Reme, Ove, Ribadeo

Reme é un lugar da parroquia de Ove, do concello de Ribadeo.

Limita ó sur con Santalla de Vilausende. O límite entre ambas é o río Grande, que desauga na ría de Ribadeo despois de recibir as augas do río Pequeno. O lugar está atravesado pola estrada N-642, e aquí está un dos extremos da LU-133[1], estrada que une Reme e Vilamar.

Coordenadas: 43°30′N 07°04′O / 43.500, -7.067

Reme
N-642 e LU-133 (ao fondo)
Entronque da N-642 coa LU-133 en Reme.
ParroquiaOve
ConcelloRibadeo

Galería de imaxes

Desembocadura do río Grande. en primeiro termo, a ponte da Liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón. Á dereita, a antiga ponte da Liña Ribadeo - Vilaoudriz.
Desembocadura do río Grande. en primeiro termo, a ponte da Liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón. Á dereita, a antiga ponte da Liña Ribadeo - Vilaoudriz

Notas

  1. "OpenStreetMap". OpenStreetMap (en inglés). Consultado o 2018-12-12.

Lugares e parroquias

Parroquias de Ribadeo

Véxase tamén

Outros artigos

LU-133

A estrada LU-133 é unha vía da rede secundaria que conecta a N-634 en Vilamar (San Xusto de Cabarcos, Barreiros) coa N-642 en Reme (Ove, Ribadeo). Non chega ós 22 km de percorrido, e atravesa San Xusto de Cabarcos e Cabarcos (Barreiros), e Remourelle (Arante, Covelas) e Ove en Ribadeo.

O seu punto máis alto está na rotonda de cruzamento coa LU-P-6103 (Trabada-Barreiros), onde abandona o val de Cabarcos para meterse na cunca do río Grande (naquela zona, aínda rego de Lexoso). O paso entre Barreiros e Ribadeo é pola chamada ponte de Remourelle (Arante).

A outra derivación importante da estrada está en Covelas, a LU-P-5207, estrada que a conecta con Ribadeo.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.