Renovación Española en Galicia

Renovación Española tiña unha forte implantación na provincia de Ourense, onde era o principal partido da dereita grazas á rede clientelar que establecera o seu líder, o galego José Calvo Sotelo. Nas eleccións de 1933 acadou tres escanos nesa provincia en coalición coa Unión Regional de Derechas, na provincia da Coruña logrou dous escanos e un nas de Lugo e Pontevedra. Renovación Española non era un partido de masas nin nunca realizou campañas de afiliación, na provincia de Ourense non pasaba dos cen militantes e seguramente non tería máis de 500 en toda Galicia. Nas eleccións de 1936 o partido, que presentou como Bloque Nacional, volveu vencer en Ourense ao lograr 3 escanos, aínda que con serias sospeitas de fraude, en Pontevedra logrou tamén escano (Víctor Lis Quibén).

Renovación Española foi un dos partidos que máis cadros forneceu ás institucións e organizacións do Estado franquista.

Renovación Española

Renovación Española foi un partido político español monárquico afonsino e conservador presente durante a Segunda República Española. Fúndase en Madrid o 1 de marzo de 1933.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.