República Popular da China

A China[1] (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín. Esta, exerce xurisdición sobre vinte e dúas provincias, cinco rexións autónomas, catro municipalidades directamente controladas (Pequín, Tianjin, Shanghai e Chongqing) e dúas rexións administrativas especiais practicamente autónomas, Hong Kong e Macau. A República Popular da China reclama Taiwán como a súa provincia número viente e tres, aínda que na práctica a illa é independente, xa que se atopa administrada polo réxime da República da China dende a fin da guerra civil de 1949.

Cunha superficie aproximada de 9,6 millóns de quilómetros cadrados, a China é o segundo país máis grande en relación á súa superficie terrestre e o terceiro ou cuarto máis grande pola súa superficie total. A paisaxe da China é vasta e diversa. Os áridos norte e noroeste, nas proximidades de Mongolia e Asia Central, están ocupados por estepas forestais e os desertos do Gobi e Taklamakan. O sur, lindando coa rexión do Sueste asiático, é máis húmido e está ocupado por bosques subtropicais. A zona máis occidental é accidentada e moi elevada, coas cordilleiras do Himalaias, Karakoram, Pamir e Tian Shan facendo de fronteira natural entre a China e Asia Central e do Sur. A nivel fluvial destacan os ríos Yangtzé e Amarelo, o terceiro e o sexto máis longos do mundo. Ambos nacen na meseta do Tíbet, e flúen cara á densamente poboada costa leste. A liña costeira da China ao longo do Océano Pacífico é de 14.500 quilómetros e está limitada polos mares de Bohai, Amarelo, Oriental e o Meridional.

A antiga civilización chinesa, unha das máis antigas do mundo, floreceu na fértil conca do río Amarelo. Durante miles de anos o seu sistema político baseouse en monarquías hereditarias, coñecidas como dinastías, sendo a primeira a semimitolóxica dinastía Xia (aprox. 2.000 a.C.). Dende o ano 221 a.C., cando a dinastía Qin conquistou varios estados para formar un grande Imperio chinés, o país expandiuse, fracturouse e reformouse en varias ocasións. A última dinastía foi derrocada no ano 1911 coa chegada da República da China. En 1945, a República conquistou Taiwán ao Imperio do Xapón trala fin da Segunda Guerra Mundial. Nos anos 1946 a 1949 o Partido Comunista derrotou ao nacionalista Kuomintang na China continental e estableceu en Pequín a República Popular da China o 1 de outubro de 1949, mentres que o Kuomintang trasladou o goberno da República da China a Taipei. A xurisdición da República da China limítase agora a Taiwán e varias illas próximas, incluíndo Penghu, Kinmen e Matsu.

A lingua chinesa é a lingua máis falada no mundo: arredor dun quinto da poboación mundial fala algunha forma de chinés como lingua nai. A lingua chinesa, na forma de chinés mandarín, é a lingua oficial da República Popular da China, así como de Taiwan. É ademais unha das linguas oficiais de Singapur e mais unha das seis linguas oficiais das Nacións Unidas.

A China ten fronteiras con 14 países: Afganistán, Bután, Myanmar, India, Casaquistán, Quirguisia, Laos, Mongolia, Nepal, Corea do Norte, Paquistán, Rusia, Taxiquistán e Vietnam. As cidades máis importantes son Pequín, Shanghai, e Hong Kong. Desde a súa fundación en 1949, a RPCh está gobernada polo Partido Comunista Chinés. Aínda que oficialmente segue a ser un estado comunista, a súa economía vén sendo liberalizada desde hai tres décadas.

Coordenadas: 35°N 103°L / 35, -103

República Popular da China
中华人民共和国
Zhōnghuá rénmín gònghéguó
Bandeira da República Popular da China
Emblema da República Popular da China
BandeiraEmblema
People's Republic of China (orthographic projection)
Capital
 • Poboación
Pequín
21.700.000 (2015)
Cidade máis poboadaShanghai
Linguas oficiaisMandarín estándar1
Forma de gobernoUnipartidismo
Comunismo (nominalmente)
Xi Jinping
Li Keqiang
Formación
 • Unificación
 • República
 • República Popular

221 a.C.
1 de xaneiro de 1912
1 de outubro de 1949
SuperficiePosto 3º
 • Total9 596 961 km²
 • % auga2,8%
Fronteiras22 117 km
Costas14 500 km
PoboaciónPosto 1º
 • Total (2016 est.)1 403 500 365 hab.
 • Densidade146,24 hab./km²
PIB (nominal)Posto 2º
 • Total (2017)11,80 billóns US$
 • per cápita8 481 US$
PIB (PPA)Posto 1º
 • Total (2017)23,19 billóns US$
 • per cápita16 676 US$
MoedaRenminbi (¥, CNY)
IDH (2015)0,738 (90º) – Alto
XentilicioChinés, chinesa
Fuso horarioUTC+8
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.cn
Prefixo telefónico+86
Prefixo radiofónico3HA-3UZ
Código ISO156 / CHN / CN
Membro de: ONU, APEC
1 Co-oficial co inglés en Hong Kong e co portugués en Macau. Ademais algunhas outras linguas son co-oficiais xunto co chinés mandarín en pequenas áreas do país.
2 A superficie non inclúe os territorios disputados. Con eles a superficie sería de 9.671.018 km².

Etimoloxía

A verba «China» deriva do persa Cin (چین), a cal é unha adaptación do sánscrito Cīna (चीन).[2] O primeiro rexistro deste termo data de 1516, no diario do explorador portugués Duarte Barbosa.[3][4] O máis antigo exemplo do uso de Cīna data do ano 150 d.C.. Aínda que os escritorés hindús non non foron conscientes da existencia da China antes do século I a.C., a palabra Cīna aparece en Mahābhārata, así como nas Leis de Manu. En 1655, Martino Martini suxeriu que a palabra China deriva do nome da dinastía Qin (秦, Chin),[5] proposta que foi apoiada por moitos eruditos posteriores, aínda que hai outras moitas teorías.

O nome oficial do estado moderno é República Popular da China (中华人民共和国, Zhōnghuá Rénmín Gònghéguó), aínda que as dinastías e gobernos anteriores cambiaron o nome oficial do país en numerosas ocasións. Os nomes comúns para o país en chinés son Zhongguó (中国, de zhong, ‘central’ ou ‘medio’, e guó, ‘estado’ ou ‘estados’, e en tempos modernos, ‘nación’) e Zhonghuá (中华). O termo Zhongguó apareceu en varios textos antigos, como o Clásico de historia do século -VI,[6] e en tempos pre-imperiais empregábase como un concepto cultural para distinguir as tribos Huaxia dos «bárbaros». Este termo, que pode ser singular ou plural, referíase a un grupo de estados ou provincias da Chaira Central, pero utilizouse para denominar a todo o país ata o século XIX. Os chineses non foron os únicos en percibir o seu país como o «centro» do mundo, xa que outras civilizacións aplicaron o mesmo pensamento ós seus territorios.[7]

Historia

Artigo principal: Historia da China.
FraMauroMapChataio
Mapa de Frei Mauro (1459).

Os descubrimentos arqueolóxicos revelan a presenza de seres humanos no territorio chinés un millón de anos atrás: os antropopitecos "de Yuanmou" e "de lantian". O "Home de Pequín", verdadeiro Homo erectus, viviu hai uns cincocentos mil anos. Tras do longo proceso da comunidade primitiva cara ao século XXI a.C., apareceu na historia chinesa o primeiro Estado, e a China entrou na sociedade escravista coa dinastía Xia. As dinastías Shang e Zhou do oeste que a seguiron, desenvolveron a escravitude en maior grao. O Período de Primavera e Outono e o dos Reinos Combatentes (é dicir, Zhou do este) son considerados de transición da sociedade escravista á feudal.

No ano 221 a.C., Qin Shi Huang (259-210 AC) puxo fin ao fraccionalismo característico durante o Período dos Reinos Combatentes e fundou un estado feudal pluriétnico unitario, co poder centralizado e o primeiro na historia da China: A dinastía Qin. A evolución histórica viu xurdir outras dinastías: Han, Wei, Jin, as do sur e norte, Sui, Tang, As Cinco Dinastías, Song, Yuan, Ming e Qing. A China estivo sumida na sociedade feudal ata a guerra do Opio no 1840. En 1911 unha explosión revolucionaria acabou co imperio e proclamou a república pero só serviu para agravar a situación e por todo o país xurdiron señores da guerra que gobernaban o territorio que controlaban con mentalidade feudal metidos en frecuentes guerras entre eles, isto foi o xermolo dun movemento de carácter rexenerador que xurdiu a partir de 1919 entre os estudantes e as clases medias das grandes cidades que buscaban devolver á China a súa dignidade nacional e occidentar o país, politicamente expresouse en dúas organizacións, o Kuomintang de ideoloxía democrática e nacionalista e o Partido Comunista que se aliaron en 1923 formando un exército que volveu unificar a China.

Logo da Segunda Guerra Mundial, a guerra civil chinesa entre o partido comunista da China e o Kuomintang rematou en 1949 cos comunistas co control da terra central da China e o Kuomintang co control de Taiwán e algunhas illas de Fujian. O 10 de outubro de 1949, Mao Zedong declarou a República Popular da China e estableceu un estado comunista. Á vez de asegurar a soberanía Chinesa, a administración de Mao impuxo controis estritos sobre a vida diaria e os custos da vida de decenas de millóns de persoas mediante políticas desastrosas como o gran salto adiante e a Revolución Cultural.

Tras a morte de Mao, Deng Xiaoping sucedeuno no poder e a terra central Chinesa mantívose debaixo do poder do comunismo.

Dende os anos 1960 o país posúe armas nucleares.

Política e goberno

Divisións administrativas

Artigo principal: Subdivisións da República Popular da China.

A República Popular da China articúlase oficialmente en tres niveis:[8]

  1. Provincias: o país divídese en provincias, rexións autónomas, concellos baixo xurisdición central e rexións administrativas especiais.
  2. Distritos: as provincias e rexións autónomas divídense en prefecturas autónomas, distritos, distritos autónomos e cidades.
  3. Cantóns: os distritos e distritos autónomos repártense en cantóns, cantóns de minorías étnicas e poboados.

A República Popular da China mantén o control administrativo sobre vinte e dúas provincias e considera a Taiwán como a súa provincia número 23, malia que a illa de Taiwán está gobernada independentemente pola República da China.[9]

A China tamén conta con cinco subdivisións chamadas oficialmente rexións autónomas (Xinjiang, Mongolia Interior, Tíbet, Ningxia e Guangxi) nas que existe unha minoría étnica e que teñen unha autonomía maior; catro municipios baixo xurisdición central (Pequín, Tianjin, Shanghai e Chongqing) e dúas rexións administrativas especiais (Hong Kong e Macau), que gozan de certo grao de autonomía política. Estas vinte dúas provincias, cinco rexións autónomas e catro concellos coñécense en conxunto como a «China continental», un termo que usualmente exclúe a Hong Kong e Macau. Pola súa parte, o goberno da República da China non recoñece ningunha destas divisións administrativas, pois reclama toda a extensión da República Popular da China como parte do seu territorio.

Provincias
Nome Chinés Capital Área (km²) Poboación
Anhui 安徽 (Ānhuī) Hefei 139.057 61 706 238
Fujian 福建 (Fújiàn) Fuzhou 123.603 35 801 740
Gansu 甘肃 (Gānsù) Lanzhou 464.186 26 184 538
Guangdong 广东 (Guǎngdōng) Cantón 177.933 79 383 035
Guizhou 贵州 (Guìzhōu) Guiyang 176.505 36 407 728
Hainan 海南 (Hǎinán) Haikou 34.353 8 112 834
Hebei 河北 (Héběi) Shijiazhuang 187.991 69 602 378
Heilongjiang 黑龙江 (Hēilóngjiāng) Harbin 432.477 36 704 334
Henan 河南 (Hénán) Zhengzhou 166.499 93 652 065
Hubei 湖北 (Húběi) Wuhan 185.125 61 692 449
Hunan 湖南 (Húnán) Changsha 211.836 64 406 395
Jiangsu 江苏 (Jiāngsū) Nanjing 97.607 75 176 989
Jiangxi 江西 (Jiāngxī) Nanchang 167.430 41 398 079
Jilin 吉林 (Jílín) Changchun 192.105 27 502 884
Liaoning 辽宁 (Liáoníng) Shenyang 147.785 42 600 752
Qinghai 青海 (Qīnghǎi) Xining 716.693 5 001 307
Shaanxi 陕西 (Shǎnxī) Xi'an 205.693 36 641 032
Shandong 山东 (Shāndōng) Jinan 156.867 92 809 165
Shanxi 山西 (Shānxī) Taiyuan 157.023 34 415 373
Sichuan 四川 (Sìchuān) Chengdu 491.146 83 725 263
Yunnan 云南 (Yúnnán) Kunming 393.734 44 948 507
Zhejiang 浙江 (Zhèjiāng) Hangzhou 103.900 47 964 394
Rexións autónomas
Nome Chinés Capital Área (km²) Poboación
Guangxi 广西 (Guǎngxī) Nanning 241.410 44 553 455
Innere Mongolei 内蒙古 (Nèi Měnggǔ) Hohhot 1 218 698 24 259 735
Ningxia 宁夏 (Níngxià) Yinchuan 55.461 5 900 848
Xinjiang 新疆 (Xīnjiāng) Ürümqi 1 774 034 19 988 711
Tibet 西藏 (Xīzàng) Lhasa 1 268 947 2 810 767
Municipalidades
Nome Chinés Área (km²) Poboación
Pequín 北京 (Běijīng) 16.808 14 933 274
Chongquín 重庆 (Chóngqìng) 82.403 31 610 196
Xanghai 上海 (Shànghǎi) 6.341 17 805 281
Tianxín 天津 (Tiānjīn) 11.632 10 315 894
Rexións adminsitrativas especiais
Nome Chinés Área (km²) Poboación
Flag of Hong Kong.svg Hong Kong 香港 (Xiānggǎng) 2.755 7 374 900
Flag of Macau.svg Macau 澳門 (Àomén) 115,3 650 900

Dereitos Humanos

En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), República Popular da China firmou ou ratificou:

Flag of the People's Republic of China.svg China UN emblem blue.svg Status dos principais instrumentos internacionais de dereitos humanos[10]
CESCR CCPR CERD CED CEDAW CAT[11] CRC MWC CRPD
CESCR CESCR-OP[12] CCPR CCPR-OP1 CCPR-OP2-DP CEDAW CEDAW-OP[13] CAT CAT-OP CRC CRC-OP-AC CRC-OP-SC CRPD CRPD-OP[14]
Pertenza Firmado e ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado pero non ratificado Nin firmado nin ratificado Nin firmado nin ratificado Nin firmado nin ratificado Sen información Firmado e ratificado Yes check.svgRepública Popular da China recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Firmado e ratificado Sen información Nin firmado nin ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado e ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado
Yes check.svg Firmado e ratificado, Check.svg firmado pero non ratificado, X mark.svg nin firmado nin ratificado, Symbol comment vote.svg sen información, Zeichen 101 - Gefahrstelle, StVO 1970.svg accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.

Xeografía

China 100.78713E 35.63718N
Imaxe satélite 2005.

O país é o cuarto máis grande do mundo, contendo unha gran variedade de paisaxes diferentes. No leste, ao longo da costa do mar Amarelo e do mar da China Oriental, hai chairas aluviais densamente poboadas. As costas do mar da China Meridional é máis montañoso e no sur da China prevalece unha orografía de outeiros e pequenas cordilleiras. Na zona centro do leste están os deltas dos dous maiores ríos: o Huang He e o Chang Jiang. Outros ríos importantes son o Xi Jiang, o Mekong, o Brahmaputra e o Amur.

Ao oeste, predominan as grandes cordilleiras, sobre todo o Himalaia coa súa maior altitude no monte Everest, e altiplanicies que caracterizan a maior parte dunha paisaxe árida con desertos coma o Deserto do Gobi. Debido á seca e a prácticas agrícolas prexudiciais, as tormentas de area convertéronse en habituais na primavera. O deserto do Gobi estendeuse e é o principal responsábel destas tormentas que afectan ao nordés chinés así como Corea e Xapón.

Clima

Yangshuo moon hill
Monzón no bosque tropical de Guangxi.
TibetanMountains14
Paisaxe montañosa do Tíbet.

O clima da China está dominado en gran parte pola estación seca e os monzóns, que provocan unha pronunciada diferenza de temperaturas entre o inverno e o verán. No inverno, os ventos do norte que proveñen de latitudes máis altas son secos e fríos; no verán, os vientos do sur que proveñen das zonas costeiras son cálidos e húmidos.[15] O clima varía de rexión a rexión por mor da complexa orografía do país, aínda que se poden diferenciar en tres grandes zonas. A zona monzónica do leste, no que hai un clima húmido; a zona seca do noroeste, onde o clima é seco; e ó sur, na meseta do Tíbet, o clima é frío.[16] O clima das montañas caracterízase por unha gran cantidade de chuvias, particularmente entre os 600 e os 2000 msnm, onde as precipitacións adoitan estar por riba dos 1000 mm, aínda que a partir dos 1000 msnm son en forma de neve.[17]

O oriente, a costa e o sur teñen un clima subtropical húmido. É un clima cálido dominado polos monzóns e ocasionalmente chegan ventos polares da zona de Siberia. As temperaturas oscilan entre os 15 e os 30 °C e as precipitacións varían moito: máis de 1000 mm no sur e menos de 500 mm no norte.[17] O clima continental húmido aparece no nordés do país e nas zonas de transición entre o clima seco e o subtropical húmido; as precipitacións son menos abondosas —entre 500 mm e 800 mm anuais—, e as temperaturas son calorosas no verán e moi frías no inverno, pola influencia do anticiclón siberiano. En ocasións chegan masas de aire do clima subtropical húmido que traen chuvias e temperaturas cálidas canda si.[17]

Un dos principais problemas ambientais na China é a continua expansión dos seus desertos, particularmente o deserto do Gobi.[18][19] Aínda que as barreiras de árbores plantadas dende a década de 1970 reduciron a frecuencia das tormentas de area, as secas prolongadas, o esgotamento dos acuíferos co descenso do nivel freático continúan e provocan tormentas de pó que invaden o norte da China cada primavera, e que en ocasións se esparexen a outras partes do afastado Oriente, incluíndo Corea e Xapón. De acordo co supervisor de medio ambiente Sepa, a China perde 4.000 km² por ano por mor da desertificación.[20] A calidade da auga, a erosión e o descontrol da contaminación convertéronse en problemas importantes que afectan as relacións da China con outros países. O derretemento dos glaciares no Himalaia podería levar a unha seca que afectaría a centos de millóns de persoas.[21]

Flora e fauna

A China é un dos dezasete países megadiversos,[22] e xace en dúas das ecorrexións máis grandes do mundo: a paleártica e a Indomalaia. Conta con más de 34.687 especies de anfibios, aves, mamíferos, réptiles e plantas vasculares, o terceiro país máis biodiverso da Tierra, só despois de Brasil e Colombia.[23] De feito, é fogar de 551 especies de mamíferos (o 3º do mundo),[24] 1.221 especies de paxaros (8° do mundo),[25] 424 especies de réptiles (7° do mundo)[26] e 333 especies de anfibios (7° do mundo).[27] Das especies endémicas de mamíferos do país, destacan: o oso panda, o mono de pelo dourado, o tigre do sur da China, o faisán orelludo pardo, a grúa de crista vermella, o ibis nipón, o golfiño branco de río e o caimán chinés.

Panda Cub from Wolong, Sichuan, China
Un panda xigante na Reserva natural nacional Wolong, Sichuan.

Dentro do seu territorio hai más de 32.000 especies de plantas vasculares e alberga unha gran variedade de bosques.[28] Os bosques fríos de coníferas predominan no norte e son o hábitat de animais como o alce, o oso negro asiático e máis de 120 especies de aves.[29] No sotobosque de coníferas húmidas pódese atopar bambú.[30] O teixo e o xnebreiro residen a maiores altitudes, onde o rododendro substitúe ó bambú. Os bosques subtropicais, que predominan no centro e sur, son o fogar de máis de 146.000 especies de flora.[29] As selvas tropicais e estacionais, aínda que restrinxidas a Yunnan e Hainan, conteñen un cuarto de tódalas especies animais e vexetais que se poden atopar no país.[29] Na China medran máis de 10.000 especies de fungos,[31] dos cales, case 6.000 son fungos superiores.[32]

Cultura

Literatura

Economía

China fuels 1983
Mapa de produción de petróleo e minerais.

Cun crecemento oficial do 7-8% anual, a economía chinesa está considerada como unha das de maior crecemento do planeta, mantendo esta taxa desde os anos 1980.

As facilidades do goberno para o investimento estranxeiro levaron á creación de zonas económicas especiais na zona costeira, convertendo á China nunha das maiores potencias manufacturadoras do mundo, sobre todo no sector da produción de electrodomésticos, debido so baixo custo da man de obra (un traballador chinés ten uns ingresos inferiores á metade dun mexicano).

Isto levou a que o interior do país siga nunhas condicións terceiromundistas, mentres as provincias costeiras e, sobre todo, as cidades teñen a segunda maior clase media do planeta.

Demografía

Véxase tamén: Política do fillo único.

Cunha poboación de preto de 1.300 millóns de habitantes (no 2003), é o país máis poboado da Terra (22% da poboación do planeta).

A República Popular considérase a si mesma unha nación multiétnica, cuns 56 grupos recoñecidos. O 91,59% son Han, mais só son maioritarios na metade do país. Entre as grandes minorías étnicas inclúense os zhuang (16 millóns), manchús (10 millóns), hui ( 9 millóns), miao (8 millóns), uigures (7 millóns), yi (7 millóns), tujia (5,75 millóns), mongois (5 millóns), tibetanos (5 millóns), buyei (3 millóns) e coreanos (2 millóns).[33]

Nunha tentativa de limitar a súa poboación no territorio habitado polos Han, adoptouse unha política que limita as familias urbanas a un só fillo e as rurais a dous cando o primeiro é nena. Debido a que os nenos son considerados economicamente máis útiles nas áreas rurais, existe un alto índice de abortos e de abandono de recentemente nadas, para tentar asegurar que o segundo neno sexa home. Isto dá como resultado unha proporción entre sexos de 115 nenos nacidos por cada 100 nenas, o cal é todo o contrario ao índice natural, aínda que é comparábel co que sucede en Corea do Sur. Isto levou ás autoridades a enfatizar a importancia da muller e chegouse a prohibir a utilización de métodos médicos para predicir o sexo do feto.

Cun incremento duns 10 millóns de habitantes anuais, estímase que no 2043 terá uns 1.550 millóns de poboadores.

Poboación total: 1.295,33 millóns de habitantes Poboación urbana: 455,94 millóns de persoas (36.09%) Poboación rural: 807,39 millóns de persoas (63.91%) Taxa de Crecemento Demográfico Natural: 1.07% (Axencia de Noticias Xinhua da china, 2005)

Mapas e imaxes

ChinaGeography

Mapa xeográfico.

China topo

Mapa topográfico.

Regiones de China

Rexións.

China relief 2001

Zonas administrativas.

China ethnolinguistic 1967

Mapa etnolingüístico.

China agricultural 1986

Agricultura.

China precipitation

Precipitacións.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chinés. (información oculta no exemplo para a acepción 2ª e 3ª do termo).
  2. "Houghton-Mifflin, ed. (2000). "China". The American Heritage Dictionary of the English Language (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  3. Oxford English Dictionary (en inglés). 1989. ISBN 0-19-957315-8.
  4. Barbosa, Duarte (1516). "O Grande Reino da China". The Book of Duarte Barbosa (en portugués e inglés). ISBN 81-206-0451-2.
  5. Harper, Douglas (2001). "China". Online Etymology Dictionary (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  6. "《尚書•梓材》". Wikisource (en chino). Consultado o 14 de xaneiro de 2014. 「皇天既付中國民越厥疆土于先王」
  7. Wilkinson, 2000, p. 132
  8. "División administrativa e cidades". China.org.cn. 25 de xaneiro de 2007. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  9. Law, Gwillim (2 de abril de 2005). "Provinces of China". Statoids.com (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  10. Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos. "Status by country" (en inglés). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2013.
  11. Convención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013.
  12. Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales (PDF) (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de febreiro de 2014.
  13. Protocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujer (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013.
  14. Protocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2014.
  15. Fu et al., 2008, p. 1
  16. "Clima en China". International Universia.net. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2012. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  17. 17,0 17,1 17,2 Santiago. "China: Clima". Geografía La Guía 2000.com. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  18. Waghorn, Terry (7 de marzo de 2011). "Fighting Desertification". Forbes (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  19. BBC News (17 de abril de 2006). "Beijing hit by eighth sandstorm". BBC.co.uk (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  20. Coonan, Clifford (9 de novembro de 2007). "The gathering sandstorm: "Encroaching desert, missing water"". The Independent (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2008. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  21. MSNBC (24 de novembro de 2008). "Himalaya glaciers melting much faster". MSN.com (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  22. "Biodiversity Theme Report". Environment.gov.au (en inglés). 10 de decembro de 2009. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  23. "Countries with the Highest Biological Diversity". Mongabay.com (en inglés). 2004. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  24. IUCN (2012). "IUCN Initiatives – Mammals – Analysis of Data – Geographic Patterns 2012". IUCN Red List.com (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  25. "Countries with the most bird species". Mongabay.com (en inglés). 2004. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  26. "Countries with the most reptile species". Mongabay.com (en inglés). 2004. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  27. IUCN (2012). "IUCN Initiatives – Amphibians – Analysis of Data – Geographic Patterns 2012". IUCN Red List.com (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  28. "Countries with the most vascular plant species". Mongabay.com (en inglés). 2004. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
  29. 29,0 29,1 29,2 Leffman, Lewis e Atiyah, 2003, p. 1213
  30. Varas, Eugenio J. (14 de outubro de 2010). "El bambú: ¿un recurso sustentable?". Rebanadas de Realidad. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2014. Consultado o 3 de maio de 2014.
  31. Sodhi, Navjot S; Gibson, Luke; Raven, Peter H., eds. (2013). Conservation Biology: Voices from the Tropics (en inglés). John Wiley & Sons. p. 208. ISBN 9781118679814.
  32. Liu, Ji-Kai (2007). "Secondary metabolites from higher fungi in China and their biological activity". Drug Discoveries & Therapeutics (en inglés) 1 (2): 94.
  33. Stein, Justin J (primavera de 2003). Taking the Deliberative in China Arquivado 15 de outubro de 2010 en Wayback Machine.. Consulta do 16-4-2006.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Anhui

Anhui (en chinés: 安徽; pinyin: Ānhuī) é unha provincia da República Popular da China, que se atopa na rexión leste do país. Atópase ó longo das concas dos ríos Yangtzé e Huai, bordea Jiangsu polo leste, Zhejiang polo sueste, Jiangxi polo sur, Hubei polo suroeste, Henan polo noroeste e Shandong polo norte. A capital da provincia é Hefei.

Bandeira da República Popular da China

A bandeira da República Popular da China é un pano de cor vermella que simboliza a revolución, con cinco estrelas amarelas de cinco puntas que simbolizan á súa vez a unidade do pobo revolucionario baixo a dirección do Partido Comunista da China. Como se pode apreciar as estrelas pequenas aparecen orientadas cara á estrela de maior tamaño.

A bandeira foi deseñada por Zang Liansong, un cidadán de Zhejiang e en China é coñecida como 五星红旗 (en pinyin: Wǔ Xīng Hóng Qí) que significa "a bandeira vermella das cinco estrelas". É izada todos os días na Praza Tian'anmen polo Exército Popular de Liberación co himno da Marcha dos Voluntarios, aínda que cando a data é 1 de outubro, día nacional chinés, a bandeira ízase cunha cerimonia especial previa ao desfile militar.

Chiang Kai-shek

Chiang Kai-shek, nado en Fenghua o 31 de outubro de 1887 e finado en Taipei o 5 de abril de 1975, foi un militar e político chinés, líder do Kuomintang, xeneral en xefe das forzas chinesas vencido por Mao Zedong na revolución. Na República Popular da China é coñecido como 蔣介石 (pinyin: Jiǎng Jièshí) e en Taiwán como 蔣中正 (pinyin: Jiǎng Zhōngzhèng),

Deng Xiaoping

Deng Xiaoping (en chinés tradicional: 鄧小平; en chinés simplificado: 邓小平; pinyin: Dèng Xiǎopíng; Wade-Giles: Teng Hsiao-p'ing) (Escuchar) , nado en Guang'an, Sichuan o 22 de agosto de 1904 e finado en Pequín o 19 de febreiro de 1997 foi un político chinés, máximo líder da República Popular da China dende 1978 ata os últimos anos da súa vida.

Baixo o seu liderado, a República Popular da China emprendeu as reformas económicas de liberalización da economía socialista que permitiron a este país acadar unhas altas cotas de crecemento económico. Fronte a estes éxitos na economía, Deng exerceu un poder de marcado carácter autoritario, e o seu papel foi decisivo na represión violenta das protestas da praza de Tian'anmen en 1989.

Membro do Partido Comunista da China dende os seus anos de estudo en Francia e na Unión Soviética, Deng converteuse nun dos dirixentes máis importantes do partido durante a época de Mao Zedong. Porén, a súa proximidade ideolóxica ao entón presidente da República Popular Liu Shaoqi, fixo del un dos albos da Revolución Cultural e Deng e Liu foron acusados de dereitistas e contrarrevolucionarios. Apartado da cúpula do poder durante eses anos, Deng volveu ao primeiro plano da actividade política trala morte de Mao, impoñéndose finalmente ao sucesor deste, Hua Guofeng, na loita polo poder. A diferenza do seu antecesor, as súas aparicións públicas foron escasas.

Durante os últimos anos da súa vida, Deng non ocupaba ningún cargo político e, aqueixado de párkinson, apenas podía seguir os asuntos de estado. Con todo, seguiu a ser considerado o líder supremo da China ata a súa morte.

División Administrativa da República Popular da China

Debido á magnitude da súa superficie e da súa poboación, e á presenza de numerosas minorías étnicas, a organización territorial ou división político-administrativa da China comprende varios niveis desde tempos antigos.

A vixente Constitución da República Popular China prevé, de jure, tres niveis de goberno, aínda que actualmente, na práctica (de facto), hai cinco niveis: a provincia, a prefectura, o xián (ou condado), o municipio e a cidade.

Desde o século XVII, na China, os límites provinciais mantivéronse en gran medida invariábeis. Os principais cambios desde entón foron a reorganización das provincias no noroeste despois da creación da República Popular China e a formación de rexións autónomas, que tiveron como idea inspiradora as políticas étnicas implantadas na antiga Unión Soviética.

As provincias cumpren unha función cultural importante en China, dado que a xente tende a identificarse coa sú provincia natal.

Hainan

Hainan (chinés: 海南, pinyin: Hǎinán), provincia insular da República Popular da China formada por diferentes illas; a maior delas é a de Hainan. A súa capital é Haikou. Está situada no Mar da China Meridional, na parte máis meridional do país, moi preto de Vietnam.

É a única provincia chinesa constituída por un arquipélago.

Este arquipélago consiste nunha serie de illas tropicais localizadas ao sur da provincia de Cantón, a maior das cales se chama Illa de Hainan (Hainan Dao), sendo que, en chinés, é común referirse á illa principal cando se fala de Hainan.

Esta provincia é albo de disputas entre a República Popular da China e os países veciños, maiormente no que toca ás Illas Spratly e ás Illas Paracel. No final dos anos 1980, o líder histórico da transición chinesa, Deng Xiaoping, recoñeceu a provincia como Zona Económica Especial.

Actualmente, a provincia ten investido no turismo, aproveitando as súas praias paradisíacas, as súas montañas cubertas de bosques luxuriantes e a súa cultura diversificada. A montaña máis alta é Wuzhi, con 1 840 metros de altitude.

Han

Han (汉族 ou 漢族) é a etnia maioritaria na China e o maior grupo étnico do mundo. Os Han constitúen o 91% da poboación da China e o 19% da poboación humana. Os Han son coñecidos en Occidente como a etnia chinesa. O seu nome deriva da dinastía Han e proceden orixinariamente da rexión dor río Amarelo, no norte da China, aínda que dende hai milenios estenderon o seu territorio cara ao sur. Durante o século XX tamén aumentou de forma significativa a presenza de chineses han nas rexións máis occidentais da China: Tíbet e Xinjiang.

O termo han procede do nome da dinastía Han. Así mesmo, unha das denominacións máis habituais da lingua chinesa na República Popular da China é "lingua dos han" (漢語 / 汉语, hànyǔ)

Aínda que ás veces se fala de "etnia chinesa", han é o termo correcto utilizado na República Popular da China para diferenciar á etnia maioritaria, que se expresa nos diversos dialectos do chinés, doutros grupos étnicos, con linguas e culturas diferentes, que existen na China, como os tibetanos, os mongois e os uigures, entre outros.

En total, o Goberno da República Popular da China recoñece 55 grupos étnicos, ademais dos han, no territorio do país.

Heilongjiang

Heilongjiang é unha provincia da República Popular da China, situada no nordés do país, cuxa capital é a cidade de Harbin. O seu nome significa literalmente río do dragón negro, que é a forma chinesa de referirse ó río Amur. Este río separa a Heilongjiang de Rusia na fronteira setentrional da provincia.

Macau

Macau (chinés tradicional: 澳門, chinés simplificado: 澳门, pinyin: Àomén, portugués: Macau), é unha zona administrativa especial da República Popular da China. Estivo baixo a soberanía de Portugal ata o 20 de decembro de 1999. Está constituída por unha península e dúas illas (Taipa e Coloane), cunha superficie total de 27 km². Ten preto de 550.000 habitantes. Aínda que a soberanía lle pertenza á República Popular China, Portugal segue administrando o territorio, seguindo a política de "Un país dous sistemas", ideada por Deng Xiaoping. Esta forma de goberno vai estar en vigor ata, como mínimo o ano 2049, 50 anos despois da transferencia de soberanía, data na que se producirá a transferencia de administración, pola que Macau pasará a ser administrada pola China. Non obstante, a lei básica de Macau garante que a transferencia da administración poderá demorarse a partir de 2049 tanto tempo coma os habitantes de Macau queiran seguir baixo a RAEM, e dicir, administrados por Portugal.

Manchuria

Manchuria (en manchú:ᠮᠠᠨᠵᡠ, en chinés: 滿洲, Mǎnzhōu), é unha rexión xeográfica do nordeste da China, cunha superficie de 801.600 km²[Cómpre referencia]. Na actualidade non ten unidade administrativa dentro da República Popular da China.

Marcha dos Voluntarios

A Marcha dos voluntarios é o himno nacional da República Popular da China , escrito polo compositor e poeta Tian Han e coa súa música composta por Nie Er. O tipo de ritmo desta composición é unha marcha. Foi tocada por primeira vez no ano de 1934 en Shanghái proclamándose tanto a súa letra como a súa música como himno nacional. No ano 2004 a Marcha dos Voluntarios foi engadida á Constitución da República Popular da China no seu artigo 136.

Pequín

Pequín, Beijing ou Beixín (北京; pinyin Beijing), nome que significa Capital do Norte, é a cidade capital da República Popular da China. Durante séculos, foi a maior cidade do mundo. Hoxe ten preto de 10,3 millóns de habitantes. Sitúase no norte do país.

Pequín é famosa pola Cidade Prohibida, o palacio dos emperadores chineses desde o século XV. Foi capital do Imperio Chinés de 1421 a 1911. En 1912 a capital foi transferida para Nanquín e a cidade tomou o nome de Beiping ou Peiping (Paz do Norte). Ocupada polos xaponeses entre 1937 e 1945. Tornouse a capital da república en 1949 co nome actual.

Provincias da República Popular da China

As provincias (en chinés: 省, Shěng), anteriormente divisións administrativas de nivel provincial (en chinés: 省级行政区, Shěng Jí Xíngzhèngqū) ou divisións administrativas de primeiro nivel (en chinés: 一级行政区, Yī Jí Xíngzhèngqū), son as divisións territoriais de máis alto nivel na República Popular da China. Ten 34 divisións, clasificadas en 23 provincias (incluíndo a Provincia de Taiwán, que é reclamada pero non controlada pola República Popular da China), catro concellos, cinco rexións autónomas, e dúas rexións administrativas especiais.

A República Popular da China reclama a soberanía sobre o territorio administrado pola República da China, considerándoa como a provincia de Taiwán. A República Popular tamén administra algunhas illas que forman parte de Fujian, Taiwán. Orixinalmente formaban parte da provincia unificada de Fujian, que dende a fin da Guerra civil chinesa en 1949 foi dividida entre os dous países.

Rexións autónomas da República Popular da China

Unha rexión autónoma (en chinés: 自治区, pinyin: zìzhìqū) é unha división administrativa da China de primeiro nivel. Ó igual que as provincias chinesas, unha rexión autónoma ten o seu propio goberno local, pero unha rexión autónoa ten máis dereitos lexislativos. Unha rexión autónoma é unha entidade que ten unha alta poboación dun grupo étnico minoritario en particular.

A rexión da Mongolia Interior foi estabelecida en 1947; Xinjiang fíxose autónoma en 1955; Guangxi e Ningxia en 1958, e o Tíbet en 1965. A designación de estabelecer Guangxi e Ningxia como áreas autónomas dos pobos zhuang e hui, respectivamente, foi moi protestada polos han, que representan dous terzos da poboación en cada rexión. Malia que os mongois supolían aínda menos porcentaxe de poboación en Mongolia Interior, a Guerra civil chinesa deu pouca oportunidade para protestar.

Shandong

Shandong é unha provincia costeira da República Popular da China, situada no leste do país, ó sur do río Amarelo, e bañada polas augas do mar Amarelo. O seu nome significa literalmente leste das montañas, pola presenza das montañas Taihang no oeste da provincia.

Trátase da provincia chinesa máis poboada, con máis de 95 millóns de habitantes. A parte da capital Jinan, outras cidades da provincia millonarias en habitantes son Qingdao e Zibo.

Shanghai

Shanghai, ás veces escrito como Xangai (chinés:上海 Shànghǎi 'sobre o mar'), é a maior cidade da República Popular da China e a maior cidade do mundo por poboación. É un dos catro municipios directamente controlados da China, cunha poboación total de 23 millóns de persoas. É un importante centro financeiro, e un centro do transporte por abeirar o meirande porto de contedores do mundo.. Está situada no litoral do océano Pacífico, na boca do delta do , a beira dun brazo deste, o río Huangpu.

Localizada no delta do río Yangtzé na China oriental, Shanghai sitúase na boca do río Yangtzé na parte media da costa chinesa. O concello fai fronteira coas provincias de Jiangsu e Zhejiang polo norte, sur e oeste, e polo leste limita co mar da China Oriental.Durante séculos, foi unha vila administrativa, de pesca e de comercio. A súa importancia medrou no século XIX debido ó recoñecemento europeo do seu potencial económico e da localización estratéxica do seu porto. A cidade foi aberta en numerosas ocasións ó comercio cos estranxeiros após da vitoria británica na Primeira Guerra do Opio e o subsecuente Tratado de Nanjing de 1842, que permitiu o establecemento da "Concesión Internacional de Shanghai". A cidade floreceu como centro do comercio entre oriente e occidente, e converteuse o indiscutible motor financeiro da Asia do pacífico durante os anos 1930. Porén, coa chegada ó poder do Partido Comunista en 1949, o comercio foi reorientado cara os países socialista, e influencia global da cidade minguou. Na década de 1990, as reformas económicas introducidas por Deng Xiaoping deviron nun intenso crecemento da cidade, que permitiu o retorno de investimentos foráneos á cidade.Shanghai é un popular destino turístico, famoso polo seu patrimonio histórico como o Bund, o Templo Cidade de Deus e o Xardín Yu, así como a arquitectura de Lujiazui, o Museo de Shanghai e o Museo de Arte da China. Foi descrita como a "obra mestra" da puxante economía da China.

Sichuan

Sichuan é unha provincia do suroeste da República Popular da China. A súa capital é Chengdu; e con outras poboacións importantes como son Zigong (tamén coñecida como Tzu-kung), Kangding e Litang.

Ten unha extensión de 487.000 quilómetros cadrados e unha poboación, en crecemento, duns 85.600.000 habitantes no (2009), sendo a cuarta provincia máis poboada da China, detrás de Guangdong (Kwangtung), Henan (Honan) e Shandong (Shantung).

Limita polo norte coa provincia de Gansu, polo noroeste coa provincia de Shaanxi, polo leste co municipio de Chongqing, polo sueste coa provincia de Guizhou, polo sur coa provincia de Yunnan, polo oeste coa Rexión Autónoma do Tíbet e polo noroeste coa provincia de Qinghai.

Está situada no suroeste da China, atravesada polo río Yangzi. A parte oriental está ocupada pola 'conca vermella', unha depresión moi fértil e cun clima cálido de invernos suaves. No oeste a paisaxe consiste en altiplanos e abruptas montañas cheas de gandería. É unha das portas de comunicación co Tíbet.

Na segunda feira do 12 de maio de 2008, ás 14:28:00 (horario local), produciuse un terremoto dunha magnitude de 7.8, localizado a 90 km ao noroeste da capital Chengdu, que provocou 40.075 mortos (39.577 na provincia) e 247.645 feridos, segundo fontes oficiales.

Taiwán

A República da China (中華民國 ZhongHuá MínGuó), coñecida polo xeral como Taiwán (en chinés tradicional: 臺灣 ou 台灣; chinés simplificado: 台湾; (mandarín) pinyin: Táiwān; Wade-Giles: T'ai-wan; Taiwanés: Tâi-oân), é un territorio asiático formado por un arquipélago do que a Illa de Taiwán (tamén chamada Formosa) é a máis importante. A República da China deixou de ser membro das Nacións Unidas cando os países membros decidiron que o fose a República Popular da China. Taiwán é recoñecido como a República da China por 27 países. Non é recoñecida pola maioría dos países do mundo, aínda que tivo e ten relacións económicas e militares con moitos deles.

Xinjiang

Xinjiang (en uigur: شىنجاڭ, Shinjang; en chinés: 新疆, Xīnjiāng), oficialmente rexión autónoma uigur de Xinjiang (en uigur: شىنجاڭ ئۇيغۇر ئاپتونوم رايونى, en chinés: 新疆维吾尔自治区) é unha rexión autónoma da República Popular da China.

A súa superficie abrangue 1 660 000 km2, na que vivían 21 813 334 habitantes en 2010.

A súa capital é a cidade de Ürümqi.

Países
Países con parte asiática
Subdivisións da República Popular da China
Provincias
Rexións autónomas
Municipios
Rexións administrativas especiais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.