Reo

O reo,[1][2] Salmo trutta truta, é un peixe anádromo da familia dos salmónidos; trátase dunha das formas de Salmo trutta, ou subespecie, segundo os autores.[3]

Considérase que é a forma raíz da especie Salmo trutta.

Ademais de como reo, esta forma ou subespecie coñécese co nome de troita maresa.[4]

Algúns chamárona tamén troita asalmoada, debido á súa forma de vida semellante á do salmón, porén hoxe en día este termo refírese a unha forma cultivada da troita arco da vella (Oncorhynchus mykiss).[4]

A súa característica máis chamativa é o seu corpo alargado, con forma de torpedo. Os flancos son de cor gris prateada ou gris verdosa; o ventre é branco.

Ao igual que todos os salmónidos ten unha aleta adiposa no lombo.

Aliméntase principalmente de pequenos peixes e invertebrados.

Reo
Salmo trutta trutta
Wst meerforelle stoer 001

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)

Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Protacanthopterygii
Orde: Salmoniformes
Familia: Salmonidae
Especie: Salmo trutta
Linnaeus 1758
Nome trinomial
Salmo trutta trutta
Linnaeus 1758

Taxonomía

A subespecie foi descrita por primeira vez en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.

Ao longo do tempo foi coñecida por numerosísimos sinónimos:[3]

E aínda hoxe está en discusión a taxonomía da especie Salmo trutta.

Salmón, reo, troita

Bioloxicamente a troita común ou de río e o reo forman parte dunha mesma especie, Salmo trutta: son formas ecolóxicas ou morfotipos da mesma especie, pero o reo presenta comportamentos que se asemellan máis aos do salmón (Salmo salar). O reo desova nos ríos para despois volver ao mar a buscar o alimento, como fai o salmón. Porén, o reo á capaz de alimentarse tamén en auga doce (algo que non fai o salmón). Ademais, a súa migración ao mar é menos intensa que a do salmón, xa que o reo non adoita afastarse moito dos ríos, sendo habitual nas zonas máis costeiras. Por outro lado, a súa aparencia física é moi similar á da troita, polo que en ocasións resulta moi complicado diferenciar entre ambos os peixes, sobre todo se os exemplares foron capturados no mesmo río (de feito, en estudos realizados en Galicia comprobouse a existencia de maiores diferenzas xenéticas entre reos de distintos ríos que entre troitas e reos dun mesmo río).[5]

Se o reo acaba de chegar ao río presenta unha coloración prateada que o diferenza, pero se leva xa en auga doce certo tempo, esta coloración prateada vai desaparecendo, facéndose cada vez máis semellante á da troita, e facendo a súa distinción moi complicada (de feito existen exemplares nos que resulta practicamente imposible saber se se trata dun reo ou dunha troita).[5]

Características

Salmo trutta trutta 1879
Debuxo de dous excemplares de reo.

O reo caracterízase polo seu corpo alongado, en forma de torpedo, e coa aleta dorsal erecta. A cabeza é máis pequena, comparativamente) que á da troita.

A súa coloración máis común é, no dorso e nos flancos, gris prateada ou gris verdosa, con abundantes pequenas manchas negras, non bordeadas de aréolas abrancazadas (nin con manchas vermellas, sobre todo cando entra nos ríos) como a troita de río; o ventre é abrancazado. Sobre o dorso presenta unha banda estreita (como unha raia) de cor escura.

A aleta caudal é pouco escotada.

Astrid med Salmo trutta trutta
Os reos son máis grandes que as troitas.

Normalmente os reos son máis grandes que as troitas. O seu tamaño medio é de 60 cm de lonxitude, pero en condicións de vida favorábeis pode chegar até os 130 cm, e pesar até os 20 kg. Aos 6 ou 7 anos pode alcanzar pesos de entre 3 a 4 kg; estes exemplares son os que se pescan normalmente e, sen dúbida, son os de máis calidade.

Ao igual que todos os salmónidos, o reo ten unha aleta adiposa situada entre a aleta dorsal e a caudal.

Os reos teñen os dentes como os da troita, é dicir, no maxilar, nos premaxilares, na lingua e no vómer, pero os do vómer son distintos que os da troita. Neste óso leva tres dentes transversais e un lonxitudinal, mentres que a troita común leva unha fileira de tres dentes transversais e dúas fileiras de dentes lonxitudinais.[4]

Algúns trazos que poden servir para diferenciar o reo da troita son os seguintes:[5]

  • Aleta anal: nas troitas, o bordo é escuro (case negro), mentres que nos reos é moito máis claro.
  • Aleta caudal: a das troitas é moi escotada, con perfil e “V”, mentres que nos reos é recta oui case recta.
  • A cabeza: a do reo adota ser máis pequena, proporcionalmente, que a da troita.
  • O reo, cando se colle na man, desprende unha gran cantidade de escamas, mentres que a troita non as desprende tanto.
  • As manchas do reo adoitan seren algo máis escuras que as da troita (que ademais teñen unha coloración un pouco máis rosada).
  • Pero para o pescador, a forma máis fiábel de diferenciación, é a loita que se produce cando a peza pica no anzol: se é encarnizada, defendéndose até a extenuación, tratarase sen dúbida dun reo; a troia tamén presenta batalla, pero nunca tan feroz como a do seu parente.

Distribución, hábitat e bioloxía

O reo distribúese nas costas do Atlántico nororiental, nos mares do Norte, Branco e Báltico, chegando polo norte desde a baía de Chosha (no mar de Barents en Rusia) até as rías galegas (España), polo sur, encontrándose tamén en Islandia, Escandinavia e nas desembocaduras dos ríos máis setentrionais da Gran Bretaña. Así mesmo habita no Mediterráneo até os mares Negro e Caspio, remontando os ríos Danubio e Volga.[6]

É unha especie moi adaptábel e ecoloxicamente plástica, que se pode encontrar tanto en aguas superficiais como en profundas, e de baixa salinidade. Habita no mar, preto da costa, e sobe polos ríos para desovar, cousa que fai no verán, sobre todo en agosto. Polos ríos sobe até onde pode subir, é dicir, até os encoros. A diferenza do salmón, que xeralmente non come nos ríos, onde unicamente vai desovar, o reo aliméntase tanto no mar como nos ríos. Outra diferenza entre estas especies é que o salmón normalmente non volve ao mar despois da desova (ás veces si volve, pero desde logo non vive como o reo na costa preto do río, senón que volve cruzar o Atlántico), mentres que o reo si volve unha e outra vez aos ríos.[4]

A partir de outubro, e até xaneiro, as femias poñen entre 1.000 e 2.000 ovos, dependendo do peso. A desova faise en pequenos ocos na grava do fondo. Os ovos son de cor amarela-alaranxada. Ao chegar a primavera, despois de 70 a 120 días da desova, os ovos eclosionan. As crías pasan entre un e cinco anos no río.[4][5]

Bachforelle osmoregulatoin bw en
Osmorregulación no reo.

Os reos xuvenís, chamados zancados, permanecen sempre ocultos en lugares profundos, pozas, entre pedras, raíces, ou árbores caídas.
Despois da súa primeira estancia no río baixan para o mar, e regresan despois de dous ou tres anos ao río para desovar.
Antes de ir para o mar prodúcese o chamado esguinado, que é un cambio fisiolóxico que se produce para soportar o cambio osmótico que representa o cambio do medio fluvial ao medio mariño. Este esguinado tamén se chama esmoltificación.[4][5]

Aliméntase principalmente de pequenos peixes (incluídos outros reos e troitas), anfibios e as súas larvas (como os cágados), insectos e as súas larvas (efemerópteros, dípteros e tricópteros) crustáceos e outros invertebrados. No mar come crustáceos, luras e outros cefalópodos e toda clase de invertebrados.[5]

Pode chegar a vivir até os vinte anos, pero o normal é que viva entre 8 e 10 anos.[4]

Estado de conservación

Segundo a UICN o estado de conservación desta subespecie en estado silvestre é de LC (preocupación menor). Porén, moitas das súas pobacións declinaron considerabelmente debido á contaminación.[6]

En Galicia

Galicia é a comunidade española na que existe unha maior presenza deste peixe, é a "terra dos reos" por excelencia.[5] Pódese pescar nos ríos Miño, Tambre, Sor, Eume, Mandeo e outros, sempre preto das desembocaduras.[4]

Pesca

Os individuos xuvenís, que aínda non baixaron ao mar (chamados zancados polos pescadores), a pesar de que en determinados momentos poden ser moi numerosos, carecen de valor para o pescador deportivo, xa que non presentan resistencia ningunha cando son capturados (e, ademais, a súa carne carece practicamente de valor gastronómico). É no regreso destes exemplares ao río (entre un e dous anos despois de viviren no mar), cando se converten nun auténtico reto para o pescador.[5]

O reo péscase sobre todo con dúas modalidades: con mosca e con risco. O risco é un cebo ou carnada artificial especialmente pensado para a pesca do reo. Foi desenvolvido polos pescadores galegos, país que, cono quedou dito, é a terra dos reos por excelencia. Inventouse hai xa anos, aínda que nos nosos días poden encontrarse riscos en case calquera tenda especializada en pesca en toda España, xa que resultou igualmente eficaz para a pesca do black-bass (Micropterus salmoides).[7]

O risco consiste esencialmente nun corpo de plástico atravesado por unhas fibras ríxidas e armado cun anzol triplo. A súa eficacia está máis que demostrada, aínda que moitos opinan que se debe máis á forma de utilizalo que ao propio engado. Así, a pesca con risco é toda unha arte na que o pescador deberá saber lanzar correctamente e, o que é máis importante, recoller o cebo de tal maneira que faga traballar as súas fibras a través das correntes.

Grastronomía

Pouco é o que nos di Álvaro Cunqueiro do reo. Despois de falarmos do salmón, conta que:

Entre os moitos que prefiren o reo ao salmón está o discípulo de Cunqueiro, Jorge-Víctor Sueiro, de quen seu mestre deixou dito «que botara sobre os seus ombros a tarefa, nada fácil, de explicarnos como se come en Galicia». Sobre o noso peixe Sueiro declara:

Pero non di nada novo, xa que, despois, di que «copiarei a Cunqueiro que, como en calquera outra ocasión, ten as mellores palabras para alabalo», limitándose a trascribir o comentario antecidado.

Notas

  1. reo2 no dicionario da RAG.
  2. Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000), p. 61.
  3. 3,0 3,1 Salmo trutta trutta Linnaeus, 1758 no WoRMS.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Salmo trutta trutta. Reo en Ríos Galegos.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 El reo, ¿salmón o trucha? a-alvarez.com.
  6. 6,0 6,1 Salmo trutta na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2014.2 Consultada o 30 de agosto de 2014.
  7. O black-bass ou perca americana é un peixe da orde dos perciformes e familia dos centrárquidos orixinario de Norteamérica e que, a partir do século XX, foi introducida en España e noutras partes do mundo, onde se considera invasora.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Bernatchez, L. (2001): "The evolutionary history of brown trout (Salmo trutta L.) inferred from phyleogeografic, nested clade, and mismatich analyses of mitochondrial DNA variation". Evolution 55: 351-379.
  • Cunqueiro, Álvaro (1973): A cociña galega. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154.181-5.
  • Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Nelson, J. S. (2006): Fishes of the World. 4th ed. New York: John Wiley and Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Piñeiro, Miguel (2004): La pesca tradicional del reo en Galicia: metodología y lugares de captura. Madrid: Ediciones Tutor. ISBN 978-84-7902-430-7.
  • Rodríguez Villanueva, X. L.; Xavier Vázquez e Henrique Álvarez Escudero (1995): Peixes do mar de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
  • Sueiro, Jorge-Víctor (1981): Comer en Galicia. Madrid: Penthalon Ediciones. ISBN 84-8537-32-8.

Outros artigos

Ligazóns externas

18 de outubro

O 18 de outubro é o 291º día do ano do calendario gregoriano (292º nos anos bisestos). Quedan 74 días para finalizar o ano.

Alan García Pérez

Alan Gabriel Ludwig García Pérez, nado en Lima o 23 de maio de 1949 e finado o 17 de abril de 2019, foi un avogado, sociólogo e político peruano. Foi Presidente de Perú en dous mandatos non consecutivos: de 1985 a 1990 e de 2006 a 2011.

Na súa vida política, foi ademais deputado constituínte (1978-79), deputado (1980-85), e senador vitalicio (1990-92). Como membro do Alianza Popular Revolucionaria Americana - APRA - foi instruído polo fundador Víctor Raúl Haia de la Torre, sendo un dos seus pupilos predilectos; ocupou diversos cargos partidarios e é na actualidade o presidente do seu partido. Desde os seus inicios caracterizouse polo seu destacado verbo e oratoria, dotes dos cales se valeu para atraer ás masas nas súas diferentes campañas.

A súa primeira xestión de goberno caracterizouse pola peor crise económica na historia do país cunha insólita hiperinflación, o agravamento dos ataques terroristas liderado polo grupo Sendero Luminoso, e por diversos actos de corrupción que involucraban a xente do réxime que repercutiu nun gran descontento social. As diversas acusacións provocaron que en 1991 fose retirado temporalmente do Senado para levarlle a cabo unha investigación. Producida unha crise constitucional o 1992, escapou cara a Colombia e Francia aducindo unha persecución política cara á súa persoa por parte do réxime de Alberto Fujimori. Foi declarado reo contumaz, con todo, dada a súa longa ausencia do país como prófugo da xustiza, os delitos de cales foi acusado prescribiron, aínda que nunca foi declarado inocente.

Faleceu o 17 de abril de 2019, tras dispararse na cabeza cando ía ser detido en relación ao caso Odebrecht.

Battersea Power Station

A Battersea Power Station é unha fábrica de enerxía eléctrica desactivada que usaba carbón como a súa principal materia prima. Atópase na beira sur do río Támese, en Battersea, distrito central do suroeste de Londres. Está formada por dúas fábricas de enerxía individuais, construídas en dúas alturas distintas na forma dun predio único. A Battersea Power Station A foi construída na década de 1930, e a Battersea Power Station B ó oeste na década de 1950. As dúas fábricas foron construídas con deseño idéntico, creando a disposición coñecida coas catro chemineas. A fábrica parou de xerar enerxía en 1983, porén nos últimos 50 anos virou unha das atraccións turísticas máis famosas de Londres. A fama da fábrica débese ás súas aparicións na cultura popular, o que inclúe unha filmación para o filme Help!, da banda The Beatles, para o videoclip da canción "Another Thing Comin'", da banda Judas Priest, e a portada do álbum Animals, da banda Pink Floyd. Alén diso, unha fotografía da sala de control da fábrica foi usada como capa do álbum Quark, Strangeness and Charm, da banda Hawkwind.

Desde o peche da fábrica, o local permaneceu sen uso, con varios planos de desenvolvemento propostos sen éxito por varios donos. O local é actualmente unha propiedade da compañía de administradores irlandeses Real Estate Oportunities (REO), que o comprou en novembro de 2006 por £ 400 millóns. En novembro de 2010, a REO recibiu permiso para reformar a fábrica para uso público e construír 3.400 casas no local. Porén, ese plano non foi levado adiante porque as débedas da REO foron cobradas polos seus acredores, bancos do Reino Unido e Irlanda.

Cadeira eléctrica

A cadeira eléctrica é unha máquina que serve para a aplicación da pena capital, isto é, para executar a alguén. Utilizouse principalmente en Estados Unidos desde o 6 de agosto de 1890 cando se realizou a primeira execución con este método. Coa prohibición do seu uso no Estado de Nebrasca o 8 de febreiro de 2008, deixou de ser o método primario de execución nese país aínda que algúns estados prevén a súa utilización como opción suxeita á elección do reo.

Epic Records

Epic Records é un selo discográfico estadounidense, propiedade do grupo Sony Music Entertainment, que opera ao amparo do Columbia/Epic Label Group. A pesar de que inicialmente concebíuse como un selo de jazz, dende entón expandíuse abarcando varios xéneros.

Francisco Vidal de Olivares

Francisco Vidal de Olivares, nado en Valeixe (A Cañiza) no século XIX, foi un avogado e político galego, alcalde da Cañiza dende 1874, sendo o primeiro alcalde do que se conserva unha imaxe no salón de plenos do concello.

Garrote

Un garrote máis coñecido por garrote vil é un instrumento para executar a pena de morte. Consiste nun pau cun colar de ferro que retrocede ata comprimir a gorxa atravesado por un parafuso, que ao viralo causa a rotura do pescozo do reo.

O seu nome provén do medievo, época en que o medio de execución dos viles (“vil”), era a garrotazos (“garrote”), á diferenza dos nobres que eran axustizados por decapitación con espada ou machado. De aí deriva o termo “garrote vil”.

Empregado dende a Idade Media foi un método de execución legal en Portugal e en España; tamén se aplicou en países de colonización española. En Inglaterra usábase para axustizar a reos condenados de herexía antes de queimalos.

O seu uso en España remóntase a 1820, pero convértese no medio de axustízante oficial a partir de 1832, ano en que o rei Fernando VII impón este método para as execucións por consideralo máis humano que a forca, que era o utilizado ata entón.

A pena de morte estivo vixente ata a súa abolición coa Constitución Española de 1978 aínda que a última execución por garrote vil foi en 1974, sendo os últimos condenados por este sistema en España, o anarquista catalá Salvador Puig Antich, e mailo delincuente común de orixe polaca Heinz Ches, foron axustizados por garrote o 2 de marzo de 1974.

ISO 639

A norma ISO 639 (Codes for the representation of names of languages) é unha norma técnica da ISO especificando códigos para o nome de idiomas. É aplicada en áreas como lingüística, lexicografía, terminoloxía e bibliografía. Na internet, por exemplo, é usada para indicar a lingua en que se encontra un documento HTML ou parte do mesmo.

In dubio pro reo

In dubio pro reo é unha locución latina que significa literalmente "ante a dúbida, a favor do reo". Expresa o principio xurídico de que en caso de dúbida, por exemplo insuficiencia probatoria, favorecerase ao acusado ou ao imputado (reo). Este principio formaba parte da interpretación aristotélica da lei e a forma da lei romana: Favorabiliores rei potius quam actores habentur, que significa "a condición da parte demandada ha de ser favorecida en lugar da do demandante". Esta frase pertence a Xustiniano I (D.50.17.125) .

Ademais de ser un reforzo do principio de inocencia, a súa aplicación está relacionada co principio de legalidade. Sabemos que para xulgar a alguén asinándolle a pena, a súa conduta debeu estar penada por unha lei anterior aos feitos do proceso. En caso de que a pena posteriormente se agrave, se suavice ou se deroge, non debe aplicarse a lei vixente ao momento dos feitos do proceso, senón aquela máis favorable ao imputado. Se este xa foi condenado, a súa pena debe adecuarse á lexislación máis benigna, incluso se iso implica a súa liberación.

É un dos piares do Dereito penal moderno onde o fiscal ou o axente estatal equivalente debe probar a culpa do acusado e non este último a súa inocencia.

Lei

Lei, no sentido xurídico, é unha regra da conduta humana que é imposta e administrada ós cidadáns polo Estado. En sentido estrito, é unha norma escrita que obriga a todos indistintamente, e a súa aplicación é tarefa do Estado, que a realiza mediante os seus diversos representantes, a comezar polo goberno, cos seus varios axentes. Nun Estado democrático de dereito, as leis son a base do Dereito.

Lingua maorí das Illas Cook

O maorí das Illas Cook é unha lingua malaio-polinesia oriental falada nas Illas Cook, e é unha lingua indíxena do Reino de Nova Zelandia. O maorí das Illas Cook está estreitamente relacionada co maorí de Nova Zelandia pero non son mutuamente intelixibles. O maorí das Illas Cook é chamado sinxelamente māori cando non hai necesidade de diferencialo do maorí de Nova Zelandia, pero tamén é coñecido como Māori Kuki Airani, ou rarotongano. Moitos dos isleños de Cook tamén o chaman Te reo Ipukarea, que quere dicir literalmente "a lingua da patria ancestral".

Lingua tahitiana

A lingua tahitiana (Reo Tahiti) é unha lingua polinesia falada principalmente nas Illas da Sociedade, na Polinesia Francesa. Pertence ó grupo de linguas polinesias orientais.

O tahitiano foi transcrito por vez primeira a partir da lingua oral polos misioneiros da Sociedade Misioneira de Londres a comezos do século XIX.

Migración animal

Chámase migración animal a cada un dos desprazamentos periódicos, estacionais ou permanentes, de especies animais dun hábitat a outro.

Son moitos os animais que realizan migracións. O tipo de migración que efectúan é moi distinto en mamíferos, aves, peixes como os salmóns e as anguías, os invertebrados como as lagostas (Locusta migratoria) ou as bolboretas monarca (Danaus plexippus), ou os microorganismos do zooplancto. O caso dos movementos masivos non periódicos dalgúns animais que se produza nun intervalo de poucos anos adoita chamarse emigración ou invasión.

Toda migración animal implica un movemento activo por parte do individuo migrante, a miúdo durante moitos días. Porén, os animais máis pequenos, como os do plancto, os anfibios e as lagostas, aproveitan as correntes de auga ou aire, mentres que as aves aproveitan os ventos alisios e as correntes de aire ascendentes.

A migración cumpre distintas finalidades. Hai especies que o fan para afastarse do seu hábitat en inverno, cando este é extremadamente rigoroso, ou en verán, nas zonas tórridas; outros fano buscando un lugar apropiado para a súa reprodución, ou para fuxir dos seus depredadores; outras especies fano para procurarse alimentos.

Parres

Parres é un concello de Asturias. Linda polo norte con Caravia e Ribadesella, polo leste con Cangas de Onís, polo oeste con Piloña e Colunga e polo sur con Amieva. A capital do concello é localidade de Arriondas. A poboación en 2013 atinxía un total de 5.615 habitantes.

Partido Nacional Escocés

O Partido Nacional Escocés (inglés Scottish National Party, gaélico escocés Pàrtaidh Nàiseanta na h-Alba) (SNP) é un partido político escocés de carácter nacionalista e socialdemócrata, fundado en 1934 coa fusión doutros grupos, e que é coordenado por Alex Salmond e dirixido por Ian Hudghton (presidente) e Duncan Ross (secretario nacional). É membro da Alianza Libre Europea.

Son partidarios da autonomía escocesa como primeiro paso cara a independencia dentro da Unión Europea, aínda que con reservas, e de manter un estado do benestar co repartimento dos beneficios do petróleo. Non teñen unha postura clara a favor das linguas minoritarias, como o gaélico ou o escocés, aínda que empregan o lema gaélico Alba heatha snein o reo (Independencia e futuro de Escocia).

O Partido Nacional Escocés venceu nas eleccións ao Parlamento escocés do 3 de maio de 2007, onde obtivo 47 escanos.

Pobo maorí

Os maorís son un grupo indíxena polinesio de Nova Zelandia. A palabra maorí significa normal ou ordinario na lingua maorí, aínda que hoxe moitos maorís prefiran darse o nome de tangata whenua, literalmente, o pobo da terra. Chegaron a Nova Zelandia das illas do este de Polinesia en ondas sucesivas nalgún momento antes do ano 1300. Durante varios séculos de illamento, os maorís desenvolveron unha cultura única coa súa propia linguaxe, unha rica mitoloxía, artesanías distintivas e artes escénicas. Formaron unha sociedade tribal baseada nos costumes sociais e a organización da Polinesia. Destacaron na horticultura co emprego de plantas que eles mesmos introduciron, e despois de 1450 xurdiu unha prominente cultura guerreira.

A chegada dos Europeos a Nova Zelandia no século XVII trouxo grandes cambios na maneira de vivir do pobo maorí.Os maorís adoptaron en moitos comportamentos da sociedade e cultura occidental. Coa sinatura do Tratado de Waitangi en 1840, a cultura maorí e inglesa coexistiron como parte dunha nova colonia británica. As crecentes tensións pola venda das terras rematou nun conflito en torno a 1960. O levantamento social, as décadas de conflito e as epidemias introducidas levaron a unha devastación do poboación maorí, que entrou nunha caída drástica, pero no comezo do século XX, a poboación maorí comezou a recuperarse, facéndose esforzos para aumentar a súa posición na sociedade de Nova Zelandia. A cultura maorí tradicional gozou dun rexurdimento, e apareceu un movemento de protesta polo 1960 pedindo os dereitos dos maorís.

No 2013 no censo, había aproximadamente 600.000 persoas en Nova Zelandia que se identificaron como maorís, constituíndo aproximadamente un 15% da poboación nacional. Son o segundo grupo étnico máis grande do país, despois dos neozelandeses de orixe europea ("Pakeha"). Ademais, hai sobre 120.000 maorís vivindo en Australia. A lingua maorí (coñecida como Te Reo Maori) fálana preto dun quinto de todos os maorís, o que representa un 3% da poboación total, aínda que moitos neozelandeses regularmente utilizan palabras en maorí e expresións, como "kia ora", mentres falan inglés. Os maorís son activos en todas as facetas da cultura e sociedade de Nova Zelandia, con representación en áreas coma os medios de comunicación, política e deporte.

Unha cantidade significativa de maoris faille fronte a obstáculos económicos e sociais, con menor esperanza de vida e ingresos comparado con outros grupos étnicos de Nova Zelandia, ademais dos maiores niveis de delincuencia, problemas de saúde e educación. As inciativas socioeconómicas aplicáronse a cerrar a fenda existente entre os maoris e outros grupos neozelandeses. A compensación política polos agravios históricos tamén se atopa en proceso.

Salmo (xénero)

Salmo é un xénero de peixes osteíctios, o tipo da orde dos salmoniformes e máis da familia dos salmónidos.

Comprende numerosas especies, os salmóns e troitas do Atlántico e do Vello Mundo, que son peixes mariños e de auga doce, distribuídos polos océanos e mares de todo o mundo agás o océano Pacífico, así como especies que só viven en auga doce en Europa e Asia.Algunhas especies, como Salmo salar (o salmón do Atlantico) e Salmo trutta (a troita común) teñen unha ampla distribución xeográfica, mentres que a maioría dos outros taxa son formas endémicas dalgunhas concas determinadas.

Xeneticamente son parentes moi próximos, e con anatomía semellante, dos salmóns e troitas do Pacífico, do xénero Oncorhynchus, aínda que a análise de ADN mitocondrial amosou que ambos os dous xéneros son diferentes.

Troita

A troita, Salmo trutta fario, é un peixe osteíctio de auga doce, unha forma de Salmo trutta, ou subespecie, segundo os autores.

Xurado

O xurado é un mecanismo das Administracións de Xustiza para involucrar os cidadáns na toma de decisións dun Tribunal. Habitualmente, ós xurados correspóndelles ditamina-la culpabilidade ou inocencia do ou dos acusados, aínda que en certos sistemas tamén se lles atribúe a potestade sobre a pena correspondente ó reo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.