego) son dúas bases soberanas do Reino Unido en Chipre, antiga colonia da Coroa Británica. As dúas áreas conteñen bases militares habitadas por británicos, zonas residenciais onde viven na súa maioría cidadáns chipriotas, e terreos cultivables.

Acrotiri atópase ao sur da illa, preto da cidade de Limasol. Chámase tamén "Base Soberana Occidental" (Western Sovereign Base Area en inglés). Máis de 3.500 efectivos da Real Forza Aérea e a Mariña Real están destinados na base; as súas tarefas inclúen a colaboración cos Cascos Azuis da Organización das Nacións Unidas no mantemento do proceso de paz.

Dhekelia ou Base Soberana Oriental (Eastern Sovereign Base Area en inglés) atópase no sueste, preto de Larnaca, do límite coa autoproclamada República Turca do Norte de Chipre e da cidade de Famagusta, xunto á zona libre administrada por Nacións Unidas.

Bandeira da República Turca do Norte de Chipre

A bandeira da República Turca do Norte de Chipre (en turco: Kuzey Kıbrıs Türk Cumhuriyeti bayrağı) ondea en países cos que a RTNC ten relacións diplomáticas, como por exemplo Turquía e o estado non soberano de Nakhichevan en Acerbaixán. A bandeira da RTNCutílizase como oposición á bandeira de Chipre como bandeira do Norte de Chipre. O uso local da bandeira turca é dalgún xeito xemellante ao uso da bandeira grega no resto da illa.

Canción de Shtalak

A canción de Shtalak (en checheno Шатлакхан Илли / Şatlaqan Illi) é o himno nacional de Chechenia.

Chipre

Chipre ( pronunciación ) (en grego: Κύπρος/Kýpros, en turco: Kıbrıs), oficialmente República de Chipre ( pronunciación ) (en grego: Κυπριακή Δημοκρατία, en turco: Kıbrıs Cumhuriyeti) é un república que abrangue o territorio da illa homónima, situada ó leste do mar Mediterráneo, 113 km ao sur de Turquía, 120 km ao oeste de Siria e 150 km ao leste da illa grega de Kastellorizo. Chipre ingresou como membro das Nacións Unidas o 20 de setembro de 1960 e foi un dos fundadores do Movemento de Países Non Aliñados até o seu ingreso na Unión Europea o 1 de maio de 2004.

Segundo a lei internacional, a illa no seu todo é un estado independente, mais de facto atópase dividida dende o 15 de xullo de 1974 en dúas partes. Os dous terzos do sur forman o Chipre propiamente dito e o resto da illa, o terzo norte, é a coñecido como a República Turca do Norte de Chipre, baixo protección turca e sen recoñecemento internacional. Ámbolos dous territorios teñen a súa capital en Nicosia.

Conflito de Chipre

O conflito de Chipre é un conflito en curso motivado pola invasión militar e a posterior ocupación turca (dende 1974) do terzo norte da illa, unha situación descrita e detallada en numerosas resolucións das Nacións Unidas. Malia que a República de Chipre é recoñecida como o único e lexítimo estado, soberano sobre toda a illa, o norte está gobernado de facto pola administración autodeclarada da República Turca do Norte de Chipre que é defendida polas Forzas Armadas de Turquía.

Nun comezo, coa anexión da illa polo Imperio Británico dende o Imperio Otomán, o "conflito de Chipre" foi identificado como unha disputa entre a poboación de Chipre e a Coroa Británica e a loita dos chipriotas pola súa autodeterminación. Porén, a disputa converteuse, baixo a administración británica, nun conflito étnico entre os turcos e os gregos isleños. As implicacións internacionais da disputa superaron as fronteiras da illa de Chipre e incluíron ós poderes baixo o Acordo de Londres e Zúric (Turquía, Grecia e o Reino Unido), as Nacións Unidas e a Unión Europea, e (non oficialmente) os Estados Unidos.O Golpe de Estado en Chipre de 1974 provocou a invasión de Turquía, e a ocupación da parte norte da internacionalmente recoñecida República de Chipre. En 1983, a comunidade turcochipriota declarou unilateralmente a independencia formando a República Turca do Norte de Chipre, unha entidade soberana que carece de recoñecemento internacional coa excepción de Turquía, e coa que a República Turca matén relacións diplomáticas, en violación da Resolución 550, adoptada o 11 de maio de 1984 polo Consello de Seguridade das Nacións Unidas.

Como resultado de que as dúas comunidades e os países involucrados se comprometeron a atopar unha solución pacífica para a disputa, as Nacións Unidas mateñen unha zona de amortiguación (a "Liña Verde") para evitar calquera tensión ou hostilidade intercomunal. Esta zona separa as áreas do sur da República de Chipre (predominantemente habitada por gregochipriotas), das áreas do norte (onde os turcochipriotas e os colonos turcos son agora maioría). Nos últimos anos produciuse un achegamente das relacións entre ámbalas dúas comunidades, e as negociacións para a reunificación recomezaron no 2014.

Eurocopa de Fútbol ConIFA 2017

A Eurocopa de Fútbol ConIFA 2017 é a segunda edición da Eurocopa de Fútbol ConIFA, un torneo de fútbol de estados, minorías e rexións non afiliados á FIFA organizado pola ConIFA.

Europa (himno)

Europa ( pronunciación ) (en albanés: Evropa, en serbia: Европа) é o nome do himno nacional da República de Kosovo, aprobado polo parlamento o 11 de xuño de 2008. Esta melodía carece de letra, para evitar ofender á minoría serbia que habita nesta ex provincia serbia que declarou a súa independencia unilateralmente o 17 de febreiro de 2008. O himno, cuxo autor é o compositor albanés Mehdi Mendiqi, foi aprobado nunha sesión cerimonial do Parlamento tras gañar Mendiqi un concurso en cuxas bases se establecía que o tema musical non podía facer referencia á cultura de ningunha das etnias de Kosovo.

Famagusta

Famagusta (en grego: Αμμόχωστος, Ammójostos; en turco: Mağusa ou Gazimağusa) é unha cidade situada ao leste de Chipre, centro administrativo do distrito homónimo e baixo control da autoproclamada República Turca do Norte de Chipre. Ten 42,526 habitantes.

Como porto marítimo é un lugar de exportación de cítricos e outros produtos agrícolas-gandeiros. Nas súas proximidades atópanse as ruínas da antiga cidade de Salamina, destruída no ano 647.

O seu nome derivaríase do termo grego ammochostos (ἄμμος, χόω) que significa metido na area.

Genco Ecer

Genco Ecer (pronunciación turca: [ˈɡendʒo ˈedʒeɾ]; nado o 13 de decembro de 1985 en Ancara, Turquía) é un cantante e atleta turcochipriota. Antes da súa carreira musical, Ecer representou á República Turca do Norte de Chipre no equipo de natación e na selección de baloncesto. No 2009, Eccer lanzou o seu álbum debut Kandıramazsın. O album contiña cancións de R&B, funky house e pop. O principal sinxelo foi U Dönüşü.

Himno de Europa

O Himno de Europa é a obra do compositor Ludwig van Beethoven Oda á alegría (en alemán: "Ode an die Freude"), e é o himno da Unión Europea e do Consello de Europa. Está baseado no movemento final da obra, composta en 1823, e é interpretada en momentos especiais de ambas organizacións.

Intermeco

Intermeco é o himno nacional de Bosnia e Hercegovina, adoptado o 10 de febreiro de 1998. A música é obra de Dušan Šestić.

Lingua turca

O turco ( Türkçe ) é a máis estendida das linguas turcas, con arredor de 10–15 millóns de falantes nativos no sueste de Europa e entre 55 e 60 millóns de falantes en Asia Occidental. A lingua fálase sobre todo en Turquía, con pequenas comunidades en Alemaña, Bulgaria, Macedonia, República Turca do Norte de Chipre, Grecia, o Cáucaso, e outras partes de Europe e Asia central. Pertence á familia das linguas altaicas. As linguas máis próximas ao turco son o azarí e o turcomán.

As orixes da lingua atópanse na rexión de Altai, na estepa euroasiática, onde se coñecen os primeiros escritos que teñen uns 1.300 anos de antigüidade. No oeste, a influencia do turco otomán, a lingua administrativa e literaria do Imperio Otomán que mantiña unha morfoloxía e sintaxe principalmente turca mentres o vocabulario era primordialmente árabe e persa , estendeuse segundo ía medrando o Imperio. En 1928, como parte das reformas Atatürk na recente República de Turquía, a escrita otomá foi substituída polo alfabeto latino, así como se reformulou o vocabulario eliminando gran parte do léxico árabe e persa.

As características distintivas do turco son a harmonía vocálica e a aglutinación. A orde básica das palabras é suxeito obxecto verbo. O turco non ten clases de nomes ou xénero gramatical. Ten un uso moi forte das fórmulas de tratamento e de cortesía. Usa o pronome de segunda persoa que distingue diferentes graos de cortesía, espazo social, idade ou familiaridade.

Lira turca

A lira (en turco: Türk lirası) é a moeda de curso legal de Turquía e da República Turca do Norte de Chipre. O seu código ISO 4217 é TRY e divídese en 100 kuruş.

Liña Verde (Chipre)

A Liña Verde é a liña de demarcación que divide Nicosia, a capital de Chipre, en dúas partes, unha setentrional baixo o poder da autodenominada República Turca do Norte de Chipre, e a parte meridional baixo o control gobernamental recoñecido internacionalmente da República de Chipre. O paso a través da mesma faise, exclusivamente, por "Ledra Palace Check Point", lugar controlado polas forzas de seguridade de ámbolos sectores da illa e de UNFICYP.

En 1960, Chipre transformouse nun país independente e bi-comunal, cunha poboación maioritaria de orixe grego e unha gran minoría de turcos. En decembro de 1963, a cidade foi o centro de violentos enfrontamentos intercomunais, resultando nunha división de facto da mesma. O Secretario Británico para as Relacións da Commonwealth, Dunkan Sands, viaxou a Chipre coa intención de restaurar a calma. Fixéronse unha serie de encontros cos delegados turco-chipriotas e greco-chipriotas baixo a dirección de Sands. Durante os mesmos, o xeneral Young, quen estaba a cargo das tropas británicas chegadas para supervisar o cesamento do fogo, marcou unha liña verde o 30 de decembro de 1963 sobre o mapa de confrontación en Nicosia. A liña fortaleceuse coa invasión da illa por parte de Turquía en xullo de 1974. Chegou a converterse de facto en fronteira cando en 1983 a parte turco-chipriota autoproclámase como República Turca do Norte de Chipre, país unicamente recoñecido por Turquía.

A partir dese momento a liña mantén o nome de Green Line, separando ás dúas comunidades mediante unha combinación de barricadas, bolsas de area, arames de pugas e postos de garda. O seu ancho é variado (sendo, en media, o correspondente a unha rúa) e o seu patrullamento interno é realizado polas tropas de UNFICYP de Nacións Unidas.

Esta liña tamén se denomina nalgún caso como Liña Atila, nome en clave dado polas forzas turcas durante a intervención militar da illa na chamada Operación Atila. Na madrugada do 8 ao 9 de marzo de 2007, o goberno greco-chipriota comezou a derrubar parte da Liña Verde nun "sinal de boa vontade", segundo afirmou o voceiro gobernamental Christodoulos Pashardes, o que foi ben recibido polo líder turco-chirpiota Mehmet Ali Talat, aínda que se advertiu que a medida, con ser positiva, non é nin definitiva nin constitúe o final do conflito de ambas as comunidades. En xaneiro, o goberno turco-chipriota tamén realizara xestos de achegamento ao destruír unha ponte peonil que, a dicir da outra parte, violaba a Liña Verde.

Mesquita de Selimiye

A Mesquita de Selimiye (en turco: Selimiye Camii; en grego: Σελιμιγιέ Τζαμί), antigamente Catedral de Santa Sofía, é unha mesquita localizada en Lefkoşa, na República Turca do Norte de Chipre. Esta é a principal mesquita da cidade, do país e da illa. A mesquita está situada na que fora a igrexa máis grande e antiga da illa de Chipre (66x21 metros) posibelmente construída no lugar dunha antiga igrexa bizantina e convertida en mesquita despois da conquista polos otománs.

Nicosia do Norte

Lefkoşa ou Nicosia do Norte é a capital e maior cidade da República Turca do Norte de Chipre. É a parte norte da cidade de Nicosia. En 2011, Lefkoşa tiña unha poboación de 61 378 e a área metropolitana tiña 82 539.

Universidade do Oriente Próximo

A Universidade do Oriente Próximo (en turco: Yakın Doğu Üniversitesi, tamén coñecida por YDÜ) é unha universidade privada, onde máis de 25,000 estudandes da República Turca do Norte de Chipre e de 55 países estranxeiros levan a cabo estudos de grao e posgraduado. Foi fundada en Lefkoşa no ano 1988. A linguaxe de instrución na zona este da universidade é o inglés na maioría de departamentos. A Universidade do Oriente Próximo conta na actualidade con 16 facultades con 90 departamentos e escolas que ofertan cursos a nivel de pregraduado e posgraduado. A universidade oferta programas de posgraduado baixo á dirección e coordinación da Escola de Graduados de Ciencias Sociais e Aplicadas. A Escola Preparatioria en Inglés está dispoñíbel para aqueles que precisan mellorar o seu inglés antes de comezar a estudar nos programas especializados das facultades.

Ziynet Sali

Ziynet Sali é unha cantora turcochipriota-británica famosa na República Turca do Norte de Chipre e Turquía.

Países e territorios do Mediterráneo

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.