Renovación Española

Renovación Española foi un partido político español monárquico afonsino e conservador presente durante a Segunda República Española. Fúndase en Madrid o 1 de marzo de 1933.[1]

Renovación Española
Partido político de España
Renovacion española
Dirixentes e organización
LíderAntonio Goicoechea
José Calvo Sotelo
Historia
Fundación1933
Disolución1937
Posicións políticas
Ideoloxíamonárquico afonsino, conservador

Traxectoria

O partido estivo liderado ao primeiro por Antonio Goicoechea ata que en 1934 José Calvo Sotelo se fixo cargo da súa dirección e converteuno no referente da dereita máis extrema. O 8 de decembro de 1934, Calvo Sotelo xunto con Pedro Sáinz Rodríguez, que foi elixido vicepresidente,[2] constituíron o Bloque Nacional, no que incorporarían personalidades de Renovación Española xunto cos carlistas e outros monárquicos de dereita. O asasinato do seu líder o 13 de xullo de 1936, foi un dos detonantes do pronunciamento militar que deu comezo á guerra civil española.

Foi un partido de cadros, cuns 5.000 militantes. Nas eleccións de 1933 obtivo 38 deputados e nas eleccións de 1936, 22 escanos.

Notas

  1. Mata (2012), p.142
  2. Redondo (1993), p. 292

Véxase tamén

Bibliografía

  • Mata, Santiago (Marzo 2012). "De la colaboración a la redención por el fuego. El obispo Leopoldo Eijo Garay ante la Segunda República y la Guerra Civil". Aportes (80): 131–162. ISSN 0213-5868.
  • Redondo, Gonzalo (1993). Historia de la Iglesia en España, 1931-1939. Tomo II (La Segunda República, 1931-1936). Madrid: Rialp. ISBN 84-321-2984-4.

Outros artigos

Acción Popular

Acción Popular foi un partido político español confesional católico durante a Segunda República, que foi o núcleo principal que deu orixe á Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA).

Antonio Goicoechea

Antonio Goicoechea Cosculluela, nado en Barcelona o 21 de xaneiro de 1876 e finado en Madrid o 1 de febreiro de 1953, foi un avogado e político español.

Auxilio Azul

A organización Auxilio Azul, denominada tamén Auxilio Azul María Paz, foi unha organización falanxista feminina de Auxilio Social fundada por María Paz Martínez Unciti na clandestinidade de Madrid durante a guerra civil española. Moitas das mulleres participantes desta organización eran tradicionalistas, de Renovación Española ou sen afiliación. Chegaron a ser un total de seis mil mulleres afiliadas. As reunións realizábanse nas casas das afiliadas, o método de recrutamento era por amizade. A irmá de Maria Paz fíxose cargo da organización a partir de novembro de 1936. Este cambio renovou as estruturas pasando dunha organización triangular a unha celular na que melloraron as estruturas de comunicación interna que requirían as operacións clandestinas. A organización operou durante toda a contenda Civil na cidade de Madrid, en retagarda, e non foi detectada xamais polas Autoridades Gobernamentais da II República Española.

Coalición Democrática

Coalición Democrática (CD) foi unha coalición electoral española formada en 1979 para concorrer ás eleccións xerais, trala aprobación da Constitución en decembro do ano anterior. Nun primeiro momento adoptou o nome de Confederación Democrática Española.

A coalición agrupaba a diversos partidos de centro dereita: Alianza Popular, de Manuel Fraga, Acción Ciudadana Liberal, de José María de Areilza e Alfonso Osorio, Partido Demócrata Progresista, Renovación Española e Partido Popular de Cataluña, de Luis Montal. Alfonso Osorio e José María de Areilza foran ministros nos gobernos da UCD, dos que saíran por discrepancias co presidente Suárez. O candidato á presidencia do goberno era Manuel Fraga.

Acadou 9 escanos no Congreso, case a metade dos que a súa predecesora, Alianza Popular, acadara nas do 1977. Diante dos pésimos resultados, Fraga presentou a súa dimisión como líder da coalición e proseguiu en solitario á fronte de Alianza Popular. En 1982, Alianza Popular formou con outros partidos unha ampla coalición, Coalición Popular.

Dreta de Catalunya

Dreta de Catalunya (Dereita de Cataluña) foi unha organización política de Cataluña, de ideoloxía conservadora, constituída en Barcelona o 6 de abril de 1933.

Reuniu membros dos antigos partidos monárquicos como o avogado Santiago Torent e os industriais Joan Campmajó e Damià Mateu i Bisa, algúns dos cales militaran na Lliga Regionalista, que nas eleccións ó Parlamento de Cataluña de 1932 se presentara xunto con Comunió Tradicionalista e Renovación Española, pero que só obtiveran 15.500 votos (3,32 %) e ningún deputado.

Presentouse ás eleccións xerais de España de 1936, celebradas o 16 de febreiro de 1936, dentro da Front Català d'Ordre, pero a Lliga Catalana acaparou toda a representación da coalición, polo que non obtivo representación nas Cortes.

Eleccións Xerais de 1936 en España

Os días 16 e 23 de febreiro de 1936 celebráronse en España as terceiras eleccións xerais, e últimas, da Segunda República Española. As eleccións deron o triunfo á coalición de esquerdas denominada Fronte Popular (Front d'Esquerres en Cataluña e Valencia), que, con máis do 60% dos deputados electos, agrupaba a PSOE, Izquierda Republicana, Unión Republicana, ERC, PCE, Acció Catalana, POUM, Partido Sindicalista e outros. Con todo, non obtiveron o 50% en canto a voto se refíre. É difícil calcular cantos votos recibiu cada partido, xa que a lei electoral era por listas abertas, e non é posible dicir cantos votos obtivo cada candidatura, xa que os votantes podían elixir candidatos de distintas listas para cada un dos escanos da súa circunscrición. O certo é que o goberno nunca publicou os resultados na súa integridade.Segundo dispoñía a Lei Electoral vixente, a mecánica de adxudicación das actas de deputados era complexa e necesitaba de tempo para levar a cabo o escrutinio xeral, unha segunda volta onde fose necesario e a discusión das Actas no Parlamento. En 1933 o Presidente do Goberno dirixiu a segunda volta presentando ao Parlamento os resultados. A dimisión de Portela Valladares o 19 de febreiro vai permitir ao Fronte Popular a ocupación do Goberno para, desde el, acabar de redondear os resultados e forzar a maioría. A dimisión de Portela arrastrou a de moitos gobernadores provinciais que dimitiron aterrados sen esperar a chegada duns substitutos adecuados.

Eleccións a Cortes de 1933 en Galicia

As segundas eleccións ás Cortes españolas da II República celebráronse o 19 de novembro de 1933. A lei electoral establecía un sistema maioritario de listas abertas, a lista maioritaria obtiña o 80% dos escanos por circunscrición e reservábase para as minorías o outro 20%. Tiñan dereito ao voto os maiores de 23 anos e por primeira vez en España tiñan dereito de voto as mulleres.

As malas relacións entre os republicanos e os socialistas fixo que presentaran candidaturas separadas, o que favoreceu á dereita que presentaba listas conxuntas.

A circunscrición electoral da Coruña elixía 17 deputados, a de Lugo 10 deputados, a de Ourense 9 deputados e a de Pontevedra 13 deputados, en total en Galicia elixíanse 49 deputados.

Eleccións xerais de España de 1933

O 19 de novembro de 1933 celebrouse a primeira volta das segundas eleccións xerais da Segunda República Española para as Cortes e foron as primeiras en que as votaron as mulleres exerceron o dereito ao voto. As eleccións deron a maioría aos partidos de centro-dereita e de dereitas, o que deu lugar ao denominado bienio radical-cedista ou bienio negro dos anos 1933-1936.

Falange Española

Falange Española (FE, en galego: Falanxe Española) foi un partido político fundado o 29 de outubro de 1933 no Teatro da Comedia de Madrid por José Antonio Primo de Rivera (fillo de Miguel Primo de Rivera) durante a campaña para as eleccións lexislativas de 1933. Na súa dirección figuraban Julio Ruiz de Alda e Alfonso García Valdecasas.

Fronte Popular (España)

A Fronte Popular foi unha histórica coalición electoral creada en xaneiro de 1936 polos principais partidos de esquerda de España. O 16 de febreiro logran a vitoria nas últimas eleccións democráticas durante a Segunda República, antes do golpe de estado que produciría a guerra civil.

José Calvo Sotelo

José Calvo Sotelo, nado en Tui o 6 de maio de 1893 e finado en Madrid o 13 de xullo de 1936, foi un político e xurisconsulto dereitista galego, ministro de Facenda do Goberno do Estado entre 1925 e 1930, durante a Ditadura de Primo de Rivera.

Estivo exiliado durante os primeiros anos da Segunda República, non obstante foi elixido deputado en todas as lexislaturas, incorporándose ao seu escano logo dunha amnistía durante o bienio radical-cedista en 1934. Destacou como líder monárquico a través do partido Renovación Española, aínda que non mantivo boa relación coas outras forzas da dereita: a maioritaria, partidaria de contemporizar coa República (CEDA) e as minoritarias, entre as que estaba Falange Española.

No turbulento período entre febreiro e xullo de 1936, foi protagonista de varios debates nas Cortes nos que solicitou ao Goberno que restablecese a orde pública, reclamando que, en caso contrario, tal tarefa debería ser asumida polo Exército. Logo de fortes enfrontamentos parlamentarios, recibiu ameazas de Dolores Ibárruri La Pasionaria (16 de xuño), e indubidablemente de Ángel Galarza (1 de xullo). Na madrugada do 13 de xullo de 1936 un grupo de gardas de Asalto e militantes socialistas, dirixido polo capitán da Garda Civil Fernando Condés detívoo no seu domicilio e introduciuno no interior dunha camioneta da Garda de Asalto onde Luis Cuenca, militante das Xuventudes Socialistas e gardacostas de Indalecio Prieto, o asasinou a sangue frío disparándolle dous tiros na caluga, en represalia polo asasinato do esquerdista tenente de Asalto Castillo, que tivera lugar horas antes. Un dos efectos do seu asasinato foi decidir a quen, como o xeneral Francisco Franco, mantiñan aínda dúbidas sobre se debían sublevarse contra o Goberno de forma inmediata.

Na posguerra foi honrado polo réxime franquista como Protomártir da Cruzada ou Protomártir del Movimiento Nacional. Foi apelado tamén o Matteotti español.

Persoeiros da guerra civil española

Esta é unha lista das personalidades máis destacadas da guerra civil española.

Pilar Careaga

María del Pilar Careaga Basabe, nada en Madrid o 26 de outubro de 1908 e finada na mesma cidade o 10 de xuño de 1993, foi unha política española, alcaldesa de Bilbao durante o franquismo e a primeira enxeñeira titulada de España.

Ramiro de Maeztu

Ramiro de Maeztu y Whitney, nado en Vitoria o 4 de maio de 1875 e finado en Madrid o 29 de outubro de 1936, foi un destacado escritor español pertencente á xeración do 98.

Ramón Bermúdez de Castro Plá

Ramón Bermúdez de Castro Plá, finado na Coruña en marzo de 1972, foi un militar e político galego.

Ramón de Carranza

Ramón de Carranza y Fernández de la Reguera, nado en Ferrol o 16 de abril de 1863 e finado en Cádiz o 13 de setembro de 1937, foi un político, militar e empresario galego. Desenvolveu boa parte da súa carreira en Cádiz, cidade da que foi alcalde entre 1927 e 1931, e novamente entre 1936 e 1937. Foi deputado en Cortes en varias ocasións.

Renovación Española en Galicia

Renovación Española tiña unha forte implantación na provincia de Ourense, onde era o principal partido da dereita grazas á rede clientelar que establecera o seu líder, o galego José Calvo Sotelo. Nas eleccións de 1933 acadou tres escanos nesa provincia en coalición coa Unión Regional de Derechas, na provincia da Coruña logrou dous escanos e un nas de Lugo e Pontevedra. Renovación Española non era un partido de masas nin nunca realizou campañas de afiliación, na provincia de Ourense non pasaba dos cen militantes e seguramente non tería máis de 500 en toda Galicia. Nas eleccións de 1936 o partido, que presentou como Bloque Nacional, volveu vencer en Ourense ao lograr 3 escanos, aínda que con serias sospeitas de fraude, en Pontevedra logrou tamén escano (Víctor Lis Quibén).

Renovación Española foi un dos partidos que máis cadros forneceu ás institucións e organizacións do Estado franquista.

Segunda República Española

A Segunda República Española foi o réxime político polo que se rexeu España no período que vai dende o 14 de abril de 1931, data de proclamación da mesma, até o 1 de abril de 1939, data da vitoria definitiva do bando autoproclamado nacional (é dicir, o dos alzados contra a República os días 17 e 18 de xullo de 1936, chamados así en oposición ós leais a ela, que eran coñecidos como republicanos).

Víctor Lis Quibén

Víctor Lis Quibén, nado en Buenos Aires en 1893 e finado en Pontevedra o 9 de xullo de 1963, foi un médico, político e escritor galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.