Reloxo de sol

Un reloxo de sol é un dispositivo que permite medir o paso do tempo a partir do movemento aparente do Sol. Expresa a posición diúrna do Sol a través da sombra guindada por un gnomon ou estilo sobre unha superficie escalada.

Etimoloxía

O termo reloxo provén do latín horologium, relogium (de onde reloxo en galego), que provén a súa vez dos nomes do deus solar exipcio Horus (o sol dende o amencer ao mediodía) e Ra (o sol dende o mediodía ao solpor), significa a lóxica ou razón do sol, polo que as divisións da escala da sombra son por necesidade as horas (medíase a viaxe da barca solar de día e de noite). Os exipcios déronlle nomes de deusas ás 24 horas. Dende a conquista por Alexandre o Grande, prodúcese unha mestura entre a cultura exipcia e a grecorromana na materia.

O feito era que ao mediodía solar -o sol tópase na vertical do lugar- tense que cambiar a orientación da escala horaria solar nos reloxos horizontais primitivos de sombra, nos obeliscos a sombra pasa do lado oeste ao leste. Por iso falar de reloxo de sol pódese considerar redundante pois de certo o reloxo de sol é o reloxo por excelencia.

Os reloxos de sombra horizontais exipcios (nos que se mide a lonxitude da sombra para calcular a hora) máis coñecidos son os que se atopan descritos no cenotafio de Seti I (viviu do 1294 ao 1279 a. C.), en Abidos, e no Papiro de Tanis [1]. Tamén se conservan varios exemplares físicos no Museo exipcio de Berlín, dos cales o mais coñecido é o que ten o número de inventario 19744, trátase dun reloxo de sombra datado na época de Thutmose III (1501-1447 a.C.)[2] polo exiptólogo Ludwig Borchardt, no ano 1910.

O chamado Horologium Augusti foi o maior reloxo de sol do mundo antigo. Situado en Roma, foi mandado construír por Augusto no ano 10 a.C. O arquitecto encargado do deseño e da obra foi Facundus Novius.

Características

Relojvert
Proxección do reloxo de sol vertical.

Segundo a disposición do gnomon e da forma da escala pódense medir diferentes tipos de tempo, dos cales o máis habitual é o tempo solar aparente. A disciplina que se encarga de elaborar teorías e reunir coñecemento sobre os reloxos de sol denomínase gnomónica.[3]

Na súa configuración clásica xa era coñecido na astronomía exipcia e na mesopotámica. É un reloxo parcial, pois só funciona con luz solar e polo tanto era necesario complementar o seu uso con outros reloxos, en particular, con reloxos estelares (planisferios e astrolabios), e de auga (clépsidras).[Cómpre referencia]

O cómputo do tempo mediante reloxos, hoxe tan aparentemente afastado da astronomía, era e segue a ser un instrumento básico da mesma. De feito, os reloxos son simuladores da rotación terrestre, isto é que dividen unha rotación (que comunmente chamamos día) en vinte e catro horas; o concepto de tempo ten evolucionado dende esta apreciación primaria ata os modernos reloxos atómicos, mais o que se fai decote é reaxustar o computo do ano mantendo a convención das vinte e catro horas. Na actualidade son computadores do espazo-tempo.[Cómpre referencia]

Facer un reloxo de sol

Existen numerosos programas de ordenador para o deseño de reloxos de sol, tanto de pagamento como gratuítos que permiten a elaboración de reloxos de sol de cuadrante polar na súa versión gratuíta e outros modelos de reloxos de sol e astrolabios na súa versión comercial.

Galería de imaxes

Reloxo na igrexa de Aguasantas.
Reloxo na igrexa de Aguasantas
Moderno reloxo de sol en Liexa, Bélxica.
Moderno reloxo de sol en Liexa, Bélxica
Reloxo de sol para calcular os cuartos de hora. Claustro do Mosteiro de San Salvador de Celanova
Reloxo de sol para calcular os cuartos de hora. Claustro do Mosteiro de San Salvador de Celanova 
Reloxo de sol en Melón, nunha casa a carón da casa consistorial
Reloxo de sol en Melón, nunha casa a carón da casa consistorial 

Notas

  1. José Lull. "La astronomía en el antiguo Egipto", PUV, Universitat de Valencia, 2004, páx. 145 a 157.
  2. http://members.aon.at/sundials/berlin-egypte.htm
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gnomónico.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Aguións, A Estrada

Santa María de Aguións é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2011 tiña 271 habitantes (140 mulleres e 131 homes), o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 332 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 197 persoas.

Arnego, Rodeiro

Santiago de Arnego é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o IGE en 2011 tiña 156 habitantes (79 mulleres e 77 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 246 habitantes.

Besexos, Vila de Cruces

San Fiz de Besexos é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 128 habitantes (71 mulleres e 57 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 142 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 88 habitantes, sendo 42 homes e 46 mulleres.

Boborás

Boborás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2015 a súa poboación era de 2510 persoas (3286 en 2003). Recibe o seu nome da aldea de Boborás, na parroquia de Xuvencos, onde está a casa consistorial.O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boborao ou boborés.

Cameixa, Boborás

San Martiño de Cameixa é unha parroquia que se localiza no concello de Boborás. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 316 habitantes (159 homes e 157 mulleres), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 349 habitantes.

Cortegada, Silleda

Santa María de Cortegada é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE de 2011 tiña 273 habitantes (143 mulleres e 130 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 375 habitantes.

Galería de imaxes do castelo de San Felipe

O castelo de San Felipe foi unha das fortalezas máis importantes da ría de Ferrol e está localizado na parroquia de Brión.

Gnomon

En orixe, a palabra gnomon, que en grego significa guía ou mestre, facía referencia a un obxecto alongado cuxa sombra se proxectaba sobre unha escala graduada para medir o paso do tempo. O gnomon ou estilo defínese como o obxecto alongado que guinda sombra, independentemente do ángulo que forme co cuadrante.

Hora

A hora é o lapso de tempo que comprende 60 minutos, ou 3600 segundos. É, á súa vez, a vintecatroava parte dun día. Por regra xeral o instrumento que mide as horas é un reloxo.

Hora é tamén unha medida de ángulos, utilizada en Astronomía que equivale a 15 º. Ten a súa orixe en que a Terra nunha hora de tempo xira 15º.

Os seus divisores son:

1 hora = 60 minutos

1 minuto = 60 segundos

Unha relación útil é 1 º = 4 minutos

A ascensión recta é un ángulo que se mide en horas, minutos e segundos.

Así AR=3h 25m 13s= 3,4202777.. h= 51,304166..º =51 º 18 ' 15 "

Lagostelle, Guitiriz

San Xoán de Lagostelle é unha parroquia que se localiza ó oeste do concello de Guitiriz, onde radica a súa capital, homónima do concello. Segundo o IGE en 2012 tiña 1.972 habitantes (1.010 mulleres e 962 homes) distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.978 habitantes.

Lougares, Mondariz

San Fiz de Lougares é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 354 habitantes (183 mulleres e 171 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 494 habitantes.

Mañá

A mañá é a primeira parte do día, que comeza co amencer e remata ás doce do mediodía. Séguelle ao orto e antecede ao mediodía.

As horas que transcorren entre as cero horas e o amencer coñécense como madrugada. Neste sentido, a mañá propiamente dita transcorre entre o amencer e o mediodía, onde o mediodía pode referirse tamén á hora na que o Sol está máis alto, chamado o meridiano do lugar, hora que adoita ser posterior ás doce horas do reloxo actual, namentras que son ás doce do reloxo de sol do lugar.

Mediodía

O mediodía é a hora en que o Sol está no seu cénit (culminación) -o sol topase na vertical do lugar-. A súa sombra no reloxo de sol de sombra (dada polo gnomon) é a mais curta do día, e apunta exactamente ao norte no Hemisferio Norte e ao sur no Hemisferio Sur.

Coloquialmente recibe tamén este nome as 12:00 horas, ou 12:00 meridiem. Estes dous instantes non coinciden por varias razóns:

A hora que marca o reloxo é unha hora civil oficial que rexe nun territorio, mentres a hora de Sol é local (e astronómica) e depende da lonxitude xeográfica do lugar do observador.

O Sol adiántase ou atrasa ao longo do ano até 16 minutos. Véxase Ecuación de tempo.

Adianto ou atraso estacional dunha hora para aforrar enerxía.

O concepto correcto en astronomía é o primeiro, é dicir, é mediodía nun lugar cando o Sol culmina.

Paradela, A Estrada

Santa María de Paradela é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2012 tiña unha poboación de 189 persoas (101 mulleres e 88 homes), distribuída en 4 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 270 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 176 persoas.

Parga, Guitiriz

Santo Estevo de Parga é unha parroquia do municipio lucense de Guitiriz, situada a 6 quilómetros da capital do concello. Segundo o IGE en 2012 tiña 465 habitantes (225 homes e 240 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 609 habitantes.

Redemuíños, Quintela de Leirado

San Salvador de Redemuíños é unha parroquia do concello de Quintela de Leirado na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 183 habitantes (79 homes e 104 mulleres).

A igrexa parroquial inclúe un fermoso retablo, coa parte central enmarcada por columnas salomónicas. Sobre o altar hai unha imaxe da Virxe. Na parte central, destacando sobre o conxunto, represéntase o Salvador. Coroa o retablo un Cristo en Maxestade sentado á dereita do Padre e San Paulo.

No contorno da igrexa está a casa reitoral, cun reloxo de sol tallado na pedra, coroado pola figura dun músico, tamén tallado en pedra, que está tocando unha guitarra.

Saa, Dozón

Santiago de Saa é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Dozón. Segundo o INE en 2011 tiña 227 habitantes (115 homes e 112 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 280 habitantes.

Torre de Comunicacións de Montjuïc

A Torre de comunicacións de Montjuïc, coñecida popularmente como Torre Calatrava, é obra do arquitecto e enxeñeiro valenciano Santiago Calatrava e foi construída entre 1989 e 1992 na zona olímpica de Montjuïc, Barcelona con motivo dos Xogos Olímpicos de 1992. A promotora da construción da torre foi a empresa Telefónica, e por iso tamén é coñecida como Torre Telefónica.

Esta torre de aceiro de 136 metros de altura ten un deseño innovador respecto da maioría de torres de comunicación, cunha forma estrutural que non se basea nun toro vertical senón que ten unha silueta que lembra o corpo inclinándose para recoller unha medalla. Ten a base recuberta de trencadís en clara referencia a unha das características construtivas de Gaudí e o seu colaborador Jujol.

A mesma orientación da torre fai que actúe coma un reloxo de sol ó proxectarse a sombra da agulla central sobre a plaça d'Europa.

Vide, As Neves

Santa María de Vide é unha parroquia que se localiza no concello das Neves. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 492 habitantes (262 mulleres e 230 homes), distribuídos en 26 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 482 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.