Reis de España

A lista dos reis de España comeza cos Reis Católicos porque se considera que España comezou a existir cando a Coroa de Castela e a Coroa de Aragón uniron os seus reinos a través do matrimonio de Isabel I de Castela con Fernando II de Aragón, aínda que os reinos seguiron tendo leis separadas e a denominación da Monarquía incluía varios reinos (a máis común sería Rei de Castela, Aragón, León, Granada e Toledo, aínda que variaba moito). O termo España referíase á Península Ibérica en conxunto até o recoñecemento definitivo da independencia de Portugal en 1668 e o título rei de España só se comezou a utilizar polos monarcas en 1874 (anteriormente Isabel II utilizou o de Raíña das Españas).

Reyes de España-genealogia-01
Xenealoxía dos reis de España (en castelán)

Casa de Trastámara

En 1474 o rei Henrique IV de Castela morreu, deixando un Reino inmerso nunha guerra civil entre Isabel e Xoana a Beltranexa que, finalmente, gañou a primeira. En 1479 era Xoán II de Aragón o que morría, pasando o trono a Fernando, naquel momento rei de Castela por matrimonio coa raíña Isabel; deste xeito empezouse a xestar o que sería a futura monarquía española. En 1492 conquistaron o Reino de Granada, o último territorio islámico na península, e en 1512 Fernando II conquistou o Reino de Navarra co apoio do partido beaumontés e do papa Xulio II, e incorporouno a Castela en 1515. Á morte da raíña Isabel, sucedeulle a súa filla Xoana, quedando o seu pai como rexente; a pesar de ser rexeitado pola nobreza castelá e substituído polo marido de Xoana, Filipe o Fermoso (que chegou a ser xurado rei), Fernando volveu asumir a rexencia tras a repentina morte deste.

Á morte do Rei Católico houbo un período de inestabilidade debido á incapacidade mental da súa filla Xoana, que foi aproveitado polo seu neto Carlos para proclamarse rei en Bruxelas, o que foi recoñecido en Castela; pero en Aragón non houbo acordo en aceptar e en aplicar o testamento do Rei Católico por estar en contra dos foros, o cal conduciu a un período sen rei, no que se paralizou o goberno, ata que finalmente decidiuse xurar a Xoana e Carlos como reis de Aragón.

Imaxe Escudo Nome Monarca desde Monarca ata
Michel Sittow 004 Escudo Fernando II de Aragón.svg Fernando II de Aragón, o Católico
(Fernando V de Castela)
coa súa esposa, Isabel I de Castela
15 de xaneiro de 1475
En Castela
20 de xaneiro de 1479
En Aragón
26 de novembro de 1504
En Castela
23 de xaneiro de 1516
En Aragón
IsabellaofCastile03 Escudo de armas de los reyes Católicos Isabel I de Castela, a Católica
co seu esposo, Fernando II de Aragón
13 de decembro de 1474
En Castela
26 de novembro de 1504
Meister der Magdalenenlegende 002 Escudo de armas de Juana I de Castilla Xoana I de Castela, a Tola
co seu esposo, Filipe I de Castela (1506)
co seu fillo, Carlos I de España (1516-1555)
26 de novembro de 1504
En Castela

23 de xaneiro de 1516
En Aragón
12 de abril de 1555
Juan de Flandes - Portrait of Philip the Handsome - WGA12046 Escudo de Felipe I Filipe I de Castela, o Fermoso
coa súa esposa, Xoana I de Castela (1506)
12 de xullo de 1506 25 de setembro de 1506

Casa de Austria

A Casa de Habsburgo (ou "de Austria") comezou con Carlos I (V do Sacro Imperio Romano Xermánico). Deixou tras de si unha monarquía española que foi tamén, por algún tempo, soberana dos Países Baixos, de boa parte de Italia e de grandes territorios en ultramar; no entanto, o título de Emperador non pasou aos seguintes monarcas de España.

Imaxe Escudo Nome Monarca desde Monarca ata
Emperor charles v Armas de Carlos I de España Carlos I, o Emperador
coa súa nai Xoana I de Castela (1516-1555)
Raíña consorte Sabela de Portugal
14 de marzo de 1516 16 de xaneiro de 1556
Philip II Escudo de Armas de Felipe II a Carlos II Filipe II, o Prudente
Raíña consorte María Tudor
Raíña consorte Isabel de Valois
Raíña consorte Ana de Austria
16 de xaneiro de 1556 13 de setembro de 1598
Andres López 001 Escudo de Armas de Felipe II a Carlos II Filipe III, o Piadoso
Raíña consorte Margarida de Austria
13 de setembro de 1598 31 de marzo de 1621
Philip IV of Spain Escudo de Armas de Felipe II a Carlos II Filipe IV, o Grande ou o Rei Planeta
Raíña consorte Sabela de Borbón
Raíña consorte Mariana de Austria
31 de marzo de 1621 17 de setembro de 1665
Juan de Miranda Carreno 002 Escudo de Armas de Felipe II a Carlos II Carlos II, o Enfeitizado
Raíña consorte María Luísa de Orleans
Raíña consorte Mariana de Neoburgo
17 de setembro de 1665 1 de novembro de 1700
Carles-III-de-Catalunya Escudo del Archiduque Carlos de Austria como Rey de España Arquiduque Carlos
Rei rival de España como Carlos III
(En guerra con Filipe V de Borbón)
Raíña consorte Sabela Cristina de Brunswick-Wolfenbüttel
12 de setembro de 1703 2 de xullo de 1715

Casa de Borbón

Tras a morte de Carlos II sen descendencia, a titularidade da Coroa de España pasa ao seu sobriño-neto, e neto á súa vez de Luís XIV de Francia, Philippe d'Anjou, sendo o primeiro membro da Casa de Borbón en España. Ao ser nomeado Rei de España, Philippe cambia o seu nome a Felipe, mentres que o apelido francés Bourbon foi castelanizado como Borbón.

Imaxe Escudo Nome Monarca desde Monarca ata
Felipe V de España Escudo de Felipe V de España Toisón y Espiritu Santo Leones de gules Filipe V, o Animoso
Raíña consorte María Luísa Gabriela de Savoia
Raíña consorte Isabel de Farnesio
16 de novembro de 1700 14 de xaneiro de 1724
Luis I, rey de España Escudo de Felipe V de España Toisón y Espiritu Santo Leones de gules Luís I, o Ben Amado ou o Liberal
Raíña consorte Luísa Isabel de Orleans
14 de xaneiro de 1724 31 de agosto de 1724
Felipe V de España, Rey de Escudo de Felipe V de España Toisón y Espiritu Santo Leones de gules Filipe V, o Animoso
Raíña consorte Isabel de Farnesio
6 de setembro de 1724 9 de xullo de 1746
King Fernando VI Escudo de Felipe V de España Toisón y Espiritu Santo Leones de gules Fernando VI, o Prudente ou o Xusto
Raíña consorte Bárbara de Braganza
9 de xullo de 1746 10 de agosto de 1759
Charles III of Spain Escudo de Carlos III de España Toisón y su Orden variante leones de gules Carlos III, o Político
Raíña consorte María Amalia de Saxonia
10 de agosto de 1759 14 de decembro de 1788
Carlos IV de rojo Escudo de Carlos III de España Toisón y su Orden variante leones de gules Carlos IV, o Cazador
Raíña consorte María Luísa de Parma
14 de decembro de 1788 19 de marzo de 1808
Fernando VII - Vicente López Escudo de Carlos III de España Toisón y su Orden variante leones de gules Fernando VII, o Desexado ou o Rei Felón
19 de marzo de 1808 6 de maio de 1808

Casa de Bonaparte

O único monarca desta casa foi Xosé I, imposto polo seu irmán Napoleón I de Francia despois de invadir España e facer renunciar a Carlos IV en 1808. Gobernou na España ocupada polos franceses e nos seus dominios sen o recoñecemento das Cortes nin da América española, co título de Rei das Españas e das Indias, pola graza de Deus e pola Constitución do Estado. Habitualmente, e por ser un rei imposto, non se considera que Xosé Bonaparte fose un rei propiamente dito e non adoita levar o numeral correspondente.

Imaxe Escudo Nome Monarca desde Monarca ata
Joseph-Bonaparte Grandes armas de José I Bonaparte Xosé I, Pepe Botella
Raíña consorte Julia Clary
6 de xuño de 1808 11 de decembro de 1813

Casa de Borbón (primeira restauración)

A partir da Constitución de 1837, Isabel II pasa a denominarse Raíña das Españas.

Imaxe Escudo Nome Monarca desde Monarca ata
Fernando VII, by López Escudo de Carlos III de España Toisón y su Orden variante leones de gules Fernando VII, o Desexado ou o Rei Felón
Raíña consorte Isabel de Portugal
Raíña consorte María Xosefa de Saxonia
Raíña consorte María Cristina de Borbón
11 de agosto de 1808[1]
----
11 de decembro de 1813[2]
29 de setembro de 1833
Isabel II reina de España Escudo de Carlos III de España Toisón y su Orden variante leones de gules Isabel II,[3] a dos Tristes Destinos
Rei consorte Francisco de Asís de Borbón
29 de setembro de 1833 30 de setembro de 1868

Despois da abdicación de Isabel II, houbo dous anos de interregno, durante o cal o goberno de España buscou no exterior un novo monarca.

Casa de Savoia

O único monarca desta dinastía é Amadeo I, elixido polas Cortes despois da Revolución de 1868 e a abdicación de Isabel II. O novo título foi Rei de España, pola graza de Deus e a vontade nacional.

Imaxe Escudo Nome Monarca desde Monarca ata
Amadeo I, rey de España Armas de Amadeo I de Saboya Amadeo I, o Rei Cabaleiro
Raíña consorte María Victoria dal Pozzo
16 de novembro de 1870 11 de febreiro de 1873

Casa de Borbón (segunda restauración)

É a segunda restauración, logo da Primeira República Española. O título dos monarcas é Rei de España pola gracia de Deus e a Constitución.

Imaxe Escudo Nome Monarca desde Monarca ata
Retrato de Alfonso XII con uniforme de gala (Palacio de Aranjuez) Escudo de Carlos III de España Toisón y su Orden variante leones de gules Afonso XII, o Pacificador
Raíña consorte María das Mercedes de Orleans
Raíña consorte María Cristina de Habsburgo-Lorena
29 de decembro de 1874 25 de novembro de 1885
Roi Alfonso XIII Escudo de Carlos III de España Toisón y su Orden variante leones de gules Afonso XIII, o Africano
Raíña consorte Vitoria Euxenia de Battenberg
17 de maio de 1886[4] 14 de abril de 1931

Casa de Borbón (terceira restauración)

É a terceira restauración logo da Segunda República Española e a Ditadura de Francisco Franco. O seu título é simplemente Rei de España.

Imaxe Escudo Nome Monarca desde Monarca ata
Busto de Juan Carlos I de España (2009) Escudo de armas de Juan Carlos I de España Xoán Carlos I
Raíña consorte Sofía de Grecia
22 de novembro de 1975 19 de xuño de 2014
Felipe, Prince of Asturias Escudo Felipe VI de España Filipe VI
Raíña consorte Letizia Ortiz
19 de xuño de 2014 Actualidade

Notas

  1. O 11 de agosto de 1808 o Consello de Castela declarou nulas as abdicacións de Baiona, recoñecendo a Fernando VII rei de novo, e formáronse rexencias no seu nome.
  2. O 11 de decembro de 1813 firmouse o Tratado de Valençay, polo que Napoleón recoñecía como Rei de España a Fernando VII
  3. O nacemento de Isabel II planteou "o problema sucesorio" co seu tío Carlos María Isidro de Borbón. Véxase Primeira Guerra Carlista.
  4. Foi rei de España desde o seu nacemento. Rexencia de María Cristina

Véxase tamén

Listas de monarcas dos reinos cristiáns da Península Ibérica desde a Reconquista ata os nosos días
Portugal España
Coroa de Castela Navarra Coroa de Aragón
Galicia Asturias León Castela Aragón Barcelona Valencia Mallorca
8 de outubro

O 8 de outubro é o 281º día do ano do calendario gregoriano (282º nos anos bisestos). Quedan 84 días para finalizar o ano.

Afonso XIII de España

Afonso XIII, nado en Madrid o 17 de maio de 1886 e finado en Roma o 28 de febreiro de 1941, foi rei de España. Fillo póstumo de Afonso XII e de María Cristina de Habsburgo-Lorena, foi coroado rei no seu nacemento e reinou até 1931. A súa nai exerceu a rexencia da coroa durante a súa infancia.

Afonso XII de España

Afonso XII, alcumado O Pacificador, nado en Madrid o 28 de novembro de 1857 e falecido en El Pardo (Madrid) o 25 de novembro de 1885, foi Rei de España entre 1875 e 1885.

Era fillo da raíña Isabel II e do seu curmán, o príncipe Francisco de Asís de Borbón, aínda que diversas fontes apunta a que o seu proxenitor verdadeiro é o capitán de tenentes Henrique Puig Moltó, coñecido amante da súa nai.

Amadeo I de España

Amadeo I de España, nado en Turín o 30 de maio de 1845 e finado na mesma cidade o 18 de xaneiro de 1890, foi un nobre italiano, príncipe da casa de Savoia, con tratamento de Alteza Real, primeiro duque de Savoia, e chegou a ser rei de España desde 1871 ata 1873 a consecuencia de ser elixido como tal polas Cortes do Sexenio Democrático.

Carlos III de España

Carlos III (Carlos Sebastián de Borbón y Farnesio), nado en Madrid o 20 de xaneiro de 1716 e finado o 14 de decembro de 1788, foi rei de Nápoles e Sicilia entre 1734 e 1759 e de España entre 1759 e 1788, pertencente á Casa de Borbón.

Era o terceiro fillo home de Felipe V, o primeiro que tivo coa súa segunda muller, Isabel de Farnesio, polo que foi o seu irmán paterno Fernando VI quen sucedeu ao seu pai no trono español. Carlos serviu á política familiar como unha peza na loita por recuperar a influencia española en Italia: herdou inicialmente da súa nai os ducados de Parma, Piacenza e Toscana (1731); pero máis tarde, ao conquistar Filipe V o Reino de Nápoles e Sicilia no curso da Guerra de Sucesión de Polonia (1733-1735), pasou a ser rei daqueles territorios co nome de Carlos VII. Contraeu matrimonio en 1729 con María Amalia de Saxonia, filla do Rei de Polonia.

Carlos IV de España

Carlos IV de Borbón, nado no Palacio Real de Portici (Reino de Nápoles) o 11 de novembro de 1748 e finado en Roma (Estados Pontificios) o 20 de xaneiro de 1819, foi rei de España desde o 14 de decembro de 1788 até o 19 de marzo de 1808 cando, como consecuencia do golpe de Estado que pasou á historia como o motín de Aranjuez, abdicou en favor do seu fillo Fernando, príncipe de Asturias.

Era fillo e sucesor de Carlos III e da súa esposa María Amalia de Saxonia.

Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico, tamén coñecido como Carlos V de Habsburgo, Carlos V de Flandres, Carlos I de Habsburgo ou Carlos I de España e V de Alemaña, nado no palacio Prinsenhof de Gante o 24 de febreiro de 1500 e finado no mosteiro de Yuste o 21 de setembro de 1558, foi fillo de Filipe o Fermoso de Habsburgo e de Xoana, a Tola. Reinou nas Coroas de Castela e Aragón moi novo, aos 16 anos, de 1516 a 1556, e posuíu a coroa imperial alemá de 1519 a 1558.

Casa de Borbón

A casa de Borbón (en francés: Bourbon, en italiano: Borbone) é unha casa real de orixe francesa (aínda que a primeira coroa á que accedeu foi a do Reino de Navarra), actual casa reinante en España e no Gran Ducado de Luxemburgo. Gobernaron primeiro en Navarra e Francia, pero para o século XVIII os membros da casa de Borbón chegaron aos tronos de España e sur de Italia, destacando o Reino das Dúas Sicilias, ademais de varios pequenos ducados e condados.

Fernando VII

Fernando VII de España, alcumado o "desexado" e tamén "o felón" nado en San Lorenzo de El Escorial o 14 de outubro de 1784 e finado en Madrid o 29 de setembro de 1833, foi rei de España, fillo de Carlos IV e de María Luísa de Parma.

O seu reinado, como sucedeu en boa parte de Europa, estivo marcado pola tensión entre o absolutismo herdado e defendido por el e as novas ideas liberais. De feito herdou un país dividido pola guerra da independencia e o fin do seu reinado deu paso a unha guerra civil, as chamadas guerras carlistas.

En política exterior, o seu reinado caracterizouse polo inicio do proceso descolonizador en América latina, que rematará a finais do século XIX.

Filipe III de España

Filipe III de España e II de Portugal, tamén coñecido como Filipe III de Habsburgo, nado en Madrid o 14 de abril de 1578 e finado o 31 de marzo de 1621, foi rei de Castela, Aragón e Portugal.

Filipe IV de España

Filipe IV de España, tamén coñecido como Filipe IV de Habsburgo, nado en Valladolid o 8 de abril de 1605 e finado en Madrid o 17 de setembro de 1665, denominado O Grande ou O Rei Planeta, foi rei de España desde o 31 de marzo de 1621 até o seu falecemento; así mesmo foi rei de Portugal, como Filipe III até o 1 de decembro de 1640. O seu reinado de 44 anos e 170 días foi o máis longo da casa dos Austria e o terceiro da historia española, sendo superado só por Filipe V e Afonso XIII, aínda que os primeiros dezaseis anos do reinado deste último foron baixo rexencia.

Durante a primeira etapa do seu reinado compartiu a responsabilidade dos asuntos de Estado con Gaspar de Guzmán, conde-duque de Olivares, quen realizou unha enérxica política exterior que buscaba manter a hexemonía española en Europa. Trala caída de Olivares, encargouse persoalmente dos asuntos de goberno, axudado por cortesáns moi influentes, como Luis Méndez de Haro, sobriño de Olivares, e o duque de Medina das Torres.

Os exitosos primeiros anos do seu reinado auguraron a restauración da preeminencia universal dos Habsburgo, pero a guerra constante da Europa protestante e a católica Francia contra España conduciron ao declive e ruína da Monarquía Hispánica, que tivo de ceder a hexemonía en Europa á puxante Francia de Luís XIV, así como recoñecer a independencia de Portugal e das Provincias Unidas.

Filipe VI de España

Filipe VI de España, de nome completo Felipe Juan Pablo Alfonso de Todos los Santos de Borbón y Grecia, nado en Madrid o 30 de xaneiro de 1968, é o actual rei de España, título polo que ostenta a xefatura do Estado e o mando supremo das Forzas Armadas.

É o fillo menor de Xoán Carlos I de España e Sofía de Grecia. Logo da abdicación do seu pai o 2 de xuño de 2014, ascendeu ao trono o 19 do mesmo mes e ano co nome de Filipe VI.

Está casado con Letizia Ortiz, raíña consorte de España, coa que ten dúas fillas, a princesa Leonor e a infanta Sofía.

Filipe V de España

Filipe V de España, nado no Palacio de Versalles o 19 de decembro de 1683 e finado en Madrid o 9 de xullo de 1746, alcumado o Animoso, era duque de Anjou e neto do rei de Francia Luís XIV e da raíña consorte a infanta de España María Tareixa. Foi rei de España dende o 15 de novembro de 1700 ata a súa morte; sucedeu o seu tío-avó (último monarca da Casa de Habsburgo) Carlos II. Desta maneira vai ser o primeiro monarca da Casa de Borbón.

Habsburgo

A casa de Habsburgo (en alemán Hapsburg), tamén chamada casa de Austria, e a súa familia sucesora en Austria, os Habsburgo-Lorena (Habsburg Lothringen), é unha das familias máis importantes da Historia de Europa, que gobernou sobre varios países. A familia tivo a súa orixe no século XII e o nome deriva de Habichtsburg, o castelo do falcón, a súa morada oficial, construído no 1020, na actual Suíza. En tempos actuais, o cabeza da dinastía foi o príncipe Otón de Habsburgo (1912-2011), e o xefe da casa, o seu fillo o arquiduque Carlos de Habsburgo-Lorena, desde 2007.

Os Habsburgo foron:

Soberanos de Austria (como duques 1282-1453, arquiduques 1453-1804 e emperadores 1804-1918),

Soberanos de Alemaña como reis de romanos e emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico (1273-1308 e 1440-1806),

reis de Hungría (1437-1439, 1445-1457, 1526-1918),

reis de Croacia (1437-1439, 1445-1457, 1526-1918),

reis de Bohemia (1306-1307, 1437-1439, 1453-1457, 1526-1918),

reis de España (1516-1700),

reis de Portugal (1580-1640),

reis de Galicia e Lodomeria (1772-1918),

grandes príncipes de Transilvania (1690-1867),

grandes duques de Toscana (1737-1801; 1814-1860).Outras coroas controladas brevemente pola casa foron:

rei de Sardeña (1713-1720),

duque de Parma (1814-1847),

duque de Módena (1814-1859),

emperador de México (1864-1867).

Isabel II de España

Isabel II de España ou de Borbón, nada en Madrid o 10 de outubro de 1830 e finada en París o 9 de abril de 1904, foi raíña de España dende 1833 até 1868.

Madrid

Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.233.527 habitantes (INE 2012) é a cidade máis grande e poboada do país e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea. A súa área metropolitana, de 6.043.031 habitantes, é a terceira área urbana máis poboada da Unión Europea, por detrás das de Londres e Berlín.

Como capital do Estado, Madrid alberga as sedes do Goberno, Cortes Xerais, Ministerios, Institucións e Organismos asociados, así como a residencia oficial dos reis de España. No plano económico, Madrid é a cuarta cidade máis rica de Europa, tras Londres, París e Moscova. É o principal centro financeiro e empresarial de España, actualmente, o 50,1% dos ingresos das 5.000 principais empresas españolas son xerados por sociedades con sede social en Madrid, as cales representan o 31,8% delas. É sede do principal mercado de valores do país, e de varias das máis grandes corporacións do mundo.

Nacida a partir do asentamento fortificado hispanomusulmán de Maǧrīţ, conquistado por Afonso VI de León e Castela en 1083, a vila foi designada en 1561 como sede da corte de Filipe II, sendo a primeira capital permanente da monarquía española. Desde entón, salvo un breve intervalo de tempo entre 1601 e 1606 no que a capitalidade pasou temporalmente a Valladolid, Madrid foi a capital de España e sede do Goberno da Nación.

Palacio Real de Madrid

O Palacio Real de Madrid é a residencia oficial dos Reis de España. Emprégase en cerimonias oficiais, pois os reis viven no Palacio da Zarzuela. En ocasións tamén se lle chama Palacio de Oriente por mor dunha das súas fachadas que da cara á Plaza de Oriente, na que tamén está o Teatro Real. Noutras das prazas que rodean o palacio atópase a Catedral de Santa María a Real da Almudena de Madrid.

O edificio foi mandado construír polo rei Filipe V sobre as ruínas do antigo Real Alcázar de Madrid despois de que este fose consumido polo lume no ano 1734. As obras comezaron en 1738, e non remataron ate 1892.

Na actualidade está xestionado por Patrimonio Nacional, e pode ser visitado polos turistas. No seu interior hai numerosas obras de arte como cadros pintados por Caravaggio, Diego Velázquez ou Goya.

Príncipe de Asturias

Príncipe de Asturias é o principal dos títulos que ostenta o herdeiro da Coroa Española. Na actualidade é Leonor de Borbón. Regulados polo Real Decreto dende 1977 os títulos históricos dos herdeiros ao trono nos diferentes reinos hispanos son:

Príncipe de Asturias, como herdeiro do Reino de Castela e León con orixe en 1388;

Príncipe de Xirona, como herdeiro do Reino de Aragón con orixe en 1351;

Príncipe de Viana, como herdeiro do Reino de Navarra con orixe en 1423;

Duque de Montblanc, como herdeiro do Principado de Cataluña con orixe en 1387;

Conde de Cervera, como herdeiro do Reino de Valencia con orixe en 1351;

Señor de Balaguer, como herdeiro do Reino de Mallorca con orixe en 1413.Ademais por medio da fundación homónima, cuxa presidencia ostenta, entréganse anualmente os prestixiosos Premios Príncipe de Asturias nun solemne acto en Oviedo, capital do Principado de Asturias.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.