Renminbi

O renminbi (chinés: 人民币 ; 人民幣, rénmínbì = moeda do pobo) é a moeda oficial da República Popular da China (RPCh), e cuxa principal unidade é o iuan (元, simplificación de 圆, yuan "obxecto redondo", cfr. ien 円, en xaponés, que ten a mesma orixe). É emitido polo Banco Popular da China, que é a autoridade monetaria da RPCh. A abreviatura oficial ISO 4217 é CNY, aínda que é tamén correntemente abreviado como "RMB". O símbolo latinizado é ¥.

Valores fraccionarios

O iuan está dividido en 10 jiao e en 100 fen.

Historia

O renminbi foi emitido por vez primeira polo Banco Popular de China en decembro de 1948, preto dun ano antes de que o Partido Comunista Chinés vencese na Guerra Civil Chinesa. Unha das urxentes tarefas do novo goberno comunista era acabar coa hiperinflación que afectara China desde os anos finais da época do Kuomintang (KMT). Máis tarde efectuouse unha revalorización que tivo lugar en 1955 a razón de 1 novo iuan = 10.000 vellos iuans.

Durante a época da economía dirixida, o valor do RMB taxouse en valores irreais de cambio a respecto das moedas occidentais, e foron postas regras duras de troca monetaria. Coa apertura económica da China continental en 1978, instituíuse un sistema monetario dobre, no que o renminbi só era usado domesticamente, sendo os estranxeiros forzados a utilizar certificacións de troca estranxeira. Os irreais niveis de ratios de troca nas transaccións conduciron a un forte mercado negro das transaccións monetarias.

A finais da década de 1980 e comezo da de 1990, a RPCh esforzouse en facer máis convertíbel o renminbi. Mercé o uso de centros de troca, a porcentaxes de cambio foron tomando niveis reais e o dobre sistema monetario foi abolido. O temor xerado pola crise financeira asiática de 1998 impediu a plena conversión da divisa chinesa.

Durante dez anos o renminbi estivo totalmente ligado ao dólar estadounidense a unha taxa fixa de 8,28 renminbi por dólar. O 25 de xullo de 2005 o Banco Popular de China revalorizou o renminbi á taxa de 8,11 renminbi por dólar norteamericano, pero o valor do renminbi pode flutuar nunha banda de oscilación do 0,3% do valor de referencia.

A taxa de troca do renminbi é centro dun tenso debate internacional. Moitos economistas e as administracións dos USA e a UE, opinan que a subvaloración da moeda chinesa favorece excesivamente as exportacións chinesas e presiona sobre o mercado de traballo dos países máis desenvolvidos. Mais empresas occidentais importadoras cren que un renminbi subvalorado favorece as importacións desde China máis convenientes, axudando a economizar e aumentar a produtividade.

Moedas e billetes de banco en circulación na República Popular China

Lembre: 1 iuan ou yuan (1 RMB) = 10 jiao (tamén dito "miao") e 1 jiao = 10 fen.

Hai en circulación moedas de :

  • 1 yuan.
  • 5 jiao.
  • 1 jiao.

e son máis raras:

  • 5 fen.
  • 2 fen.
  • 1 fen.

Hai en circulación billetes de banco de :

  • 100 yuans.
  • 50 yuans.
  • 20 yuans.
  • 10 yuans.
  • 5 yuans.
  • 2 yuans.
  • 1 yuans.
  • 5 jiao.
  • 2 jiao.
  • 1 jiao.

Os billetes de banco ostentan tamén numeración arábiga e mencións en varias linguas :

Ligazóns externas

Fen

O fen (chinés: 分; pinyin: fēn) é unha moeda divisionaria, utilizada no que se coñece como a Grande China, é dicir, a República Popular da China, República de China (Taiwán), Hong Kong (onde se denomina cent, en inglés) e Macau (denominada avo, en portugués).

ISO 4217

A norma ISO 4217 foi creada pola ISO co obxectivo de definir códigos de tres letras para todas as moedas do mundo. Isto elimina as confusións causadas por algúns nomes de divisas como dólar, franco ou libra, que son empregados en numerosos países pero teñen tipos de cambio moi diferentes.

As dúas primeiras letras do código son as dúas letras do código do país da moeda segundo o estándar ISO 3166-1 e a terceira é normalmente a inicial da divisa en si. Esta norma define tamén as relacións entre a unidade monetaria principal e as súas subdivisións.

Inclúe tamén códigos para metais preciosos (ouro, prata, paladio e platino) e outras definicións utilizadas no mundo financeiro. Tamén existen códigos especiais para probas (XTS), e para indicar transaccións non monetarias (XXX). Todos estes códigos comezan coa letra "X". Os metais preciosos utilizan "X" e o símbolo químico do metal. ISO 3166 nunca asigna códigos de país comezando con "X", polo que ISO 4217 pode usar códigos que comecen con esa letra sen arriscarse a colisións.

Ien

O ien (円, えん, en Rōmaji Yen, ¥, pronúnciase como "en") é a moeda ou divisa oficial do Xapón. Foi creada en novembro de 1870, ao comezo da Era Meiji, para substituír o ryō (両). O símbolo gráfico latinizado do ien é ¥ ; mais en xaponés escríbese 円, unha forma simplificada da antiga grafía 圓. O código ISO 4217 do ien é JPY. O ien foi legalmente definido como 26,956 gramos de prata, unha definición que aínda está en vigor na actualidade.

Desde xaneiro de 2007, un euro vale arredor de 157 iens (JPY).En xaponés, «ien» (円) é apenas «en», pronunciado [ɛn]. A pronuncia "ien"/"yen", corrente en moitas linguas, provén da romanización da antiga escrita sino-xaponesa, que non tiña en conta a evolución da pronunciación. En xaponés, «en» significa «redondo» ou «círculo» — como en chinés yuan ou en coreano won, que teñen o mesmo étimo.

O ien tiña unhas subdivisións, o sen, ben coñecido dos crucigramistas; e o rin (1/1000 de ien). Porén ambas deixaron de utilizarse desde 1954.

Circulan moedas de 1, 5, 10, 50, 100 e 500 iens e billetes de 1.000, 2.000, 5.000 e 10.000 iens.

Jiao

O jiao (chinés: 角, jiǎo) é unha moeda divisionaria, utilizada no que se coñece como a Grande China, é dicir, a República Popular da China, República de China (Taiwán), Hong Kong (onde se denomina cent, en inglés) e Macau (denominada avo, en portugués). Un jiao equivale á décima parte dun yuan ou dez fen.

Moeda global

No mercado de divisas e no comercio internacional, coñécese como moeda global ou mundial, ou mesmo supranacional á moeda que circula internacionalmente, sen unhas fronteiras determinadas.

Petro (criptomoeda)

O petro (símbolo bolsista: PTR) é unha criptomoeda de orixe venezolana baseada na tecnoloxía da cadea de bloques e apoiada polas reservas de varios recursos naturais daquel país, como petróleo, ouro, diamantes e gas. Cada petro está apoiado por un barril de petróleo da cesta de cru venezolano.A moeda foi suxeito de críticas, algunhas das cales sosteñen que non se trata dunha verdadeira criptomoeda por non ser descentralizada e, mesmo, sitios web como ICOindex cualificárono como unha estafa.

República Popular da China

A China (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín. Esta, exerce xurisdición sobre vinte e dúas provincias, cinco rexións autónomas, catro municipalidades directamente controladas (Pequín, Tianjin, Shanghai e Chongqing) e dúas rexións administrativas especiais practicamente autónomas, Hong Kong e Macau. A República Popular da China reclama Taiwán como a súa provincia número viente e tres, aínda que na práctica a illa é independente, xa que se atopa administrada polo réxime da República da China dende a fin da guerra civil de 1949.

Cunha superficie aproximada de 9,6 millóns de quilómetros cadrados, a China é o segundo país máis grande en relación á súa superficie terrestre e o terceiro ou cuarto máis grande pola súa superficie total. A paisaxe da China é vasta e diversa. Os áridos norte e noroeste, nas proximidades de Mongolia e Asia Central, están ocupados por estepas forestais e os desertos do Gobi e Taklamakan. O sur, lindando coa rexión do Sueste asiático, é máis húmido e está ocupado por bosques subtropicais. A zona máis occidental é accidentada e moi elevada, coas cordilleiras do Himalaias, Karakoram, Pamir e Tian Shan facendo de fronteira natural entre a China e Asia Central e do Sur. A nivel fluvial destacan os ríos Yangtzé e Amarelo, o terceiro e o sexto máis longos do mundo. Ambos nacen na meseta do Tíbet, e flúen cara á densamente poboada costa leste. A liña costeira da China ao longo do Océano Pacífico é de 14.500 quilómetros e está limitada polos mares de Bohai, Amarelo, Oriental e o Meridional.

A antiga civilización chinesa, unha das máis antigas do mundo, floreceu na fértil conca do río Amarelo. Durante miles de anos o seu sistema político baseouse en monarquías hereditarias, coñecidas como dinastías, sendo a primeira a semimitolóxica dinastía Xia (aprox. 2.000 a.C.). Dende o ano 221 a.C., cando a dinastía Qin conquistou varios estados para formar un grande Imperio chinés, o país expandiuse, fracturouse e reformouse en varias ocasións. A última dinastía foi derrocada no ano 1911 coa chegada da República da China. En 1945, a República conquistou Taiwán ao Imperio do Xapón trala fin da Segunda Guerra Mundial. Nos anos 1946 a 1949 o Partido Comunista derrotou ao nacionalista Kuomintang na China continental e estableceu en Pequín a República Popular da China o 1 de outubro de 1949, mentres que o Kuomintang trasladou o goberno da República da China a Taipei. A xurisdición da República da China limítase agora a Taiwán e varias illas próximas, incluíndo Penghu, Kinmen e Matsu.

A lingua chinesa é a lingua máis falada no mundo: arredor dun quinto da poboación mundial fala algunha forma de chinés como lingua nai. A lingua chinesa, na forma de chinés mandarín, é a lingua oficial da República Popular da China, así como de Taiwan. É ademais unha das linguas oficiais de Singapur e mais unha das seis linguas oficiais das Nacións Unidas.

A China ten fronteiras con 14 países: Afganistán, Bután, Myanmar, India, Casaquistán, Quirguisia, Laos, Mongolia, Nepal, Corea do Norte, Paquistán, Rusia, Taxiquistán e Vietnam. As cidades máis importantes son Pequín, Shanghai, e Hong Kong. Desde a súa fundación en 1949, a RPCh está gobernada polo Partido Comunista Chinés. Aínda que oficialmente segue a ser un estado comunista, a súa economía vén sendo liberalizada desde hai tres décadas.

Ser humano

Os seres humanos, tamén chamados xenericamente humanos ou homes (Homo sapiens), son unha especie da orde dos primates e da familia dos homínidos. H. sapiens é o único representante vivente do xénero Homo e, ademais, só ten unha subespecie vivente, o H. s. sapiens. Diversas probas baseadas na comparación do ADN fan pensar que os humanos modernos se orixinaron en África hai arredor de 200 000 anos.Os algoritmos xenéticos determinan unha diferenza dun 0,2% do material xenético entre os diferentes individuos desta especie, que ten como algunhas ds características máis destacadas a súa intelixencia, o desenvolvemento da linguaxe e a cultura. Os humanos teñen un cerebro altamente desenvolvido, quen de realizar un tipo de razoamento abstracto, de consciencia e de emocións complexas. Esta capacidade mental, combinada cunha posición erecta do corpo que libera os brazos e as mans, dalle unha gran capacidade de manipular obxectos e utilizar ferramentas con máis efectividade que calquera outra especie da terra.

Como a maioría de primates, os humanos son sociais por natureza, pero tamén son quen de empregar sistemas de comunicación moi elaborados para facer posible a expresión e intercambio de ideas, así como a organización social. Crean estruturas complexas de convivencia, dende familias até nacións e estableceron unha enorme variedade de tradicións, rituais, éticas, valores, normas e leis que forman a base da sociedade humana. Tamén teñen unha predisposición destacada para a estética e a beleza, que provocou fenómenos como son a cultura, a arte, a literatura e a música.

Os seres humanos destacan polo seu desexo de entender o mundo que os rodea, sobre o cal inflúen e que queren comprender. Tamén intentan coñecer e controlar os fenómenos naturais, que tratan a través da ciencia, a filosofía, a mitoloxía e a relixión. Esta curiosidade natural permitiulle desenvolver ferramentas, e nun senso máis xeral, a tecnoloxía. Os humanos son a única especie coñecida capaz de encender lume, cocer os alimentos e vestirse; ademais, transmiten as súas habilidades e coñecementos ás seguintes xeracións a través da educación.

De xeito habitual emprégase o termo «home» para designar todos os humanos xenericamente, malia que no seu sentido máis específico, esta palabra se aplica ós individuos de sexo masculino. Así, o termo «homes» pódese aplicar tanto a tódolos individuos da especie como ós de sexo masculino, mentres que os de sexo feminino teñen a denominación exclusiva de «muller».

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.