Renfe Operadora

Renfe Operadora, ou simplemente Renfe[2], é unha entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Fomento de España, e a operadora ferroviaria hexemónica de viaxeiros pola rede de Adif, onde só se internan para servizos internacionais Comboios de Portugal e SNCF. Tamén mantén unha importante presenza no tráfico mercadorías.

Tomou o nome da antiga RENFE (Red Nacional de los Ferrocarriles Españoles), empresa creada en 1941 e da que se desprendeu Renfe Operadora o 1 de xaneiro de 2005, pasando RENFE a se chamar Adif (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias). Renfe heredou o groso do material rodante e persoal relacionado (maquinistas, interventores, ...) mentres que Adif quedou coa infraestrutura, superestutura, a maior parte dos predios e naves (agás talleres) e persoal relacionado coa circulación ferroviaria (factores, xefes de estación, persoal dos Postos de Mando e CTC, ...).

A creación de Renfe Operadora veu dada pola Lei do Sector Ferroviario[3], que apuntaba á separación da explotación dos servizos de transporte, da administración das infraestruturas, polo que se tiveron que conformar dúas empresas: Adif e Renfe Operadora.

Renfe Operadora
Logotipo de Renfe Operadora
Talgo com destino a Madrid (3775261053)
Tren co logotipo e cores corporativas de Renfe en Santiago de Compostela.
TipoEntidade Pública Empresarial
Fundación1 de xaneiro de 2005 (14 anos)
MatrizGrupo Renfe
LocalizaciónAvenida de Pío XII, 110
28036 Madrid España
FundadorMinisterio de Fomento de España
Persoas claveIsaías Táboas (Presidente)
José Luis Ábalos (Ministro de Fomento)
IndustriaTransporte ferroviario
ProdutosAVE · AV City · Alvia · Altaria · Avant · Euromed · Intercity · MD · Feve · Rexional · Rexional Exprés · Talgo · Trenhotel
Número de empregados14.124 (2016)[1]
Páxina webrenfe.com

Historia

O proceso de nacionalización e unificación que viviron a maior parte de redes de ferrocarril de Europa tras a segunda guerra mundial produciu unhas compañías ferroviarias nacionais que facían moi difícil a posibilidade de explotar trens internacionais. A integración promulgada pola Unión Europea, que inclúe o transporte libre de mercadorías por toda a unión, iniciou o interese por modificar o sistema de funcionamento dos ferrocarrís europeos permitindo con normalidade a aparición de operadores transnacionais.

En 1991 aprobouse a Directiva 91/440/CEE, na que se recolle a separación contable dos servizos e as infraestruturas nas redes ferroviarias nacionais europeas,[4] similar á existente no transporte aéreo ou por estrada. Esta separación permitiría a un operador transnacional circular polas redes de diferentes países nas mesmas condicións que a ferroviaria nacional, pagando as taxas correspondentes polo uso da infraestrutura.

Esta directiva e os seus posteriores foron traspostas ao ordenamento xurídico español na Lei 39/2003 do Sector Ferroviario, aprobada o 17 de novembro de 2003. Nesta lei estableceuse que no caso de España a separación contable realizaríase a través da división completa en dúas empresas diferentes. A división efectiva tivo lugar o 1 de xaneiro de 2005, cando Renfe foi extinguida como empresa e creáronse Adif, dedicada á infraestrutura, e Renfe Operadora, dedicada á operación e o mantemento dos trens.[5]

Renfe Operadora absorbeu da súa predecesora Renfe todo o material rodante, os talleres de mantemento e o persoal dedicado a operar os trens e ao seu mantemento. Ademais de todo o relacionado coa infraestrutura, a venda de billetes en estacións quedou tamén en mans de ADIF.

En 2012 realizouse un proceso similar coa disolución de Feve, a empresa estatal que xestionaba os ferrocarrís de vía estreita. O 31 de decembro completouse a subrogación, facéndose Renfe Operadora con toda a explotación dos ferrocarrís de vía estreita non autonómicos, e Adif coa infraestrutura.[6]

Estrutura

Nunha orixe, a operadora ferroviaria herdou o modelo de xestión das Unidades de Negocio (UN) da antiga Renfe, facéndose cargo daquelas que puramente afectaban á explotación dos servizos de transporte, é dicir: Proximidades, Rexionais, Grandes Liñas, Alta Velocidade, Mercadorías e Mantemento Integral de Trens. En xaneiro de 2006, Renfe Operadora sofre unha gran reestruturación interna, que reduce as áreas operativas ás catro actuais:

Presidencia

Servizos ferroviarios

Red actual de ferrocarriles de España
Rede completa de ferrocarrís en España.      Liñas de alta velocidade     Liñas de ancho ibérico     Liñas de ancho métrico
Comida AVE - Preferente
Restauración nun tren AVE.
Lérida HSL 009
Cafetería a bordo dun tren de Renfe Operadora.

Tradicionalmente desde a súa fundación Renfe Operadora separou completamente os seus servizos de Media Distancia dos de Longa Distancia. Na actualidade a división é máis flexible, existen servizos con ligazón entre trens de Media Distancia e Longa Distancia, e tamén trens de Longa Distancia que admiten viaxeiros de Media Distancia en certos percorridos entre cidades próximas.

AVE e Longa distancia

Artigo principal: Longa distancia Renfe.

As liñas de longa distancia son servizos non subvencionados, que xeralmente inclúen grandes prestacións a bordo como cafetería, clase preferente, restauración en asento ou a emisión de películas. O nome de cada un dos servizos indica normalmente as prestacións e o tipo de tren, aínda que ás veces existen diferenzas dentro de servizos co mesmo nome.

Entre os servizos de alta velocidade inclúense:

  • AVE: é o servizo puro de alta velocidade en liñas de longa distancia. Son os trens que alcanzan maior velocidade, ata 310 km/h, e que circulan desde orixe a destino por liñas de alta velocidade.
  • AV City: servizo prestado por liñas de Alta Velocidade, para complementar a oferta AVE a prezos máis económicos. Comercialízase en clase Turista e Turista Plus.
  • Alvia: designa aos servizos que circulan parcialmente por liñas de alta velocidade e por liñas convencionais, incluíndo o cambio de ancho necesario para utilizar ambas as redes. Alcanzan unha velocidade de 250 km/h.
  • Altaria: compóñense dunha rama Talgo arrastrada por unha locomotora. Poden circular parcialmente por liñas de alta velocidade, cunha velocidade máxima de 200 km/h.

Os servizos diúrnos convencionais non dispoñen de cambio de ancho, e poden circular a velocidades de ata 200 km/h:

  • Euromed: servizo establecido para aproveitar as características do Corredor Mediterráneo.
  • Talgo: compóñense dunha rama Talgo arrastrada por unha locomotora.
  • Trenhotel: formado por unha rama Talgo nocturna que inclúe coche restaurante.

Media Distancia

Artigo principal: Media distancia Renfe.

En media distancia realízanse liñas, que poden recibir subvencións, tanto particularmente a cada liña xeralmente por parte dos gobernos autonómicos, como globalmente a través dun acordo co goberno estatal coñecido como contrato-programa.[13] Todos os servizos teñen prestacións parecidas, con clase única sen cafetería a bordo e a posibilidade de utilizar bicicletas.

Existe un servizo de alta velocidade e Media Distancia, denominado Avant, capaz de circular ata a 250 km/h cunhas prestacións moi parecidas ao resto de trens de Media Distancia, que une cidades próximas.

As diferenzas entre os modelos de trens utilizados en Media Distancia convencional fan que existan varios nomes para os servizos segundo o modelo utilizado, é o caso dos servizos MD. Os servizos máis básicos reciben a denominación de Rexional e Rexional Exprés, diferenciándose en que o segundo realiza un menor número de paradas.

Existe un servizo denominado Intercity que se utiliza para os trens de Media Distancia, pensados para desprazamentos entre cidades próximas, cando son utilizados en desprazamentos de Longa Distancia.

Proximidades

Trenfeve
Proximidades de vía estreita en Asturias.
Artigo principal: Proximidades Renfe.

Proximidades componse de servizos de ferrocarril suburbano que circulan no interior das grandes áreas metropolitanas.

Proximidades CIVIS son trens de proximidades semidirectos que realizan paradas nalgunhas estacións pero non en todas as da rede.

Vía estreita

Artigo principal: Renfe Feve.

Renfe tamén opera unha importante rede de servizos de vía estreita, que recibiu de Feve. Os servizos de vía estreita máis habituais son os de proximidade (proximidades e rexionais) e os de mercadorías.

Renfe Operadora leva a cabo unha gran frota de Trens Turísticos e Trens de Luxo e de Gran Luxo que herdou da antiga compañía Feve. Nos trens de Luxo hai suites con cama. Nos de Gran Luxo a suite é dobre e moito máis luxosa.

Material móbil en servizo

AVE - Longa Distancia

Exclusivamente para liñas 1435 mm e 25 kV ~ 50 Hz

  • Serie 100
  • Serie 102
  • Serie 103
  • Serie 104
  • Serie 112
  • Serie 114

Para liñas de 1435 ou 1668 mm e 25 kV ~ 50 Hz ou 3 kV

  • Serie 120
  • Serie 130
  • Serie 252
  • Serie 730

Exclusivamente para liñas de 1668 mm

  • Serie 333.4
  • Serie 334

Media Distancia

Mercadorías

  • Serie 251
  • Serie 252
  • Serie 253
  • Serie 333.3

Proximidade

Largo 1000 mm

  • Serie 442

Largo 1668 mm

  • Serie 446
  • Serie 447
  • Serie 450
  • Serie 451
  • Serie 462
  • Serie 463
  • Serie 464
  • Serie 465
  • Serie 592

Feve

  • Serie 1000
  • Serie 1600
  • Serie 1900
  • Serie 2400
  • Serie 2600
  • Serie 2700
  • Serie 2900
  • Serie 3300
  • Serie 3500
  • Serie 3600
  • Serie 3800

Traspaso ás comunidades autónomas

Xa en 2005 asinouse o traspaso da liña Lleida-La Pobla de Segur a Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya, cun período transitorio en que Renfe Operadora prestará o servizo nunha liña da que xa non é titular Adif ata que a empresa autonómica dispoña de material móbil suficiente para prestalo, establecéndose 2010 como tope.

Estaba previsto o traspaso durante 2007 da O.N. de Renfe Proximidades ás comunidades autónomas, coa posibilidade de que poidan establecer novas liñas, e servizos de ámbito autonómico, pero non se chegou aínda a un acordo sobre este traspaso nin se asinou nada respecto diso.

Formación

Renfe conta con Escolas Técnicas Profesionais para a formación e reciclaxe de maquinistas nalgúns dos principais nós da rede ferroviaria de Adif como son: Bilbao[14], León[15], L'Hospitalet[16], Madrid[17], Miranda de Ebro[15], Santander[17], Santiago de Compostela[18], Sevilla[17] ou Valencia[17]. En Galiza tamén dispón dun segundo simulador en Monforte de Lemos para reciclaxe na condución[19].

Notas

  1. "ENTIDAD PUBLICA EMPRESARIAL Renfe Operadora • CUENTAS ANUALES CONSOLIDADAS 31 de Diciembre 2016 • INFORME DE GESTIÓN Ejercicio 2016" (PDF). www.renfe.com (en castelán).
  2. "ENTIDAD PUBLICA EMPRESARIAL Renfe Operadora • CUENTAS ANUALES CONSOLIDADAS 31 de Diciembre 2016 • INFORME DE GESTIÓN Ejercicio 2016" (PDF). www.renfe.com (en castelán).
  3. "Lei do Sector Ferroviario" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2007. Consultado o 22 de xuño de 2009.
  4. Boletín Oficial del Estado. "Lei do Sector Ferroviario" (PDF). Consultado o 9 de xuño de 2012.
  5. "ORDEN FOM/2009/2006, de 19 de setembro, pola que se determinan os bens, obrigacións e dereitos pertencentes a RENFE-Operadora" (PDF).
  6. RTVE. "Deixa de existir FEVE e o seu patrimonio de bens e servizos repartirase entre Renfe e Adif". Consultado o 31 de decembro de 2012.
  7. Agencias (2004-05-07). "José Salgueiro toma el relevo de Corsini en la presidencia de Renfe". Cinco Días (en castelán). Consultado o 2018-10-03.
  8. EP (2009-05-15). "Teófilo Serrano, nombrado nuevo presidente de Renfe". Cinco Días (en castelán). Consultado o 2018-10-03.
  9. "Gómez-Pomar, nombrado presidente de Renfe". El País (en castelán). 2012-01-21. ISSN 1134-6582. Consultado o 2018-10-03.
  10. Magariño, Javier Fernández (2014-10-08). "El nuevo presidente de Renfe releva al número dos de la compañía". Cinco Días (en castelán). Consultado o 2018-10-03.
  11. "Juan Alfaro, nuevo presidente de Renfe". Expansión.com (en castelán). Consultado o 2018-10-03.
  12. Reinero, David. "A galega Isabel Pardo de Vera, nova presidenta de Adif". Praza Pública. Consultado o 2018-10-03.
  13. Mundo Ferroviario. "O contrato programa de Renfe prevé rendibilidade en 2010". Consultado o 9 de xuño de 2012.[Ligazón morta]
  14. "Renfe necesita maquinistas. ¿Qué hace falta para serlo?". El Correo.com (en castelán). 2017-05-10. Consultado o 2018-01-05.
  15. 15,0 15,1 A. G. Puente, Diario de. "Renfe relanza su escuela de maquinistas en León con la oferta de otras 25 plazas". Diario de León (en castelán). Consultado o 2018-01-05.
  16. elEconomista.es. "Renfe instala en L'Hospitalet un centro de formación para maquinistas". Consultado o 2018-01-05.
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 Europa Press. "Renfe convoca un curso de conducción para formar 25 nuevos maquinistas en Santander". 20minutos.es. Consultado o 2018-01-05.
  18. Europa Press. "Renfe convoca un curso de conducción para formar 25 nuevos maquinistas en Santiago de Compostela". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2018-01-05.
  19. "Locomotoras virtuales". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2018-01-05.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Alta Velocidade Española

A Alta Velocidade Española, coñecida co acrónimo AVE, é unha marca comercial da empresa Renfe Operadora pola que define o servizo comercial con trens de alta velocidade en España. Está operativo dende abril de 1992, cando se inaugurou Novo acceso ferroviario a Andalucía.

Esta división de RENFE creouse en 1992, ao escindírense da empresa matriz outras pequenas empresas, chamadas unidades de negocio. O seu obxectivo era operar os servizos con trens de alta velocidade sobre a mencionada liña Madrid-Sevilla vía Cidade Real, Puertollano e Córdoba.

Actualmente existe unha rede de aproximadamente 2.380 km de vías de largo internacional en España.

Alvia

O Alvia é un servizo ferroviario de longa distancia de Renfe Operadora. Caracterízase por ser de rodadura desprazable, o que permite percorrer vías de ancho ibérico ou internacional pasando polos cambiadores de ancho entre unhas e outras de forma rápida. Supoñen un adianto respecto ao servizo Altaria con Talgo de rodadura desprazable ao ser todo o conxunto de rodadura desprazable incluída a locomotora.

Ten asentos en turista e preferente, acceso adaptado a minusválidos e cafetería.

Apeadoiro de Elviña-Universidade

Elviña-Universidade é un apeadoiro de tren de Adif situada na parroquia de Elviña, no concello da Coruña. Dá servizo á propia localidade e ao campus da Universidade da Coruña.

Ten servizos de Media Distancia operados por Renfe. No ano 2008, daba servizo a 6000 pasaxeiros, é dicir, este apeadoiro é usado por unha media diaria de 18 persoas. Porén, logo de 2017, os datos de Renfe Operadora indicaban que menos dun milleiro de persoas empregaban este servizo anualmente.

Avant

Avant é un servizo de trens de Media Distancia e alta velocidade parcialmente subvencionados, realizado por Renfe Operadora en España, que circulan a unha velocidade máxima de 250 km/h.

Realízase con trens das series 104, 114 e 121, en configuración de clase única sen cafetería.

Diurno (Renfe)

Diurno foi o nome comercial que recibiu o servizo de pasaxeiros diúrno da Unidade de Negocio de Grandes Liñas e, posteriomente, de AVE - Longa Distancia realizados por RENFE e Renfe Operadora respectivamente. Substituíu gradualmente aos antigos trens Rápidos e estivo operativo entre 1990 e 2012.

Estación do Porriño

A estación do Porriño é unha estación de tren de Adif situada na cidade do Porriño, na provincia de Pontevedra. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe Operadora.

Estrella, Renfe

O Estrella era un servizo nocturno de Longa Distancia ofrecido por Renfe Operadora en España, que permitía unir grandes cidades saíndo da cidade de orixe pola tarde ou noite dun día determinado e chegando ao destino ao día seguinte pola mañá. Tiña unha velocidade comercial máxima de 160 km/h.

Era o servizo nocturno máis antigo que ofrecía RENFE dende a súa creación en 1985, e as súas rutas foron desaparecendo ao construirse as diferentes liñas de alta velocidade ou sustituíronse por Trenhoteles, servizo nocturno de gama alta. O 6 de abril de 2015 desapareceu o último Estrella que seguía circulando: o Estrella Costa Brava, entre Madrid e Barcelona.

Feve

Ferrocarriles Españoles de Vía Estrecha (FEVE) foi unha compañía pública de ferrocarril de España, que operaba nas comunidades de Galicia, Asturias, Cantabria, do País Vasco, Castela e León e da Rexión de Murcia sobre unha importante rede de 1.250 km formada en 1965, recollendo a explotación dos distintos ferrocarrís de vía estreita en España, que ata devandito ano achábanse englobados na empresa tamén estatal EFE (Explotación de Ferrocarriles por el Estado). Ao longo da súa historia, FEVE chegou a posuír simultáneamente ferrocarrís de cinco largos de vía distintos: 1.435 mm, 1.062 mm, 1.000 mm, 915 mm e 750 mm.

A compañía desapareceu o 31 de decembro de 2012 debido á unificación dos operadores estatais de vía estreita e vía ancha. A infraestrutura foi transferida a Adif e a explotación dos trens a Renfe Operadora, que opera baixo a marca Renfe Feve.

Intercity, Renfe

Intercity é a denominación comercial dun produto ferroviario prestado por Renfe Operadora en España. Foi creado en 1980 e usado de forma ininterrompida ata o ano 2008. Nesta primeira etapa o servizo cubría esencialmente traxectos de longa distancia.

En xuño de 2012, tras unha paréntese de catro anos, Renfe decidiu recuperar a marca Intercity dándolle un carácter híbrido entre a media e a longa distancia. Os trens realizan traxectos que polo seu percorrido catalogaríanse dentro de Longa distancia pero con todo ofrecen tarifas para traxectos de curto ou medio percorrido que se igualan ás ofrecidas por trens de media distancia. O gran número de paradas que ofrecen os diferentes traxectos recalcan aínda máis o carácter de trens de Media Distancia.

Longa distancia Renfe

Renfe AVE - Longa Distancia, é a denominación comercial do conxunto de servizos ferroviarios de longo percorrido ofertados por Renfe. Son os trens anteriormente operados baixo a Unidade de Negocio de Grandes Liñas, para comunicar grandes cidades de tódala xeografía española.

Circulan servizos de Longa Distancia por tódala rede ferroviaria española, tanto pola rede de largo ibérico, como por vías de largo estándar internacional. Algúns servizos poden operar nas redes portuguesa e francesa. No pasado tamén se teñen operado servizos até Suíza e Italia.

Media distancia Renfe

Media Distancia Renfe é un servizo de transporte de pasaxeiros por ferrocarril fornecido por Renfe Operadora. Cobre distancias medias, comprendidas entre as de Longa Distancia e as de Proximidades.

Desde o ano 2006 está baixo a responsabilidade da Dirección Xeral Servizos de Proximidade e Media Distancia, heredeira da extinta Unidade de Negocio de Media Distancia, anteriormente denominada Rexionais, nome polo cal aínda se lle coñece popularmente.

Proximidades Barcelona

Proximidades Barcelona (en catalán: Rodalia de Barcelona) é un servizo de transporte público de trens de proximidades na área metropolitana de Barcelona. Hai dúas compañías que ofrecen servizos de proximidades: Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya (FGC) e Rodalies de Catalunya operado por Renfe Operadora.

Renfe opera os servizos para as liñas de largo ibérico propiedade de Adif. Desde o 1 de xaneiro de 2010 a Generalitat de Cataluña xestiona o servizo de Renfe Proximidades en Cataluña. Anteriormente ao traspaso do servizo, Renfe explotaba a rede baixo a denominación de Rodalies Barcelona ou Proximidades Barcelona e actualmente o nome comercial utilizado é Rodalies de Catalunya .

Os billetes están integrados ao sistema tarifario, coordinado a través da Autoritat del Transport Metropolità (ATM) e permite enlazar a outras liñas de proximidades FGC-Renfe e co metro, tranvía e autobuses.

R-598 (Renfe)

R-598, inicialmente chamados Nexios, foi o nome comercial que recibiu un servizo ferroviario de Media Distancia prestado por Renfe Operadora en España entre os anos 2004 e 2012. Ía unido aos automotores diésel da serie 598 e cubría principalmente traxectos en liñas non electrificadas de Galiza, Estremadura e Andalucía.

Renfe

Renfe ou RENFE, acrónimo de Red Nacional de los Ferrocarriles Españoles, foi o nome comercial do antigo organismo paraestatal español de transporte ferroviario existente como tal entre 1941 e 2004. En 2005 dividiuse en Adif, ente xestor das infraestruturas ferroviarias españolas, e Renfe Operadora, compañía que quedou coa explotación dos ferrocarrís.

Foi fundada o 24 de xaneiro de 1941 por mor da nacionalización de diversas compañías ferroviarias españolas, entre as que destacaban a Compañía de los Caminos de Hierro del Norte de España (1858-1941), a Compañía de los Ferrocarriles de Madrid a Zaragoza y Alicante, M.Z.A, (1856-1941) e a Compañía Nacional de los Ferrocarriles del Oeste e Ferrocarriles Andaluces, xa baixo tutela estatal, desde 1928 e 1936, respectivamente.

O obxecto da creación de RENFE foi rehabilitar a rede ferroviaria española, gravemente danada como consecuencia da guerra civil, ante a situación de quebra económica das empresas ferroviarias que ata entón explotaran a rede. RENFE explotou a rede ferroviaria española desde a súa creación en réxime de monopolio ata o día 31 de decembro de 2004.

A partir da década dos 70 e principalmente na dos 80, RENFE empezouse a rexer por unha política de rendibilidade económica, polo que todas aquelas liñas que non eran rendibles foron pechándose ao tráfico progresivamente. O 1 de xaneiro de 1985 pecháronse máis de 900 km de vías e liñas. Sirvan como exemplo o Santander-Mediterráneo, Andalucía-Levante (ferrocarril do Almanzora), o Valladolid-Ariza, a Vía da Prata etc.

Renfe Integria

Renfe Integria é a marca comercial baixo a cal traballa a empresa de mantemento de material ferroviario española Renfe Fabricación y Mantenimiento, S. A., unha sociedade anónima propiedade do operador ferroviario Renfe Operadora.

Anteriormente, Renfe Integria era unha Unidade de Negocio integrada en Renfe Operadora. Foi segregada do devandito ente en xaneiro de 2013 a causa do plan do Goberno de España para a segregación das actividades de Renfe Operadora en catro sociedades anónimas da súa propiedade.Os labores de Renfe Integria comprenden o mantemento, fabricación e remodelación do material ferroviario de Renfe Operadora, a reparación dos compoñentes do devandito material, así como a súa venda e alugueiro. Tamén ofrece exerce labores de consultoría en enxeñería de produtos ferroviarios. Tras a integración de FEVE en Renfe Operadora en xaneiro de 2013, Renfe Integria é tamén a encargada do mantemento dos trens de vía estreita herdados da devandita empresa.

Renfe Proximidades

Renfe Proximidades (en castelán: Renfe Cercanías, en valenciano: Renfe Rodalia, en éuscaro: Renfe Aldiriak) é unha división da compañía ferroviaria española Renfe Operadora, dedicada á xestión e explotación de redes de proximidades, que unen os diferentes núcleos dunha área metropolitana mediante liñas de alta capacidade e frecuencia.

Naqueles núcleos que contan con lingua cooficial, Renfe usa adaptacións da marca xeral ás devanditas linguas xunto á marca nacional. Así, o servizo recibe tamén o nome de Renfe Rodalia na Comunidade Valenciana​ e Renfe Aldiriak no País Vasco; así mesmo, ata 2010 tamén usou a marca Renfe Rodalies en Cataluña.Renfe Proximidades é a maior das dúas divisións da empresa matriz que operan este tipo de transporte, sendo a outra Renfe Feve. Fóra da liña C-9 da súa rede madrileña, Proximidades ofrece todos os seus servizos por trazados ferroviarios de ancho ibérico, á vez que todos os traxectos de Feve realízanse por redes de ancho métrico.

Rodalies de Catalunya

Rodalies de Catalunya (antigamente Rodalies Barcelona) é unha marca comercial utilizada pola Generalitat de Cataluña e Renfe Operadora para servizos ferroviarios de proximidades (rodalies en catalán) traspasados polo Ministerio de Fomento de España á Generalitat a partir do 1 de xaneiro de 2010 e os servizos ferroviarios de rexionais traspasados o 1 de xaneiro de 2011.

Os servizos de proximidades son operados por Renfe Operadora e circulan pola rede ferroviaria de largo ibérico de Adif, a través das liñas da rexión metropolitana de Barcelona.

Actualmente a rede conta con seis liñas de rexionais non integradas na rede de transporte público e sete liñas de proximidades integradas no sistema tarifario de seis zonas creado pola Autoritat del Transport Metropolità (ATM Àrea de Barcelona) que inclúe tamén autobuses, tranvía e trens de proximidades do Ámbito metropolitano de Barcelona e comarcas limítrofes.

TRD (Renfe)

TRD (Tren Rexional Diésel) foi un servizo ferroviario de Media Distancia (orixinariamente da Unidade de Negocio de Rexionais RENFE) convencional prestado por Renfe Operadora en España. De gama media e baixa capacidade para traxectos directos ou semidirectos en liñas non electrificadas, todos os trens deste tipo foron servidos sempre con material da serie 594.

Trenhotel

O Trenhotel é a marca comercial dos servizos de trens nocturnos de longa distancia e de gama media-alta operados por Renfe Operadora en España. O servizo realízase con trens Talgo e conecta gran parte de España e algunhas cidades de Portugal. No pasado tamén conectaba con cidades de Francia, Italia e Suíza.

Ten asentos en turista e preferente, cabinas de 4 camas en turista e de 1 ou 2 en preferente ou gran clase. O acceso está adaptado a minusválidos e posúe cafetería.

Dende o punto de vista físico, é un tren Talgo das series IV, V, VI ou VII con posible rodadura desprazable que foi reformado por dentro contendo moitos dos coches camas para viaxar de noite.

Compañías ferroviarias nacionais de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.