Renfe

Renfe ou RENFE, acrónimo de Red Nacional de los Ferrocarriles Españoles, foi o nome comercial do antigo organismo paraestatal español de transporte ferroviario existente como tal entre 1941 e 2004. En 2005 dividiuse en Adif, ente xestor das infraestruturas ferroviarias españolas, e Renfe Operadora, compañía que quedou coa explotación dos ferrocarrís.

Foi fundada o 24 de xaneiro de 1941 por mor da nacionalización de diversas compañías ferroviarias españolas, entre as que destacaban a Compañía de los Caminos de Hierro del Norte de España (1858-1941), a Compañía de los Ferrocarriles de Madrid a Zaragoza y Alicante, M.Z.A, (1856-1941) e a Compañía Nacional de los Ferrocarriles del Oeste e Ferrocarriles Andaluces, xa baixo tutela estatal, desde 1928 e 1936, respectivamente.

O obxecto da creación de RENFE foi rehabilitar a rede ferroviaria española, gravemente danada como consecuencia da guerra civil, ante a situación de quebra económica das empresas ferroviarias que ata entón explotaran a rede. RENFE explotou a rede ferroviaria española desde a súa creación en réxime de monopolio ata o día 31 de decembro de 2004.

A partir da década dos 70 e principalmente na dos 80, RENFE empezouse a rexer por unha política de rendibilidade económica, polo que todas aquelas liñas que non eran rendibles foron pechándose ao tráfico progresivamente. O 1 de xaneiro de 1985 pecháronse máis de 900 km de vías e liñas. Sirvan como exemplo o Santander-Mediterráneo, Andalucía-Levante (ferrocarril do Almanzora), o Valladolid-Ariza, a Vía da Prata etc.

Euromed Ben
Tren da serie 101 ofrecendo o servizo Euromed de grandes liñas ó seu paso por Benicarló-Peníscola
Renfe avant2
Tren da serie 104 ofrecendo un servizo Avant de Alta Velocidade de Media Distancia en Madrid-Puerta de Atocha
Renfe Cercanías New Train
Tren "Civia" prestando un servizo de Proximidades

Material móbil e produtos comerciais de Renfe

Artigo principal: Renfe Operadora.

División de Renfe

O 1 de xaneiro de 2005 finalizou o monopolio legal de RENFE e a empresa dividiuse en dúas:

  • Renfe Operadora, que se encarga do transporte de mercancías e pasaxeiros, en réxime de competencia con outras empresas. Tamén realiza o mantemento e fabricación de material ferroviario, participando en importantes proxectos nacionais e internacionais.
  • Adif (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias), que xestiona vías, estacións, comunicacións etc., cobrando un canon ás empresas usuarias da rede, entre elas a Renfe Operadora.

Por mor das novas directivas económicas da Unión Europea, o Estado debía abrir a rede ferroviaria á competencia, polo que se dispuxo unha nova lexislación para o sector ferroviario (LSF, Lei 39/2003 do Sector Ferroviario), que en principio debía entrar en vigor o 1 de xuño de 2004, pero que se atrasou coa asunción do Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero ao 1 de xaneiro de 2005.

O 31 de decembro de 2004, RENFE fusionouse co entón Xestor de Infraestruturas Ferroviarias (GIF) e, minutos máis tarde, o día 1 de xaneiro de 2005, a Entidade Pública Empresarial Renfe-Operadora desprendíase de RENFE, que a partir dese momento comezou a chamarse Entidade Pública Empresarial Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif). Renfe Operador especializouse na prestación de servizos de transporte, mentres que Adif quedou coas funcións de atribución de capacidades, mantemento e construción de infraestrutura da Rede Ferroviaria de Interese Xeral (RFIG).

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Administrador de Infraestruturas Ferroviarias

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (en castelán: Administrador de Infraestructuras Ferroviarias), máis coñecido como ADIF ou Adif, é unha entidade pública empresarial dependente do Ministerio de Fomento de España, que ten como obxectivo a construción de liñas de ferrocarril e a xestión da súa explotación.

ADIF herdou a infraestrutura da extinta RENFE, polo que é propietaria da maioría de liñas de ferrocarril de largo ibérico de España. En 2016 tiña 12 241 quilómetros de vías. Tamén herdou as funcións da empresa pública GIF.

Alta Velocidade Española

A Alta Velocidade Española, coñecida co acrónimo AVE, é unha marca comercial da empresa Renfe Operadora pola que define o servizo comercial con trens de alta velocidade en España. Está operativo dende abril de 1992, cando se inaugurou Novo acceso ferroviario a Andalucía.

Esta división de RENFE creouse en 1992, ao escindírense da empresa matriz outras pequenas empresas, chamadas unidades de negocio. O seu obxectivo era operar os servizos con trens de alta velocidade sobre a mencionada liña Madrid-Sevilla vía Cidade Real, Puertollano e Córdoba.

Actualmente existe unha rede de aproximadamente 2.380 km de vías de largo internacional en España.

Alvia

O Alvia é un servizo ferroviario de longa distancia de Renfe Operadora. Caracterízase por ser de rodadura desprazable, o que permite percorrer vías de ancho ibérico ou internacional pasando polos cambiadores de ancho entre unhas e outras de forma rápida. Supoñen un adianto respecto ao servizo Altaria con Talgo de rodadura desprazable ao ser todo o conxunto de rodadura desprazable incluída a locomotora.

Ten asentos en turista e preferente, acceso adaptado a minusválidos e cafetería.

Apeadoiro de Pontevedra-Universidade

Pontevedra-Universidade é un apeadoiro ferroviario de Adif na cidade de Pontevedra. Está situada na liña A Coruña-Vigo, dando servizo ao campus universitario da Universidade de Vigo.

Avant

Avant é un servizo de trens de Media Distancia e alta velocidade parcialmente subvencionados, realizado por Renfe Operadora en España, que circulan a unha velocidade máxima de 250 km/h.

Realízase con trens das series 104, 114 e 121, en configuración de clase única sen cafetería.

Barcelona-Estació de França

Barcelona-Estació de França (en galego: Estación de Francia) é unha das estacións de ferrocarril da cidade de Barcelona. É a estación terminal da liña Barcelona-Xirona-Portbou e nela paran trens da liña R2 sud de rodalies, varios servizos rexionais e algúns de Longa distancia.

A estación entrou en servizo en 1929 substituíndo a estación de Granollers ou Barcelona Término, construída en 1854 cando entrou en servizo o tramo construído por Camins de Ferro de Barcelona, entre Barcelona e Granollers.É a segunda estación máis importante da cidade, despois de Barcelona-Sants, por ser cabeceira dos trens de Longa distancia que se dirixen a Francia e cabeceira da maioría dos rexionais que veñen do sur e leste de Cataluña.

Diurno (Renfe)

Diurno foi o nome comercial que recibiu o servizo de pasaxeiros diúrno da Unidade de Negocio de Grandes Liñas e, posteriomente, de AVE - Longa Distancia realizados por RENFE e Renfe Operadora respectivamente. Substituíu gradualmente aos antigos trens Rápidos e estivo operativo entre 1990 e 2012.

Estación de Pontecesures

Pontecesures é unha estación de tren de Adif, situada na vila de San Xulián, no concello de Pontecesures, na provincia de Pontevedra. Está situada na liña A Coruña-Vigo.

Estrella, Renfe

O Estrella era un servizo nocturno de Longa Distancia ofrecido por Renfe Operadora en España, que permitía unir grandes cidades saíndo da cidade de orixe pola tarde ou noite dun día determinado e chegando ao destino ao día seguinte pola mañá. Tiña unha velocidade comercial máxima de 160 km/h.

Era o servizo nocturno máis antigo que ofrecía RENFE dende a súa creación en 1985, e as súas rutas foron desaparecendo ao construirse as diferentes liñas de alta velocidade ou sustituíronse por Trenhoteles, servizo nocturno de gama alta. O 6 de abril de 2015 desapareceu o último Estrella que seguía circulando: o Estrella Costa Brava, entre Madrid e Barcelona.

Feve

Ferrocarriles Españoles de Vía Estrecha (FEVE) foi unha compañía pública de ferrocarril de España, que operaba nas comunidades de Galicia, Asturias, Cantabria, do País Vasco, Castela e León e da Rexión de Murcia sobre unha importante rede de 1.250 km formada en 1965, recollendo a explotación dos distintos ferrocarrís de vía estreita en España, que ata devandito ano achábanse englobados na empresa tamén estatal EFE (Explotación de Ferrocarriles por el Estado). Ao longo da súa historia, FEVE chegou a posuír simultáneamente ferrocarrís de cinco largos de vía distintos: 1.435 mm, 1.062 mm, 1.000 mm, 915 mm e 750 mm.

A compañía desapareceu o 31 de decembro de 2012 debido á unificación dos operadores estatais de vía estreita e vía ancha. A infraestrutura foi transferida a Adif e a explotación dos trens a Renfe Operadora, que opera baixo a marca Renfe Feve.

Intercity, Renfe

Intercity é a denominación comercial dun produto ferroviario prestado por Renfe Operadora en España. Foi creado en 1980 e usado de forma ininterrompida ata o ano 2008. Nesta primeira etapa o servizo cubría esencialmente traxectos de longa distancia.

En xuño de 2012, tras unha paréntese de catro anos, Renfe decidiu recuperar a marca Intercity dándolle un carácter híbrido entre a media e a longa distancia. Os trens realizan traxectos que polo seu percorrido catalogaríanse dentro de Longa distancia pero con todo ofrecen tarifas para traxectos de curto ou medio percorrido que se igualan ás ofrecidas por trens de media distancia. O gran número de paradas que ofrecen os diferentes traxectos recalcan aínda máis o carácter de trens de Media Distancia.

Media distancia Renfe

Media Distancia Renfe é un servizo de transporte de pasaxeiros por ferrocarril fornecido por Renfe Operadora. Cobre distancias medias, comprendidas entre as de Longa Distancia e as de Proximidades.

Desde o ano 2006 está baixo a responsabilidade da Dirección Xeral Servizos de Proximidade e Media Distancia, heredeira da extinta Unidade de Negocio de Media Distancia, anteriormente denominada Rexionais, nome polo cal aínda se lle coñece popularmente.

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

R-598 (Renfe)

R-598, inicialmente chamados Nexios, foi o nome comercial que recibiu un servizo ferroviario de Media Distancia prestado por Renfe Operadora en España entre os anos 2004 e 2012. Ía unido aos automotores diésel da serie 598 e cubría principalmente traxectos en liñas non electrificadas de Galiza, Estremadura e Andalucía.

Renfe Operadora

Renfe Operadora, ou simplemente Renfe, é unha entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Fomento de España, e a operadora ferroviaria hexemónica de viaxeiros pola rede de Adif, onde só se internan para servizos internacionais Comboios de Portugal e SNCF. Tamén mantén unha importante presenza no tráfico mercadorías.

Tomou o nome da antiga RENFE (Red Nacional de los Ferrocarriles Españoles), empresa creada en 1941 e da que se desprendeu Renfe Operadora o 1 de xaneiro de 2005, pasando RENFE a se chamar Adif (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias). Renfe heredou o groso do material rodante e persoal relacionado (maquinistas, interventores, ...) mentres que Adif quedou coa infraestrutura, superestutura, a maior parte dos predios e naves (agás talleres) e persoal relacionado coa circulación ferroviaria (factores, xefes de estación, persoal dos Postos de Mando e CTC, ...).

A creación de Renfe Operadora veu dada pola Lei do Sector Ferroviario, que apuntaba á separación da explotación dos servizos de transporte, da administración das infraestruturas, polo que se tiveron que conformar dúas empresas: Adif e Renfe Operadora.

Rexional, Renfe

Os trens Rexional, pertencentes á Unidade de Negocio Media Distancia Renfe, son os encargados de comunicar a maior parte dos concellos que posúen ferrocarril de cada provincia coa capital provincial ou autonómica, dentro dun raio de acción máximo de 300 km, con algunhas e contadas excepcións.

Rexional Exprés

Os trens Rexional Exprés, pertencentes á Unidade de Negocio Media Distancia Renfe, son os encargados de comunicar de forma rápida os principais municipios de cada provincia coa capital provincial, autonómica ou estatal. A diferenza cos trens de Media Distancia marcados como Rexional estriba en que nestes últimos non existe a reserva de praza. Orixinalmente os Rexional Exprés caracterizábanse tamén por ter menos paradas, regra que xa non adoita cumprirse.

TRD (Renfe)

TRD (Tren Rexional Diésel) foi un servizo ferroviario de Media Distancia (orixinariamente da Unidade de Negocio de Rexionais RENFE) convencional prestado por Renfe Operadora en España. De gama media e baixa capacidade para traxectos directos ou semidirectos en liñas non electrificadas, todos os trens deste tipo foron servidos sempre con material da serie 594.

Trenhotel

O Trenhotel é a marca comercial dos servizos de trens nocturnos de longa distancia e de gama media-alta operados por Renfe Operadora en España. O servizo realízase con trens Talgo e conecta gran parte de España e algunhas cidades de Portugal. No pasado tamén conectaba con cidades de Francia, Italia e Suíza.

Ten asentos en turista e preferente, cabinas de 4 camas en turista e de 1 ou 2 en preferente ou gran clase. O acceso está adaptado a minusválidos e posúe cafetería.

Dende o punto de vista físico, é un tren Talgo das series IV, V, VI ou VII con posible rodadura desprazable que foi reformado por dentro contendo moitos dos coches camas para viaxar de noite.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.